Plantas aromáticas e medicinais

Post on 10-Jul-2015

1.205 views 4 download

Transcript of Plantas aromáticas e medicinais

Universidade popular

Plantas aromáticas e medicinais

Santolina Chamaeciparissus L.

Uso frecuente en xardinería, polas súas floresamarelo intenso. Arbusto de entre 20 e 50 cm.Tende a estenderse horizontalmente, polo quecobre bastante ben as superficies.O mantemento é sinxelo, podando aló onde tivo as flores, unha vez que estas secaron. Taménse lle pode realizar unha poda de formaciónpara que manteña a forma redondeada.

Nese caso mirarase de podar as pólas máis envellecidas.As flores desta planta pódense utilizar, en infusión, para aliviar as dores de estómago. As sementes, utilizarémolas contra os parasitos intestinais.

Physalis alkekengi L.

Physalis peruviana L.

Arbusto de entre 20 e 60 cm. Característicos son os froitos envoltos nunha cuberta de cor vermello. Pouco utilizada a especielocal, si é moi coñecida e cotizada a variedade andina, Physalisperuviana L.Florece en maio e a maduración do froito prodúcese en torno a setembro.Durante o inverno a planta pode secar, mais rebrotará en primavera.As froitas utilízanse como diuréticos (eliminación de auga e sodiodo organismo) así mesmo é depurativo.

Vaccinium myrtillus L.

Especie tipicamente galega, atopada en en sotobosque. Rara vez supera os 60 cm de alto.O froito, moi valorado, foi desprazado porvariedades comerciais, normalmente de maiortamaño, pero menos saborosas.As bagas favorecen a circulación sanguínea,contra a diarrea.

Unha decocción das bagas utilízase, en uso externo, para aliviar as hemorroides.

Utilización en cociña para distintos usos, tanto para doces como ensaladas.

Arnica montana L.

Planta de montaña, que medra entre os 600 e os 2800 metros. Medra entre 20 e 60 cm. Composta con entre 15-20 flores liguladas.

A Árnica é moi usada en farmacia polas súas propiedades cicatrizantes.Usada como cicatrizante ou en escordaduras.

Bellis perennis L.

A margarida que se atopa nos campos,malia semellar tan só unha flor casualtrátase dunha especie con propiedadescontra a anxina, bronquite ou ahipertensión, ademais de chagas ouescordaduras.

Recollidas as follas e flores case durante todo o ano, secadas ásombra, en infusión ou aplicadas uso externo, os seus usos sonmoitos e variados.

Prunus Spinosa L.

Abruño.­ arbusto espiñento de entre1 e 3 metros de alto.Moi común nas leiras, utilizadocomo sebe natural. Común taménnos montes galegos. Como todas as ameixas trátase dun bo laxante edepurativo. Así mesmo, as súas flores poden ser utilizadas contra acné.

Juniperus communis L.

Enebro.­ Até seis metros de altura.Elemento esencial para a elaboraciónda xenebra, utilizado taméncontra o acne, bronquite, feridas...O consumo do froito en exceso poderesultar prexudicial para o aparato urinario.Utilízase moito en cociña para afumar embutidos, ou aderezar carnes.

Crataegus monogyna Jacq.

Espiño albar.­ Arbusto de entre2 e 4 metros. Moi común nos montesgalegos.Utilización contra a hipertensión, celulite entre outros.No consumo das drupas cómpre sercauto, unha inxesta masiva pode serperigosa.

Rubus idaeus L. Fragaria vesca L.

Ribes rubrum L.

Grosella.­ Arbusto dun metroou metro e medio.Froito depurativo, diurético e aperitivo.Hai tamén de bagas negras en acioe unha única baga verde de maiortamaño.

Foeniculum vulgare Mill.

Fiúncho­ Planta vivaz, anual.Hai variedades cun engrosamento do taloutilizado comunmente para facer ensaladas, comido cru.Tamén se pode utilizar para aderezar carnes,sobre todo a carne de porco. En Italia, unha comida moi usual na Umbria, a porcheta.Carne de porco asada con fiúncho picado nointerior.Rico en vitaminas A, B e C.

Lurus Nobilis L.

Loureiro.­ Árbore de entre 2 e 10 metros.As follas comunmente usadas en cociña, eninfusión favorecen a dixestión.O aceite esencias extraido das súas drupas(lorbagas) calma as articulacións doridas.

Humulus lupulus L.

Lúpulo.­ Cannabinácea. As inflorescencias femininas desta planta dioica teñencarácter somnífero. Durmir sobre elasrecomendado para os insomnes.Ollo, pode causar molestias, cefaleas en persoas especialmente sensibles.

Arbustus unedo L.

Érbedo.­ Plinio describe estearbusto como Unum edo (eu comoun só). Crese que a denominacióndébese ao feito de que o froitoadoita fermentar na propia árboreconseguindo certa graduaciónalcólica.Ademais diso o froito é diurético e depurativo.

Oraginum vulgare L.

Ourego.­ Ademais da súa utilizaciónen cociña, as sumidades floridasapenas cortadas e pasadas pola tixolaforman unha cataplasma contra posturas musculares.

Sambucus nigra L.

Sabugueiro.­ Arbusto de entre 2 e 5 m.Utilizado para infinidade de cousas:moitas delas relacionadas co corazón, os froitos son diuréticos.Hai a posibilidade de facermarmelada cos seus froitos maduros.

Tilia Cordata Mill.

Thymus vulgaris L.

Tomentelo.­ A súa infusiónpode substituír ao té ou aocafé, dado que é moi enerxético.Ademais combate a anemia.

Rosmarinus Officinalis L.

Romeu.­ dise que eleva a moral dos deprimidos.O romeu actúa sobre osistema nervioso.

Urtica dioica L.

Ortiga.­ moi utilizada polas súaspropiedades dende moi antigo.En cociña aconséllase consumilascocidas ou en sopa, 12 horas despoisde recollidas.Adenmais é recollida polas súas fibrasQue fiadas producen un moi bo tecido.Como propiedades: antidiabético, antireumático, entre outras.