Novoneyra "A natureza-o tempo"

Post on 15-Apr-2017

123 views 8 download

Transcript of Novoneyra "A natureza-o tempo"

Poemas da naturezaO TEMPO

Uxío Novoneyra

REBOLEGAN as cereixas Su a Rubial.Corre o vento na erba de gadañar.Canta a cousa que non cantacanta a chicharra na erbacanta a erba na gadaña.

/ABANICA a labrandeira no beirón da presa.A auga non pasa. Corre brilla espella.

/CHAMA a sombra.Xa non se óin os chíosdos paxariñostan d’acotío sonan.

O centeo correndo ó ventoi eu quedo n’eso que un non nembranin esquecede tan lene e fondo que chega.

ESTÁ o aire enfexon’algo que eu non vexo.Os paxaros os pradosos eidos calados...

ENFEXO: entregado por completo.

VEO o tempo morno do OutonoOs días son tardes longasO aire é unha cousa...Todo ten ise xeito:os tesosos camiños que se vanno serán do valos soutosalumados d’ouroeu quedo ollando ó mofo...

SOUTO sin folla! Cerdeirasroxas e bidueiras marelas!

/DÍAS breves en que ún está sempre nunha cousa!As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxasas bouzas roxas pardecen cas choivas.O vento solono souto do outo outono.

PASA o sol lenesobor do souto quedo que afondana morte longacomo se il non forao Pai Sol. Recendenas derradeiras froitas refeitas.Calan as aves que quedan.Na tardetodo quere ser o aire...Cain as follas dando voltase fican todas ó pe da árbore.

CEMBAS d’arandeiras!Argana da Pena Brancabaixo das matas d’abrairaentr’as pestanas da pena!Ven dos castiñeirosun ventiño pequenoabalala...

NEBRAS DE VERLO DE OVELLA: nubes en forma de guedellas de ovella. Cirrocúmulos.

INORDE a fatos pra Leónnebras de verlo de ovellacardiadas brancas e mestas.Ollándoas altas trasporriba das taras marelasún soña nas lonxes terras...

O ruxir do carrozoo ceo do fondo do pozo.Todo sabe e deixa verque vai chover.Eu sein o que oiono souto soioe non seino que sein.

CHOVE pra que eu soñe...

CHOVEnon sein desd’onde nin pra onde...No quedo da tardeollo longo nembrando choivas d’antes.

BARBAÑA barbaña...Qué noite de lobos!Oulan os cais nas airas.Anda a nebra baixapolos caborcos do soutoe polas bouzas da braña.

BARBAÑA: chovisca, chuvia miúda.

CHOVE nas veigas sin que se oia.Unha tras outracain as follas dando voltas.Ollando a serra caladaún agardaunha cousa queda e lonxana.

CHOVE xunto e miudo...Como siga unhos días iste tempovai dar gustover cubertas de mofo as penasas paredes vellasas ourelas dos ríosi as presasas estoldas dos muíñosos teitosos castiñeiros xa sin follai as árbores todas.

NACEN as tollemerendaspolos campazos i os chaosna Cemba da Remesquedano Souto de San Romao.Cai a choiva que dá sonono quedo serán dos pradosi eu cravo enviso os meus ollossin ver o que estoun ollando...

ESTO sí é chover e ventare!Que noite pra mariñeiros e camiñantes!Metidiño na camiñatapadiño hastr’as orellassinto zapicar as beirasentr’o vento que axubría...

BEIRAS: auga que cae dos beirados das cubertas.

“Chovena casa do probe”

CHOVE no monte e nas viñasEnvolca a auga en regueirase ailí onde cain as beirasbaila muiñeiras miudiñas...

1CAI a chuvia soñandocai o espacio engaiolado.2CHOVE e sólo o quedo se move.Enviso n’algo que non deixoteño su beiradoda cabana o xeito caladodo val na follata de freixoo rebolo i as herbas cargadasde pingoadas.

CHOVE pausiño pras sombraschove pra baixo e pra riba.O aire do sono en sonoa auga pinga que pinga...Ven a noite polos eidos...Vaise a tarde que nin xemedecindo adeus con un xeitoque non sein nin se me esquece.

CHOVE maina e calada.Veinse os fíus da augacontra as bandas das penas...En soutos e devesasas pingoadas esbaran e baixanpetando de folla en folla.Por vecesco vento a ruxidoiramedra i esveceen ondas que ún alonga...

PINGOADAS: pingas de auga.

LOAIRAS: lampos errantes de sol ou lúa, con vento e nubes espalladas.

LOAIRAS de sol! ventaladas d’aire e razadas d’auga!

/DENDE nino pequenovoun ver sempre o ríu que ameteuque me fai ise acenoque sein eu.

RAZADAS: golpes de vento, choiva ou sol.

TRONOU ventou e choveo.Bicouse a terra co ceo.A noite que onte caiusólo foi pra quen a oíu.Ameteu o río ameteron as fontesi os fontegallos dos montes.Naz a auga a goforón.Regan os prados a cachón.Dinde nino pequenovou ver sempre o río que ameteuque me fai ise acenoque sein eu.

AMETEU: medrou de caudal.

OLLO o ceo mouro cun medo antergo.Torna a abella ó troboa anduriña cingue o voo.Van a nebras do trono nun son agoreiro.

ANDA o vento ceibe polos eidoscon tódalas áas soltasbrúa nos castiñeirosripa as lousas dos teitosi escachafoula nas portas. ESCACHAFOULA: fai un gran

ruído.

TARAS altas campasonde o sol non pasaesvece na hora alta!

/MONTES do Lesteó sol que esvece!Mofo que eu ollono souto solocando ún querea cousa máis lene!SOL QUE ESVECE: que

esvaece, desaparece.

QUE é a coor do ucedo?(Van os tesos pro Inverno).

É a serra que ó ceo se enleva?É o ceo que baixa?É a nebraou a brétema da ollada?

Non sein qué agarda a terraqué agarda a alma.Eu ben sein que é certa a seguranza.Eu non sein se é certa a seguranza.

Maiseilí onde o ollar vai e ven un xeitohai algo certo.Ben o soupo de nino o ollar pirmeiro.

E inda ha volver teimar a teima.Por onde me veo esta certezaheina volver perder e volver éla.

NEBRASLONGAS altas fiañasnin quedas nin pasantirando das cousas non contadasque así me paran...

NEBRA: néboa: nubes baixas (estratos)BRÉTEMA: néboa lixeira

ZOA o vento e relumbra polas uces.Sai o sol e súmese nas nebras.Polos montes baixan e rubensombras longas esgadas e negras...

/PASAN as nebras porriba da brañae polo monte o sol a manchas-

Eu debruzado na presaenviso nela.

Pasan as nebras por baixo da auga...

PASAN pasan as nebras...Eu sinto que me deixan e me levan... . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Esta door que agarda só que a acendan!Ise algo meu que en todo se me queda!

AGROS restrellas bouzas taros das penasucedos da serra pechacando pasan as nebras i o inverno negrea!

/EU i o meu silencio volto pros tesos mouros no día nubroouvindo sólo os corvos i o vento do Inverno no souto núo.

PANOS brancos esfiañados da nebraouveando polos vales polos soutos i as devesas marelasen busca dun cavorco ou dunha valiña outa que os acollai os faga acougar!

Fiañas de nebra rubindo e baixando á gaiola do airepolas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal!

FOLLA presa das rebolas!Inverno das bouzas!

/SOUTO dos corvos!Pestanas d’argana!Garolos do mofo!Tearaña das canas!

/UCEDO pecho!Sombra dos tesosó sol do Inverno!

O ceoo ucedoos penedosco cello do Inverno.

MAÑÁNS de xeada!Espertar co día á ventanencollerse na camaachegar a roupa á carai ouvir andar tropeando pola casa.Canta a vacacas astas na escada.Canta o galopandeando o corpo i o canto.

XEAFai un frío que queima.Pouco a poucoérguese a terra en trempos.O tourón os trousos os carambelos!Cruza un lobo....Roxe a folla nos carreirosaló no fondo dos cousos.

TREMPOS: bloques de terra, neve ou auga xeados. Bloques soltos de lazo.

TOURÓN: chan endurecido polas grandes xeadas.

TROUSOS: neveiros, pilas de neve. Restos de neve que quedan nos tesos.

CARAMBELOS: CARAMBOS, auga conxelada penduradas das beiras das pedras e cubertas.

AUGA XEADA no camiño.

TERRAS abesedas do Val d’Asnela i Os Pradairospor Fonte Preta arriba! Pasa o sol por elasescazurradoouveando polas penas...Terras do laz dend’o outo Nadal ó Entroido!Os trousos polas ladeiras i os carambelos nos teitos.Terras xabreiras de Parada e Sant’Eufemia!Xeadas brancas e negras!Castiñeiros do Estreito!Prados da Veiga do Couso!Hortigois charouveas meldrascos cardios i acedas!

LAZ: lama con xeo.

XABREIRO: terreo frío e pouco soleado.

carambelos

PENAS da Garamelaque eu ollo da camanas mañáns caladascando a raia do sol chegaó Penedo Furadoe derrétese o panodos cristales xeados!

NEVA no bico do cumeneva xa pola ladeiraneva no teito e na eira.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Eu a ollar pro lumei o lume a ollarme.O lume sin queimarmefai de min fume.

PACEN as vacasna nabarega.Treme a pequenaque vai co’elas.Febreiro chovefebreiro xeafebreiro nevaneve lixeira...

DOBRAN as campás da neve.A alma de seu gardadatornouse inda máis caladae nin pode nin se astreve.Falopiña a falopiñavai branquexando a cortiña.Cada miniña seu sonocada copo sua flairiña.

FALOPIÑA: folerpa, farrapo de neve.

NEVAe non leva

Todo o tempo a unha hora.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Cai a neve polvoriñacai a neve a plomocomo nun ámeto pechadocai a neve fora.... . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

QUEDO nevaba.Tra-la fiestradeixei cair os brazos.O espacio alumousee xa non cai a nevecai o espacio...

NORDE últimodas campanas da neve!Frol do fumo!Frol de silencio ceibe!

ESTRELAMPADA de maioromaxe d’avelaíñas!Embarrosada d’orvalloflaira d’abraira á pinga!Corpiño de bidueiradelgada e ben seguidaque ten pro vento maneirasollos de auga movida!

ESTRELAMPAR: escampar.

ORVALLO: rosada, chuvia fina.

FOTOSAdela Leiro, Mon Daporta

TEXTOS Uxío Novoneyra

(Os eidos, Poemas de doada certeza)

Marzo de 2010