Piñeiro de oregón, abeto de Douglas, douglasia

Post on 15-Apr-2017

378 views 0 download

Transcript of Piñeiro de oregón, abeto de Douglas, douglasia

Piñeiro de OregónAbeto de Douglas

Xénero Pseudotsuga (douglasias ou abetos de Douglas). Cinco especies (dúas no oeste de Norteamérica, unha en México e outras dúas no leste de Asia). Poden acadar máis de 100 m de altura.

CLASEpinopsida

ORDEpinales

FAMILIApináceas

As follas, planas, rodean as ponlas e miden de 2 a 4 cm. As piñas, colgantes, miden de 3 a 8 cm e teñen brácteas longas que sobresaen das escamas.

Piñeiro de OregónAbeto de Douglas

Pseudotsuga menziesii abeto de Douglas

Douglas firpin d'Oregon

pinheiro de Oregón

Árbore de folla perenne que pode acadar os 75 m de altura con facilidade, aínda que se teñen documentado exemplares de ata 120 m. Nativa dos leste de Norteamérica.

TALOToro dereito cos ponlas case horizontais dispostas en verticilos. Copa de forma cónica. A tona é grosa (nos exemplares máis vellos semella cortiza), máis ou menos profundamente fendida e de cor marrón avermellada

FOLLASAcículas de 2 a 3,5 cm de lonxitude, flexibles e acanaladas na cara, de cor verde escura, cun forte olor a limón ou mandarina ao fregalas.

FLORESÉ unha especie monoica. As inflorescencias masculinas son de cor verde-amarela e miden de 2 a 3 cm de lonxitude.As inflorescencias femininas son verdosas ou vermellas.

CONOS (PIÑAS)As piñas, colgantes, miden de 5 a 11 cm de lonxitude e 2 a 3 cm de diámetro e teñen brácteas longas que sobresaen das escamas. Son verdes o comezo e logo castañas. As sementes miden ata 6 mm de lonxitude e teñen unha á de 12 a 15 mm.

USOSMadeira para construción e ebanistería; pasta de papel...Cultívase como árbore ornamental para paques e xardíns e como bonsai.

Pazo Casanova (Bermás de Arriba, O Pino) -34,10 m de altura e 5,53 m de perímetroINCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

Parque do Carballiño-3,42 m de perímetro.Parque Caldas de Reis

Castelo de Soutomaior-29 m de altura e 4,35 m de perímetro.

-32 m de altura e 4,10 m de perímetro -2,47 m de perímetro.

Castelo de Soutomaior

Monte Aloia (Tui)-4,3 m de perímetro.

Viveiro de Areas (Tui)-3,10 m de perímetro.

"Coast Douglas-fir in Vancouver 1887" by William McFarlane Notman - This image is available from the McCord Museum under the access number VIEW-1803This tag does not indicate the copyright status of the attached work. A normal copyright tag is still required. See Commons:Licensing for more information.Deutsch | English | español | français | galego | македонски | suomi | +/−. Licensed under Public Domain via Commons -

Abetos de Douglas en Vancouver

(1887)

O abeto de Douglas máis alto de que se ten constancia era coñecido como "Mineral Tree". Atopábase nas proximidades de Mount Rainier (en Washington); tiña 1020 anos de idade e 119,8 m de altura. Caeu en 1930.

Red Creek (Port Renfrew, Columbia Británica)-74 m de altura e 13,3 m de perímetro.

Abeto de Douglas Brummit, ou Doerner, o máis alto do mundo na actualidade. Descuberto en 1991 en Coos County (Oregón)-100,27 m de altura e 3,5 m de diámetro.

MONTAXE: Adela Leiro IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet

Agosto 2015