1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14

3
PLAN PROXECTA: SOMOS PAISAXE SOMOS VIDA “A ARQUITECTURA POPULAR NA NOSA PAISAXE” DD de CIENCIAS SOCIAIS. ESO . CPI VIRXE DA CELA. MONFERO 1.- TEXTO Esta experiencia iniciada en xaneiro de 2014 e rematada a finais de xuño, ten como xustificación ós obxectivos da etapa, onde aparecen unha serie deles que especialmente a sustentan e amparan. Identificar e analizar a diferentes escalas as interaccións que as sociedades humanas establecen cos seus territorios na utilización do espazo e do aproveitamento dos recursos naturais, valorando as súas consecuencias de tipo económico, social, político e ambiental Valorar e respectar o patrimonio natural, histórico, lingüístico, cultural e artístico, asumindo as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora. Obter e relacionar información verbal, icónica, estatística e cartográfica a partir de distintas fontes, en especial dos actuais medios de comunicación, e tratala de forma autónoma e crítica, comunicándolla aos demais de xeito organizado e inteligible. Entre os obxectivos específicos destacamos os seguintes: Valorar a arquitectura popular e anónima da nosa contorna como parte esencial do patrimonio arquitéctonico a conservar. Mostrar a racionalidade desta arquitectura e a súa adaptación ó territorio Indicar que a conservación significa una posta en valor do territorio Facer ver que para a conservación formal compre facer adaptacións axeitadas as necesidades e usos actuáis. Destacar que a conservación do patrimonio arquitectónico é una realidade estendida en todos os países avanzados. Colaborar na posta en valor do patrimonio construído herdado, entendéndoo como resultado dun continuo histórico que ten a virtualidade de unir pasado, presente e futuro. Intervir nos níveis de formación obrigatórios –por chegar á xeneralidade da poboación- para presentar os problemas básicos da ocupación do território e da arquitectura. Contribuír a superar a visión da arquitectura como um estudo das formas arquiectónicas e/ou arquitectura histórica, recuperando os seus valores espaciais como cualidade esencial. Nos contidos de 1º e 3º de ESO o traballo realizado adáptase con claridade aos seguintes:

Transcript of 1 plan proxecta somos paisaxe somos vida2013 14

PLAN PROXECTA: SOMOS PAISAXE SOMOS VIDA“A ARQUITECTURA POPULAR NA NOSA PAISAXE” DD de CIENCIAS SOCIAIS. ESO . CPI VIRXE DA CELA. MONFERO

1.- TEXTO

Esta experiencia iniciada en xaneiro de 2014 e rematada a finais de xuño, ten como xustificación ós obxectivos da etapa, onde aparecen unha serie deles que especialmente a sustentan e amparan.

• Identificar e analizar a diferentes escalas as interaccións que as sociedades humanas establecen cos seus territorios na utilización do espazo e do aproveitamento dos recursos naturais, valorando as súas consecuencias de tipo económico, social, político e ambiental

• Valorar e respectar o patrimonio natural, histórico, lingüístico, cultural e artístico, asumindo as responsabilidades que supón a súa conservación e mellora.

• Obter e relacionar información verbal, icónica, estatística e cartográfica a partir de distintas fontes, en especial dos actuais medios de comunicación, e tratala de forma autónoma e crítica, comunicándolla aos demais de xeito organizado e inteligible.

Entre os obxectivos específicos destacamos os seguintes:

• Valorar a arquitectura popular e anónima da nosa contorna como parte esencial do patrimonio arquitéctonico a conservar.

• Mostrar a racionalidade desta arquitectura e a súa adaptación ó territorio • Indicar que a conservación significa una posta en valor do territorio• Facer ver que para a conservación formal compre facer adaptacións

axeitadas as necesidades e usos actuáis.• Destacar que a conservación do patrimonio arquitectónico é una

realidade estendida en todos os países avanzados. • Colaborar na posta en valor do patrimonio construído herdado,

entendéndoo como resultado dun continuo histórico que ten a virtualidade de unir pasado, presente e futuro.

• Intervir nos níveis de formación obrigatórios –por chegar á xeneralidade da poboación- para presentar os problemas básicos da ocupación do território e da arquitectura.

• Contribuír a superar a visión da arquitectura como um estudo das formas arquiectónicas e/ou arquitectura histórica, recuperando os seus valores espaciais como cualidade esencial.

Nos contidos de 1º e 3º de ESO o traballo realizado adáptase con claridade aos seguintes:

1º ESO

1.2 - Os elementos do medio natural. O impacto da acción antrópica: actividades agropecuarias, industrialización e urbanización.1.3 – Os medios naturais e os recursos: A súa distribución xeográfica. Os medios naturais en relación coa intervención dos grupos humanos. Os medios naturais e a diversidade das condicións de vida. Medios adversos e medios favorables: o medio frío, o medio quente, o medio temperado.

3º ESO

1.2 – A cidade como espazo xeográfico. -O poboamento humano. Poboamento rural e poboamento urbano. A rururbanización. -O poboamento galego entre o mundo rural e o mundo urbano.

Por último, e no que atingue aos criterios de avaliación os utilizados foron:

- Explicar as interaccións que se producen entre as sociedades e os medios naturais na xénese e organización dos diferentes espazos xeográficos e os territorios. Diferenciar os distintos tipos, segundo o grao e a natureza da intervención humana e valorar as consecuencias ambientais.

- Diferenciar entre o poboamento rural e urbano e coñecer a importancia relativa de cada un deles na nosa área xeográfica.

DIARIO DO NOSO TRABALLO.

O traballo arranca en xaneiro deste ano e non remata ata o final do curso.

1º Durante ese período os alumnos de 1º e 2º de ESO cos seus teléfonos móviles ou coas súas cámaras fotográficas realizan fotografías das construcións de arquitectura popular e anónima da súa contorna e o fan non só daquelas destinadas a vivenda senon tamén das adicadas a outros usos como capelas, muiños, pontes, balados…

2º Na maioría dos casos algunas das familias dos mozos tamén se implican na tarefa colaborando con eles ou trasladándoos para conseguir ese documento fotógrafico. Moitos rapaces tentan averiguar, preguntando no seu entorno, que edificios serían os máis adecuados ou donde se ubican outros que poden formar parte, polas súas características, do noso traballo

3º A posta en marcha do proxecto polo alumnado de 1º e 3º de ESO chega pronto ós alumnos de 2º e 4º de ESO que propoñen a súa participación.Este

último curso se atopa moi sensibilizado coa temática do traballo xa que no curso académico 2010-11, cando cursaron 1º de ESO, participaran nas propostas didácticas do Proxectoterra. Incorporados os alumnos de 2º e 4º de ESO xa está implicado todo o alumnado de Ed. Secundaria

4º Durante a realización desta tarefa algúns alumnos advirtiron que moitas das construcións necesitaban rehabilitacións ou que outras estaban desvirtuadas por intervencións pouco rigurosas ou mesmo que algunas das novas non se adaptaban o noso medio natural polo que tres alumnos de 4º de ESO propuxeron a elaboración doutra memoria gráfica sobre “O feísmo na nosa contorna” e así o fixeron

5 º Finalmente procedimos o vacíado do material fotográfico labor no que algúns rapaces necesitaron da axuda que lles proporcionaron os alumnos de 3º e 4º de ESO

6º Con todo o material xa en soporte dixital procedimos á selección do mesmo e a súa catalogación clasificandoo co nome, uso, lugar e concello.Unha vez selecionado fixeron a montaxe dun power point co catálogo do fotografiado 6º Durante a última semana de clase todos os cursos viron as dúas presentación “ A arquitectura popular na nosa paisaxe” e “O feísmo na nosa contorna”

7º Nestes últimos días do presente curso estes materiais publicáronse no blogue http://agoraccss.blogspot.com.es: