1 mes de prestige

80
UN MES DE PRESTIGE

Transcript of 1 mes de prestige

Page 1: 1 mes de prestige

UN MES DE PRESTIGE

Page 2: 1 mes de prestige

Mércores 13 de novembro

Ás tres da tarde, 30 millas mar afora, o buque tanque Prestige con bandeira de Bahamas, ao mando do capitán Apostolos Mangouras escora a estribor de 25 a 30º. Os donos son a Compañía Liberiana Mare Shiping Inc., detrás da que está a familia de armadores gregos Couloutros. Ás dúas horas o remolcador Ría de Vigo ten ao alcance o Prestige.

Ás cinco da tarde as autoridades españolas reciben dúas noticias: a primeira é que o barco xa verteu fuel; a segunda que o capitán logrou nivelar o barco.

O capitán mantén as máquinas paradas e o barco navega á deriva durante toda a noite.

Page 3: 1 mes de prestige
Page 4: 1 mes de prestige

Xoves 14 de novembro

Ás 8,49 da mañá apréciase unha mancha de cru que se estende sobre unha lonxitude de 20 millas.

O Prestige está moi cerca da costa (a tres millas de Muxía). O Capitán solicita entrar en porto para transvasar o petróleo.

A Delegación do Goberno toma a decisión de que o Prestige debe volver a alta mar Arsenio Fernández de Mesa: ”O barco afastarase das nosas costas ata as 100 ou 120 millas. A esa distancia os perigos derivados do accidente, basicamente novos derrames de fuel, quedarán mitigados en grande medida.

O Capitán négase a acender as máquinas. A delegación do goberno reclama un Inspector especialista en máquinas, para afastar o Prestige da costa con rumbo norte.

Page 5: 1 mes de prestige

Venres 15 de novembro

Na mañá deste día, o buque está a unhas 60 millas da costa galega.

Páranse as máquinas e a poxa resólvese a favor da compañía holandesa Smit Tack. Ponse rumbo sur (Francia e Inglaterra néganse a recibir o buque).

Page 6: 1 mes de prestige
Page 7: 1 mes de prestige

Sábado 16 de novembro

Na mañá deste día o buque encóntrase a 50 millas do cabo Touriiñán e viaxa cara o sur cunha velocidade de 1,5 nós.

A mancha de fuel do Prestige chega ás costas de Galicia.

O Capitán é evacuado e detido.

Mariano Rajoy: “O propio armador grego informou que o combustible tiña como destino o porto de Xibraltar". “España ten protestado por vía diplomática ante varios países pola situación creada polo petroleiro”. “As protestas céntranse na falta das adecuadas medidas de seguridade e o estado do buque”.

Loyola de Palacios, en declaracións a “onda cero”: "A Británica Rocha tense convertido nun sitio de actividades non adecuadas de contrabando e de evasión de impostos".

Page 8: 1 mes de prestige

Sábado 16 de novembro

O embaixador británico, desmentiu que o destino do barco fose Xibraltar: “A empresa transportaba combustible desde Letonia a Singapur. Non hai ningunha proba de que o mesmo tivera previsto recalar en Xibraltar, o porto de Xibraltar non recibiu ningunha notificación ao respecto”.

A empresa Crown Resource consignataria do buque Prestige afirmou onte nunha concisa nota “O buque partiu de San Petersburgo con destino a Singapur, e non tiña previsto facer escala en Xibraltar".

O ministerio de Fomento: “Pedinlle ao Ministerio de Asuntos Exteriores que se presente unha queixa ás autoridades da Gran Bretaña polo incumprimento das normas comunitarias no Porto de Xibraltar".

Page 9: 1 mes de prestige
Page 10: 1 mes de prestige

Domingo 17 de novembro

Ás 9,00 horas o barco está a 75 millas ao oeste do cabo de Fisterra.

As autoridades admitiron que o combustible vertido podería superar as 5.000 toneladas fronte ás 3.000 que calcularon ao principio.

Delegado do Goberno Arsenio Fernández de Mesa, diante das queixas de veciños e políticos explicou que as barreiras só se poden colocar cando se sabe a dirección exacta da mancha, e que se se instalaran antes correrían o risco de romperse polos embates do mar. Tamén criticou a decisión dos técnicos holandeses contratados polo armador do buque de deter a súa máquina o venres cando navegaba mar afora, diante o temor de que as vibracións precipitasen a fractura do petroleiro. Tamén descartou de contado que se vaia autorizar o transvase do combustible a outro barco polos riscos que entrañaría esta operación (O País, pax.16).

Page 11: 1 mes de prestige
Page 12: 1 mes de prestige

Domingo 17 de novembro

Miguel Arias Cañete, ministro de Agricultura en Cidade Real: “Non tememos unha catástrofe ecolóxica nin prevemos grandes problemas para os recursos pesqueiros” (O País, pax.16).

A Xunta de Galicia prohibe o marisqueo na zona máis afectada polo vertido, desde Cabo Touriñán ata Caión, polo perigo que pode supoñer o consumo de productos contaminados (O País, pax.16).

Page 13: 1 mes de prestige
Page 14: 1 mes de prestige

Luns 18 de novembro

Ás 10 horas está a máis de 100 millas ao oeste-suroeste do cabo Fisterrá.

Martes 19 de novembro

Ás 8,50 o casco pártese en dous.

Page 15: 1 mes de prestige
Page 16: 1 mes de prestige
Page 17: 1 mes de prestige
Page 18: 1 mes de prestige

Venres 22 de novembro …

O Ministerio de Fomento anunciou onte, oito días despois do accidente e tras múltiples ofertas, que tiña aceptado a axuda de barcos doutros países. Ás costas galegas chegarán nos próximos días cinco embarcacións aspiradoras de combustible: dúas alemanas, dúas británicas e unha francesa que se sumarán ás tres que xa traballan na zona.

Fernández de Mesa, admitiu onte nunha entrevista na TVG, que "non está podendo aceptar a colaboración de máis voluntarios dada a falta de material adecuado para enfrontarse ao cru". A razón destas precaucións é que o fuel derramado ten un contido en xofre do 2,58% practicamente o triple do que contén o fuel normal que desde hai 8 anos se consume na UE e nos EE.UU.

Page 19: 1 mes de prestige

… Venres 22 de novembro …

Mariano Rajoy, “Todo apunta a que o combustible que contén o petroleiro Prestige afundido o martes vaise solidificar no fondo do mar e non vai haber ningún vertido máis, segundo a opinión dos espertos”. Tamén afirmou “non hai ningún perigo de que a marea negra alcance as Rías Baixas". "Todas as opinións dos espertos coinciden en que non chegará alí”. Cualificou que "o máis sensato foi a decisión de afastar o barco da costa, fronte a outras opcións de levalo a porto ou bombardealo”. “As confrarías de pescadores teñen avalado esta decisión”. (O País, pax. 24).

Page 20: 1 mes de prestige
Page 21: 1 mes de prestige

… Venres 22 de novembro … Fraga visita por primeira vez a zona afectada. Chegou co anuncio de

que a Xunta de Galicia tiña reservado 60 millóns de euros para paliar os danos causados. “Pode haber disputas e é bo que as haxa porque somos homes e non bestas pero creo que as decisións que se tomaron foron as mellores, e eu votei para que se afastase o barco da costa. “Teremos que probar menos os percebes do Roncudo, pero ningún resultou morto ou ferido quizais eu acabe afectado dos nervios. Eu son dos que creo que todo se vai resolver. Deus e o Apóstolo Santiago vannos axudar. Decidimos que ao contrario do que pasou no embarrancamento do buque Casón, houbese unha unha voz e un mando únicos, e o delegado do Goberno fixo un traballo extraordinario”.

Sobre o feito de que as imaxes tomadas polo satélite da costa galega revelasen unhas enormes manchas de fuel de 100 km de lonxitude cada unha o mesmo día no que a delegación desmentía que o Prestige estivese perdendo fuel mentres era remolcado, Fraga quitou importancia á aparente contradicción: “Con este tempo é normal que as observacións non coincidan, e naturalmente un avión pasa a unha hora outro pasa a outra; os irisados que se divisan no mar poden obedecer a distintas causas” (O País, pax. 24).

Page 22: 1 mes de prestige

… Venres 22 de novembro …

Arsenio Fernández de Mesa, “A mancha está por riba da liña das Rías Baixas e para levala ata alí necesítanse ventos moi fríos e moi fortes do norte ou nordeste. É practicamente imposible. Mentres a mancha estea alí, o risco existe, anque non hai que preocuparse de momento.

A xente ten que saber que están á súa disposición todos os medios humanos e materiais. Por exemplo, imos pedir á UE que nos envíen barreiras para alta mar, se é que as hai, porque nós non as temos.

“O que demostra que hai barreiras é que aínda non se despregaron todas. Dispoñemos de 31.000 metros e de momento non se teñen instalado máis de 18.000".

Respecto á decisión de non levar a porto o barco: “Os que afirman agora que había que levalo a un porto deberían preguntarlles aos cidadáns ou aos alcaldes deses lugares se estarían dispostos a aceptalo. ¿Quen asume o risco, se se verteran as 77.000 toneladas? O armador intentou que os portugueses, os británicos, os franceses e alemáns aceptasen o barco nos seus portos e todos se negaron.

Page 23: 1 mes de prestige

… Venres 22 de novembro …

 Arsenio Fernández de Mesa. Explicación sobre o cambio de rumbo: “Estaba a cinco millas da costa e decidimos afastalo todo o posible ata o noroeste porque, como os ventos dominantes eran de sur, os derrames irían cara o norte, non cara á costa galega. Cando chegamos a 70 millas os armadores ordenan parar as máquinas. A continuación é a empresa holandesa Smit Tak a que se fai cargo do barco por decisión do armador. Eles pretenden levalo a un porto, ao que nos negamos, ou tomar rumbo sur para levalo a África. Nós aí non nos podemos meter, e só esiximos que tome rumbo sudoeste para levalo a máis de 120 millas da costa. Se o barco seguise cara o norte, nunca teriamos estas mareas. Esta decisión foi un erro deles, nós non nos podiamos meter en absoluto. Quen pon o rumbo é o armador non España. Eles teñen unha carga de 60 millóns de euros e un premio de 30 millóns se o salvaban.

Explicación sobre que os intereses públicos queden a expensas dos privados: “O barco estaba fóra das nosas augas xurisdiccionais que son de 12 millas, fóra da zona de actuación española que son 24, e encontrábase dentro da zona económica exclusiva. Nós aí só podemos actuar en caso de narcotráfico ou de graves riscos de contaminación, pero neste último caso, os riscos estaban tanto ao norte como ao sur, anque a nós, desde un punto de vista egoísta, convíñanos que fora cara o norte.

Page 24: 1 mes de prestige

… Venres 22 de novembro

Arsenio Fernández de Mesa. Explicación sobre a toma de decisións: “As decisións foron tomadas polos responsables da Mariña Mercante española e eu fun un pouco o coordinador e o transmisor entre as Administracións. As ordes tomáronse desde o Ministerio de Fomento. En todo momento, o ministro de Fomento, o subsecretario de Fomento o presidente da Xunta e os conselleiros de Pesca e Medio Ambiente estiveron en contacto a través de sete teléfonos que hai aquí no meu despacho.

Na cúspide da crise está o ministro de Fomento. No mar todas as decisións son tomadas por Mariña Mercante integrada en Fomento. Na costa as decisións tómaas Medio Ambiente e en materia de Pesca a Xunta (O País, pax. 22).

Page 25: 1 mes de prestige
Page 26: 1 mes de prestige

Domingo 24 de novembro

Segundo a Cadea SER, a tarde do día 16 estaba cazando en Toledo. A Xunta non quixo confirmar nin desmentir a información. Segundo Rajoy “Só podo dicir que estivo en contacto permanente desde o primeiro día”. Segundo a Delegación do Goberno de Castela A Mancha: “Non todas as personalidades que chegan ata aquí comunican a súa presencia”.

O vicepresidente primeiro do Goberno Mariano Rajoy trasladouse onte a Galicia para poñerse á fronte do equipo de crise e intentar corrixir a sensación de desorde e de falta de coordinación dos últimos días (O País, pax:18).

Mariano Rajoy na comparecencia ante a prensa resposta aos informadores portugueses que lle pedían que recoñecese que os tanques do buque seguían filtrando combustible: “négoo”.

¿Por que non solicitaron antes axuda internacional?: “Pedímola cando pensamos que había que facelo".

Rajoy tamén falou de que “non pode falarse de marea negra senón dunha situación complexa, pola proliferación de manchas localizadas”.

Page 27: 1 mes de prestige
Page 28: 1 mes de prestige

Luns 25 de novembro

Enrique López Veiga en declaracións en Muxía, “Estamos ante unha catástrofe moi amolada pero as manchas que chegan á costa non o fan de modo uniforme. En Muxía si hai unha marea negra neste momento”.

“Temos barreiras suficientes, pero é difícil encontrar grandes cantidades destes productos no mercado”

“Non se poden concentrar medios nas Rías Baixas porque alí non hai perigo inminente”.

“Nós non podemos ter un barco especializado en vertidos para un accidente que puidera haber cada 10 anos. É máis práctico que o teñan só algúns países e que se despracen en caso de catástrofe”

“Pódese minimizar a mancha se está lonxe, que é o que se está facendo, co fuel que está flotando, pero en terra é moi difícil. O que fai falla para limpar son capataces formados e rigorosos cun equipamento adecuado, e niso estamos traballando" (Faro de Vigo, pax 8).

Page 29: 1 mes de prestige
Page 30: 1 mes de prestige

Martes 26 de novembro

Medio centenar de actores, músicos e artistas plásticos fecháronse na Casa de Cultura de Laxe en protesta polo desastre do Prestige: Miguel de Lira, Carlos Blanco.

Mércores 27 de novembro

O Ministerio de Defensa mobilizou unha compañía da Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable (Brilat) con sede en Figueirido (Pontevedra), ao concello de Carnota para limpar o porto O Pindo e as praias lindeiras. (Faro de Vigo).

Page 31: 1 mes de prestige
Page 32: 1 mes de prestige
Page 33: 1 mes de prestige

Venres 29 de novembro …

Augusto Ezequiel, responsable do Instituto Hidrográfico de Portugal informou que “se detectaron dúas manchas de dous quilómetros de diámetro cada unha na zona onde se produciu o afundimento do Prestige”.

Roseline Bachelot, ministra francesa de Ecoloxía, reiterou o mércores que “dos restos do Prestige segue saíndo fuel”.

Mariano Rajoy sostén que os restos do Prestige teñen deixado de emanar fuel. “A mancha que se atopa no lugar do afundimento do buque non é o que preocupa ao Goberno dado que se encontra a uns 260 ou 270 km da costa”. “Os técnicos e científicos que asesoran ao goberno din que o vertido é do propio combustible do buque e do aceite dun dos seus tanques, non obstante a proba definitiva terase cando chegue o batiscafo Nautile”.

Page 34: 1 mes de prestige
Page 35: 1 mes de prestige

… Venres 29 de novembro

Jaume Matas, ministro de Medio Ambiente, corrixiu a ministra francesa: “O Prestige non perde fuel”. “É moi improbable que o fuel chegue ás Rías Baixas, esta condición está suxeita a condicións meteorolóxicas que non podemos controlar”.

Os sete barcos estranxeiros dirixiranse hoxe a primeira hora cara á grande mancha de fuel, a trinta quilómetros da costa.

Manuel Fraga: “Hai instalados 8.133 metros de barreiras, en terra hai almacenadas 21.729 metros, outros 3.525 están inservibles.”

“Ata o luns, data na que chega o batiscafo, non se saberá nada seguro respecto a se os restos do Prestige seguen vertendo fuel”. (Faro de Vigo).

Aznar, anunciou a visita do Rei o próximo luns á zona de costa afectada polo vertido (Faro de Vigo).

Page 36: 1 mes de prestige
Page 37: 1 mes de prestige

Sábado 30 de novembro A Xunta espera o peor pola chegada de 9.000 toneladas de fuel.

Michel Girin, dirixe o Centro de Documentación, Investigación e Experimentación sobre a Polución das augas (CEDRE): “Do Prestige fuxiron polo menos 20.000 tm. Isto representa un desastre das mesmas dimensións que a do Erika que contaminou 400 km de litoral Francés. Esta marea afectará a moita máis xente e chegará a moitos máis lugares, por que canto máis lonxe se naufraga máis se dispersa a contaminación.

Mariano Rajoy: volveu defender a orde que se deu de arredar o barco da costa. Dixo que “Foi tomada fundamentalmente polos técnicos do Ministerio de Fomento e apoiadas polas confrarías de Pescadores”.

Os sindicatos de TVE e TVG e Comités de Empresa din que os Equipos Directivos impartiron desde o primeiro momento instrucións para non falaren de marea negra senón de vertidos (Faro de Vigo).

Page 38: 1 mes de prestige
Page 39: 1 mes de prestige

Domingo 1 de decembro

Zapatero cambia a súa axenda e desprázase a Galicia.

O ministro de Fomento asistiu a unha cacería cando a primeira marea negra chegou á Costa Galega.

Fraga, ao que a primeira marea negra coincidiu coa a asistencia a unha cacería en Toledo, resístese a cambiar a súa axenda, xa que, a punto de chegar a segunda acudiu a Guimaraes para ser entronizado membro de honor da confraría Panela ao Lume.

A Plataforma NUNCA MÁIS espera protagonizar hoxe en Santiago unha manifestación histórica.

O Nautile tratará de comprobar hoxe se o Prestige continúa vertendo fuel. O batiscafo está habilitado para baixar a 6.000 metros de profundidade e está dotado de cámaras e brazos manipuladores.

Page 40: 1 mes de prestige
Page 41: 1 mes de prestige

Luns 2 de decembro …

Santiago acolleu a maior manifestación da historia galega en protesta pola marea negra (150.000 persoas segundo a Policía Municipal).

Fraga asumiu que se enfronta a dúas catástrofes unha no mar, a causa do vertido de fuel, e outra política que nace de forma aproveitada desde a demagoxia e a falsidade. Manifestou “Hai máis xente que apoia ao Goberno e á Xunta que a que foi á manifestación”.

“Nunca antes un país reuniu tantos medios e esforzos para combater a marea negra”.

Defendeu a actitude das Administracións na xestión da catástrofe e admitiu que "algún erro se puido cometer, pero só se equivocan os que traballan e actúan mentres que os demais están para a foto”.

Agradeceu "a resposta de solidariedade do pobo Galego e dos voluntarios chegados de todas partes”.

Anunciou que "en poucos meses quedará limpo de fuel ata o último centímetro de costa, pero é necesario traballar todos na mesma dirección sen entrar en liortas políticas".

A grande mancha podería alcanzar hoxe a zona comprendida entre Sálvora e Cabo de Touriñán.

Page 42: 1 mes de prestige
Page 43: 1 mes de prestige

… Luns 2 de decembro

O director do Instituto Hidrográfico de Portugal confirmou que a grande mancha está xa na costa, as previsións do instituto confirman o peor para Galicia.

Mariano Rajoy, mantivo unha visión diferente á manexada polas autoridades de Portugal e reiterou “Hai posibilidades de que as manchas alcancen a costa, pero non ten por qué ser grave. Non se poden facer afirmacións categóricas sobre a chegada dunha nova marea negra. Indicou que o que poden chegar son pequenas manchas que hai que facer o esforzo de ir limpando. A zona que corre máis risco de impacto da marea negra é a que está entre cabo Touriñán e cabo Fisterra, unha zona sensiblemente inferior á delimitada polo Instituto Hidrográfico Portugués.

As barreiras anticontaminantes do Grove rompéronse en anacos mentres se colocaban, non resistiron a acción do vento a pesar de ser unha zona abrigada. (Faro de Vigo).

Page 44: 1 mes de prestige
Page 45: 1 mes de prestige

Martes 3 de decembro

O vertido de petróleo alcanzou onte a entrada da ría de Arousa, a costa de Corrubedo, e pequenas manchas de fuel chegan a Riazor, Orzán e Amorosas.

A vicepresidencia primeira do Goberno nun comunicado oficial: “O batiscafo Nautile non encontrou na súa primeira inmersión vestixios de perda de fuel procedentes dos tanques do buque”.

A revista SCIENCE: “Critican a actuación das autoridades e advirten sobre as consecuencias que o vertido terá sobre as especies animais da zona afectada, aseguran que os peixes contaminados sufriran graves alteracións xenéticas e problemas reproductivos que perdurarán durante máis de trece anos".

Os expertos da revista científica máis importantes dos EE.UU.: “Culpan ao Goberno español pola súa actuación ante a magnitude da traxedia e dubidan da súa capacidade para controlar o desastre ecolóxico”.

O Instituto de Investigacións Químicas e Ambientais de Barcelona, pertencente ao CSIC: "Confirman a presencia de hidrocarburos aromáticos policíclicos pesados, os máis tóxicos e potenciais canceríxenos".

Page 46: 1 mes de prestige
Page 47: 1 mes de prestige

Mércores 4 de decembro …

A chegada masiva de fuel obriga a pechar as rías de Arousa, Pontevedra e Vigo. Os mariñeiros carecen de guantes, máscaras, roupa de augas apropiada, combustible para os seus barcos, comida.

O buque-tanque inglés British Shield chegou ao porto de Vigo para sumarse á loita contra o fuel.

O Concello do Grove solicitou á Confraría de Pescadores que lle aportara algunhas das máscaras que o pósito tiña adquirido, xa que non recibiran os medios que lles prometeu a Xunta.

Francisco Iglesias, patrón maior da Confraría do Grove: “definiu a situación como terceiromundista, a carencia de medios materiais de que dispón a flota para facer fronte á marea negra que ameaza a Ría de Arousa. O Patrón lembra que os sectores productivos veñen reclamando barreiras e todo tipo de materiais desde que comezou a crise pero, ninguén nos fixo caso e agora pagaremos as consecuencias".

Page 48: 1 mes de prestige

… Mércores 4 de decembro …

Manuel Abeledo, presidente da Deputación de Pontevedra: "A Deputación xa deu as ordes oportunas ao Xefe do Parque de maquinaria para que todos os contedores que tiñamos se distribuíran no Grove, Sanxenxo, Cangas, Bueu e a Illa de Arousa”.

Manuel Fraga destacou onte que "as primeiras investigacións do batiscafo francés, aínda non terminadas parecen indicar que o fuel tense solidificado e que non hai máis fugas de combustible. Non obstante sinalou que ata mañá ou pasadomañá non haberá noticias definitivas e que continúa habendo irradiacións de pequenas manchas nalgunhas partes de Galicia”.

“Fraga, que acompañou ao Rei na súa visita á Costa da Morte, afirmou que o animo da poboación galega está ben e anque estamos todos un pouco fartos non hai mal que por ben non veña e esta desgracia servirá para que a Comisión Europea e demais organismos que se ocupan desta materia tomen en serio a seguridade marítima”.

Fraga viaxou onte a Madrid para asistir á presentación do libro “Boticas monásticas e conventuais de España ”.

Page 49: 1 mes de prestige
Page 50: 1 mes de prestige

… Mércores 4 de decembro

Respecto á xestión do Executivo central, durante o afundimento do buque: “Reiterou que se tomou unha decisión exemplar. Relatou que entre as opcións (introducir o barco en Vigo, bombardealo ou afastalo das costas) escolleu a máis apropiada, porque doutra maneira expoñíase a deixar unha das rías contaminadas para sempre”.

Cañete Ministro de Agricultura: “Dispoñemos de todos os medios necesarios para atallar as manchas principais cando as condicións meteorolóxicas o permitan”.

Respecto aos traballos do batiscafo: “As primeiras observacións apuntan a que non había fugas. Non obstante avogou por ser prudentes, porque os traballos continúan. Ao longo das seguintes inmersións poderase constatar o estado do casco e a situación dos vertidos”.

Francisco Rodriguez, Deputado de BNG: “dirixiu unha pregunta ao Goberno central para saber se é certo que negociou co instituto francés IFREMER, manter baixo control a información que obteña o batiscafo”. (Faro de Vigo).

Page 51: 1 mes de prestige
Page 52: 1 mes de prestige

Xoves 5 de decembro …

As Rías Baixas loitan sen medios contra a súa maior catástrofe.

Lois Pérez Castrillo: “É indignante que o Goberno Central non coñeza onde están as manchas de fuel, en alusión as palabras pronunciadas horas antes polo vicepresidente do Goberno Mariano Rajoy, nas que negaba que a marea negra do Prestige afectase á Ría de Vigo”.

A Escola Naval paraliza a súa actividade académica para envorcarse na recollida de fuel.

Os Hoteleiros ofrécense para aloxar voluntarios.

Miles de homes e mulleres de Arousa logran frear o fuel na boca da ría.

Ons tínguese de loito.

A Ría de Pontevedra xunta esforzos na súa loita contra o vertido.

Combarro “amuralla” a ría.

O fuel Baña San Vicente do Grove e chega á Lanzada.

Francia retira os seus dous buques anticontaminación para envialos ao Cantábrico.

Page 53: 1 mes de prestige
Page 54: 1 mes de prestige

… Xoves 5 de decembro …

O BNG secunda ao PSOE e presenta a súa propia moción de censura contra Fraga.

Alberto González-Garces director do Centro Oceanográfico de Vigo: “Os caladoiros afectados tardarán entre dous e cinco anos en rexenerarse”.

A BRILAT defende as dunas de Corrubedo.

Mariano Rajoy: Recoñeceu que "nos primeiros datos extraídos da inmersión do batiscafo non hai fendas importantes nin grandes furados nin novas manchas na superficie. Estes datos son provisionais xa que non se recoñeceu máis que unha parte da proa, que se volverá a comprobar. A Intención é que se realicen unhas oito inmersións".

Sobre os informes portugueses que aseguran que hai novos vertidos, preguntou se acaso mandaron un submarino con especialistas para actuar con coñecemento de causa.

Sinalou que "na maña de onte chegaron manchas ás embocaduras das rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, anque parece que non ten entrado no interior das enseadas.

Page 55: 1 mes de prestige
Page 56: 1 mes de prestige

… Xoves 5 de decembro

Fraga: Recoñeceu onte na Coruña que "os medios son sempre insuficientes e que nalgún momento pode haber algunha outra desconexión”.

“O de menos é que o presidente Aznar visite ou non a zona, porque o importante é o que está facendo e non desde onde o faga”.

En declaracións a “onda cero”: “Téñense solucionado os problemas de material que onte estaban sen resolver nalgunhas zonas que foran afectadas. O certo é que Galicia está reaccionando moi ben e esperamos saír desta traxedia unha vez máis”.

Fraga admitiu, en relación coas agresións ao Presidente da Deputación e alcalde de Ribeira Torres Colomer: “Pode haber nerviosismo entre os afectados polo derrame nas costa galegas pero subliñou que as agresións son inadmisibles”.

Mangouras Capitán do Prestige declarou onte diante do Xuíz de Corcubión. Mangouras exculpouse en todo momento do accidente e responsabilizou ás autoridades españolas do desastre, por empeñarse en afastar o barco das costas galegas.

Page 57: 1 mes de prestige
Page 58: 1 mes de prestige

Venres 6 de decembro …

A marea negra arruína o Parque Nacional das Cies, Ons e Sálvora.

Mariano Rajoy na Comparecencia diante da Comisión Mixta Congreso-Senado para asuntos UE: “O Goberno tomou a decisión de afastar o barco por ser máis eficaz e prudente entre todas as que se barallaban para evitar males maiores, e contamos cos medios razoables para loitar contra os efectos derivados do vertido”.

“O importante na actualidade é atender as persoas afectadas e evitar que un sinistro similar se repita no futuro”.

Reiterou a “nula colaboración do Capitán do Prestige e do seu Xefe de Maquinas cos efectivos de Salvamento Marítimo, e as dificultades engadidas polas adversas condicións meteorolóxicas que afectaron á zona”.

Mariano Rajoy admite que o Prestige segue vertendo fuel: “Do petroleiro saen pequenos fíos, regueiros solidificados con aspecto de plastilina”. “Ata o momento fixéronse dúas inmersións por parte do Nautile, para comprobar o estado da proa e aínda non hai datos da popa”.

Page 59: 1 mes de prestige

… Venres 6 de decembro

Fraga: “Pido perdón se houbo algunha falta”. “Non haberá máis problemas, todo o material necesario para a retirada do fuel esta chegando xa ás costas, as tarefas de coordinación se encontran totalmente logradas e todos os membros do Goberno Galego están dedicados á marea negra”. Mostrou "o seu profundo e afectuoso agradecemento pola colaboración que prestan para defender o litoral da avalancha do vertido”.

Valorou "o esforzo dos voluntarios que están arrimando o ombro" e pediu "comprensión se nalgún momento as liñas telefónicas que utilizan para ofrecer colaboración están colapsadas”.

Admitiu que "nalgún momento puido haber descoordinación e atribuíuno á complexidade da crise e ao carácter incontrolable dos ventos”.

Respecto ao fuel que se encontra no buque: “Parece que non vai saír porque se encontra todo solidificado”; “no buque non se encontraron fendas importantes”. “Pode ter algunha aboladura como sería normal, pero salvo que alguén vaia alí a poñer unha bomba non parece normal que solte máis fuel. ”

Pérez Varela asume a política informativa da Xunta.

Page 60: 1 mes de prestige

Sábado 7 de decembro …

Francisco Álvarez Cascos reclamou con éxito dos seus homólogos europeos a adopción de medidas preventivas para evitar ou paliar mareas negras, ao berro “o Prestige é o Chernóbil español”. "Si, díxeno esta maña ao fío da miña intervención no senso de que a UE está invertendo moito diñeiro nas medidas preventivas nas centrais nucleares do leste, e que se debe traballar de forma similar en accidentes como o do Prestige porque efectivamente, este é o noso Chernóbil” (O País, sábado 7 de decembro de 20002; pax.13).

O capitán do navío L’Alción Philippe Crassin, que traballou durante dúas semanas intentando recuperar o fuel vertido declarou a súa estrañeza “pola falta de dirección e coordinación nos traballos de recuperación. Cada barco saia a aventura sen que ninguén o orientase". Crassin lamentou "a falta de barcos españois traballando xunto aos belgas, alemáns, holandeses, británicos ou franceses. Ademais entre o mal tempo e o frío, as horas nas que se podía bombear eran moi poucas, as do mediodía, cando a superficie desa capa de 10 cm, como de cortiza negra e sucia, facíase algo máis líquida. Cada 10 toneladas recuperadas no mar evitan unhas 100 Tm de residuos cando o fuel chega a terra e se mestura con sedimento e area". L’Acción recuperou un total de 105 toneladas de fuel (O País, sábado 7 de decembro de 20002; pax.15).

Page 61: 1 mes de prestige
Page 62: 1 mes de prestige

… Sábado 7 de decembro …

Aznar convocou para o día de hoxe (7.12.02) unha reunión especial de ministros con competencias na crises do Prestige para “facer unha avaliación global”. Aznar convocou a Mariano Rajoy, vicepresidente; Jaume Matas, ministro de medio ambiente; Ana Palacio, ministra de Exteriores; Federico Trillo ministro de defensa; Adolfo Menéndez, subsecretario de Fomento; Alfredo de Timermans subsecretario de estado de Comunicación. Aznar negou que fose a primeira reunión dun Gabinete de crises xa que “El estivo informado, ao minuto, desde o día da catástrofe” (O País, sábado 7 de decembro de 20002; pax.16).

Rajoy recoñeceu onte o que xa viña avisando desde había dous días o Instituto Hidrográfico Portugués, a existencia de dúas manchas avistadas polo avión Atlantic do Reino Unido, unha de 3,5 km de largo por 1,5 de ancho e outra de 5 km2. Un día despois de admitir por primeira vez que hai filtracións nos tanques do Prestige, Rajoy dixo non dispoñer de máis datos sobre as observacións do batiscafo francés Nautile. Simplemente se referiu a que o submarino advertiu a presencia dun fluído na proa, cunha cantidade difícil de precisar, así como á posibilidade de que acade a superficie (O País, sábado 7 de decembro de 20002; pax.18).

Page 63: 1 mes de prestige
Page 64: 1 mes de prestige

… Sábado 7 de decembro …

Aznar “hai fíos que saen do barco pero que se quedan inmediatamente solidificados” respondendo aos periodistas no Congreso de Deputados “non se pode dicir tecnicamente, é faltar á verdade, que eses fíos que saen vaian ata a superficie”. (O País, sábado 7 de decembro de 20002; pax.20.

 O Colexio de Periodistas de Galicia denuncia “Un apagón informativo”. Imposibilidade de contrastar noticias con organismos públicos como Mariña Mercante e Salvamento Marítimo. A falta de información obriga a depender de fontes oficias de Francia e Portugal (O País, sábado 7 de decembro de 20002; pax.22).

Antonio Figueras. Director do Instituto de Investigacións mariñas: “A decisión de qué facer co Prestige, se levalo fóra da costa ou traelo a porto, era complicada e tampouco creo que sacrificar unha zona costeira fóra unha solución viable”.

Rexeita que "tratase de infundir falsas esperanzas á xente dicindo que os ventos e as correntes acabarían expulsando o petróleo a alta mar”.

Page 65: 1 mes de prestige
Page 66: 1 mes de prestige

… Sábado 7 de decembro

“As últimas investigacións como a do Titanic probaron que a 3600 m de profundidade hai osíxeno, e se hai osíxeno hai corrosión, os tanques acabarán rebentando”

Margot Wallström, Comisaria europea de Medio Ambiente: “Desde o helicóptero o que pode verse é esta fermosa costa convertida nun desastre ecolóxico e económico, con efectos devastadores para o medioambiente e para a vida da xente”. Ofreceu os fondos comunitarios na forma que sexa práctica e necesario para axudar a xente na limpeza e para axudar aos pescadores.

Eduardo Aragolaza. Xefe de Bombeiros de Vitoria “Pensabamos que nos ían dar medios aquí ao chegarmos e ao final foi xustamente ao revés. Tivémolos que dar nós, comprando: 1.400 pares de botas, 1.500 traxes desbotables, 2.000 guantes e 1.500 pares de gafas ademais dos útiles de limpeza”.

Basilio Rada. Director de Parques Nacionais “Nunca vira unha traxedia como esta. É imposible que se volva repetir un desastre de esta magnitude (Faro de Vigo).

Page 67: 1 mes de prestige

Luns 9 de decembro …

Portugal enviará unha grande plataforma para aspirar o fuel que sae do Prestige.

Máis de 5.500 soldados relevan a voluntarios.

España prohibe o fondeo nos seus portos a barcos perigosos.

A marea negra volve invadir as praias de Ons.

A confraría do Grove denuncia que TRAGSA impediu a retirada de fuel de varios areais da zona.

Francisco Iglesias: “Estamos tan sós como o primeiro día: non nos escoitan, non nos fan caso”.

Primitivo González Doutor Enxeñeiro naval e profesor da Escola de Ferrol: “Canto máis se afastaba o barco máis se ampliaba a extensión da costa alcanzada”. “O Buque cargado como estaba e co agravante de ter aumentado o peso na zona central pola inundación da avaría e polo lastrado a babor para adrizalo, partiríase tarde ou cedo.”

Page 68: 1 mes de prestige
Page 69: 1 mes de prestige

… Luns 9 de decembro …

“De forma paralela á costa e convenientemente lastrado poderíase varar nunha praia con fondo de area”. ”Dado o tamaño do buque, unha vez pousado sobre o fondo con calado en marea alta de aproximadamente 14 metros, aínda quedaría ata cuberta unha altura doutros 5 metros, formando o propio buque un magnífico dique de abrigo de 240 metros de longo. Protexeríase con varias voltas de barreiras protectoras e ao seu socairo abordaríanse embarcacións de bo tamaño para realizar tranquilamente o transvase da carga”. “Probablemente ocorrería un importante derrame de hidrocarburo e deterioro dunhas millas de costa que habería que limpar, e así as súas consecuencias serían compensadas. Esta decisión era a menos mala con grande diferencia, e por iso, a obrigada”.

“A velocidade con que impactou o buque contra o fondo mariño puido chegar a 30 km/h, o que xerou esmagamentos e roturas”.

“ Dado que os tanques están baleiros en gran parte e que a entrada de auga é lenta e escasa, a presión non se equilibra rapidamente e nos tanques, pola presión exterior, prodúcense numerosos puntos de rotura”

Page 70: 1 mes de prestige

… Luns 9 de decembro

O Goberno de Aznar prohibiu aos avións portugueses sobrevoar as manchas de fuel que inundan grande parte de augas e costa españolas, a razón é que “un elevado número de avións españois se encontraban tamén vixiando os vertidos”.

Mariano Rajoy Vintecatro horas despois de admitir que unha terceira marea negra ameaza Galicia recoñeceu a “existencia de dúas grandes manchas irisadas próximas á zona onde se afundiu o Prestige, a uns 250 km fronte ás illas Cies. Sen embargo, estas manchas representan a terceira parte do tamaño das que avistou o Instituto Hidrográfico de Portugal días atrás. A Administración lusa cifra os afloramentos de fuel naquel lugar, practicamente constantes, a ritmo de 30 a 120 toneladas diarias.

Page 71: 1 mes de prestige
Page 72: 1 mes de prestige

Martes 10 de decembro …

A Inspección dos restos do “Prestige” ten concluído con máis datos para a alarma: "A popa presenta máis de 5 gretas e a proa está peor".

A Plataforma NUNCA MÁIS convoca mañá novas mobilizacións nas comarcas galegas: en Vigo e Pontevedra convócanse manifestacións para esixir as dimisións, e no resto dos concellos haberá concentracións.

Os patróns maiores de Pontevedra, Arousa e Vigo acordaron en Arcade remitir un escrito ao Presidente da Xunta pedíndolle que os reciba en audiencia.

Asturias e o País Vasco manteñen a alerta ante ameaza das manchas de fuel.

Francia descarta unha marea negra inmediata.

Pescanova proba hoxe unha nova técnica para a recollida do fuel no mar. O sistema empregado é o mesmo que para capturar peixe, se ben a rede foi deseñada especialmente para a ocasión.

Todas as Facultades de Vigo participarán en quendas rotativas ata marzo para colaborar na limpeza da costa. Os centros pararán a súa actividade o día que lles sexa asignado quenda de recollida. A Institución disporá autobuses, equipos e seguros para os voluntarios.

UXT e CCOO desconvocan a folga xeral prevista para o día trece.

Page 73: 1 mes de prestige
Page 74: 1 mes de prestige

… Martes 10 de decembro …

Orza, “Conselleiro de economía”, vaticina que a catástrofe freará o crecemento económico de Galicia.

Expertos do Centro de Estudios Ambientais da Fundación Fogar do Empregado, calculan que serán necesarios 20.000 euros para paliar os danos.

A tramitación de axuda require un cursiño.

Unha grande mancha foi achada na zona do afundimento e a grande fronte que se acerca a Ons e Cíes segue estable a 47 millas das illas.

Aznar nunha entrevista concedida a TVE: “Debemos estar preparados para todo en referencia á chegada dunha posible terceira marea negra procedente do Prestige”. “É posible que o Goberno cometera erros na xestión da catástrofe, anque fixera todos os esforzos humanamente posibles para afrontar a situación”. “Somos moi conscientes que estamos ante a maior catástrofe ecolóxica que ten habido en España”. ”Cando un petroleiro mide 242 m. e ten un furado que solta fuel, ¿que decisión se pode tomar? Ante un dilema desta magnitude non hai solución boa” (dixo en referencia á decisión de afastar o barco da costa).

Page 75: 1 mes de prestige

… Martes 10 de decembro

“As forzas armadas, estiveron na costa desde o primeiro día, anque se incorporaron progresivamente en función das necesidades para substituír voluntarios e pescadores”.

Fraga, nunha entrevista gravada onte á noite na TVG: “Gustaríame dicir que xa ten pasado o peor”. Definiu como “perfecta a coordinación entre a Administración central e a Xunta, e defendeu que as decisións tomadas foron as menos malas que se podían tomar”. Admitiu que “non saíu tan ben como se esperaba”. Respecto ás críticas da oposición “Non teño escoitado propostas de solución, por parte da oposición”. Respecto á moción de censura: “Estas deben constituír unha alternativa non ser só unha ocasión para criticar”. “Algúns partidos políticos están usando a catástrofe de modo partidista, a Xunta non ten ningunha responsabilidade directa: Nin o barco era galego, nin fretado por Galicia nin viña destinado a un porto galego”.

“Eloxiou o labor dos voluntarios que acudiron a Galicia para limpar as praias”.

Page 76: 1 mes de prestige
Page 77: 1 mes de prestige

Mércores 11 de decembro

Mariano Rajoy, onte na Coruña: o Prestige expulsa 125 toneladas de fuel cada día polas súas 14 fendas: 9 na proa e 5 na popa, e tardan 24 horas en aflorar á superficie do mar. Na zona do afundimento detectouse unha mancha de cru de enormes proporcións, de case 1.200 km2.

Lora Tamallo, presidente da comisión científica e vicepresidente do Consello Superior de Investigacións Científicas: “A este ritmo o petróleo tardaría entre 5 e 39 meses en baleirar os tanques". “O arrefriamento do fuel, ata igualar a temperatura do océano, levará dous ou tres meses. A partir de aí, a intensidade do vertido diminuirá pola maior viscosidade do hidrocarburo que no momento do afundimento era de 20º".

Cascos ordena iniciar accións xurídicas contra Remolcanosa porque se incumpriu o contrato que tiña coa Sociedade Estatal de Salvamento Marítimo.

Remolcanosa atribúe o atraso na súa actuación ao mal tempo e ás dificultades que puxo o Capitán.

López Veiga admite que se equivocou ao valorar o alcance da catástrofe do Prestige: “Nunca pensamos que o vertido chegase tan abaixo como chegou, polo menos ás Rías Baixas, recoñeceu”.

Page 78: 1 mes de prestige
Page 79: 1 mes de prestige

Mércores 11 de decembro

Francisco Iglesias Prol, vicepresidente da Federación de Confrarías de Pescadores: ”Non estamos dispostos a afrontar de novo en solitario a loita contra a 3ª Marea Negra".

O Goberno coordínase cos alcaldes ribeiregos 28 dias despois do naufraxio O subdelegado Millán Mon citou en Pontevedra aos responsables dunha vintena de municipios.

Page 80: 1 mes de prestige