Volcan Sinabung

Post on 16-Apr-2017

288 views 4 download

Transcript of Volcan Sinabung

Volcán SinabungVolcán Sinabung

Situáse ao Norte da illa de Sumatra (Indonesia),nunha área esencialmente agrícola,e moi preto doutro volcán chamado Sibayack.

Forma parte do arco de Sonda, na área de subdución da placa Indo-Australiana baixo a placa Euroasiática.

Características Altura do volcán: 2.460 m Tipo de volcán: estratovolcán Está formado por andesita e dacita. O volcán ten catro cráteres, só un está activo. Despois de 400 anos de calma, tivo as últimas

erupcións en agosto de 2010 e xaneiro de 2014.

O primeiro cráter ten un diámetro de 300 metros. O segundo cráter, cun diámetero de 150 metros, contén un lago. O terceiro cráter (Batu Sigala) é de 160 mx130m e tamén contén un lago, mentres que o cuarto cráter ten un diámetro de 60 metros.

Erupcións de 2010: expulsou unha nube de fume e cinza que acadou os 1.500 m de altura sobre o cume. Evacuáronse a 12.000 persoas e non houbo informes de víctimas.

Erupcións de 2013: varias erupcións que provocaron a evacuación dos residentes na zona e arrasaron os cultivos. O 28 de decembro formouse un domo de lava no cume.

Erupcións de 2014: comezaron o 4 de xaneiro, coa expulsión de materiais ata 4.000 m de altitude. Volveu a ter outra erupción o 1 de febreiro. 14 persoas morreron a causa da erupción e 31 persoas por afeccións pulmonares, asma ou hipertensión.

Febreiro 2014

María Martínez Búa