0Este libro é unha pequena escolma que recolle o espírito ...€¦ · dunha pequena parte dos...

1
O proxecto “Galicia Encantada”, definida coma a Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia – www.galiciaencantada.com-, cumpre 10 anos baixo a coordi- nación do escritor e investigador Antonio Reigosa tamén investi- gador e divulgador da mitoloxía popular, da literatura de tradición oral e da cultura oral; ademais de cofundador do Grupo de Investi- gación Etnográfica Chaira e co- ordinador dos proxectos “Polafías” e “Mestres da memo- ria” creados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para documentar e divul- gar os valores da oralidade e da cultura popular. Deste xeito, mitos, fábulas, rela- tos lendarios, ritos, contos da li- teratura oral ou incluso espazos encantados que se poden visitar a través de rutas; son algúns dos contidos desta web que afonda na tradicional e fantasía galegas onde tamén se recollen os arti- gos, da mesma temática, da Revista electró- nica de investi- gación Galicia Encantada. Como xurdiu “Galicia Encan- tada” e con que obxectivos? A idea inicial xurdiu da necesi- dade de atopar novos formatos para conservar e, ao tempo, di- vulgar este patrimonio. Internet é unha ferramenta magnífica pois, ademais de ofrecer a posi- bilidade de arquivar e divulgar mediante calquera formato (texto, vídeo, audio …), permite interactuar coas persoas inte- resadas. Despois destes 10 anos cres que están cumpridos os ob- xectivos? E cales son os ob- xectivos para os vindeiros anos? Aquela idea inicial de ache- gar e compartir relatos do amplo campo da literatura de tradición oral é un obxectivo cumprido. Hai que ir incre- mentando os fondos e, na medida do posible, procurar que os coñeza o máximo de interesados. No futuro inme- diato o obxectivo é conseguir que se acheguen á web pro- fesores e alumnado dos centros de en- sino dunha maneira áxil e directa; por iso creamos a sección “Aulas do imaxina- rio” para poñer ao seu servizo unha fe- rramenta que faga máis doado participar do pro- xecto. Ademais de novas seccións interactivas coma “Aulas do Imaxinario” ou o “Mapa de Galicia Encantada”, a web su- friu unha mellora estética neste décimo aniversario gra- zas aos debuxos de Noemí López. Pero, tamén vén de saír do prelo Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, un libro editado por Xerais co que se celebra o décimo aniver- sario. Que podemos atopar neste libro no que colaboran 52 coautores e coautoras? O libro é a versión en papel dunha pequena parte dos conti- dos da web, unha escolma que representa o espírito da web. Un formato máis clásico que aínda hai moita xente que o prefire aos contidos virtuais. Como foron seleccionados os relatos que recolle este libro? Tratamos de que quedase reflec- tida unha representación xeográ- fica do país, a variedade temática dos contidos e o recoñecemento aos transmisores, poñendo o nome de todos eles nun amplo capítulo de agradecementos. Poderemos atopar lendas ou relatos relacionados coa nosa comarca? Tendo en conta que tratamos de que quedase representado todo o país, non son moitos os relatos chairegos; pero tampouco é manca a representación. Os lec- tores poden atopar relatos de Guitiriz, de Ríoaveso (Vilalba) e da Lagoa de Caque, lendas urba- nas e varias achegas para com- pletar relatos relacionados con crenzas arredor da fauna, da flora ou dos xogos populares. O propio libro conta tamén con ilustración de Noemí López. Que lle aportan aos contos, lendas, xogos e ou- tros relatos recollidos? Noemí López é quen lle pon imaxe á web e tamén ao libro. Unha ilustración é unha lectura diferente dun texto. O ilustrador íspeo de palabras e ofrécenolo nun código esté- tico que se ademais, como é o caso, ten calidade, enri- quece o conxunto da obra. Finalmente, que nos podes adiantar doutros proxectos nos que esteas a traballar en relación á mitoloxía popular e a tradición oral? O máis importante é seguir ache- gando documentos á web Galicia Encantada. E logo procurar tamén que vaian aparecendo tra- ballos de investigación e de in- terpretación do noso patrimonio cultural oral. Non chega con res- catar, sendo imprescindible; senón que é obrigado axudar a comprender as claves simbólicas que agocha. Armando Re- queixo recolle en Fala das Musas e outros poemas os versos do pri- meiro poemario publicado en ga- lego durante a Guerra Civil da man do escritor e seminarista natu- ral da parroquia de Quende, do municipio de Abadín, Daniel Pernas Nieto e ou- tros versos de composicións que permanecían espalladas na prensa. Publicado en decembro de 1936, Fala das Musas é agora recupe- rado polo investigador e crítico mindoniense que aportou no es- tudo introdutorio unha biografía do autor do que se coñecían pou- cos datos ademais de trazar unha panorámica dos principais elemen- tos característicos da súa poesía se- guidora da estética neovirxilianista li- derada por Nor- iega Varela. Esta edición de Fala das Musas e outros poemas re- produce tamén o prólogo que no seu día escribira Álvaro Cunqueiro para o libro e engade como apéndice diversos comentarios que se fixeran á obra cando esta fora publicada por vez primeira. Fala das Musas e outros poemas insírese na colección Láncara, que dirixe Luís Alonso Girgado e pu- blica o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humani- dades da Xunta de Galicia. Logo do éxito acadado o ano pa- sado, “no que enchemos o Clavi- cémbalo”, a organización do festival decidiu apostar por me- drar e trasladarse ao Pazo de Fei- ras e Congresos de Lugo. Deste xeito, entre o venres 27 e o sábado 28 de febreiro pasarán un total de dez grupos por “un espazo de máis de 8.000 metros cadrados que usaremos para ofrecer con- certos, zona de acampada e outro tipo de actividades que, de seguro, sorprenderán a todos os asisten- tes”, segundo afirmaba Manu Moure, un dos membros da orga- nización do festival que partici- pou na súa presentación no Museo Provincial xunto ao dele- gado de Cultura e Turismo. De feito, a Área de Cultura e Turismo da Deputación colabora con este evento con 7.000 euros destina- dos a financiar distintos gastos do mesmo. O que non cambiou é a aposta por grupos de distintos estilos como o punk, ska, rock, rap, bravú, hip hop e folk, sendo maioría as ban- das do país, aínda que nesta edi- ción estarán presentes na cidade amurallada bandas cunha traxec- toria de máis de dúas décadas no panorama do rock peninsular como Boikot ou Habeas Corpus. Boikot tocarán o venres e Habeas Corpus farano o sábado. Xunto aos primeiros desfilarán polo es- cenario do Pazo de Feiras e Con- gresos o venres Xenderal aka Gendebeat, Terbutalina, Nao e os chantadinos de Liviao de Marrao. Mentres, o sábado será o turno para Sokram; os Ruxe-Ruxe, con máis de 18 anos de carreira ás súas costas; os lugueses Arrhyt- mia e os valencianos de Los Chi- kos del Maíz. Actividades paralelas Aproveitando as amplas instala- cións nas que se desenvolverá esta segunda edición da Candelo- ria, a organización, en paralelo aos concertos, porá en marcha o primeiro Concurso de Cantos de Taberna, unha churrascada popu- lar e o primeiro Certame de Cur- tas e Videoclips. Entradas O bono para asistir aos concertos dos dous días ascende a 16 euros e as entradas pódense mercar a través de Ticketea ou de xeito fí- sico nos seguintes puntos: Don Disco (Lugo), Discos Portobello (A Coruña), Peggy Records (Ou- rense), A Reixa Tenda (Santiago de Compostela), Miranda Cultura para levar (Santiago de Compos- tela) e Tendas Tipo (Vigo). Así mesmo, a organización, a través da empresa Viajexpres.com, ofrece buses que partirán o venres pola tarde desde distintos puntos de Galiza, León e Asturias. Con- cretamente, ofértanse viaxes desde A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Vigo, León, Ponferrada e Oviedo. Antonio Reigosa (no centro) xunto aos coautores do libro durante a súa presentación. “Este libro é unha pequena escolma que recolle o espírito da web Galicia Encantada” Armando Requeixo recupera o poemario do abadinense Daniel Pernas publicado en galego durante a Guerra Civil O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá a segunda edición do Festival A Candeloria entre o 27 e o 28 de febreiro Buscando unha representación xeográfica do país e unha variedade temática, recolle tamén relatos de Guitiriz, Ríoaveso e da Lagoa de Caque Antonio Reigosa, coordinador do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías 25 cultura febreiro 15 cultura “Queremos que profesores e alumnado dos centros de ensino se acheguen á web de forma áxil e directa”

Transcript of 0Este libro é unha pequena escolma que recolle o espírito ...€¦ · dunha pequena parte dos...

Page 1: 0Este libro é unha pequena escolma que recolle o espírito ...€¦ · dunha pequena parte dos conti-dos da web, unha escolma que representa o espírito da web. Un formato máis

O proxecto “Galicia Encantada”,definida coma a Enciclopedia daFantasía Popular de Galicia –www.galiciaencantada.com-,cumpre 10 anos baixo a coordi-nación do escritor e investigadorAntonio Reigosa tamén investi-gador e divulgador da mitoloxíapopular, da literatura de tradiciónoral e da cultura oral; ademais decofundador do Grupo de Investi-gación Etnográfica Chaira e co-ordinador dos proxectos“Polafías” e “Mestres da memo-ria” creados pola Asociación deEscritoras e Escritores en LinguaGalega para documentar e divul-gar os valores da oralidade e dacultura popular.Deste xeito, mitos, fábulas, rela-tos lendarios, ritos, contos da li-teratura oral ou incluso espazosencantados que se poden visitara través de rutas; son algúns doscontidos desta web que afondana tradicional e fantasía galegasonde tamén serecollen os arti-gos, da mesmatemática, daRevista electró-nica de investi-gación GaliciaEncantada.

Como xurdiu “Galicia Encan-

tada” e con que obxectivos?

A idea inicial xurdiu da necesi-dade de atopar novos formatos

para conservar e, ao tempo, di-vulgar este patrimonio. Interneté unha ferramenta magníficapois, ademais de ofrecer a posi-bilidade de arquivar e divulgarmediante calquera formato(texto, vídeo, audio …), permiteinteractuar coas persoas inte-resadas.

Despois destes 10 anos cres

que están cumpridos os ob-

xectivos? E cales son os ob-

xectivos para os vindeiros

anos?

Aquela idea inicial de ache-gar e compartir relatos doamplo campo da literatura detradición oral é un obxectivocumprido. Hai que ir incre-mentando os fondos e, namedida do posible, procurarque os coñeza o máximo deinteresados. No futuro inme-diato o obxectivo é conseguirque se acheguen á web pro-

fesores e alumnadodos centros de en-sino dunha maneiraáxil e directa; por isocreamos a sección“Aulas do imaxina-rio” para poñer aoseu servizo unha fe-rramenta que faga

máis doado participar do pro-xecto.

Ademais de novas seccións

interactivas coma “Aulas do

Imaxinario” ou o “Mapa de

Galicia Encantada”, a web su-

friu unha mellora estética

neste décimo aniversario gra-

zas aos debuxos de Noemí

López. Pero, tamén vén de saír

do prelo Galicia Encantada. O

país das mil e unha fantasías,

un libro editado por Xerais co

que se celebra o décimo aniver-

sario. Que podemos atopar

neste libro no que colaboran 52

coautores e coautoras?

O libro é a versión en papeldunha pequena parte dos conti-dos da web, unha escolma querepresenta o espírito da web. Unformato máis clásico que aíndahai moita xente que o prefire aos

contidos virtuais.

Como foron seleccionados os

relatos que recolle este libro?

Tratamos de que quedase reflec-tida unha representación xeográ-fica do país, a variedade temática

dos contidos e o recoñecementoaos transmisores, poñendo onome de todos eles nun amplocapítulo de agradecementos.

Poderemos atopar lendas ou

relatos relacionados coa nosa

comarca?

Tendo en conta que tratamos deque quedase representado todo opaís, non son moitos os relatoschairegos; pero tampouco émanca a representación. Os lec-

tores poden atopar relatos deGuitiriz, de Ríoaveso (Vilalba) eda Lagoa de Caque, lendas urba-nas e varias achegas para com-pletar relatos relacionados concrenzas arredor da fauna, da floraou dos xogos populares.

O propio libro conta tamén

con ilustración de Noemí

López. Que lle aportan aos

contos, lendas, xogos e ou-

tros relatos recollidos?

Noemí López é quen lle ponimaxe á web e tamén aolibro. Unha ilustración é unhalectura diferente dun texto. Oilustrador íspeo de palabras eofrécenolo nun código esté-tico que se ademais, como éo caso, ten calidade, enri-quece o conxunto da obra.

Finalmente, que nos podes

adiantar doutros proxectos

nos que esteas a traballar

en relación á mitoloxía popular

e a tradición oral?

O máis importante é seguir ache-gando documentos á web GaliciaEncantada. E logo procurartamén que vaian aparecendo tra-ballos de investigación e de in-terpretación do noso patrimoniocultural oral. Non chega con res-catar, sendo imprescindible;senón que é obrigado axudar acomprender as claves simbólicasque agocha.

Armando Re-queixo recolle enFala das Musas e

outros poemas osversos do pri-meiro poemariopublicado en ga-lego durante aGuerra Civil daman do escritor eseminarista natu-ral da parroquiade Quende, domunicipio deAbadín, Daniel Pernas Nieto e ou-tros versos de composicións quepermanecían espalladas naprensa.Publicado en decembro de 1936,Fala das Musas é agora recupe-rado polo investigador e críticomindoniense que aportou no es-tudo introdutorio unha biografíado autor do que se coñecían pou-cos datos ademais de trazar unha

panorámica dosprincipais elemen-tos característicosda súa poesía se-guidora da estéticaneovirxilianista li-derada por Nor-iega Varela.Esta edición deFala das Musas e

outros poemas re-produce tamén oprólogo que noseu día escribira

Álvaro Cunqueiro para o libro eengade como apéndice diversoscomentarios que se fixeran á obracando esta fora publicada por vezprimeira.Fala das Musas e outros poemas

insírese na colección Láncara, quedirixe Luís Alonso Girgado e pu-blica o Centro Ramón Piñeiropara a Investigación en Humani-dades da Xunta de Galicia.

Logo do éxito acadado o ano pa-sado, “no que enchemos o Clavi-cémbalo”, a organización dofestival decidiu apostar por me-drar e trasladarse ao Pazo de Fei-ras e Congresos de Lugo. Destexeito, entre o venres 27 e o sábado28 de febreiro pasarán un total dedez grupos por “un espazo demáis de 8.000 metros cadradosque usaremos para ofrecer con-certos, zona de acampada e outrotipo de actividades que, de seguro,sorprenderán a todos os asisten-tes”, segundo afirmaba ManuMoure, un dos membros da orga-nización do festival que partici-pou na súa presentación noMuseo Provincial xunto ao dele-gado de Cultura e Turismo. Defeito, a Área de Cultura e Turismoda Deputación colabora con esteevento con 7.000 euros destina-dos a financiar distintos gastos domesmo.O que non cambiou é a aposta porgrupos de distintos estilos como o

punk, ska, rock, rap, bravú, hiphop e folk, sendo maioría as ban-das do país, aínda que nesta edi-ción estarán presentes na cidadeamurallada bandas cunha traxec-toria de máis de dúas décadas nopanorama do rock peninsularcomo Boikot ou Habeas Corpus.Boikot tocarán o venres e HabeasCorpus farano o sábado. Xuntoaos primeiros desfilarán polo es-cenario do Pazo de Feiras e Con-gresos o venres Xenderal akaGendebeat, Terbutalina, Nao e oschantadinos de Liviao de Marrao.Mentres, o sábado será o turnopara Sokram; os Ruxe-Ruxe, conmáis de 18 anos de carreira ássúas costas; os lugueses Arrhyt-mia e os valencianos de Los Chi-kos del Maíz.

Actividades paralelas

Aproveitando as amplas instala-cións nas que se desenvolveráesta segunda edición da Candelo-ria, a organización, en paralelo

aos concertos, porá en marcha oprimeiro Concurso de Cantos deTaberna, unha churrascada popu-lar e o primeiro Certame de Cur-tas e Videoclips.

Entradas

O bono para asistir aos concertosdos dous días ascende a 16 eurose as entradas pódense mercar através de Ticketea ou de xeito fí-sico nos seguintes puntos: DonDisco (Lugo), Discos Portobello(A Coruña), Peggy Records (Ou-rense), A Reixa Tenda (Santiagode Compostela), Miranda Culturapara levar (Santiago de Compos-tela) e Tendas Tipo (Vigo). Asímesmo, a organización, a travésda empresa Viajexpres.com,ofrece buses que partirán o venrespola tarde desde distintos puntosde Galiza, León e Asturias. Con-cretamente, ofértanse viaxesdesde A Coruña, Santiago deCompostela, Ourense, Vigo,León, Ponferrada e Oviedo.

Antonio Reigosa (no centro) xunto aos coautores do libro durante a súa presentación.

“Este libro é unha pequena escolma que recolle o espírito da web Galicia Encantada”

Armando Requeixo recupera opoemario do abadinense DanielPernas publicado en galegodurante a Guerra Civil

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá asegunda edición do Festival A Candeloria entre o27 e o 28 de febreiro

Buscando unha representación xeográfica do país e unha variedade temática, recolle tamén relatos de Guitiriz,Ríoaveso e da Lagoa de Caque

Antonio Reigosa, coordinador do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías

25cultura febreiro 15

cultura

“Queremos queprofesores ealumnado doscentros de ensinose acheguen áweb de forma áxil

e directa”