Post on 08-Jul-2015
description
NIVEL EDUCATIVO: 2º de Educación Secundaria Obrigatoria
ÁREA CURRICULAR:
Ciencias Sociais
UNIDADE TEMÁTICA:
O Feudalismo
O FEUDALISMOOrganización económica, política e social que se
dá en Europa Occidental desde o século IX ata o XV. Ten o seu auxe no século XII e desaparece no XIV e XV coa aparición da burguesía, os municipios e a difusión do dereito romano.
Para saber máisPREME sobre otítulo.
SOCIEDADE
Sociedade estamental. Pola distribución do traballo poderíamos distinguir dous grandes grupos:
Privilexiados: NOBREZA E CLERO
Non privilexiados: XENTE COMÚN
Campesiño
NobrezaClero
PRIVILEXIADOS
O CLERO (oratores) e a NOBREZA (bellatores) son os estamentos privilexiados. A alta nobreza e o alto clero teñen propiedades e servos ao seu servizo. Non pagan impostos .
NON PRIVILEXIADOS
A xente común ( artesáns, comerciantes e a maioríaformada por campesiños. Os campesiños podían serlibres (VILÁNS) ou escravos ( SERVOS). Os servos non posuían ningún dereito e traballaban de sol a sol.este ESTAMENTO era o que sostiña a toda a pirámidesocial.
O FEUDO OU DOMINIO As terras do señor feudal recibían o nome de dominio.O
dominio dividíase en DIRECTO e ÚTIL. O dominio directo eran as mellores terras do feudo e eran traballadas polos servos. O dominio útil dividíase en mansos, parcelas ou alodios. Os viláns traballaban esas terras das que daban un décimo ao clero, daban parte da colleita oa señor e tamén pagaban polo uso da ferrería, forno, devesas do señor.
ORDES MONÁSTICAS
Son as ordes relixiosas da ALTA IDADE MEDIA. Viven en mosteriosque se sitúan no campo. Os monxes conforman a comunidade relixiosae viven baixo unhas regras (normas). Os mosteiros estaban dirixidos porun abade ou abadesa e tiñan propiedades que eran traballadas polos servos. O mosteiro era autosuficiente. As dependencias eran múltiples.
Preme sobre a imaxe e verás como era a vida nun mosteiro
IMPORTANCIA DA IGREXA
A Igrexa posuía grandes feudos e recibía o décimo por parte dos campesiños.
Era o edificio máis importante de calquera vila,cidade ou aldea.O Papa era a máxima autoridade e organizaba ao clero así:◊ CLERO REGULAR (abades, priores, monxes...)
◊ CLERO SECULAR (arcebispos, sacerdotes, párrocos)
AS CRUZADAS
●Iniciadas polo Papa Urbano II prometendo a salvación a todos os queacudiran
●Expedicións ou campañas militares para recuperar os santos lugares.●Foron oito. Comezaron no século XI e remataron no XIII.●Participantes:
● Campesiños, soldados e cabaleiros para consesguir terras e poder.
● Aventureiros e comerciantes.
ARTE ROMÁNICA
É o estilo artístico máis representativo do mundo feudal.
* A arquitectura, a pintura e a escultura tiñan como obxectivo ensalzar a Deus.
* A arquitectura relixiosa ocupou un lugar fundamental.* A escultura e a pintura foron usadas para complementar
ou decorar os edificios relixiosos.
PREME
NIVEL EDUCATIVO: 2º de Educación Secundaria Obrigatoria
ÁREA CURRICULAR:
Ciencias Sociais
UNIDADE TEMÁTICA:
O Feudalismo