10 poemas pola paz

12
10 POEMAS POLA PAZ CEIP QUINTELA — MOAÑA XANEIRO 2013

description

Recompilación de poemas de paz.

Transcript of 10 poemas pola paz

Page 1: 10 poemas pola paz

10 POEMAS

POLA PAZ

CEIP QUINTELA — MOAÑA

XANEIRO 2013

Page 2: 10 poemas pola paz

Cantarola dos nenos

Amiguiños todos, amiguiños xa,

os nenos de aquí, E os nenos de alá.

Os nenos do mundo

todos a cantar a unha mesma voz collidos da man.

Cantarola nosa

de amor e de paz. Leda cantarola, ledo rebuldar.

Rolda de sorrisos dende mar a mar, corazóns abertos, ollos de amigar.

Amiguiños todos, amiguiños xa,

os nenos de aquí e os nenos de alá.

Xosé Neira Vilas Cantarolas. Ed. Xerais

Page 3: 10 poemas pola paz

ventos

Que veña o vento fungón, que lle quero pero preguntar a cor dos ollos das nubes, A cor dos ollos do mar. Eu coido que son azuis verdes, grises, de cristal,

mais calquera cor que teñan será sempre a cor da paz

Antonio García Teijeiro Ventos. Ed. Xerais

Page 4: 10 poemas pola paz

A paz

A paz abafa calada nas casas

da gran Bagdag.

Bagdag agarda mañás calmas bañadas en paz.

A paz calza alpargatas, balas calza a arma fatal.

Bagdag arrastra

palabras mancadas tras as armas vas.

A paz,

palabra tan cara, a paz, palabra cabal.

Bagdag agarda a paz da nácara,

prata, ámbar, ananás .

Elvira Rivero Tobío.

"Palabras Brancas". Ed. Xerais.

Page 5: 10 poemas pola paz

BASTA

Basta á paz maltratada, ás trampas canallas,

ás malvadas lacras: basta!

Basta á fatal labazada, ás casas arrasadas, ás falsas fazañas:

basta!

Basta ás mans asañadas, ás fadas malfadadas, as malas malandanzas:

basta!

Basta ás amargas palabras . Grazas ás palabras plantadas

nas landas da paz .

Elvira Rivero Tobío.

"Palabras Brancas". Ed. Xerais

Page 6: 10 poemas pola paz

Só tres letras

Só tres letras, tres letras nada máis, só tres letras que para sempre aprenderás.

Só tres letras para escribir PAZ. O P, o A, e o Z, só tres letras.

Só tres letras, tres letras nada máis, para cantar PAZ, para facer PAZ.

O P de pobo, o A de amar e o Z de zafiro ou de rapaz. (De zafiro por un mundo azul, de rapaz por un neno coma ti.)

Gloria Fuertes

Aquí paz y además Gloria. Susaeta

Page 7: 10 poemas pola paz

UN SOLDADO DETRASDUN FUSIL

Unsoldado detrasdunfusil detrasdunhabala

detrasdoutrabala detrasdoutrabala

detrasdou…..

é unha enorme parvada.

Gloria Sánchez.

Construír a Paz. Ed. Xerais

Page 8: 10 poemas pola paz

LEMBRANZA PARA ALÍ SMAÍN

Choven balas Seres berran Arden vilas

Queiman leiras Caen nenos Chora a terra Xeme o pobo Pingas negras Cicatrices

Dor vermella Destrución Chuvia cega Berros tristes Dor marela

Choven balas E miseria Noite fría

Tristes guerras Nace o medo Chora a terra.

Antonio García Teijeiro. Chove nos versos. Ed. Xerais.

Page 9: 10 poemas pola paz

O NENO E O XABARIÍN

Xabarín, xabarín, Que fas no meu xardín?

Busco un brinquedo neste lindo arboredo.

Xoguemos no arredor A xabarín e cazador.

Eu non gosto da guerra Só quero paz nesta terra.

Xabarín, xabarín,

Tocarás no meu violín?

Neste lugar de soidade Faremos a nosa amizade.

Xosé Lois García A figueira lingoreteira. Ed. Do Castro

Page 10: 10 poemas pola paz

O reino

No tempo aquel

cando os animais falaban, Dicir liberdade non era triste. Dicir verdade era coma un río,

dicir amor, dicir amigo,

Era igual que nomear a primavera. Ninguén sabía dos aldraxes. Cando os animais falaban

os homes cantaban nos solpores pombas de luz e xílgaros de soños. Dicir teu e meu, non se entendía, dicir espada estaba prohibido,

dicir prisión soamente era unha verba sen senso, un aire que mancaba

O corazón da xente.

Cando, cando se perdeu este gran Reino?

Celso Emilio Ferreiro Longa noite de pedra.

Celso Emilio Ferreiro para os nenos. Consellería de Cultura e Deportes.

Page 11: 10 poemas pola paz

Teño un corazón senlleiro

Teño un corazón senlleiro e orfo na noite fría.

Non importa, agardarei polo albor do novo día.

Teño lobos, teño sombras, teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardarei polo albor do novo día.

Está mudo o reixiñol que outrora cantar solía.

Non importa, agardarei polo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza Diando, fía que fía….

Ela fía e au confío no albor do novo día.

Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética. Factoría K de libros.

.

Page 12: 10 poemas pola paz

. Equipo de Dinamización da Lingua Galega Equipo de Biblioteca. CEIP Quintela -Moaña