O espazo xeográfico de Monterrei

Post on 21-Jun-2015

348 views 6 download

description

Relación de actividades para traballar sobre a localización do castelo e conceptos xeográficos relacionados. Desde 3º Ciclo de Primaria segundo o criterio do profesorado e a diversidade de tarefas propostas.

Transcript of O espazo xeográfico de Monterrei

Monterrei  está  nun  alto...  

o espazo xeográfico

- situación

- mapas e planos

- foto satélite, aérea

- escala, curvas de nivel

- formas do relevo

N  

S  

O   L  

A. As liñas grises do mapa chámanse curvas de nivel, indican a altitude, de 5 en 5 metros. Cando están moi xuntas as liñas quere dicir que a pendente é maior. En azul o río Támega e en vermello os puntos cardinais. - Indica o desnivel en metros entre o río e o cume. - Se quixeras construír unha casa, en que partes do mapa cres que sería máis doado? por que?; e onde sería máis difícil? - Se quixeras construír unha torre para vixiar e defenderte dos ataques inimigos, onde a farías? por que? - Traza sobre o mapa o camiño máis fácil para subir andando desde os puntos 1 e 2 ata a cima.

2  

1  

B. A foto satélite recolle a mesma superficie do mapa de curvas de nivel - Coinciden os sitios onde hai máis casas cos lugares elixidos por ti? Ademais de edificacións, que hai nas zonas máis chairas? e nos terreos en costa que hai? - E o lugar onde levantarías unha torre coincide co soar do castelo (A) ou co da atalaia (B)? - E os camiños trazados cadran cos sinalados na fotografía con frechas? Son paralelos ou perpendiculares ás curvas de nivel?

B

1  

2  

3  

3  3  

3  

8  

5  

4  

4  

6  

7  

C. Indica a que edificacións corresponden os números da foto: TORRE DE DON SANCHO; PALACIO; IGREXA DE SANTA MARÍA; PATIO DE ARMAS; CASAS; HOSPITAL DE PEREGRINOS; MURALLAS; TORRE DAS DAMAS.

1  

2  

3  

4  

5  

6  

7  

8  

D. Es capaz de identificar as construcións do exercio anterior na foto satélite de abaixo? Proba colocando os números do exercicio anterior no lugar correspondente da imaxe.

1  

2  

3  

4  

5  

6  

7  

8  

E. A esquerda tes un plano do proxecto de rehabilitación coas partes do castelo coloreadas, e a dereita un plano das edificacións do recinto. - Colorea as partes do castelo no plano da dereita coa mesma cor e escribe o nome. - O castelo tiña moitas casas e outros edificios arredor ou estaba illado?

F. Abaixo á esquerda tes unha foto satélite, no centro as curvas de nivel no terreo do recinto fortificado, e a dereita unha foto aérea co castelo e o Parador - Na foto da esquerda rodea cunha liña vermella o castelo e o seu entorno máis próximo, e tamén o Parador, con piscina, ao sur, uníndoos cunha liña co lugar onde se asentan no plano da dereita e na foto da dereita. Están moi lonxe? (na parte de abaixo da foto tes a escala). - As curvas de nivel están moi xuntas nos soares do castelo e do actual Parador (antigo Colexio de Xesuítas)? Este feito facilitou a construción? Que desnivel hai que salvar entre o Parador e o castelo? - Que zona do castelo é máis soleada e cálida, a azul ou a vermella? por que?

VERÍN  

N  

S  

O   E  

274  m  

G. Na imaxe da esquerda represéntase o val de Monterrei (gris uniforme) coas montañas que o rodean, Verín e as estradas principais, aínda que falta a autovía a Portugal. - Onde está o castelo? Une a foto co lugar onde se sitúa. - A que distancia do castelo está Portugal? (usa a escala gráfica de abaixo)

PORTUGAL  

* Comproba se acertaches o exercicio anterior. É importante para a historia do castelo a proximidade á raia seca (fronteira con Portugal non marcada polo río MIño)?

H. A esquerda vemos un mapa político da provincia de Ourense e á dereita un mapa físico de Galicia. - Rodea cunha liña vermella: 'Monterrei' no mapa provincial. - Localiza o val de Monterrei no mapa de Galicia e escribe o seu nome. - Atopa a distancia en quilómetros entre a túa localidade e o castelo de Monterrei (nun mapa, na rede...)

A.  SINALA  A  RESPOSTA  CORRECTA    1.  Que  localidade  e  que  río  se  atopa  aos  pés  do  castelo  de  Monterrei?  

☐  Verín;  río  Támega  ☐  Xinzo;  río  Limia  ☐  Vilaza;  río  Búbal  

 2.  Por  que  se  construíu  a  fortaleza  no  alto  dun  outeiro?  

☐  Para  defenderse  mellor  ☐  Para  ter  boas  vistas  ☐  Para  non  ocupar  as  terras  culGvables  do  val  

 3.  Onde  se  atopa  o  val  de  Monterrei?  

☐  Ao  Norte  de  Ourense,  na  fronteira  con  León  ☐  Ao  Sur  de  Ourense,  na  fronteira  con  Portugal  ☐  Ao  Leste  de  Pontevedra,  na  fronteira  con  Portugal  

 4.  Cal  é  o  principal  culGvo  do  val  de  Monterrei?  

☐  O  liño  ☐  O  viño  ☐  O  tabaco  

 5.  Que  elemento  foi  decisivo  no  crecemento  do  castelo?  

☐  As  revoltas  dos  irmandiños  ☐  O  Camiño  de  SanGago  ☐  A  proximidade  con  Portugal  

 

 6.  Que  indican  as  curvas  de  nivel?  

☐  Os  camiños  ☐  Os  regatos  ☐  A  alGtude  

     7.    Arredor  de  que  espazo  se  dispoñen  as  edificacións  do  castelo?  

☐  PaGo  de  Armas  ☐  Torre  de  Don  Sancho  ☐  Igrexa  

 8.  Cal  é  a  torre  máis  alta  de  Monterrei?  

☐  Torre  das  Damas  ☐  Torre  de  Don  Sancho  ☐  Campanario  da  Igrexa  

 9.  Que  edificio  se  sitúa  máis  ao  sur  do  recinto?  

☐  Hospital  de  Peregrinos  ☐  Torre  de  Don  Sancho  ☐  O  Parador  (anGgo  Colexio  dos  Xesuítas)  

 10.  Cal  é  a  zona  máis  soleada  do  palacio?  

☐  A  Sur  ☐  A  Norte  ☐  Son  todas  iguais  de  soleadas  

   

repasamos...  

B.  INDICA  SE  AS  FRASES  SON  VERDADEIRAS  (V)  OU  FALSAS  (F)    

1.  O  castelo  construíuse  na  parte  máis  alta  do  monte  

2.  O  castelo  construíuse  na  parte  máis  pendente  do  monte  

3.  O  val  de  Monterrei  está  rodeado  por  montañas  

4.  A  situación  do  castelo  débese  sobre  todo  á  ferGlidade  das  terras  que  o  rodean  

5.  O  castelo  pertence  ao  concello  de  Verín  

6.  Monterrei  atópase  ao  sueste  de  Galicia  

7.  O  río  máis  importante  da  comarca,  o  Támega,  desemboca  en  Portugal  

8.  O  principal  problema  do  castelo  eran  as  inundacións  

9.  No  recinto  amurallado  do  castelo  non  hai  casas  

10.  As  murallas  do  castelo  son  paralelas  ás  curvas  de  nivel  

11.  O  Parador  atópase  a  quilómetros  do  castelo  

12.  O  castelo  case  non  se  ve  desde  o  val  

13.  O  castelo  é  unha  parte  fundamental  da  paisaxe  da  bisbarra  

14.  Se  desaparecese  o  castelo  os  habitantes  do  val  a  penas  o  notarían  

IMAXES  EN  FORMATO  GRANDE  

Procedencia  das  imaxes  

•  hap://servergis.cesga.es/website/terragis/mundo.html  •  haps://www.facebook.com/comarca.demonterrei?fref=ts  •  haps://maps.google.es/  •  hap://www.verin.es/fixo/castelo/#  •  hap://images.eldiario.es/cultura/plataforma-­‐privaGzacion-­‐Monterrei-­‐Defensor-­‐

Europeo_EDIIMA20140428_0676_13.jpg  •  hap://mas.farodevigo.es/galeria/galeria.php?galeria=55&foto=1052&orden=1  •  hap://www.zonu.com/fullsize1/2009-­‐09-­‐17-­‐6061/Mapa-­‐de-­‐carreteras-­‐de-­‐la-­‐

Provincia-­‐de-­‐Orense.html  •  hap://aguamorta.wordpress.com/2011/06/15/a-­‐depresion-­‐meridiana-­‐2/