Grupo de Teatro Sénior Afundaciónafundacion.org/.../diptico_vellos_namorados_santiago.pdf ·...

4
Os vellos namorados Grupo de Teatro Sénior Afundación 14 de febreiro, 20.00 h

Transcript of Grupo de Teatro Sénior Afundaciónafundacion.org/.../diptico_vellos_namorados_santiago.pdf ·...

Os vellos namoradosGrupo de Teatro Sénior Afundación

14 de febreiro, 20.00 h

O Grupo de Teatro Sénior

Afundación presenta a obra Vellos

namorados, unha adaptación de

Os vellos non deben de namorarse,

de Castelao, realizada polo director

do grupo, Víctor Díaz Barús.

Esta farsa en tres actos e epílogo

satiriza sobre o amor e a morte

de tres vellos imprudentes. Tres

amores serodios, tres vellos que

namoran de tres mozas e como

estas se aproveitan deles nun xogo

de comedia. A peza mostra o medo

á soidade humana mais tamén a

necesidade de amar e ser amado.

O Grupo de Teatro Sénior

Afundación formouse no ano

1984. Na actualidade está

integrado por 24 actores e actrices

de idades comprendidas entre

os 60 e os 90 anos. Algúns dos

seus compoñentes participaron

en varias series de televisión

(Mareas Vivas, Libro de familia,

Serramoura… ), longametraxes (O

lapis do carpinteiro) e anuncios

publicitarios. O grupo ten recibido

numerosos premios en certames

de teatro afeccionado, tanto no

ámbito galego coma no nacional.

O Grupo de Teatro Sénior Afundación

«A xente moza asómbrase de que nós, coa nosa idade, poidamos facer todo o que facemos. Dixéronnolo moitas veces: o traballo de interpretar, de memorizar… Deben de crer que, como somos maiores, xa non somos capaces de aprender un texto de memoria.»

«O teatro é un mundo á parte, sácame da miña vida cotiá para adentrame noutro mundo. Axúdame a evadirme, a desconectar dos problemas cotiáns, enriquéceme… Encántame! O que máis sinto é non ter comezado antes.»

TesTemuños de inTegranTes do grupo de TeaTro sénior afundación

«Un gran traballo coral que superou as miñas expectativas. Merece mención especial a interpretación de don Ramón.»

«Unha obra divertida, magnificamente representada, que che fai pasar un rato moi agradable.»

«Unha montaxe sinxela aínda que ben resolta, abondo para envolver e arroupar a representación.»

opinións de especTadores á saída da represenTación Os VellOs NamOradOs

A recadación será destinada á Asociación Galega de Transplantados de

Medula Ósea (ASOTRAME), asociación sen fin de lucro que colabora

en proxectos de investigación do cáncer hematolóxico, informa e

sensibiliza sobre a importancia da doazón de medula ósea e dá soporte

emocional a pacientes e familiares que conviven coa enfermidade.

O p

ape

l de

ste

fo

lleto

é 1

00

% r

ec

icla

do

e f

oi p

rod

uc

ido

bai

xo u

nh

a xe

stió

n f

ore

stal

re

spo

nsa

ble

.

Auditorio ABANCAPreguntoiro, 23Santiago de Compostela

Función solidaria a beneficio de ASOTRAMEPrezo das entradas: 5 €Á venda en ataquilla.com