11:30 Rúa María Soliña, Santa Cruz (Oleiros) XXIV edición da...

1
A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXIV edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Nacho Taibo, que será homenaxeado en Oleiros, terra na que residiu a maior parte da súa vida. Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebra- ción na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe. Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Alejandra Sampedro), a plantación dunha árbore simbólica (un carballo elixido polo propio autor) e a colocación dun monólito conmemorativo. 11:30 Rúa María Soliña, Santa Cruz (Oleiros) Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do carballo (árbore simbólica do escritor) Interveñen: • Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros • Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG • Nacho Taibo 12:30 Salón de actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros) Acto de entrega da “Letra E” Interveñen: • Mercedes Queixas Zas, Secretaria Xeral da AELG • Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG • Inmaculada Otero Varela: Laudatio Entrega da peza escultórica da artista Alejandra Sampedro Intervención do homenaxeado: Resposta á laudatio por parte de Nacho Taibo Intervención: Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros 14.30 Hotel As Galeras (Rúa Antonio J. de Sucre, 17) Xantar de confraternidade. Aberto aos/ás socios/as da AELG, á veciñanza de Oleiros e demais persoas interesadas. fotografía: cortesía de Inés Lobato Concello de Oleiros, 16 de xuño de 2018 Nacho Taibo é esoutro Ulises que triangula polo ángulo case recto da Galiza os recantos lendarios de Grecia e Irlanda, para abrir logo, en xeometría libertaria, as arestas cara os espazos atemporais de Brasil, Italia e outros mares. As cartas de navegación trazan o itinerario da súa biografía rica en experien- cias e vizosa no fabular porque, á fin, a ficción é tamén vivencia, un modo de transitar espazos reais e subxectivos no que sempre fica lugar para o compro- miso cunha xustiza que asenta os pés na terra que pisan os homes e mulleres de ningures. As boas familias que mercan a súa posición con cartos manchados polo po da explotación non poden coutar a loita dos seres pacíficos, a memoria dos que pairan nas augas dos perdedores, aqueles aos que se converte en vencidos das guerras, dos conatos de democracia, das ilusións do progreso económico ou das colonizacións. Posto que a fantasía da historia non sempre é utopía, como viaxar polo tempo non sempre é invención, os relatos que apalpan os acontecementos do pasado precisan a seguranza de experimentar co discurso e a vangarda no pensar. Precisan de Ulises que fondeen as illas nas que a verdade é soño e o soño, un acto real. I Edición ANTÓN AVILÉS DE TARAMAN- COS 1995 • Boa, Taramancos II Edición BERNARDINO GRAÑA 1996 • Cangas do Morrazo III Edición MANUEL MARÍA 1997 • Outeiro de Rei IV Edición MARÍA XOSÉ QUEIZÁN 1998 • Vigo V Edición XOSÉ NEIRA VILAS 1999 • Gres, Vila de Cruces VI Edición UXÍO NOVONEYRA (póstumo) 2000 • Parada do Courel VII Edición LUZ POZO GARZA 2001 • Ribadeo VIII Edición XOSÉ CHAO REGO 2002 • Vilalba IX Edición XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO 2003 • Nogueira de Ramuín X Edición SALVADOR GARCÍA-BODAÑO ZUNZUNEGUI 2004 • Teis, Vigo XI Edición PURA E DORA VÁZQUEZ 2005 • Ourense XII Edición MARÍA DO CARME KRUCKENBERG 2006 • Vigo XIII Edición MANUEL LOURENZO 2007 • O Valadouro XIV Edición XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR 2008 • Melide XV Edición AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ 2009 • Vilalba XVI Edición MARILAR ALEIXANDRE 2010 • Santiago de Compostela XVII Edición PACO MARTÍN 2011 • Lugo XVIII Edición XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS 2012 • Ribadeo XIX Edición MARICA CAMPO 2013 • O Incio XX Edición XABIER P. DOCAMPO 2014 • Castro Ribeiras de Lea XXI Edición XOSÉ Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO 2015 • Vilaboa XXII Edición HELENA VILLAR JANEIRO 2016 • Rianxo XXIII Edición MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO 2017 • Lugo O traxecto do Parque da rúa María Soliña ao Castelo de Santa Cruz e ao Hotel As Galeras leva 18 minutos a pé. NACHO TAIBO NACHO TAIBO Concello de Oleiros 16 de xuño de 2018 NACHO TAIBO NACHO TAIBO Concello de Oleiros 16 de xuño de 2018 XXIV edición da homenaxe “O escritor na súa terra - Letra E” NACHO TAIBO NACHO TAIBO

Transcript of 11:30 Rúa María Soliña, Santa Cruz (Oleiros) XXIV edición da...

Page 1: 11:30 Rúa María Soliña, Santa Cruz (Oleiros) XXIV edición da …culturaliagz.com/.../Programa-homenaxe-Nacho-Taibo-2018.pdf · 2018. 5. 28. · A Homenaxe O/A Escritor/a na súa

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXIV edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Nacho Taibo, que será homenaxeado en Oleiros, terra na que residiu a maior parte da súa vida.

Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebra-ción na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.

Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Alejandra Sampedro), a plantación dunha árbore simbólica (un carballo elixido polo propio autor) e a colocación dun monólito conmemorativo.

11:30 Rúa María Soliña, Santa Cruz (Oleiros)Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do carballo (árbore simbólica do escritor)Interveñen:

• Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros• Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG• Nacho Taibo

12:30 Salón de actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)Acto de entrega da “Letra E”Interveñen:

• Mercedes Queixas Zas, Secretaria Xeral da AELG• Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG• Inmaculada Otero Varela: Laudatio

Entrega da peza escultórica da artista Alejandra Sampedro

Intervención do homenaxeado: Resposta á laudatio por parte de Nacho TaiboIntervención: Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros

14.30 Hotel As Galeras (Rúa Antonio J. de Sucre, 17)Xantar de confraternidade. Aberto aos/ás socios/as da AELG, á veciñanza de Oleiros e demais persoas interesadas.

fotografía: cortesía de Inés Lobato

Concello de Oleiros, 16 de xuño de 2018

Nacho Taibo é esoutro Ulises que triangula polo ángulo case recto da Galiza os recantos lendarios de Grecia e Irlanda, para abrir logo, en xeometría libertaria, as arestas cara os espazos atemporais de Brasil, Italia e outros mares. As cartas de navegación trazan o itinerario da súa biografía rica en experien-cias e vizosa no fabular porque, á fin, a ficción é tamén vivencia, un modo de transitar espazos reais e subxectivos no que sempre fica lugar para o compro-miso cunha xustiza que asenta os pés na terra que pisan os homes e mulleres de ningures. As boas familias que mercan a súa posición con cartos manchados polo po da explotación non poden coutar a loita dos seres pacíficos, a memoria dos que pairan nas augas dos perdedores, aqueles aos que se converte en vencidos das guerras, dos conatos de democracia, das ilusións do progreso económico ou das colonizacións. Posto que a fantasía da historia non sempre é utopía, como viaxar polo tempo non sempre é invención, os relatos que apalpan os acontecementos do pasado precisan a seguranza de experimentar co discurso e a vangarda no pensar. Precisan de Ulises que fondeen as illas nas que a verdade é soño e o soño, un acto real.

I EdiciónANTÓN AVILÉS DE TARAMAN-COS1995 • Boa, Taramancos

II EdiciónBERNARDINO GRAÑA1996 • Cangas do Morrazo

III EdiciónMANUEL MARÍA1997 • Outeiro de Rei

IV EdiciónMARÍA XOSÉ QUEIZÁN1998 • Vigo

V EdiciónXOSÉ NEIRA VILAS1999 • Gres, Vila de Cruces

VI EdiciónUXÍO NOVONEYRA (póstumo)2000 • Parada do Courel

VII EdiciónLUZ POZO GARZA2001 • Ribadeo

VIII EdiciónXOSÉ CHAO REGO2002 • Vilalba

IX EdiciónXOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO2003 • Nogueira de Ramuín

X EdiciónSALVADOR GARCÍA-BODAÑOZUNZUNEGUI2004 • Teis, Vigo

XI EdiciónPURA E DORA VÁZQUEZ2005 • Ourense

XII EdiciónMARÍA DO CARMEKRUCKENBERG2006 • Vigo

XIII EdiciónMANUEL LOURENZO2007 • O Valadouro

XIV EdiciónXOSÉ VÁZQUEZ PINTOR2008 • Melide

XV EdiciónAGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ2009 • Vilalba

XVI EdiciónMARILAR ALEIXANDRE2010 • Santiagode Compostela

XVII EdiciónPACO MARTÍN2011 • Lugo

XVIII EdiciónXAVIER RODRÍGUEZBAIXERAS2012 • Ribadeo

XIX EdiciónMARICA CAMPO2013 • O Incio

XX EdiciónXABIER P. DOCAMPO2014 • Castro Ribeirasde Lea

XXI EdiciónXOSÉ Mª ÁLVAREZCÁCCAMO2015 • Vilaboa

XXII EdiciónHELENA VILLAR JANEIRO2016 • Rianxo

XXIII EdiciónMARÍA PILAR GARCÍANEGRO2017 • Lugo

O traxecto do Parqueda rúa María Soliña aoCastelo de Santa Cruze ao Hotel As Galerasleva 18 minutos a pé.

NACHO

TAIBO

NACHO

TAIBO

Concello de Oleiros16 de xuño de 2018

NACHO

TAIBO

NACHO

TAIBO

Concello de Oleiros16 de xuño de 2018

XXIV edición da homenaxe

“O escritorna súa terra - Letra E”

NACHO

TAIBO

NACHO

TAIBO