Post on 22-Jun-2015
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 1 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
1-INTRODUCCIÓN
Este curso 2007/08 o CEIP Isaac Peral entrou, por fin, a formar parte do Plan de Mellora
das Bibliotecas Escolares. Foi para nós unha alegría ser incluídos nos centros que se acollen a
estas axudas, xa que nos permitiu mellorar moito a nosa biblioteca, e aínda que se viñan
realizando moitas actividades, porque o grupo de biblioteca levaba creado tres anos , as
xuntanzas con outros centros e os cursos de formación axudaron a darlle un pulo á
dinamización da mesma.
O colexio está situado nun barrio da cidade (Esteiro), preto do centro. Está en pleno
crecemento, polo que hai moitos nenos e nenas en idade escolar e o noso centro é moi
demando.
Contamos con 450 alumnos/as aproximadamente, dun nivel socio-económico e cultural
medio-alto que axuda a que os pais estean moi involucrados na educación dos seus fillos e
participen das actividades motivadoras que dende a biblioteca se propoñan. Ademais a gran
maioría están en contacto coas novas tecnoloxías, de aí a importancia que lle damos aos
traballos de investigación por internet.
Este ano o grupo da biblioteca participou nun Seminario ao que denominamos
ESCRIBIR-ILUSTRAR co fin de recoller, elaborar e pór en práctica actividades que animen
ao alumnado a redactar e ilustrar o que escriben completando así o ciclo creativo da súa propia
obra.
Foi un curso que consideramos moi produtivo, aínda que sabemos que queda moito por
facer e que a biblioteca debe seguir sendo unha vía de acceso á información, ao aprendizaxe, á
motivación e que debe servir para axudar a compensar diferenzas sociais e de axuda para as
nee.
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 2 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
2-ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DA NOSA BIBLIOTECA
O lugar da nosa biblioteca non se modificou, nin tampouco a súa superficie. O que si se
fixeron foron cambios na súa distribución , renovación dos materiais...
• Mellorouse a ambientación do recuncho para os máis pequenos.
• Acondicionouse toda a zona de libros de consulta, que se están a clasificar seguindo a
CDU.
• Adquisición de mobiliario: Mercáronse todas as mesas e cadeiras para a biblioteca;
estantes para DVD, CDs e vídeos; mesas para ordenadores e expositores para libros.
• Adquisición de equipos: Dotouse de todo o equipamento audiovisual a aula nova que
se creou de inglés, tipo laboratorio de idiomas; mercáronse todos os elementos
informáticos necesarios para facer a conexión en rede a todos os ordenadores da
biblioteca e sala de informática; mercouse un lector de códigos de barras para facer
máis rápida a catalogación e os préstamos.
• Adquisición de fondos documentais: Despois do expurgo iniciado o curso anterior de
aqueles libros deteriorados ou os non aptos para as idades do alumnado actual, que
foron dados ao instituto, iniciamos a adquisición de novos libros, mercados a gran
maioría directamente ás editoriais, que sabedoras das axudas concedidas, fan
interesantes ofertas; outros mercámolos nas librarías. O maior desembolso levouno
libros de lectura, o 50% ou máis en galego, e tamén
as subscricións.
Quédanos pendente incrementar os fondos de consulta, que
aínda que abundantes, nunca son suficientes. Tamén
queremos subscribirnos a máis revistas xuvenís e infantís.
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 3 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
Formación de usuarios: Continuando co sistema iniciado o curso anterior, este curso puido
levarse a termo a:
Dar a coñecer a normas de uso e comportamento da biblioteca motivouse esta actividade
lendo un conto “O león de biblioteca” de Michelle Knudson.
Informatización dos préstamos.
A formación de usuarios no uso do programa Meiga para a levar a cabo os préstamos.
Manter o obradoiro de informática para aprender a traballar con diferentes programas e
saber buscar información.
Horario
Coma é habitual nos últimos anos, elaborouse un
horario para uso da biblioteca por parte das titorías,
reservándose 1h. semanal para cada aula.
Mantívose aberta na hora do recreo para préstamos
e polas tardes para toda a comunidade educativa.
Á coordinadora destináronselle as 2h. semanais.
Tempo que resulta insuficiente para levar a bo termo todo o traballo de organización e de
dinamización.
Os demais compoñentes do grupo dinamizador da biblioteca non tiveron ningunha hora
liberada para realizar as numerosas tarefas que require o un bo funcionamento. Como
consecuencia foinos imposible facer unha coordinación do grupo en horario lectivo o que
supuxo ter reunións fóra do noso horario para poder planificar.
O ideal sería poder ter polo menos 1h. semanal na que todo o grupo coincidise.
Esta falta de tempo é un indicador para ver que se dote a este centro cun profesor
máis que puidera cubrir esas horas que necesitamos, tendo en conta o gran número de
alumnado que temos e o traballo inxente que leva a planificación dunha biblioteca.
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 4 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
3- INFORMACIÓN E APRENDIZAXE
Grao de consecución de obxectivos
Non foi posible acadar todos os obxectivos propostos no proxecto deste curso, sobre todo
polo sinalado no punto anterior. No obstante, en xeral, estamos moi satisfeitas dos logros
conseguidos grazas ao interese posto polo alumnado e o profesorado.
• Fomentouse a participación, promovendo o intercambio de experiencias entre o
profesorado do centro.
• Afondouse nos coñecementos necesarios para contextualizar e poder levar a cabo as
actividades.
• Creouse un obradoiro literario que canalizou a aprendizaxe cooperativa.
• As actividades redundaron no desenvolvemento da consecución do currículo.
• Serviu de canle para a percepción das capacidades e dificultades á hora de facer unha
actividade.
• Resposta moi positiva de todo o alumnado nas actividades motivadoras da lectura:
exposicións, busca de textos, tempo de ler,...
• Implicación das familias e colaboración do ANPA
En resume toda resposta positiva merece o esforzo de continuar nesta labor
dinamizadora cara a lograr grandes lectores.
Implicación do centro e de toda a comunidade educativa
A acollida de todo o claustro, como xa queda sinalado nos obxectivos, foi plena, coa
participación total de todos os membros, en todas aquelas actividades propostas, colaborando
na planificación de moitos delas e aportando suxestións.
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 5 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
O resto da comunidade educativa tamén se involucrou en tarefas motivadoras da lectura e a
ilustración, principalmente o ANPA, fomentando a creatividade do alumnado con concursos
de contos e ilustracións de marca-páxinas; ademais de colaborar activamente en todas aquelas
conmemoracións que se celebran no centro.
Coa finalidade de formarse en actividades dinamizadoras da lectura e da escrita, o grupo da
biblioteca:
Participou nun seminario ESCRIBIR E ILUSTRAR coa finalidade de enriquecer a
labor dinamizadora da biblioteca.
Asistiu a un obradoiro de escrita impartido por Antón Cortizas.
Realizou diversos cursos de Bibliotecas escolares, Proxecto lector e desenrolo do Plan
TIC
Asistiron aos Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia en Sanxenxo e aos
Encontros do Plambe en Santiago.
Concurso organizado pola ANPA
Marcapáxinas gañadores
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 6 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
ACTIVIDADES
Todas as actividades que se levaron a cabo no centro de fomento da lectura foron
promovidas polo grupo da biblioteca en coordinación co equipo de Normalización
Lingüística, que neste caso está integrado practicamente polas mesmas persoas, polo que a
organización de todas as conmemoracións fanse en conxunto.
No obstante imos facer dous apartados:
- Propias da biblioteca como recurso educativo
- Propias das conmemoracións e actividades extraescolares
ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA COMO RECURSO EDUCATIVO
� Día Internacional das Bibliotecas Escolares
O 24 de outubro de 2007, día Internacional das Bibliotecas Escolares, ábrese oficialmente
a Biblioteca do noso centro. Para elo realízanse unha serie de actividades:
- Presentación da mascota da Biblioteca “O Peraliño” aos alumnos/as de 3 anos, co
correspondente saúdo de benvida a todo o resto do alumnado, que xa a coñecían.
- A profesora de A.L. dramatiza para os alumnos de E.Infantil e 1º ciclo de Primaria o
conto “Os lunares de Renata” de Rafael Ordóñez Ed..Alfaguara, orientado a
fomentar a amizade, xenerosidade e aceptación dun mesmo.
- Para o 2º e 3º nivel de E. Primaria lévase a cabo, por parte das profesoras titoras, unha
lectura modelada do conto “Contos de onte, segredos de mañá” de M Kashkouli (Irán)
- Cada acto rematou coa entrega dos carnés da biblioteca.
Para invitar a dita inauguración fíxose uns carteis representativos
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 7 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
Todas as actividades feitas para dita inauguración deron moito xogo nas aulas.
- En E.I. as mestras elaboraron un mural cos elementos máis significativos do conto e
que foi empregado para a súa representación e posterior ambientación do corredor.
- Ilustración do alumnado cos debuxos que reflectían como captaran o conto que o que
máis lles sorprendera do mesmo.
- No 2º e 3º ciclo de E.P. aproveitouse a lectura para traballar a composición poética
creando rimas a partir das palabras máis bonitas do conto. Tamén elaboraron poemiñas
que ilustraron.
Acto de inauguración da biblioteca
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 8 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
� Adiviña onde me atopo
Seguindo a idea do noso proxecto de xogar con Peraliño a atopar libros, escolléronse
ilustracións das lecturas que se traballan nas aulas e puxéronse no noso xornal
“Mareiriña”. Os alumnos invitados pola nosa mascota xogaron a adiviñar en que conto se
atopaba e escribir o seu título debaixo.
Á volta das vacacións O Peraliño expuxo as respostas correctas nun taboleiro da
biblioteca.
� A maleta viaxeira
No 2º trimestre inician a súa andadura dúas maletas. Co fin de relacionar esta actividade
co proxecto e a nosa mascota pensamos que a temática debería ser o mar.
- Unha maleta viaxou a E. Infantil que contiña contos relacionados con diversos temas,
entre eles o mar. Traballouse como sigue:
- Acondicionouse a maleta con debuxos de personaxes infantís.
- Presentouse a “maleta viaxeira” a cargo dunha mestra do equipo da biblioteca.
Aparece como un paxe, axudante da mascota Peraliño, que trae á clase a posibilidade de
gozar das aventuras e personaxes que conteñen os contos, e dá unhas pautas a seguir no
seu coidado e manipulación.
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 9 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
- Para motivar dende o principio aos rapaces e xerar interese polo contido, amosoulle un
dos contos e contóullelo.
- En 3 e 4 anos “Emilio e Lulú buscan o tesouro”
- En 5 anos “Tito fai de malabarista”
- A maleta viaxeira permaneceu ó redor dunha semana en cada clase. Esta actividade
resultou moi atractiva para os nenos, especialmente no momento do “tempo lector” xa
que escollían con grande interese o conto e cada día a titora narraba un novo.
- Unha vez rematada a permanencia da maleta “o paxe” recollíaa e despedíase dos
rapaces ata unha próxima viaxe, e recomendáballes seguir elixindo contos interesantes
tanto na biblioteca como na súa casa.
- Como colofón os rapaces elaboraron actividades plásticas ou debuxos libres a cerca
dos contos de presentación ou sobre outros elixidos.
- A segunda maleta viaxou por toda E. Primaria con libros dedicados ao mar.
Escolléronse libros axeitados ao tema. Adornouse a maleta con ilustracións alusivas.
Seleccionáronse citas que invitaban a ler:
- Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro. (Sir Francis Bacon)
- Os libros son amigos que nunca decepcionan. (Thomas Carlyle)
- Ler non é importante... ¡É imprescindible! (Carolina Delgado Alía)
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 10 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
Os diferente membros do grupo que compoñen a biblioteca fórona presentando en cada ciclo,
utilizando como canle motivador unha historia inventada, un poema, un conto.
A maleta estivo unha semana en cada aula e dende o principio nas porta das aulas colgouse un
poema inventado no grupo que mantivo aos alumnos intrigados coa mensaxe que transmitía.
A resposta foi moi positiva, o alumnado levou libros para a súa casa; aconsellou aos
compañeiros cales gustaban máis; intercambiaban impresións...
� Concurso da maleta viaxeira
Aproveitando o éxito da maleta, dende a biblioteca
pensouse en facer en E. Primaria un concurso de busca
de textos dos libros que ían na maleta.No taboleiro da
entrada da biblioteca colgáronse anacos de textos.
Había que adiviñar a que obra literaria pertencían;
escribilo nunha folla preparada a tal efecto e depositala
na urna da entrada da biblioteca. Entre os acertantes
sorteáronse premios.
Carolina Delgado Alía
Thomas Carlyle
Sir Francis Bacon
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 11 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
� Teatro
Con motivo do día internacional do teatro, dende a biblioteca pensouse en facer unha
exposición de obras teatrais á entrada da mesma coa finalidade de acercar aos alumnos a este
estilo literario.
� Maratón literario
Relacionado coa actividade anterior escolléronse obras teatrais que cada nivel leu ao nivel
inferior na biblioteca, tentando de dramatizar o mellor posible o texto.
A maiores, os de 5º nivel representaron unha obriña breve de Anisia Miranda “Os amigos”
para todos os alumnos e alumnas de E. Infantil.
O alumnado de 2º de E. P. tamén representou para eles unhas pequenas obriñas.
No taboleiro da entrada se colocou unha especie de carteleira teatral coa programación do
espectáculo.
Obras Teatrais
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 12 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 13 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
� Conta contos, escritores e ilustradores
Ao longo do curso o grupo da biblioteca dinamizou actividades de conta-contos para os
alumnos de E.I. e 1º ciclo de E. P. Así como charlas con escritores como Antón Cortizas (para
alumnos de 4º e 5º de E.P.) e ilustradores, Cristina Ramírez Rodríguez (1º e 4º de E.P.) e
Anxo Fariña ( 3º de E.P.) que animaron ao alumnado a disfrutar dun bo libro e déronlles pulos
para que tentasen escribir e ilustrar.
Contacontos de
ANTÓN CORTIZAS
Ao alumnado De
E. Infantil
ANTÓN CORTIZAS
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 14 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
Debuxos feitos polo ilustrador
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 15 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
Ao alumnado de 2º de E.P. viñeron invitados uns avós de alumnos a contarlles contos.
� Día Internacional do Libro
Este ano pensouse en dedicar este día aos romances, polo
que cada nivel escolleu un romance, musicouno e cantouno
nun acto que se levou a cabo o día 25 do mes de abril.
Como motivación deste día, especialmente para os pequenos, contóuselles que os libros
estaban de aniversario e fíxose unha torta con libros e unha candea que dous alumnos
apagaron.
Aproveitouse este acto para facer entrega de agasallos ás aulas de E. Infantil e 1º ciclo de
E.Primaria por ser uns bos lectores. Mercáronse para os máis pequenos monicreques de
personaxes de contos e para os de primaria crebacabezas tamén relacionados con lecturas.
Ilustráronse os romances e en E.I. fíxose unha exposición.
A partir de 3º de E.P. fíxose entrega dun libro ao neno/a máis lector. Tamén se premiou con
cómics aos acertantes do concurso da maleta viaxeira.
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 16 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
No corredor da biblioteca expuxéronse as letras dos romances que se ían cantar así como,
libros con este xénero literario, todo elo ambientado cun mural feito por alumnos/as de 5º
do cego dos cantares.
O mesmo día 23 de abril os alumnos/as de 4º e 5º de E. P. asistiron a un maratón
literario organizado polo concello na Biblioteca Municipal.
� Día das letras galegas. Unidade didáctica Dende o equipo da biblioteca suxeriuse
traballar o libro de Xosé María Álvarez “Roseira do teu cantar” Elaborouse unha unidade
didáctica cunha selección de poemas e por idades fixéronse diferentes actividades: ilustrar,
musicar, poñer en prosa, compoñer outros segundo o seu estilo, navegar polo mapa á
procura das cidades en que viviu, etc..Fíxose un acto de celebración no IES Saturnino
Montojo.
O programa de actos inclúese na presentación das actividades.
Obra de 3º E.P.
Obra de 4º E.P.
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 17 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
4º E.P.
5º E.P.
Todos escoitaron moi atentos
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 18 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
� Boletíns ás familias
- Cara as vacación de Nadal, acordouse elaborar unha lista de libros sendo expostos a
maior parte deles coma sección da biblioteca no corredor; así os nosos alumnos
poderían pedilos como agasallo e gozar do pracer da lectura. Enviouse as familias no
último día de vacacións.
- Pola Semana da Paz, fíxose outra exposición de lecturas relacionadas con este tema.
Ambas listas de libros recomendados foron colgadas na páxina Web do centro.
- Vaise aproveitar o final de curso para enviar outra relación de libros que veñen de ser
adquiridos; ademais fixemos con eles outra exposición no corredor para que os vaian
coñecendo e poida incitar o interese por algún deles.
A relación de libros pódense ver coa presentación das actividades.
� O noso xornal
Podémolo considerar como un boletín informativo ás familias xa que nel recollesen todos
aqueles traballos que nos obradoiros de escritura se levan a cabo ao longo dun
trimestre. Publícanse dous xornais ao ano, un polo Nadal e outro polas Letras Galegas.
� Dinamización do proxecto
Coma queira que o Peraliño é un submarino e o noso centro ten o nome do inventor de tal
aparato as actividades de dinamización e investigación xiraron en torno a este tema.
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 19 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
- En E.Infantil e 1º ciclo de E. Primaria pediuse aos nenos/as que debuxaran á nosa
mascota e que aportasen, das súas casas, fotos de submarinos para facer comparanzas
entre eles. Con isto elaboraron un mural.
- No 2º ciclo busca de información e elaboración de traballos individuais sobre o
mariño Isaac Peral.
- No 3º ciclo fixéronse carteis ilustrados sobre a historia do submarino e do seu inventor
Isaac Peral
- Por último xogaron a imaxinar onde podería ir de viaxe a nosa mascota e que atoparía
neses lugares. Houbo un traballo de investigación sobre os países aos que ía.
� Clausura da biblioteca
Para deixar todo no seu sitio, comprobado a devolución dos préstamo e elaborados os
datos estatísticos, pensouse que a partires do 31 de maio xa non se facían máis préstamos.
Peraliño enviou a todas as aulas unha carta explicando as razóns do peche e despedíndose
ata o curso próximo. Esta mesma misiva colgouse do taboleiro da biblioteca
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 20 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
CONMEMORACIÓNS E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
� Os nosos fondos de biblioteca
Para celebrar o magosto dende a Biblioteca proponse:
- E. Infantil: elaboración de debuxos alusivos a festa e á estación cos que se fai unha
exposición e un mural. Lectura de contos relacionados co tema, memorización de
poemas, adiviñas...
- E.Primaria: redactar un conto, un poema, un acto teatral, ben en grupo ou
individualmente, cunhas premisas dadas.
Cos traballos feitos fíxose un fondo lector propio que os nenos poderán levar á casa coma
calquera outro libro.
� Vieiros de Paz
O equipo da Biblioteca fai unha exposición de lecturas relacionadas con este tema, no
corredor do 1º andar, preto da aula da biblioteca.
Fíxose un concurso de slogans e debuxos que fomentaran a paz. O traballo premiado
imprimiuse nunha camiseta
Elaboráronse poemas que foron lidos nun acto de celebración desta data no patio, ao redor
dunha pomba da paz, pintada no chan. Tamén interpretáronse cancións nas catro linguas
que se imparten.
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 21 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
� Teatro na aula
Os alumnos de 1º ciclo de E. P. leron o libro “Remoldiño vai
á feira” de Xoán R. Cuba e viñeron ao colexio unha parella de
actores formado por Chus Álvarez e Xabier Ramilo a facerlles
unha representación do conto cunha adaptación de Manuel
Lourenzo, baixo a dirección de Paulo Serantes.
Foi un éxito porque foi unha representación participativa, polo que os alumnos
viviron moi intensamente a obra lida.
Antón Cortizas representou con sombras chinescas para E.I.
“A ardilla pilla”
Outra maneira de motivar o gusto pola lectura foi a través da asistencia a representacións
teatrais. Neste curso asistimos a ver todas as que nos foi posible. Destacaremos:
- E.I. “Cantos, contos, contas”; “Estrelas”, “Hip,hip,urra”
- 1º ciclo de E.P. “El lobo”
- 2º ciclo de E.P. “Marco Polo”, “Aladín”, “Un avó especial”
- 3º ciclo de E.P. “La silla”, “ Sen título 4x6x8”
� Poesía e imaxe
Todos os anos o centro participa no concurso que a mesa para a Normalización da Lingua,
convoca cara á primavera. O alumnado escolle un poema e ilústrao. Despois expóñense
polos corredores. Este curso gañou un alumno de 4º.
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 22 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
� Cine-Ensino
Promovido polo concello o alumnado de 3º ciclo, asiste a ver cada trimestre unha película
que pretende formar nos valores de convivencia, paz, amizade... co fin de formar alumnos
responsables capaces de diferenciar o correcto do incorrecto; a finalidade é a prevención
contra as drogas.
� Exposicións
Ao longo do curso asistiuse a diversas exposicións, a meirande parte foron na Fundación
Caixa Galicia, onde programan visitas guiadas con obradoiros. Son moi instrutivas, polo que
ven e aprenden, e pola experiencia de ter que reflectir o vivido nunha actividade relacionada
co visto. Ademais acerca ao alumnado ao mundo da pintura, escultura e literatura. Este foi o
caso das exposicións do escritor e ilustrador Luís Seoane e do pintor Joaquín Sorolla.
As nenas e nenos do Isaac Peral visitaron a exposición “SOROLLA E OS SEUS
CONTEMPORÁNEOS” na Fundación Caixa Galicia
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 23 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
Materiais producidos
- Durante este curso o grupo de traballo do Plan TIC creou a páxina web do centro
http://centros.edu.xunta.es/ceipisaacperal/ o que nos serviu para dar a coñecer os
traballos feitos na biblioteca e de medio de comunicación entre nós e as familias.
- Elaboráronse guías para o Nadal, polo día da Paz que ademais de levalas impresas
para as familias, colgáronse da páxina web.
- Confeccionáronse unidades didácticas para as diferentes conmemoracións
(magosto, Antroido, letras galegas)
- Buscouse información para a creación de contos, poemas, lendas e facilitouse
material informativo de ilustración.
- Traballáronse diferentes técnicas plásticas para a elaboración de murais,
caricaturas, retratos, carautas...
BIBLIOTECA
Páxina web del centro
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 24 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
4. AVALIACIÓN
O grupo da biblioteca considera que o proxecto acadou unha avaliación positiva, tendo
en conta a implicación que percibimos por parte de todo o alumnado e o profesorado.
A comunidade educativa implicouse de cheo no proxecto promovendo concursos de
inventar contos e ilustrar marcapáxinas e premiando o esforzo con libros de lectura.
Colaborou moi activamente nos decorados e vestiario das pequenas obras teatrais que os
alumnos/as representaron no centro.
A receptividade do noso alumnado foi moi alta, participando con moito entusiasmo en
todas aquelas actividades que se promoveron dende a biblioteca. Sendo as súas opinións, ao
igual que as das familias moi positiva.
Recollemos aquelas actividades que foron consideradas máis exitosas como a maleta
viaxeira, o maratón de teatro ou cantar os romances.
O Proxecto lector iniciouse este curso coa fase de sensibilización do profesorado,
alumnado e familias. Púxose en marcha un tempo para ler que se levou a cabo despois do
recreo, cunha duración de 20m. A resposta foi moi positiva tal como se reflicte nas enquisas
feitas ao inicio do proxecto, en que salvo unha persoa todos estiveron de acordo en levalo a
termo,como na que se fixo de avaliación deste tempo que tamén foi moi positiva polo que
vanse manter nos vindeiros cursos.
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 25 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 26 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
DATOS ESTATÍSTICOS
Memoria PLAMBE-3 - 2007/08 27 C.E.I.P. Isaac Peral- Ferrol
5. PREVISIÓNS
- Tendo en conta que no proxecto deste curso e no do próximo é para nós de transcendental
importancia o obradoiro de lecto-escritura, pensamos adaptar na biblioteca un espazo para
desenvolver este obradoiro.
- Formar máis grupos e habilitar máis ordenadores para facer os préstamos, co fin de
axilizar a demanda.De esta forma, poder liberar deste traballo ás titoras para que poidan
empregar toda a hora que teñen asignada á biblioteca en outros fins: traballos de
investigación, de redacción, de declamación...
- Dotar a todas as aulas de mapas de España, Galicia, Mapamundi...
- Elaborar a 2ª fase do Plan Lector
- Seguir coa catalogación dos fondos documentais e das novas adquisicións
- Seguir invitando a escritores e ilustradores. Probablemente poderemos contar con Ánxela
Loureiro.
- Continuar participando no concurso de Poesía e Imaxe que tan boa acollida ten por parte
do noso alumnado, ademais obtiveron premio nos dous últimos anos.
- Intercambio de actividades con outros centros acollidos ao Plambe, cos que iniciamos
contacto este curso cos encontros comarcais que mensualmente fanse no CEFORE.
- Consolidar a nosa páxina Web como un medio para dar a coñecer todas actividades
levadas a cabo na biblioteca.