O espazo xeográfico de Monterrei

21
Monterrei está nun alto... o espazo xeográfico - situación - mapas e planos - foto satélite, aérea - escala, curvas de nivel - formas do relevo

description

Relación de actividades para traballar sobre a localización do castelo e conceptos xeográficos relacionados. Desde 3º Ciclo de Primaria segundo o criterio do profesorado e a diversidade de tarefas propostas.

Transcript of O espazo xeográfico de Monterrei

Page 1: O espazo xeográfico de Monterrei

Monterrei  está  nun  alto...  

o espazo xeográfico

- situación

- mapas e planos

- foto satélite, aérea

- escala, curvas de nivel

- formas do relevo

Page 2: O espazo xeográfico de Monterrei

N  

S  

O   L  

A. As liñas grises do mapa chámanse curvas de nivel, indican a altitude, de 5 en 5 metros. Cando están moi xuntas as liñas quere dicir que a pendente é maior. En azul o río Támega e en vermello os puntos cardinais. - Indica o desnivel en metros entre o río e o cume. - Se quixeras construír unha casa, en que partes do mapa cres que sería máis doado? por que?; e onde sería máis difícil? - Se quixeras construír unha torre para vixiar e defenderte dos ataques inimigos, onde a farías? por que? - Traza sobre o mapa o camiño máis fácil para subir andando desde os puntos 1 e 2 ata a cima.

2  

1  

Page 3: O espazo xeográfico de Monterrei

B. A foto satélite recolle a mesma superficie do mapa de curvas de nivel - Coinciden os sitios onde hai máis casas cos lugares elixidos por ti? Ademais de edificacións, que hai nas zonas máis chairas? e nos terreos en costa que hai? - E o lugar onde levantarías unha torre coincide co soar do castelo (A) ou co da atalaia (B)? - E os camiños trazados cadran cos sinalados na fotografía con frechas? Son paralelos ou perpendiculares ás curvas de nivel?

B

Page 4: O espazo xeográfico de Monterrei

1  

2  

3  

3  3  

3  

8  

5  

4  

4  

6  

7  

C. Indica a que edificacións corresponden os números da foto: TORRE DE DON SANCHO; PALACIO; IGREXA DE SANTA MARÍA; PATIO DE ARMAS; CASAS; HOSPITAL DE PEREGRINOS; MURALLAS; TORRE DAS DAMAS.

1  

2  

3  

4  

5  

6  

7  

8  

Page 5: O espazo xeográfico de Monterrei

D. Es capaz de identificar as construcións do exercio anterior na foto satélite de abaixo? Proba colocando os números do exercicio anterior no lugar correspondente da imaxe.

1  

2  

3  

4  

5  

6  

7  

8  

Page 6: O espazo xeográfico de Monterrei

E. A esquerda tes un plano do proxecto de rehabilitación coas partes do castelo coloreadas, e a dereita un plano das edificacións do recinto. - Colorea as partes do castelo no plano da dereita coa mesma cor e escribe o nome. - O castelo tiña moitas casas e outros edificios arredor ou estaba illado?

Page 7: O espazo xeográfico de Monterrei

F. Abaixo á esquerda tes unha foto satélite, no centro as curvas de nivel no terreo do recinto fortificado, e a dereita unha foto aérea co castelo e o Parador - Na foto da esquerda rodea cunha liña vermella o castelo e o seu entorno máis próximo, e tamén o Parador, con piscina, ao sur, uníndoos cunha liña co lugar onde se asentan no plano da dereita e na foto da dereita. Están moi lonxe? (na parte de abaixo da foto tes a escala). - As curvas de nivel están moi xuntas nos soares do castelo e do actual Parador (antigo Colexio de Xesuítas)? Este feito facilitou a construción? Que desnivel hai que salvar entre o Parador e o castelo? - Que zona do castelo é máis soleada e cálida, a azul ou a vermella? por que?

VERÍN  

N  

S  

O   E  

274  m  

Page 8: O espazo xeográfico de Monterrei
Page 9: O espazo xeográfico de Monterrei

G. Na imaxe da esquerda represéntase o val de Monterrei (gris uniforme) coas montañas que o rodean, Verín e as estradas principais, aínda que falta a autovía a Portugal. - Onde está o castelo? Une a foto co lugar onde se sitúa. - A que distancia do castelo está Portugal? (usa a escala gráfica de abaixo)

PORTUGAL  

Page 10: O espazo xeográfico de Monterrei

* Comproba se acertaches o exercicio anterior. É importante para a historia do castelo a proximidade á raia seca (fronteira con Portugal non marcada polo río MIño)?

Page 11: O espazo xeográfico de Monterrei

H. A esquerda vemos un mapa político da provincia de Ourense e á dereita un mapa físico de Galicia. - Rodea cunha liña vermella: 'Monterrei' no mapa provincial. - Localiza o val de Monterrei no mapa de Galicia e escribe o seu nome. - Atopa a distancia en quilómetros entre a túa localidade e o castelo de Monterrei (nun mapa, na rede...)

Page 12: O espazo xeográfico de Monterrei

A.  SINALA  A  RESPOSTA  CORRECTA    1.  Que  localidade  e  que  río  se  atopa  aos  pés  do  castelo  de  Monterrei?  

☐  Verín;  río  Támega  ☐  Xinzo;  río  Limia  ☐  Vilaza;  río  Búbal  

 2.  Por  que  se  construíu  a  fortaleza  no  alto  dun  outeiro?  

☐  Para  defenderse  mellor  ☐  Para  ter  boas  vistas  ☐  Para  non  ocupar  as  terras  culGvables  do  val  

 3.  Onde  se  atopa  o  val  de  Monterrei?  

☐  Ao  Norte  de  Ourense,  na  fronteira  con  León  ☐  Ao  Sur  de  Ourense,  na  fronteira  con  Portugal  ☐  Ao  Leste  de  Pontevedra,  na  fronteira  con  Portugal  

 4.  Cal  é  o  principal  culGvo  do  val  de  Monterrei?  

☐  O  liño  ☐  O  viño  ☐  O  tabaco  

 5.  Que  elemento  foi  decisivo  no  crecemento  do  castelo?  

☐  As  revoltas  dos  irmandiños  ☐  O  Camiño  de  SanGago  ☐  A  proximidade  con  Portugal  

 

 6.  Que  indican  as  curvas  de  nivel?  

☐  Os  camiños  ☐  Os  regatos  ☐  A  alGtude  

     7.    Arredor  de  que  espazo  se  dispoñen  as  edificacións  do  castelo?  

☐  PaGo  de  Armas  ☐  Torre  de  Don  Sancho  ☐  Igrexa  

 8.  Cal  é  a  torre  máis  alta  de  Monterrei?  

☐  Torre  das  Damas  ☐  Torre  de  Don  Sancho  ☐  Campanario  da  Igrexa  

 9.  Que  edificio  se  sitúa  máis  ao  sur  do  recinto?  

☐  Hospital  de  Peregrinos  ☐  Torre  de  Don  Sancho  ☐  O  Parador  (anGgo  Colexio  dos  Xesuítas)  

 10.  Cal  é  a  zona  máis  soleada  do  palacio?  

☐  A  Sur  ☐  A  Norte  ☐  Son  todas  iguais  de  soleadas  

   

repasamos...  

Page 13: O espazo xeográfico de Monterrei

B.  INDICA  SE  AS  FRASES  SON  VERDADEIRAS  (V)  OU  FALSAS  (F)    

1.  O  castelo  construíuse  na  parte  máis  alta  do  monte  

2.  O  castelo  construíuse  na  parte  máis  pendente  do  monte  

3.  O  val  de  Monterrei  está  rodeado  por  montañas  

4.  A  situación  do  castelo  débese  sobre  todo  á  ferGlidade  das  terras  que  o  rodean  

5.  O  castelo  pertence  ao  concello  de  Verín  

6.  Monterrei  atópase  ao  sueste  de  Galicia  

7.  O  río  máis  importante  da  comarca,  o  Támega,  desemboca  en  Portugal  

8.  O  principal  problema  do  castelo  eran  as  inundacións  

9.  No  recinto  amurallado  do  castelo  non  hai  casas  

10.  As  murallas  do  castelo  son  paralelas  ás  curvas  de  nivel  

11.  O  Parador  atópase  a  quilómetros  do  castelo  

12.  O  castelo  case  non  se  ve  desde  o  val  

13.  O  castelo  é  unha  parte  fundamental  da  paisaxe  da  bisbarra  

14.  Se  desaparecese  o  castelo  os  habitantes  do  val  a  penas  o  notarían  

Page 14: O espazo xeográfico de Monterrei
Page 15: O espazo xeográfico de Monterrei

IMAXES  EN  FORMATO  GRANDE  

Page 16: O espazo xeográfico de Monterrei
Page 17: O espazo xeográfico de Monterrei
Page 18: O espazo xeográfico de Monterrei
Page 19: O espazo xeográfico de Monterrei
Page 20: O espazo xeográfico de Monterrei
Page 21: O espazo xeográfico de Monterrei

Procedencia  das  imaxes  

•  hap://servergis.cesga.es/website/terragis/mundo.html  •  haps://www.facebook.com/comarca.demonterrei?fref=ts  •  haps://maps.google.es/  •  hap://www.verin.es/fixo/castelo/#  •  hap://images.eldiario.es/cultura/plataforma-­‐privaGzacion-­‐Monterrei-­‐Defensor-­‐

Europeo_EDIIMA20140428_0676_13.jpg  •  hap://mas.farodevigo.es/galeria/galeria.php?galeria=55&foto=1052&orden=1  •  hap://www.zonu.com/fullsize1/2009-­‐09-­‐17-­‐6061/Mapa-­‐de-­‐carreteras-­‐de-­‐la-­‐

Provincia-­‐de-­‐Orense.html  •  hap://aguamorta.wordpress.com/2011/06/15/a-­‐depresion-­‐meridiana-­‐2/