Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

Post on 13-May-2015

271 views 3 download

description

REPRESION POLITICA DA LINGUA GALEGA

Transcript of Temoslinguapropiaetemosdereitosslideshare phpapp01

A lexislatura do goberno do PP na Xunta de Galiza con Feijoo como presidente caracterizouse polo desprezo e contínuos ataques á lingua galega levados a cabo desde o propio goberno galego contra a lingua que ten a obriga legal de protexer e promocionar.

Feijoo pasará á historia como o primeiro presidente da Xunta de Galiza que lexislou contra o uso e dereitos do galego.

Feijoo traballou arreo na desgaleguización do noso país artellando un plan de exterminio da lingua galega para acelerar aínda máis o proceso de substitución do galego polo español, aldraxando continuamente ao pobo galego e a súa lingua.

Durante os 3 anos e medio de goberno do PP na Xunta de Galiza, non se conseguiu nin un só adianto para o galego. Pola contra, Feijoo, servo da caverna españolista, empregouse a fondo para atacar ao galego e destruír a súa oficialidade.

Eliminou as Galescolas, desposuíndo así a Galiza dunha rede de ensino infantil na lingua propia do país.

Aprobou un decretazo contra o galego reducindo, aínda máis, a presenza do galego na escola. O galego é o único idioma que ten prohibido o seu uso en determinadas materias de ensino.

Prohibiu que física, matemáticas, química, tecnoloxía, informática poidan ser impartidas en lingua galega. Traslada a mensaxe ao pobo de que a nosa lingua “non vale” para as ciencias e tecnoloxías.

O PP na Xunta adquiriu unha aplicación informática, para un organismo totalmente desgaleguizado como é a administración de xustiza, que impide usar o galego.

O galego tampouco lles vale para a xustiza!

Modificou a Lei da Función Pública Galega para que as/os empregadas/os públicos non teñan a obriga de demostrar o coñecemento do galego.

Como se garante o noso dereito a sermos atendidos en galego se non é obrigatorio o seu coñecemento?

Feijoo axfisiou aos medios de comunicación impresos que usaban o galego (Xornal.com, Galicia Hoxe, A Nosa Terra...) até facelos desaparecer por falta de axudas públicas...agás ao xornal conservador “La Voz de Galicia”, a quen inxecta suculentas cantidades de cartos públicos sen facer uso do galego.

Tirou ao lixo milleiros de libros de texto valorados en 3,8 millóns € polo “gran delito” de estaren escritos en lingua galega!

Feijoo ameaza con derrogar a Lei de Normalización Lingüística aprobada por unanimidade no Parlamento Galego hai 30 anos. Quere que os nosos nomes de lugar deixen de ter como única forma oficial a galega e volver á toponímia franquista (Arteijo, Puentearenas, Rianjo, Puertosín, Chandreja de Queija...)

Deturpan barbaramente a nosa toponímia. O Conselleiro de Cultura Roberto Varela, pronunciou publicamente en FITUR (Madrid) “Desván de los Monjes” e “Toro” para se referir ás nosas vilas de “Sobrado dos Monxes” e “Touro”.

Tampoco os nomes das nosas vilas lles valen!

En febreiro de 2009, representantes do PP (Carlos Negreira, Alfonso Rueda, Corina Porro...) percorreron as rúas compostelás xunto a Galicia Bilingüe, Falange Auténtica, Víctimas del Terrorismo...nunha penosa e

vergoñenta manifestación de odio e racismo lingüístico onde se corearon frases contra a lingua galega.

De maior gravidade, se cabe, foi cuestionar mediante a censura de textos escolares, que o galego é a lingua propia de Galiza!

O desprezo do PP pola nosa lingua é tal que Feijoo non tivo ningún tipo de reparos en burlarse dun dos grandes símbolos da nosa identidade nacional, Castelao, traducindo ao español no Parlamento Galego o famoso discurso “Alba de Groria” que Castelao pronunciou no exilio.

O PP continúa reproducindo o esquema de autoodio que ao pobo galego lle foron inculcando historicamente os seus antecesores ideolóxicos e que Castelao denunciaba en

“Sempre en Galiza”:

“Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no espíritu dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e falar castelán era falar ben”.

Mais a galegofobia non poderá con nós. A Mesa pola Normalización Lingüística, símbolo e orgullo dun pobo que non se resigna a que a nosa lingua sexa ninguneada, é a maior asociación cultural do país e desenvolve un traballo firme, inquebrantábel e continuado na defensa da lingua desde hai máis de 25 anos.

Como resposta ás medidas regresivas que no ámbito da lingua e da cultura estaba a aplicar o goberno de Feijoo, A Mesa impulsou a plataforma unitaria Queremos Galego, formada por máis de 700 entidades de todo tipo coa vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego.

A convocatoria de Queremos Galego o 18 outubro de 2009 supuxo a maior manifestación na defensa do galego e unha das maiores mobilizacións de toda a historia de Galiza reunindo a máis de

100.000 persoas.

Movámonos a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa ás galegas e aos galegos no mundo no mesmo nivel que ás outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua.

Non permitiremos que o PP continúe lexislando contra a lingua galega, desprotexendo os nosos dereitos lingüísticos ou cuestionando consensos básicos arredor do idioma, que tanto traballo custou construír.

Continuemos loitando polos nosos dereitos lingüísticos que como pobo nos corresponden, polo dereito básico de podermos vivir en galego na nosa propia terra. E ese día non ha tardar en chegar, pois como ben dixo o noso gran poeta nacional, Uxío Novoneyra:

A FORZA DO NOSO AMOR NON PODE SER INÚTIL.