Post on 03-Oct-2018
Reitoría. Campus universitario, C.P. 36310, Vigo · Tlf: 986 81 40 82 · encuentroprotocolo@uvigo.es
Programa
“Desafíos do Protocolo na sociedade do século XXI”
Mércores, 24 de maio de 2017
19.00 h. Recepción no Museo do Mar de Galicia a cargo de “Galicia Calidade”
Xoves, 25 de maio de 2017
09.30 h. Recepción de asistentes e entrega de documentación
10.00 h. Inauguración oficial a cargo do Reitor Mgfco. da Universidade de Vigo
10.30 h. “Vixencia do protocolo”. Félix Losada Vieira
11.30 h. Pausa para café
12.00 h. “O protocolo universitario portugués: Coimbra, paradigma e referente”. Fernando
Ramos e Artur Filipe dos Santos
13.00 h. “O protocolo como técnica para o desenvolvemento de prestixio institucional”.
Ciprián Rivas Fernández
13.45 h. Xantar (catering)
15.15 h. “Organización de un acto singular en la Universidad: presentación del buque
oceanográfico UCadiz” . Salustiano Martínez Fierro. Universidad de Cádiz
15.45h. “Pertigueros, mazas y maceros”. Estanislao de Luis Calabuig y Alba Nasarre Vicente.
Universidad de León y Universidad de Barcelona
16.30 h. Asemblea da Asociación para o Estudio e a Investigación do Protocolo Universitario
17.30 h. Visita guiada
21.00 h. Cea inaugural
Reitoría. Campus universitario, C.P. 36310, Vigo · Tlf: 986 81 40 82 · encuentroprotocolo@uvigo.es
Venres, 26 de maio de 2017
09.30 h . “O Protocolo militar: Entrega de Reais Despachos na Escola Naval Militar”. Juan Luis
Sierra Domínguez
10.30 h. “O caso das Exequias de Estado do Presidente Mario Soares”. Manuel Pinto Teixeira,
11.30 h. Pausa para café
12.00 h. “A esencia non verbal do protocolo”. Teresa Baró.
13.00 h. “A interligação do protocolo Universitário com o protocolo de Estado: o caso do
Doutoramento Honoris Causa de Sua Excelência a Presidente da República do Chile, na
Universidade de Évora” . Cristina Brázio e Carlos Espiga. Universidade de Évora
13.30 h. Xantar (catering)
15.00 h. “As galas de cine: glamour, espectáculo e promoción”. Anna Amorós
16.00 h. Taller
17.00 h. Clausura
20.00 h. Cea de clausura
Sábado, 27 de maio de 2017
10.00h. Actividades Culturais: Visita ás “Illas Cíes”
18.00h. Despedida
Reitoría. Campus universitario, C.P. 36310, Vigo · Tlf: 986 81 40 82 · encuentroprotocolo@uvigo.es
Félix Losada
Está especializado en xestión de relacións, actividade na que é un dos maiores expertos e que
desenvolveu xunto á comunicación, a concepción e desenvolvemento de estratexias
corporativas, a xestión do cambio e, en moitas ocasiones, de crise. Autor do libro Protocolo
Intelixente (Grijalbo 2008), a súa profundidade técnica e gran riqueza multidisciplinar é o
resultado do seu paso polo grupo Estratexias de Empresa, Arthur Young, Expo Sevilla’92,
Fundación de Ayuda contra la Drogadicción, Grupo PRISA, o Ministerio de Defensa e Arthur
Andersen, onde se incorpora en xullo de 2000 como Director de Marketing e Relacións
Institucionais, labor que sigue desempeñando na actualidade en Deloitte, líder de servizos
profesionais multidisciplinares en España.
Félix Losada é tamén copromotor da iniciativa Madrid, Arte, Cultura e Vida, un think tank e
xestor de colaboración para o desenvolvemento do valor de Madrid mediante as artes, a cultura
e a forma de vida aberta que fai de Madrid unha cidade excelente para vivir, traballar e visitar.
Presidente de AED Global, Iniciativa internacional da Asociación Española de Directivos.
Presidente de VIA Círculo Jefferson, Asociación de Alumni do International Visitor Leadership
Program (Programa de Liderado de Visitantes Internacionais), principal programa de
intercambio profesional do Departamento de Estado do Goberno dos Estados Unidos de
América. Patrón da Fundación Euroamérica e membro da Comisión Delegada do seu Padroado.
Reitoría. Campus universitario, C.P. 36310, Vigo · Tlf: 986 81 40 82 · encuentroprotocolo@uvigo.es
Fernando Ramos
Doutor en Dereito e en Ciencias da Información. Profesor titular da Universidade de Vigo.
Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación. Director das Xornadas de Comunicación
Institucional e Imaxe Pública e dos Cursos Complementarios de Comunicación e Protocolo da
Universidade de Vigo, que levan 17 edicións. Membro do Consello Directivo da Organización
Internacional de Cerimonial e Protocolo (OICP), autor do Código Deontolóxico de Protocolo, de
esta organización, aprobado no Campidoglio de Roma en 2007. Relator entre outros, nos
Congresos Internacionais de Protocolo de Roma, Budapest, Bos Aires e Asunción (Paraguay).
Publicou 25 libros sobre Dereito da Comunicación, Imaxe Corporativa e Protocolo, tanto en
España como en Arxentina e Portugal.
Reitoría. Campus universitario, C.P. 36310, Vigo · Tlf: 986 81 40 82 · encuentroprotocolo@uvigo.es
Artur Filipe dos Santos
Profesor de Comunicación e Patrimonio Cultural, consultor da UNESCO para o Patrimonio
Mundial, membro do grupo de Investigación en Comunicación de Universidade de Vigo (Icom-
x1), membro do grupo de investigación en Comunicación e Turismo da Universidade de
Westminster, Reino Unido, Sociedade de Estudos Institucionais UNED-Madrid; profesor invitado
en varias institucións universitarias e de formación: Escola superior Jean Piaget de Vila Nova de
Gaia, Escola Superior de Educação de Coimbra, Escola de Jornalismo do Porto, Centro de Estudos
Politécnicos de Torres Novas, Universidade Federal de Pernambuco. Membro da APEP –
Associação Portuguesa de Estudos de Protocolo.
Reitoría. Campus universitario, C.P. 36310, Vigo · Tlf: 986 81 40 82 · encuentroprotocolo@uvigo.es
Ciprián Rivas Fernández
Titulado en Relacións Públicas pola Universitat Central de Barcelona.
Graduado en Marketing e Lobbying pola University of London and the
Royal Institute of Public Administration (RIPA).
Director Xeral de Marketing da Feira Internacional Semana Verde de
Galicia en Silleda
Crea o Departamento de Relacións Públicas e Protocolo do Gabinete
do presidente da Xunta de Galicia onde traballou como xefe de
Protocolo e Relacións Públicas con tres presidentes.
Exerce como asesor de comunicación e de Responsabilidade Social Corporativa de dos
conselleiros de presidencia do goberno autonómico galego.
Editor, director e xornalista en diferentes xornais galegos e españois.
Socio fundador de CEO Avanza, consultora de relacións públicas, marketing e comunicación.
Vicepresidente Executivo da Fundación Euroespes.
Entre as actividades públicas que organizou e dirixiu, destacan:
Bilderberg Group Conference na Toxa (1989).
Alianza Universal de Emprendedores Galegos do Mundo, un lobbying de empresas galegas
afincadas en todo o mundo que nace en Barcelona.
Presentación Internacional do Xacobeo(1992).
Regreso dos restos de Castelao a Galicia.
Visita da SS o Papa Xoan Paulo II a Santiago de Compostela.
Coordinador das visitas á Comunidade Autónoma de El Rei Juan Carlos I así como do seu fillo e
actual Rei, Felipe VI.
Membro do equipo de traballo das visitas a Santiago de Compostela dos presidentes Francois
Miterrand (Francia), Wilfried Martens (Bélxica), Miguel de la Madrid (México), Julio María
Sanguinetti, (Uruguay), Luis A. La Calle (Uruguay).
Organizador e coordinador das visitas oficiais dos presidentes autonómicos galegos a Arxentina,
Uruguay, Venezuela, México, Panamá, Chile, Brasil, Bélxica, Francia, Alemaña, Italia, Suíza, USA,
New York, e o Vaticano diante do Papa Xoan Paulo II.
Organizador da visita oficial do Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, a Cuba,
primeiro presidente dunha comunidade autónoma española en visitar a illa.
Coordinador da visita de Fidel Castro a Galicia.
Deseña os actos de entrega da Medalla de Ouro de Galicia e das Medallas Castelao da Xunta de
Galicia.
Desde 2010, traballa na Universidade de Vigo como director do Gabinete do Reitor.
Reitoría. Campus universitario, C.P. 36310, Vigo · Tlf: 986 81 40 82 · encuentroprotocolo@uvigo.es
Juan Luis Sierra Domínguez
Actualmente:
-Xefe de Protocolo e Relacións Públicas da Armada
Española
-Autor do Blog “Fair Winds & Following Seas”
-Cofundador de Proxecto Napoleón
Experiencia:
-25 años de experiencia en postos de dirección nas áreas
da comunicación (protocolo, relacións públicas e
gabinetes de prensa), seguridade e loxística.
-Profesor titular do Protocolo Oficial e Militar do Máster e Grao en Protocolo e Organización de
Eventos da Escola Internacional de Protocolo e Universidade Europea e profesor de Xenealoxía
e Heráldica no Máster de Dirección de Comunicación Corporativa na EAE Business School.
-Impartiu e imparte clases e seminarios sobre protocolo e etiqueta oficial e empresarial,
organización de eventos, xestión da imaxe persoal, marca persoal, negociación e xestión da
comunicación en situacións de crise no Instituto Superior de Investigación Empresarial ISIE, a
Escola Naval Militar, Universidade Carlos III, Universidade Francisco de Vitoria, Universidade San
Pablo CEU e Escola de Negocios Aliter.
-Foi consultor e formador nas materias anteriormente citadas para a consultora Alandete e
Asociados.
-Membro da Asociación Española de Protocolo (AEP)
Formación:
-Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid.
Especialidade de Estudios Internacionais e Ciencia da Administración.
-Máster en Dirección de Comunicación Corporativa por la Washington International University.
-Diplomado en Comunicación Social pola Universidade Francisco de Vitoria.
-Diplomado en Protocolo pola Garda Real.
-Técnico en Xestión Empresarial por Técnicas de Formación Empresarial.
-Formación de Oficiais da Armada,, Escola Naval Militar e Escola de Aplicación de Infantería de
Mariña.
Outros:
Idiomas: Español e Inglés
Distincións: En posesión de catro cruces do Mérito Naval distintivo Branco, da Medalla da OTAN
con pasador Former Iugoslavia e do Distintivo de Operacións de Mantemento da Paz de Nacións
Unidas con pasador SFOR (Stabilization Force) por participación en Misión Internacional de
Mantemento da Paz en Bosnia-Herzegovina.
Reitoría. Campus universitario, C.P. 36310, Vigo · Tlf: 986 81 40 82 · encuentroprotocolo@uvigo.es
Manuel Pinto Teixeira
Manuel Pinto Teixeira naceu no norte de Portugal, no Municipio de Cinfães, en 1952. Pronto manifestou unha tendencia natural para a comunicación, escollendo o xornalismo como profesión. Cando aínda era estudante universitario, se profesionalizou, en 1974, no xornal “O Comércio do Porto”, como xornalista durante 20 anos, o xornal máis antigo do continente portugués, do que sería director e administrador durante máis dunha década.
En 1977 concluíu o Curso Superior de Ciencias Humanas no ISCHT de Oporto (integrado na Universidade Católica Portuguesa). Nese mesmo ano iniciou o curso de Dereito na Universidade de Coimbra, onde regresaría en 1994 para posgraduarse en Dereito da Comunicación. En 2001 obtivo a suficiencia investigadora na UPSA, en Salamanca, para o Doutoramento en Ciencias da Información. En 2004 obtivo o doutoramento en Comunicación, Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo.
Como xornalista desempeñou os máis altos e variados cargos, e foi administrador executivo do Grupo Lusomundo Media, Lusomundo Filmes e Warner Lusomundo, para a área dos medios de comunicación, prensa e radio, e cine, desde 1988 ata 2004.
É investigador do CEPESE – Centro de Investigación da Universidade do Porto, autor de diversas obras, e publicou decenas de traballos na área da comunicación social, corporativa e institucional, especificamente de Dereito da Comunicación, Ética e Deontoloxía, Marketing, e Relacións Públicas e Protocolo. É coordinador de tres proxectos de investigación científica financiados pola FCT/ME e UE, e dous non financiados.
Integrou múltiplos tribunais académicos en teses de mestrado e doutoramento en diversas
universidades portuguesas e estranxeiras, e orientou múltiplos traballos de investigación.
Profesor honorífico do ESERP en Barcelona, membro de honra do Consello Europeo de Doutores
e Doutores Honoris Causa, e membro de Honra do Grupo de Investigación GIESP.
Desde 1990 exerce a ensinanza universitaria na UNISLA/Universidade Lusófona, como Director da Escola Superior de Gestão, é profesor nas licenciaturas de ciencias da comunicación, protocolo, multimedia, turismo, xestión de empresas e recursos humanos. É director do curso de Comunicación e Técnicas Dixital, Director do OESE – Observatório de Estudos Sociais e Económicos, membro dos Consellos Científico e Pedagóxico da Universidade.
Durante 10 anos (2004/14) exerceu, en réxime de requisición estatal, as funcións de Xefe de Gabinete do Alcalde do Concello de Oporto.
Reitoría. Campus universitario, C.P. 36310, Vigo · Tlf: 986 81 40 82 · encuentroprotocolo@uvigo.es
Teresa Baró
Fundadora da consultora Aulaicompani (2001) e Consultora en comunicación persoal;
Licenciada en Filoloxía Catalá (UB),Técnica Superior en Publicidade e Máster en Protocolo e
Relacións Públicas
Realiza unha variada tarefa docente en diversas universidades e realiza conferencias en España
e Latinoamérica.
Deseña programas de habilidades de comunicación persoal para colectivos específicos,
profesionais e executivos de alto nivel e políticos. Forma e adestra nas habilidades necesarias
para o desempeño na empresa: liderado, comunicación en público, persuasión, intelixencia
non verbal, comunicación cos medios, etc.
Colaboradora habitual en medios de comunicación como experta en temas de comunicación.
Reitoría. Campus universitario, C.P. 36310, Vigo · Tlf: 986 81 40 82 · encuentroprotocolo@uvigo.es
Anna Amorós
Desde 1998, Profesora Titular de Comunicación
Audiovisual e Publicidade, especialidade Cine,
na Universidade de Vigo.
Titulación Universitaria:
Licenciada (1987) e Doutora (1994) en Ciencias
da Comunicación (Universidade Autónoma de
Barcelona, UAB)
Profesora:
Prestixioso Centro Universitario EINA-Deseño e Arte (Barcelona-UAB)
Universidade Autónoma de Barcelona (UAB)
Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Sector profesional do audiovisual:
Guionista e Directora de Documentais.
Xefa do Gabinete de Comunicación “Col.legi de Directors de Cinema de Catalunya” (Barcelona)
Directora dos “Obradoiros de Cine” (Asociación Galega de Guionistas)
Co-coordinadora de AUGAL-Audiovisual Galego (Consorcio Audiovisual de Galicia/ AGADIC,
Xunta de Galicia).
Mencións:
Xornalista de Honra 2010. Outorga: Asociación de la Prensa de Vigo (membro da Federación de
Asociacións da Prensa de España)
Premio Buenas Prácticas de Comunicación No Sexista 2012, Feminario de Investigación UAB.
Outorga: Associació de Dones Periodistes de Catalunya.
Membro de Comisións Asesoras de audiovisual:
Membro da Comisión Asesora “Libro Branco do Sector Audiovisual Galego” (Xunta de Galicia,
2005)
Membro da Comisión Avaliadora de Axudas e Subvencións á produción Audiovisual Galega
(Xunta de Galicia, 1999-2005).