biodegradable... @mhn.usc /mhnusc @mhnusc Biodegradable Sustancia que pode ser degradada por acción...

3
www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS 3 cuncas de fariña 1 cunca de sal fino 1 cunca de auga 2 e 1/2 culleradas de aceite Xuntamos todos os materiais Mesturamos todos os materiais nun molde e amasamos ata conseguir a textura dunha masa. Se vemos que queda un pouquiño dura, podemos engadir outra media cullerada de aceite. O aceite é o que vai facer que a nosa plastilina estea máis ou menos branda. Se nos pasamos co aceite, cando a gardemos soltarao, polo que podemos limpalo cun papeliño. A xogar! Agora só temos que usar a nosa imaxinación para crear todo tipo de seres! Como é comestible, non é precisa a supervisión por parte dos adultos. Como manter viva a nosa plastilina Para que se conserve o máximo tempo posible e non se seque é moi importante que a gardemos nun bote ou recipiente de plástico fóra do refrixerador. Desta maneira, pode durar de semanas a meses. Procederemos a tirala cando xa estea demasiado branda e non se quede ningunha forma nela. plastilina biodegradable Apta para os máis pequenos! Opcional: colorante alimentario ou pemento en pó A maioría dos nosos xoguetes están feitos de plástico, e moitos deles acaban na basura contaminando o medio ambiente. A plastilina pode tardar ata 100 anos en degradarse. A que nunca pensastes que o material das plastilinas tardaría tanto tempo en degradarse? Pero temos moitas solucións, como por exemplo esta plastilina biodegradable

Transcript of biodegradable... @mhn.usc /mhnusc @mhnusc Biodegradable Sustancia que pode ser degradada por acción...

Page 1: biodegradable... @mhn.usc /mhnusc @mhnusc Biodegradable Sustancia que pode ser degradada por acción biolóxica para volver de novo a terra. Para isto necesitase ...

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

MATERIAIS

3 cuncasde fariña

1 cuncade sal fino

1 cuncade auga

2 e 1/2 culleradasde aceite

Xuntamos todos os materiaisMesturamos todos os materiais nun molde e amasamos ata conseguir a textura dunha masa. Se vemos que queda un pouquiño dura, podemos engadir outra media cullerada de aceite. O aceite é o que vai facer que a nosa plastilina estea máis ou menos branda. Se nos pasamos co aceite, cando a gardemos soltarao, polo que podemos limpalo cun papeliño.

A xogar!Agora só temos que usar a nosa imaxinación para crear todo tipo de seres!Como é comestible, non é precisa a supervisión por parte dos adultos.

Como manter viva a nosa plastilinaPara que se conserve o máximo tempo posible e non se seque é moi importante que a gardemos nun bote ou recipiente de plástico fóra do refrixerador. Desta maneira, pode durar de semanas a meses. Procederemos a tirala cando xa estea demasiado branda e non se quede ningunha forma nela.

plastilina biodegradableApta para os máis pequenos!

Opcional: colorante alimentario ou pemento en pó

A maioría dos nosos xoguetes están feitos de plástico, e moitos deles acaban na basura contaminando o medio ambiente. A plastilina pode tardar ata 100 anos en degradarse. A que nunca pensastes que o material das plastilinas tardaría tanto tempo en degradarse? Pero temos moitas solucións, como por exemplo esta plastilina biodegradable

Page 2: biodegradable... @mhn.usc /mhnusc @mhnusc Biodegradable Sustancia que pode ser degradada por acción biolóxica para volver de novo a terra. Para isto necesitase ...

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

BiodegradableSustancia que pode ser degradada por acción biolóxica para volver de novo a terra. Para isto necesitase humidade, luz e microorganismos como os fungos e as bacterias.

Tempos de degradaciónPapel e cartón: 1 ano. Madeira: entre 2 e 3 anos.Chicle: ata 5 anos (pensade en todos os chicles que vemos no chan!).Aerosois: un aerosol é un recipiente fechado cunha válvula que permite a saída do seu contido: un gas mesturado cun líquido. A súa estrutura metálica pode tardar ata 30 anos en eliminarse.Bolsas de plástico: ata 150 anos.Pilas: ademais de ser moi contaminantes, a súa capacidade de degradación case non existe.

O plásticoÉ moi importante saber que o plástico común non é biodegradable, acabase convertendo en plásticos moi pequeniños, tanto, que non os podemos ver cos nosos ollos, chamados microplásticos. Por iso é moi importante reducir o seu consumo, ata que chegue un punto que case desapareza! E a plastilina biodegradable vainos axudar nesta tarefa tan importante e chula.

AlternativasOs bioplásticos, son de orixe natural e son unha boa opción para substituír os plásticos comúns. Fanse por exemplo, a partir da soia, millo ou pataca, e degrádanse en menos de un ano, como o resto de vexetais. Isto non quita que sexa igual de importante reducir o noso uso de envases e demais produtos plásticos ao mínimo.

O medio natural agradeceranos todos os pequenos xestos que fagamos por el!

BIODEGRADACIÓNBIODEGRADACIÓN

Page 3: biodegradable... @mhn.usc /mhnusc @mhnusc Biodegradable Sustancia que pode ser degradada por acción biolóxica para volver de novo a terra. Para isto necesitase ...

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

QUE APRENDEMOS SOBREA BIODEGRADACIÓN?

HORIZONTAIS1. Material biodegradable que tarda un ano en degradarse.2. Recipiente metálico que pode tardar ata 30 anos en descompoñerse.3. Alternativa aos plásticos comúns.4. É case imposible que se degrade.VERTICAIS5. Se é de plástico, pode tardar ata 150 anos en degradarse.6. É un microorganismo descompoñedor moi importante.7. O plástico nunca se degrada, só se transforma en...8. Algo que nos gusta moito pero tarda cinco anos en descompoñerse.

1

2

3

4

5

6

7

8