Nocilla experience

Post on 03-Jul-2015

600 views 4 download

Transcript of Nocilla experience

NOCILLA EXPERIENCE

Agustín Fernández Mallo

«El mundo se rige por el azar de un parchís,

no por las mecánicas leyes del ajedrez.»

Agustín Fernández Mallo

Naceu na Coruña en 1967. Licenciado en física pola Universidade de

Santiago de Compostela. Desenvolve o seu traballo nese campo en

Palma de Mallorca, pero é recoñecido pola súa labor literaria.

A súa traxectoria literaria abarca tanto a poesía e o ensaio coma a prosa.

Os seus libros, escritos en castelán, non foron traducidos ó galego.

O autor, do que non se coñecen moitos detalles ten un blog chamado “El hombre que salió de la tarta”.

É un dos membros máis destacados da denominada “Generación Nocilla”.

Obras

Poesía: “Yo siempre regreso a los pezones y al

punto 7 del Tractatus” “Creta, lateral travelling”

Joan Fontaine Odisea (mi deconstrucción) “Carne de píxel”

Ensaio

"Postpoesía, Hacia un nuevo paradigma"

Narrativa

“El hacedor (de Borges) Remake” “Nocilla Dream”É o expoñente dunha nova corrente literaria

que é denominada pop, e está englobada nunha triloxía chamada Nocilla Project .

Foi o mellor libro en castelán do 2006 según a ravista “Quimera”

Nocilla Experience

Este libro está descrito como un “caleidoscopio ficcional”.

Nel, intercálanse historias de personaxes completamente diferentes sen orde aparente algún.

Os personaxes desta obra son xente que dalgunha maneira chaman a atención coas súas historias, costumes, pesamentos…

Dende un percebeiro das costas galegas a un home recén divorciado que decide cruzar os Estados Unidos correndo cando se lle acaba a última caixa de cereais,un cociñeiro que quere cociñar o horizonte, un artista da rúa…

Ó tratarse dunha novela marco de moi dispares historias, non se podería marcar un contexto moi exacto. Lugares tan diferentes coma Galicia, Londres, a Rusia Soviética, New York… forman parte destas historias.

En canto a o tempo, poderíase situar nun mundo actual debido ás continuas referencias tecnolóxicas (das que a veces o autor abusa, tendo en conta a súa formación como físico) e outros elementos relevantes .

Sexa cal sexa a opinión do lector sobre esta novela, como mínimo hai que destacar a extrema orixinalidade (que pode que para algúns roce o permitible).

Creo que esta é unha das razóns principales pola que habería que ler este libro, a orixinalidade e o feito de romper cas bases literarias marcadas. Quen sabe se daquí a uns anos as novelas toman este movemento “pop” como referencia?