REVISTA CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO

Post on 30-Mar-2016

252 views 6 download

description

REVISTA ESCOLAR 2012-2013

Transcript of REVISTA CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade

Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998

GABRI ELA CORES RAM ALLO 6 º

2

INDICE PAX

28 DE OUTUBRO:HALLOWEN ………………………………………………………………………………… 3

MAGOSTO ………………………………………………………………………………………………………… 4

DÍA DA PALABRA …………………………………………………………………………………...................... 5

CHEGOU O NADAL …………………………………………………………………………………………….. 6-7

DÍA DA PAZ …………………………………………………………………………………………….................... 8

ENTROIDO ………………………………………………………………………………………………..……..… 9

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA ……………………………………………………….. 10-11

CELEBRAMOS O DÍA DA NAI …………………………………………………………………………………. 12-17

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO …………………………………………………………………………………. 18-19

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ………………………………………………………………. …. 20-25

XIRASOLES DE VAN GOGH ……………………………………………………………………………………. 26-30

ANDY WARHOL ………………………………………………………………………........................... 31-32

REPORTAXE FOTOGRÁFICA: OS NOSOS TALLERES …………………………………………………….. 33-42

UN NOVO COMPAÑEIRO ………………………………………………………………………………………… 43-44

IMAGINE(JOHN LENNON) ………………………………………………………………………………………. 45-46

AIRIÑOS CANTAREIROS ………………………………………………………………………………………… 47-48

DEPORTE ESCOLAR ……………………………………………………………………………………………… 49

CADERNO BITÁCORA: DIARIO DUNHA VIAXE …………………………………………………………….. 50-61

US STATES PROJECTS ……………………………………………………………………………………………. 62-63

AMY HENDERSON ………………………………………………………………………………………………… 64-65

MICHAEL BUCKMAN …………………………………………………………………………………………….. 66-67

BOA SORTE CAMPIÓNS! ………………………………………………………………………………………… 68

UNS VIMOS… E OUTROS IMONOS ……………………………………………………………………………... 69

3

28 DE OUTUBRO: HALLOWEN Chegou o día de Hallowen e acudímos ao cole disfrazados

para celebrar esta tradición, decoramos os corredores do centro , todo tivo un aspecto TERRORÍFICO!

Os nenos/as de primaria foron polas aulas, cantando e pedindo caramelos.

Foi un gran día, xa que grandes e pequenos pasámolo en grande.

4

MAGOSTO O día 8 de novembro, celebramos o magosto, para elo

veu ao centro un castañeiro, asou as castañas e mentras os nenos e nenas do centro dividos en dous grupos, por unha banda infantil e o primeiro ciclo e por outra o segundo e o terceiro ciclo, tivemos unha xornada de xogos populares. De seguido pódese ver un resumo dos mellores momentos vivídos neste día de troula.

5

DÍA DA PALABRA O día 30 de novembro celebramos no noso centro o día

da palabra, en dita conmemoración, elaboramos de xeito cooperativo, axudándonos uns aos outros, no comedor do centro,un marcapáxinas, de goma eva, e puxemóslle un lema común ES O QUE LES.

6

CHEGOU O NADAL Este ano os nenos/as de terceiro elaboraron unha árbore

feita con elementos de reciclaxe, con oveiras e capsúlas de café, ademais dunha base de poriespán, e o resto dun tronco de madeira.

7

A continuación vemos unha fotografía da árbore realizada polos nenos/as de educación infantil.

8

DÍA DA PAZ O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz e da non

Violencia, para elo levouse a cabo o visionado de dúas peliculas, por unha banda os nenos/as de infantil e primeiro ciclo visionaron “Shrek” e os do segundo e terceiro ciclo viron “La princesita”.Unha vez rematado o cine elaboramos un mural, composto de cadros abstractos, que previamente elaborara cada alumno/a nas súas aulas, e colocámolo na entrada do centro.

9

ENTROIDO É tempo de festa e todos imos ao cole disfrazados, a

continuación podedes vernos a todos os nenos/as, familias e mestres celebrando un día tan especial.

10

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

Concello de Cotobade, para conmemorar o día o día da Muller traballadora, propuxo un concurso “A miña nai Traballa” que consistía en facer unha redacción sobre as nais do alumnado. A continuación podese ler a vencedora do mesmo.

Nai Vs Pole

Era un día de verán, e facía vento;os pinos e o pole movíanse bruscamente e … Alí estaba ela .na terraza, con : mangueira en man, botas de auga,pañoleta,, cepillo e…bum,bum, bum dalle que te pego. Limpara todo, non estaba cansa pero… o pole tampouco, levantouse e seguiu, seguiu e seguiu; cando xa estaba cansa, o pole desaparecera e íamos ir ao río pero coma sempre, miña bisavoa estaba emporcando a cociña poruqe, viña de sementar patacas da horta. A “multigirl” tiña que limpalo e … non o pensou dúas veces, colleu a vasoira, a fregona e o caldeiro e deixou a cociña coma

11

os chorros do ouro. Cando por fin chegamos ao río “multigirl” relaxouse nas rochas do río Almofrei.

Á noitiña, ao chegar á casa, limpamos o coche que, estaba un pouco porco. Rematamos ás 10:15 e deunos tempo a baldear as escaleiras tamén;que tiñan pole. E todo isto foi un domingo! Así que como pensas que será un día de alto rendemento de miña nai ou tamén coñecida como “multigirl” de Almofrei ???

FIN

Lorenzo Javier Meijón Pazos

12

CELEBRAMOS O DÍA DA NAI Os nenos e nenas de primeiro e segundo queremos darlle

as grazas as nosas nais e agasallalas cuns ramos de flores elaborados cun pouquiño de creatividade, unha pizca de imaxinación, un toque de combinación e moito, moitísimo esforzo , dedicación e agarimo.

Velaquí os nosos resultados, esperamos que vos guste…

13

Os nosos escondites: Mateo: Escondino na mesiña de noite da miña nai.

Hugo: Metino debaixo da cama.

Óscar : A miña nai marchaba de viaxe e tiven que darllo antes, por eso non o escondín.

Lorena: Non puden esperar, así que llo din ao baixar do autobús.

Alberto: Non puden escóndelo porque ao salir do autobús estaba miña nai esperándome.

Martín : Escondino no armario.

Kevin: Escondino na cama da miña nai.

Gemma: Escondino no meu armario.

Jose: Non puden escóndelo porque me veu a buscar ao colexio e me pillou.

14

Adriana: Íbano a esconder no armario pero saqueinas da mochila na cociña e pilloume.

Manuel: Escondino debaixo da cama da miña nai .

Carla: Non me deu tempo de escondelo porque me veu a buscar a miña nai ao autobús.

Alex: Escondinas no armario da habitación.

Andrea: Ao baixar do autobús , xa me viu as flores .

Izan: Escondino na bolsa da compra no maleteiro.

15

Que dixo mamá? Mateo: Deume as gracias cun sorriso na cara.

Hugo: Gustoulle moito e púxose a chorar da emoción , colocou as flores na ventana.

Óscar: Estaba moi contenta e dixo que era precioso.

Lorena: Gustoulle moito e puxo as flores nunha copa.

Alberto: Dixo que eran moi bonitas e as puxo nun xarrón do salón onde temos máis flores.

Martín: Deume as gracias e as puxo nun vaso na cociña.

Kevin: Dixo oh, qué monada! Deume un bico na man e as puxo nun vaso brillante no salón.

Gemma: Gustáronlle moito e as puxemos nun xarrón que lle regalou o meu irmán no día do pai.

Jose: Díxome que era moi bonito e que me quería moito.

16

Adriana: Gustoulle moito, deume as gracias e un bico. As puxo enriba do espello da miña habitación.

Manuel: Díxenlle que pechara os ollos e logo que os abrirá, dixo que eran moi bonitas. Comproume unha pelota e uns tenis novos porque lle encantaron.

Púxoas nunha copa no salón.

Carla: Cando abriu o sobre na casa empezou a chorar de alegría. Púxoas na mesiña de noite.

Alex: Gustáronlle moito.

Andrea: Estabamos no cobertizo dos coellos, díxenlle pecha os ollos e despois abriunos e me deu un bico tan grande que casi me desfai a cara, dixo que eran moi bonitas, cando leeu a carta comezou a chorar. Puxo as dúas flores diante da súa cama.

Izan: Cando llas din empezou a chorar de emoción.

17

1)

18

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Os nenos/as de 5 anos celebramos este día e pasámolo moi ben porque xogamos a ser escritores, ilustradores dun pequeño conto. Cada un contamos unha historia diferente, velaquí tendes unha pequena mostra do noso traballo.

19

Nenos /as de 5 anos .

20

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS Este ano o día das letras galegas está adicado a Roberto Vidal

Bolaño, de seguido aparecen algúns dos traballiños feitos polos nosos nenos/as para coñecer a vida e obra do autor homenaxeado:

21

22

1950

1974

1980

1984

1991

1997

2000

2001

2002

2013

NENOS/AS DE TERCEIRO DE PRIMARIA

Nace o 31 de xulloen Santiago.

Crea a compañía de teatro Antroido. Unense Antroido

e Andromeda e sae Estaribel.

Crease o Centro Dramático galego estrea a súa obra Agasallo de sombras.

Crea a compañìaTeatro de Aquí e publica Saxo Tenor

Homenaxea a Valle Inclán coa súaobra Luces de Bohemia. Estrea A burla

do galo.

Recibe premios coma o Max do teatro, María Casares e Maruxa Villanueva.

Morre o 11 de setembro e nomeanomembro da R.A.G

ADÍCASELLE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

23

A RAÍZ DAS SEGUINTES VERBAS REFLEXADAS NUN CARTACE DOS ENVÍADOS POLA XUNTA AO CENTRO:

“ Dende a negrura volve a chegar o relembro das voces daqueles nenos”

VOZ NENO UN : que pensades ser cando sexades maiores?

VOZ NENO DOUS : calquera cousa, xefe, por exemplo. Son os que máis gañan e os menos traballan.

VOZ NENO 3: Eu serei explorador . Ou inventor .Ou descubridor de algo.

VOZ NENO 1: Eu o único que quero cando sexa maior é que non haxa escola.

VOZ NENO TRES: ¿E ti Esther?

VOZ DE NENA: ¿Eu?

VOZ NENO TRES: Si, ti.

VOZ DE NENA:Libre coma os paxaros.

“CAE O PANO” . RASTROS

Lendo isto xurdiunos a inquedanza na aula de terceiro : que seremos de maiores? Cal será o noso traballo? Como será o noso futuro? Para solventar estas cuestións levamos a cabo un traballiño na aula de terceiro e velaiqui aparecen os máis significativos:

24

25

26

de

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos fixemos un traballo sobre Vincent van Gogh e o seu cadro: “Os xirasoles”.

27

O resultado final:

28

29

Ao igual que Van Gogh nós fixemos os nosos autorretratos:

30

Seguindo cos retratos tamén fixemos o de Roberto Vidal Bolaño:

31

ANDY WARHOL

Os nenos de 5 anos camiñando polo mundo do arte decidimos coñecer a un personaxe que nos pareceu moi interesante porque :

Poñía moitas perrucas de diferentes formas e cores.

Tiña trinta gatos e a todos lles chamaba Sam.

O seu arte era “ Pop Art”.

Pintaba calquera cousa coma animais, latas, plantas…

Todo o pintaba de diferentes cores que eran moi alegres.

32

33

REPORTAXE FOTOGRÁFICA: OS NOSOS TALLERES

Ao longo deste curso os nenos do segundo e terceiro curso realizamos tres talleres ou obradoiros, de cerámica, o taller de marquetería e o obradoiro artístico. A continuación aparece unha pequena reportaxe fotográfica para que poidades observar as nosas creacións artísticas.

FLOREIROS DE 3º “OS NOSOS MIRÓS” (4º E 5º)

34

35

36

37

AS SILUETAS DE SEXTO

Os nenos/as de sexto fixemos en parellas as nosas siluetas e despois plasmámolas nun mural. A continuación pódese ver un breve resumo da confección do mesmo:

38

39

OBRADOIRO DE MARQUETERÍA Durante este curso traballamos a madeira, e a continuación

pódese ver un testimonio gráfico do obradoiro .

40

41

OBRADOIRO DE CERÁMICA O derradeiro dos obradoiros deste curso 2012-2013, foi o de

cerámica,nel os rapaces do segundo e terceiro ciclo desfrutamos moito traballando, a contiuación vese un rebumbio de fotos para que vos poidades facer unha idea.

42

43

UN NOVO COMPAÑEIRO

No segundo trimestre, incorporouse un “novo” alumno a clase de 4º. De seguido pódese observar co agarimo que o recibimos.

44

Agora observamos as impresións e os sentimentos do “novo” alumno:

45

IMAGINE (JOHN LENNON) Os nenos /as de cuarto estamos a preparar a canción de

John Lennon, Imagine, a continuación podeese ver a transcrición da mesma.

46

47

AIRIÑOS CANTAREIROS Coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150 aniversario

da publicación de Cantares Gallegos, a Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,convocaron conxuntamente o concurso Imaxina Cantares para que os máis novos poidan gozar da obra rosaliana a través de producións en soporte audiovisual e nós decidimos participar no citado concurso,coa nosa montaxe “ Airiños cantareiros” de seguido aparecen algunhas fotografías da rodaxe do noso vídeo.

48

49

DEPORTE ESCOLAR Este ano coma en cursos anteriores participamos no

deporte escolar, xunto con outros centros da zona, A Lama, a Reigosa, Pontecaldelas, Tenorio, Cerdedo, Soutelo, Forcarei e nós No croos nas pistas da Madalena, en Soutelo tamén contamos coa presencia dos I.E.S de Cotobade e o de Forcarei, nesta proba a nosa alumna Erika, acadou unha boa posición.

Como cada ano, desfrutamos moito, participando nestas xornadas, recibindo aos nosos compañeiros de outros centros.

Xa estamos a esperar con ansias o curso 2013-2014 para poder disfrutar destas xornadas deportivas.

50

Por Alicia, Caio e Juan (5º)

Algúns alumnos de 5º e 6º fixemos unha excursión de seis días. Os nosos destinos foron Cantabria e Asturias e como non podía ser de outra maneira no norte de España, a chuvia acompañounos en boa parte da viaxe. Levamos con nós a nosa terra, a morriña é a morriña.

51

O domingo día 5 de maio tivemos que madrugar un pouquiño xa que, ás oito, tiñamos que estar no colexio para partir.

Xa de camiño, a primeira parada foi nas Médulas, na provincia de León. Alí visitamos unhas covas, a Cuevona e a Encantada, escavadas polos romanos na procura do ouro, gustáronme moito.

52

O grupo nas Médulas.

Despois da visita seguimos a viaxe en dirección a Palencia. Ao chegar a Carrión de los Condes fixemos una parada para merendar nun parque á beira do río. Neste traxecto puidemos ver varios niños de cegoñas nos lugares máis incribles: tendido eléctrico, campanarios,…

53

Á fin, tras doce longas horas de viaxe, chegamos ao albergue de Cabárceno, na localidade de Villanueva de Villaescusa, onde nos esperaban “Satur”, o encargado, e Mónica, a nosa guía. Alí explicáronos as normas do albergue e déronnos as chaves das habitacións onde durmimos.

Ao día seguinte visitamos o parque de Cabárceno e puidemos ver moitos animais: osos, tigres, leóns, xirafas, cebras, rinocerontes, hipopótamos, gorilas, moitas aves rapaces,… a min o que máis me chamou a atención foron os leóns. Tamén vimos a actuación dos leóns mariños e o espectáculo das aves.

54

Estes eran aínda máis bestas ca nós.

Na cidade de Santander visitamos o palacio de La Magdalena, onde una monitora nos explicou que o construíran con 365 habitacións para que a raíña puidera ver o solpor dende unha ventá diferente cada día. Tamén vimos pingüins, focas e leóns marinos na Praia do Sardinero.

55

A reproducción da cova de Altamira atópase preto de Santillana del Mar, a cidade das tres mentiras xa que nin é santa, nin llana, nin ten mar. Alí vimos ferramentas do Paleolítico e pinturas rupestres e os monitores propuxéronnos unha actividade que consistía en atopar restos arqueolóxicos escavando na terra.

Obradoiro de arqueoloxía en Altamira.

56

Altamira non estaba mal, pero a cova que nos gustou máis foi a cova do Soplao, xa que ésta sí que era de verdade. Entramos nela no tren da mina, e dentro había estalactitas e estalagmitas que ás veces chegaban a formar columnas. Á saída estivemos contemplando os Picos de Europa, que se vían nevados ao fondo, detrás dunhas montañas.

No Soplao, co chófer Manolo e os Picos de Europa ao fondo.

Cando marchamos do Soplao paramos a comer nun parque ao pé do Capricho de Gaudí en Comillas.

57

O martes pola tarde chegamos ao noso hotel en Arriondas, Asturias, unha vila á beira do río Sella. Tiña tres estrelas. Dende alí visitamos Covadonga, Cangas de Onís, o museo Jurásico de Colunga, Lastres, xogamos ao minigolf, tiramos con arco, escalamos, tirámonos pola tirolina e tamén fixemos o máis divertido da viaxe: a baixada do Sella en canoas.

58

Listos para a nosa singladura

59

Ao chegar a Ribadesella .TODOS Á AUGA!

OS MONITORES MIRÁBANNOS CON CARA DE NON DAR CRETO AO QUE VÍAN !!!

O último día saímos cedo para visitar Oviedo e o monte Naranco. Alí fixemos unhas compras de última hora pola zona da catedral e do mercado.

60

Á volta fixemos a última parada na praia das Catedrais en Lugo. Non puidemos pasear por ela xa que era a pleamar, pero sí que tomamos uns xeados sentados nunha terraza mirando ao mar.

61

Esta excursión pareceunos fenomenal xa que nos divertimos moito e aprendemos moitas cousas; pasámolo xenial. Recordarémola sempre xunto cos nosos compañeiros, o chófer Manolo a profe Arancha e o profe Claudio.

Foi coma unha lúa de mel!!!

62

US States Projects

The students of 4th, 5th and 6th level

have been preparing during the

whole school year a great project of the

50 states belonging to US. With the help

of Michael, they searched information

about each state: its state bird, its motto,

its newspapaer, its most famous person, its flag, its geography and so

on. They’ve been working in pairs, and they had to present their

projects to their partners. They’ve enjoyed very much, and at the

same time they’ve learnt a lot about the US.

63

64

Amy Henderson

She was born on 20th April 1989 in

London. She lived in a small borough

on the outskirts of London. She lived there

for 18 years until she moved to Leeds,

a city in the north of England, to study

at university. She has a brother called Louis and a sister called Mae.

They both still live in London

with their mother.

She has a boyfriend called Jamie,

and he is from Newcastle.

He came to visit us

on February. . Amy and her interviewer,

Ana Alborja.

65

Ana: Did you imagine that you could live in Spain?

Amy: No, I didn’t. I thought I would continue living in England.

Ana: Was it difficult for you to learn Spanish?

Amy: Yes. Before I arrived in Spain I didn’t know any Spanish.

Ana: What will be your best memory of Galicia?

Amy: My best memory of Galicia is “carnaval”.

I will never forget everyone’s funy costumes.

Ana: Was it difficult to leave your country?

Amy: No, it wasn’t because I have lived abroad before.

Ana: Did you want to be a teacher when you were a child?

Amy: No. I wanted to be an actress.

Ana: How have you felt in this school during these months?

Amy: I have felt happy and I have enjoyed working here.

Ana: Well Amy, thank you very much

66

Michael Buckman He was born on August 30th, 1983

at Columbia Hospital for Women

in Washington D.C., and in 1987

his sister Melissa was born.

He has always lived in the same house,

in the neighbourhood of Friendship Heights, in Northwest Washington.

He graduated from high

school in 2002, and then he went

to university in Ohio. Later on, he

went to the Florida Atlantic

University, so he would live with

his parents. After university, he

moved to Castilla La Mancha for

a couple of years. In 2012 he

came to Galicia, where he

currently lives. Michael and his interviewer Lorenzo Meijón.

67

Lorenzo: Did you imagine that you could live in Spain?

Michael: Yes, since I was 24 I have wanted to live in Spain. Moreover, I have wanted to live in Europe since I was 18.

Lorenzo: Was it difficult for you to learn Spanish?

Michael: Yes and no. I studied Spanish for 2 years during Primary School. And people speak Spanish all the time in Washington, but the accent in Spain is very difficult. I still have problems pronouncing words and with certain grammatical structures.

Lorenzo: What will be your best memory of Galicia?

Michael: Carnival, when all of the students and their parents dressed up. The other schools I worked at don’t celebrate carnival with the same enthusiasm as you do in Galicia.

Lorenzo: Was it difficult to leave your country?

Michael: No, because I like living abroad.

Lorenzo: Did you want to be a teacher when you were a child?

Michael: No, I wanted to be a baseball player.

Lorenzo: How have you felt in this school during these months?

Michael: I have enjoyed working with the students and teachers here. Somedays are easier than others, but it’s been a fulfilling experience. Lorenzo: Thank you for taking the time to talk with me Michael.

68

Este ano o alumnado de sexto chegou á última fase do concurso convocado polo grupo La Voz de Galicia – Radio Voz.

Próximamente terá lugar a final contra o CEIP Eladia Mariño de Cabanas.

Luis Cortizo, como capitán, Antía Moreira, Gabriela Cores, Ana Alborja e Fabio Leboso forman o grupo que tan ben defendeu o posto de finalistas.

69

UNS VIMOS E...……

E OUTROS IMONOS.

70