Post on 25-Mar-2016
description
BIL IOTECA do CEIP
A PAZ - T INTUREIRA
Se no Nadal queres triunfar,
cun bo libro deberás agasallar !
GUÍA DE LECTURAS
PARA O NADAL 2011
Vaite logo meu meniño
marcha agora pra camiña
que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande,
día do Noso Señor,
xa chegou o día grande
e virá o apalpador.
Mañá é día de cachela
e haberá gran nevarada
e ha de vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
Para darvos o aguinaldo.
Felices lib
ros e lectu
ras !
Ceip A PAZ-TINTUREIRA
O Apalpador, personaxe mítico galego, é un vello xigante que vive nos fermosos bos ques das monta-
ñas do Courel, na provincia de Lugo.
En Noitevella, a noite do 31 de decembro, baixa
ata as aldeas e pobos onde durmen os nenos e as nenas.
Entra de noite nos seus cuartos cando están dur-
midos e apálpalles a barriguiña por ver se están manti-
dos e déixalles unha presa de castañas. As veces, se
os nenos e nenas son moi bos tamén lles deixa como
Aguinaldo algún dos xoguetes que fai artesanalmente
durante o ano. A cantiga que tedes a continuación foi
recollida na zona do Courel e cántanlla os pais e as nais
das criaturas para que bulan e marchen para cama de
seguido esa noite:
Recomendacións da Meigatintureira
para este Nadal:
1. Gozade coas vosas familias nestes días de lecer.
2. Lembrade que un libro sempre é un bo amigo.
3. Non deixedes de visitar no Nadal os nosos ende-rezos web:
meigatintureira.blogspot.com
e
www.edu.xunta.es/centros/ceipapaz/
PARA OS MAIORES DA CASA . . .
LECTORES AUTÓNOMOS PRIMEIROS LECTORES
LECTORES EN MARCHA