Viaxes +60 Afundación · Xogos Olímpicos de Inverno en 1994. Realizaremos unha parada xunto aos...

Post on 22-Aug-2020

0 views 0 download

Transcript of Viaxes +60 Afundación · Xogos Olímpicos de Inverno en 1994. Realizaremos unha parada xunto aos...

Viaxes +60 AfundaciónFiordes NorueguesesDo 25 xuño ao 2 xullo

afundacion.org

Luns 25 de xuñoSANTIAGO DE COMPOSTELA-BERGENRecollida nos puntos indicados para saír en dirección ao aeroporto de Lavacolla. Trámites de facturación e saída en voo directo con destino Bergen. Chegada ao aeroporto e encontro co noso guía no aeroporto; ao chegarmos, comezaremos unha visita panorámica desta fermosa cidade coñecida polas súas casiñas de madeira. Pasaremos polo centro comercial, o núcleo histórico e a península de Nordnes. Poñeremos especial énfase no Bryggen, casas de madeira do 1702 incluídas na lista da Unesco como Patrimonio da Humanidade e o funicular ao Monte Floyen, á mesma altura que a Torre Eiffel. Cea e aloxamento no hotel.

Martes 26 de xuñoBERGEN-PREIKESTOLEN-STAVANGER Almorzo e saída cara a Preikestolen para chegar ao «púlpito», unha impresionante formación rochosa desde onde se teñen as mellores vistas sobre o Fiorde de Lyse, unha das paisaxes máis recoñecidas do país. Comida en pícnic. Continuación cara ao hotel. Cea e aloxamento.

Mércores 27 de xuñoSTAVANGER Almorzo e saída para realizar un cruceiro polo famoso Fiorde de Lyse, unha das atraccións turísticas máis importantes de Europa. Comida e pola tarde visita panorámica da cidade a cargo do guía acompañante. Cea e aloxamento.

Xoves 28 de xuñoSTAVANGER -REXIÓN DE VOSSAlmorzo e saída cara a Voss, cidade coñecida como capital dos deportes de aventura e cunha das primeiras igrexas de pedra construídas en Noruega. Continuación polo impresionante Val de Naeroy, chegada a Gudvangen, á entrada do brazo máis espectacular do Fiorde de Sogne. Comida e navegación a bordo polo Fiorde de Sogne, coñecido como o «Fiorde dos soños», o maior dos fiordes no mundo, en que veremos os brazos de Sogne, recoñecidos pola Unesco como Patrimonio da Humanidade. Cea e aloxamento.

Venres 29 de xuñoREXIÓN DE VOSS-ÁREA DE HEMSEDAL Almorzo e saída para realizar a excursión ao tren de Flam, un dos percorridos en tren máis espectaculares de Europa, 20 km escavados entre fervenzas, lagos, montañas e granxas no idílico e estreito Val do Flam. Comida. Continuación cara á área de Hemsedal. Cea e aloxamento.

Sábado 30 de xuñoÁREA DE HEMSEDAL-LILLEHAMER-OSLO Almorzo e saída cara a Lillehamer, onde dispoñeremos de tempo libre para coñecer a cidade que acolleu os Xogos Olímpicos de Inverno en 1994. Realizaremos unha parada xunto aos trampolíns de salto de esquí para, desde alí, admirar as vistas da cidade. Comida e despois saída cara a Oslo. Tempo libre ao chegar. Cea e aloxamento.

Domingo 1 de xulloOSLO Almorzo e visita panorámica da cidade con guía local. Veremos, entre outras cosas, o Parque Vigeland, un museo ao aire libre coas esculturas do artista noruegués Gustav Vigeland. Tamén poderemos contemplar o Palacio Real, a Universidade, o Parlamento e o Concello. Comida e visita ao Museo dos Barcos Viquingos, na apracible península de Bigdoy. Cea e aloxamento.

Luns 2 de xullo

OSLO - SANTIAGO DE COMPOSTELAAlmorzo no traslado ao aeroporto de Oslo para saír en voo directo con destino Santiago. Chegada e continuación por estrada ata o noso lugar de orixe.

PREZO EN HABITACIÓN DOBRE/SOCI@ ABANCA: 2.100 €PREZO EN HABITACIÓN DOBRE/SOCI@: 2.310 €SUPLEMENTO HABITACIÓN INDIVIDUAL: 365 €

*No caso de cancelación do acompañante ou non atopar unha persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custe do suplemento individual.

O NOSO PREZO INCLÚEAutobús desde os Espazos +60 ata o aeroporto e viceversa

Voo especial directo desde Santiago de CompostelaMaleta facturada de 23 kg

Autocar para todo o percorridoAloxamento en hoteis de 3*/4*

Réxime de pensión completa (7 almorzos bufete, 7 ceas e 6 comidas)Pack de bebidas en comidas e ceas (auga, viño ou cervexa ou refresco)

Guía acompañante de fala hispana durante o percorridoAudio guías individuais

Seguro de cancelación e de asistencia

O NOSO PREZO NON INCLÚENingún servizo non especificado no apartado anterior

HOTEIS PREVISTOS OU SIMILARESStavanger: park inn by radisson Stavanger 3*/Scandinc Forum Stavanger 3*

Bergen: Magic hotel Solheimsviken 4*/ Scandic Bergen City 4*Rexión de Voss: Hotel Quality Voringfoss 4*/ Brakanes ulvik 4*

Área de Hemsedal: Hotel Skogstad 3*Oslo: Scandic Solli Hotel 4*/ Scandic Oslo City 4*

NOTAS IMPORTANTESA orde das visitas pode ser variada en destino, mantendo íntegro o programa

As comidas e ceas poderán ser indistintamente en hoteis ou restaurantes Por razóns operativas dos servizos de ferry, algúns dos traxectos poden ser alterados

CONDICIÓNS DE CANCELACIÓNEntre o 15 marzo e o 15 abril: 525 €Entre o 16 abril e o 6 maio: 840 €

Entre o 7 e o 27 maio: 1.260 €Entre o 28 maio e o 10 xuño: 1.680 €

Entre o 11 e o 25 xuño: 100% do custe da viaxe

IMPORTANTE: Para poder recuperar os gastos xerados, en función da data de cancelación, a causa debe axustarse ao condicionado da póliza de cancelación e deberanse enviar probas documentais que acrediten a cancelación para tramitar co seguro o posterior reembolso.

Organiza

INSCRICIÓNDo 8 de febreiro ao 8 de marzo

INFORMACIÓN E RESERVASEspazos +60 Afundación ou Ciberviaxes Federico Tapia, 41 bajo. A Coruña. 981216600