06 c al andalus
Transcript of 06 c al andalus
AL-ANDALUS
Roberto López
2º ESO
1. A HISTORIA DE AL-ANDALUS A conquista da península Ibérica iniciouse
no ano 711, cando os exércitos de Tariq e Musa venceron aos visigodos na batalla de Guadalete.
Ocupación dos territorios conquistados •Dous sistemas, segundo a actitude dos seus poboadores:
A RENDICIÓN PACTADA OU CAPITULACIÓN
Aos que se someteron voluntariamente, respectáronselles os seus dereitos e as
súas terras e a cambio pagarían un tributo. Éste foi o procedemento máis habitual.
A RENDICIÓN INCONDICIONAL
Os que opuxeron resistencia perderon todos os seus dereitos e as súas terras que se repartiron
entre os conquistadores.
Os territorios do norte, debido ao seu clima frío, non interesaron moito aos musulmáns
Os musulmáns chamáronlle Al- Andalus ao territorio conquistado na Península Ibérica e convertérono nunha provincia ou Emirato, gobernada por un emir que dependía dos califas de Damasco.
Córdoba converteuse en capital do territorio.
Emirato dependente
Intentan continuar as súas conquistas máis alá dos Perineos pero son
derrotados por Carlos Martel na batalla de Poitiers (732), que detén
a expansión do Islam por Europa. Óleo do século XIX que representa a Batalla de Poitiers de 732, pintado por Charles de Steuben.
É unha época de frecuentes guerras unhas civís, entre árabes e bérberes, outras contra os francos e outras cos cristiáns (batalla de Covadonga 722).
Emirato independente
No ano 756 Abderramán I proclamouse emir independente, polo que deixou de obedecer ao califa, aínda que lle recoñecía a súa autoridade relixiosa.
DINASTÍA OMEYA 661- 750
•Capital: Damasco
DINASTÍA ABASÍ 750 – S.XIII
•Capital: Bagdad
No ano 750 os abasidas fixéronse co poder do islam e a familia Omeia foi asasinada.
So un dos seus membros, Abderramán I, conseguiu fuxir e chegou á Al-Andalus
Monumento a Abderramán I, en Almuñécar, (Granada)
Califato de Córdoba
No ano 929 Abderramán III proclamouse califa independente, polo que ademais de dirixir o goberno, era tamén a máxima autoridade relixiosa do seu reino.
Este foi o período máis brillante da historia de Al-Andalus
Nos últimos anos deste período o goberno estivo nas mans de Almanzor que realizou moitas campañas militares (razzias) contra os cristiáns.
Abderramán III
Reinos de taifas
En 1031, o califato dividiuse en varios reinos ou taifas. A desunión fixo que os reis cristiáns atacaran máis facilmente o territorio de Al-Andalus
Para evitar os ataques, as taifas pagábanlles parias (tributos) aos reis cristiáns.
Grazas a estes tributos, o poderío militar dos reinos cristiáns era cada vez maior.
Almorábides e almohades
Por iso, os musulmáns pediron o auxilio dos musulmáns norteafricanos, : primeiro, os almorábides e despois os almohades
Os almorábides frearon o avance cristiá e volveron a unificar Al-Andalus
No 1147 foron substituídos polos almohades que lanzan unha ofensiva xeral contra os reinos cristiáns.
Batalla de Las Navas de Tolosa, de Van Halen, Pinacoteca del Senado (Madrid)
O reino nazarí de Granada
Os almohades foron derrotados polos cristiáns na batalla das Navas de Tolosa (1212). Só ficou o reino de Granada
Este reino era débil (foi vasalo de Castela a que lle pagaba tributos), e persistiu dous séculos e medio grazas á habilidade diplomática dos seus reis e a súa boa situación xeográfica.
Este reino caeu en mans castelás en 1492.
ETAPAS DATAS Datos salientables do período Conquista 711-714 Emirato dependente
711-756
Emirato independente
756-929
Califato de Córdoba
929-1031
Reinos de Taifas Almorábides Almohades
1031-1237 1090 1147
Reino nazarí de Granada
1237-1492
Completa o seguinte cadro
2. UNHA ECONOMÍA PRÓSPERA
A maior parte da poboación dedicábase á agricultura. O regadío desenvolveuse moito e introducíronse novos cultivos (algodón, índigo, arroz, cana de azucre, berenxena, alcachofa...).
Nas cidades fabricábanse produtos artesáns de gran calidade: cerámica, coiro repuxado, ourivaría, armas, seda....
Al-Andalus foi un centro de comercio moi activo. Vendían os produtos artesáns que fabricaban e compraban escravos e ouro. Usaban moedas: o dinar e o dirhem.
Cántaro de metal
Encadernación dun libro
Prato de cerámica
Arca de madeira
azulejos
Produtos artesáns de Al-Andalus
3. UNHA SOCIEDADE DESIGUAL
O grupo máis poderoso estaba formado polos conquistadores e os seus descendentes:
Os árabes reserváronse as mellores terras e os cargos de goberno. Os bérberes eran máis numerosos pero a súa situación era peor.
O resto da poboación organizábase por criterios relixiosos. Os muladís eran os antigos cristiáns que adoptaron o islam. Os mozárabes eran os cristiáns que continuaron practicando a súa
relixión. Os xudeus eran unha minoría moi activa no terreo económico.
Conquistadores e descendentes
ÁRABES BÉRBERES
Resto da poboación
MULADÍS MOZARABES XUDEUS
4. UN MUNDO URBANO
A maior parte da poboación vivía no campo, pero as cidades tiñan gran importancia, pois eran o centro da vida económica, social e cultural.
Eran cidades máis grandes que as cristiás: Córdoba tiña arredor de 100.000 habitantes.
A parte principal da cidade era a medina, onde se atopaban o alcázar (palacio) e a mesquita maior.
Arredor estaban os arrabaldes.
O zoco era a zona de mercado e as alhóndigas eran os almacéns
baño árabe
Mesquita
Zoco
Baños
Arrabaldes
Alcázar
Reconstrucción dunha cidade islámica medieval
As Alpujarras, Granada
Casa tradicional andaluza, Córdoba
Cuartos privados
Patio interior
Vivenda dunha familia rica e a pervivencia da vivenda andalusí na vivenda actual
5. O LEGADO CULTURAL
Al-Andalus foi un dos centros da cultura medieval.
Entre os intelectuais destacaron Averroes e Maimónides.
O legado andalusí é fondo na nosa vida cotiá: no castelán hai 4.000 palabras de orixe árabe, e no sur e o leste de España é visible a pegada nas cidades, as vivendas, a gastronomía e outros costumes.
Averroes Maimónides
6. A ARQUITECTURA
Construíase con materiais pobres e pouco duradeiros, que se
recubrían cunha decoración abundante e moi fermosa.
Preocupación por crear ambientes agradables e frescos: xogos de luz e sombra, gusto pola auga.
Elementos: diferentes tipos de arcos entre os que destacan os de ferradura e polilobulados; cubertas planas de madeira e tamén pechadas con cúpulas.
Ferradura
Polilobulados
Medio punto
Ferradura apuntado
Plana
Cúpula de mocárabes
Cúpula de nervios
Edificios: mesquitas, palacios, castelos e baños.
Exemplos: mesquita de Córdoba, palacio de Medina Azahara (Córdoba), palacio da Aljafería (Zaragoza), Torre do Ouro e Xiralda (Sevilla), palacio da Alhambra (Granada).
Torre de ouro Xiralda
Vista panorámica. Mesquita de Córdoba
Sala de oracións
Patio das laranxeiras
Mihrab
Mesquita de Córdoba
Imaxes da Alhambra
Imaxes de Medina Azahara. Córdoba
Imaxes do palacio de Aljafería. Zaragoza