Súper Casares Manu

Post on 22-Jan-2018

662 views 1 download

Transcript of Súper Casares Manu

MELLORA DA COMPETENCIA MATEMÁTICA

CEP CARLOS CASARES

CREACIÓN DUN SUPERMERCADO

O pasado curso, O CEP Carlos Casares inaugurou un supermercado na planta alta do mesmo. Para a posta en marcha do mesmo colaboramos mestres , alumnos e familias.O obxectivo da creación deste recuncho tan peculiar foi a de achegar a vida en xeral e as matemáticas en particular ao quefacer diario da nosa escola.

A primeira parte do proceso foi a máis laboriosa e quizais menos motivadora…

•Selección de espazos e materiais

•Preparación dos obxectos

•Colocación dos obxectos por seccións•Etiquetado e carteleiras•Decoración e promoción

…pero o resultado diste traballo fainos sentir moi orgullosos, principalmente pola predisposición, colaboración e emoción que suscitou en toda a comunidade educativa.

O obxectivo principal desta actividade é a de achegar a realidade á escola e darlle ao currículo un enfoque máis “próximo” e significativo.

E por suposto, traballar todo o posible a carón del...

TRABALLO PREVIO NA AULA:

Antes de ir ao súper fíxose un traballo previo na aula de coñecemento daqueles conceptos básicos relacionados con produtos, facturación, termos a diferenciar...

Os aspectos nos que nos centramos foron os seguintes:•Lectura de información das etiquetas•Os tíckets da compra•Comparación de prezos•As ofertas e promocións

MISIÓN 1Levar unha lista da compra, atopar todos os produtos nas súas correspondentes seccións, clasificalos segundo o tipo de envase, localizar o artigo máis caro e o máis barato, calcular o prezo total da compra e cubrir un tícket de compra.

MISIÓN 2

• Vaise celebrar unha festa na aula, os alumnos encargaranse de preparala facendo un listado de artigos que teñen que comprar, terán que estimar o número de unidades que traen de cada tendo en conta que asistirán 20 persoas á festa e non poderán pasarse dun orzamento dado.

MISIÓN 3

• Dada unha receita para catro persoas terán que ir ao supermercado e comprar os ingredientes necesarios para un determinado número de comensais

OS OBRADOIROS

No CEP Carlos Casares hai moitos anos que se fai un enfoque persoal da materia de Educación Artística. Os proxectos, a transversalidade ou a globalización teñen un gran peso específico. Algo que comezou como unha “proba” converteuse nunha sinal de identidade.

No noso cole temos unha maneira diferente de enfocar esta parte do noso currículo.

OBRADOIROS DE COCIÑA

Como por estes lares somos de bo dente, este ano fixemos uvas pasas, macedonia, pizzas, batidos de mango e aguacate, bolos preñados ou biscoitos.

A nós non se nos ocorre mellor maneira de traballar cálculo , estimacións, proporcionalidade, as decenas, as ducias, as unidades de medida ou as fraccións e os decimais…

OBRADOIRO DE PUNTO DE CRUZ

Non fai falla ter netos para facer punto de cruz.Os nosos nenos traballan motricidade fina, conteo, estimación e por suposto, xeometría a través do punto de cruz.

Sorprenderíavos o moito que lle gusta!!

OBRADOIRO DE XADREZOutro dos obradoiros habituais nestes últimos anos é o de xadrez. Esta actividade permítenos traballar, non soamente elementos matemáticos dun xeito directo, senón que favorece dun xeito bárbaro ao desenvolvemento da lóxica e razoamentos matemáticos, memoria a curto prazo, etc.

Podemos enumerar infinidade de vantaxes con este xogo de mesa:•Mellora a capacidade de análise e de síntese•Mellora a empatía•Resolución de problemas e toma de decisións•Capacidade organizativa e racional•Creatividade e imaxinación•Aceptación de regras•...

OBRADOIRO DE XOGUETES

• Importancia do manipulativo para chegar ao abstracto.

• Conciencia medioambiental (uso de material de refugallo)

• Produtos finais para expoñer e xogar (significativos)

SUDOKUS E DESAFÍOS MATEMÁTICOS

SUPERTMATIK

Xogo de cartas cuxo obxectivo é traballar o cálculo matemático.Está pensado para 2-4 xogadores por baralla, aínda que pódese adaptar en función das necesidades ou da inventiva de cadaquén.É un gran compensador da diversidade.5 niveis de dificultade

XEOMETRÍAAdemais do traballo curricular (máis tradicional) que se fai en base á xeometría, intentamos, na medida das nosas posibilidades, darlle un enfoque máis motivador, creativo, útil e real aos coñecementos que imos traballando.

CREACIÓN DE MAQUETAS

ORIGAMI E KIRIGAMIO origami consiste en facer formas ou debuxo a través do pregado de papel, pero sen usar tesoiras nin pegamento

Pola contra, o kirigami elabórase mediante “debuxos coa tesoira”.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

http://www.edu.xunta.es/centros/iessalvaterramino/node/1125

OLIMPIADAS MATEMÁTICAS..

• Todos os anos, no noso centro realízanse concursos de diferente índole. Un dos clásicos é o concurso matemático, unha batería de preguntas, xogos de lóxica e aplicacións prácticas de contidos traballados.

• Estes concursos teñen unha dobre finalidade: avaliación (e autoavaliación) e motivación do alumnado a través de publicación de gañadores e premios.

Outro dos habituais no noso centro é o proxecto sobre o Concello, a Comarca ou A parroquia.No terceiro e cuarto curso, habitualmente trabállase o Concello dende diferentes aspectos: xeográfico, físico, humano, político...

En canto aos contidos matemáticos, atopámonos con innumerable cantidade de información que debemos analizar e manipular para poder comprender: escalas de mapas, unidades de medida, número de habitantes, gráficas de diferente tipo, etc.

Elaboración de uvas pasas…Proceso de elaboración das uvas pasas… trabállanse conceptos matemáticos como tempo, masa (unidades de medida do SMD e unidades do mundo do viño) ou volume, así como diferentes fenómenos químicos e físicos.

Facemos mosto…

…elaboramos viño na aula...O proceso de elaboración do viño non supón ningunha novidade para os alumnos do noso centro, pero en gran medida descoñecen procesos e fenómenos relacionados. Do mesmo xeito, utilizaremos este proceso para facer cálculos numéricos en relación a produtividade, relación kg de uvas – litros de viño, etc.

…e finalmente fixemos vinagre

• Rematamos o proceso facendo vinagre a partir do viño que fixemos na clase. Buscamos información ao respecto, adaptamos a gradación do viño e engadimos un detonante.