Post on 13-May-2020
EDICIÓNGrupo de Acción Costeira Ría de Vigo-A Guarda
TEXTOSMarta Dacosta
FOTOGRAFÍASPaula Pérez
DESEÑO GRÁFICOAstropenta Medioambiente SL
IMPRESIÓNFeito SL.
DEPÓSITO LEGAL
Os datos estadísticos foron extraídos do libro “La mujer en el mundo de la pesca en Galicia”.Xunta de Galicia. Consellería de Pesca e Asuntos marítimos. Decembro 2003.
É un instrumento de divulgación da aplicación práctica do programa operativo es-
pañol do Fondo Europeo de Pesca 2007-2013 en Galicia.
Co fin de avanzar cara á consecución dos obxectivos do Tratado da Unión Europea
en materia de desenvolvemento sostible e de integración do medio natural en todas
as demais políticas comunitarias aplicadas nas zonas costeiras, a través do programa
preténdese que nas zonas costeiras sexa acadado todo o seu potencial a través dun
proceso de desenvolvemento sostible, mediante a explotación óptima de todas as
súas fortalezas, xa que se constitúen como zonas con alto potencial económico, eco-
lóxico e turístico, de forma que reúnen moitas máis potencialidades que outras zonas
do territorio.
As prioridades estratéxicas que marca o programa para o desenvolvemento inte-
grado das zonas costeiras no próximo período (2007-2013) teñen como fin último a
consecución dun desenvolvemento sostible destas zonas.
GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA
3
As prioridades, por orde de importancia, son:
1. Manter a prosperidade económica social das áreas e a revalorizar
os produtos da pesca e da acuicultura.
2. Potenciar a calidade ambiental costeira.
3. Manter e desenvolver os postos de traballo: diversificación económica
e reestruturación social.
4.Promover a cooperación nacional e transnacional entre zonas de
pesca.
A Consellería do Mar da Xunta de Galicia, coas competencias en materia de pesca,
é a entidade que impulsa e respalda os GAC dende o seu inicio.
4
Engloba a liña costeira entre Cabo Udra e o río Miño; o 11,4% dos 1.195 Km de lonxi-
tude da costa galega. O mar é o patrimonio esencial das comunidades costeiras galegas.
As actividades extractivas, a industria e servizos vencellados ao mar representan unha
fracción importante da economía do territorio litoral que nos últimos anos vese amea-
zada pola evolución socio económica e o impacto ambiental.
O GAC7 trata de promover a participación social no deseño do proceso de desenvol-
vemento socioeconómico do seu territorio. Cos seguintes obxectivos:
1. Fortalecer a competitividade do sector produtivo do mar: pesca,marisqueo e
acuicultura.
2. Mellorar a contorna natural e a calidade ambiental.
3. Promover a valorización do patrimonio marítimo.
4. Fomentar a cooperación e a igualdade de oportunidades.
5. Contribuir á dinamización social e a xestión participativa do
desenvolvemento.
GAC 7 RÍA DE VIGO - A GUARDA
5
6
... a todas as mulleres do mar.
7
8
Sen elas non existiría o mar. Ese mar que golpea as rochas converténdoas en
piñas de percebes saborosos, ese mar que acariña a area mentres medran cro-
ques e ameixas, ese mar que nunca é tan escuro que non mostre as nasas afun-
didas. Rosana, Eva, Rosana, Elisa, Begoña, Mª Alicia, Consuelo, Carmen,
Mercedes, Ana Belén, Silvia, Guillermina, Carmen e Concepción son as penélopes
de hoxe, as mulleres que non se resisten a agardar sen máis e que, mentres o ma-
riñeiro non regresa, deseñan as súas propias cartas de navegación, dispostas a
levar o leme do futuro.
O salitre curtiu esa sabiduría súa, saben que poden e por tanto queren. Queren
manter os seus oficios, loitar porque melloren as condicións en que os desenvol-
ven, loitar por un medio que siga alimentando a produtividade do mar. Saben que
poden e por tanto reclaman o lugar que lles corresponde, no traballo e na organi-
zación. Porque poden e o saben.
MARTA DACOSTA
9
10
ROSA
NA
VILL
AR
lonx
eira
89 mulleres traballaban no 2004 nas labores de apoio das Confrarías en Galicia. Hoxe, son máis.
11
ROSANA VILLAR
Ela di que leva o mar nas veas, que será por iso que non imaxina un futuro di-
ferente a este presente, a este día a día en que nécoras, navallas ou percebes
pasan polas súas mans, pesa, etiqueta, garda, poxa, remata e comeza de novo a
baldear caixas, limpar caixas, varrer chan, baldear chan. A Rosana, neta de per-
cebeiro, que antes foi coa tía vender marisco na praza, o seu traballo é o que máis
lle gusta, ese contacto coa xente... Nun mundo que era só dos homes, porque ás
mulleres sempre lles reservaron os traballos peor considerados. Mais desde hai
unha década a muller decide, enfróntase e elixe oficios para os que antes estaba
mal vista.
Non leu a Isabel Rauber, mais sabe perfectamente que as mulleres precisan em-
poderarse: formar parte dos órganos de dirección e gobernar, non desde o des-
pacho, senón desde abaixo, con coñecemento de causa. Por iso pregunta para
cando unha patroa maior.
12
EVA
CO
RDEI
ROm
ariñ
eira
Cada día son máis as mulleres do mar con visión empresarial que plantexan plans de explotaciónexperimentais para novas especies, como a anémona.
13
EVA CORDEIRO
Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo
adiante. Mais na volta dos anos agardaba de novo o mar, no ano en que a ameixa
foi tan abundante. Todo comezou ben e Eva quedou en Cangas, construíndo aos
poucos o futuro, con María e con Anita, as naos que como dúas fillas acompañan
as tarefas da mariñeira e o seu home.
E chegou a nena, así, sen máis, cun petate de cariño e outro de entrega, por iso
a muller traballa mentres todos dormen e desde as tres da mañá recolle, clasifica
e vende nécoras ou camaróns na lonxa. Outra veces vai por anémonas, abrindo o
camiño a unha nova vía de explotación do mar, mais procurando saber exacta-
mente como extraer esta riqueza, porque de nada vale o pan para hoxe, se se
torna fame para mañá.
Seu pai quería que o irmán estudara, non sabía que quen acabaría indo ao mar
sería a rapariga, aínda que soñara ser dentista.
14
ROSA
NA
BA
STÓ
Nba
teei
ra
As bateeiras polo xeral representan o 50% dos ingresos da unidade familiar.
ROSANA BASTÓN
Non era o salitre o que acompañaba as súas horas de mocidade. Sobre o
plano, os seus dedos lixados de grafito facían avanzar escuadra e cartabón. Mais
desexaba tempo, máis tempo, o dominio das horas do día. E enrolouse no barco,
as súas mans longas e delgadas deixaron de debuxar sobre a mesa dos planos
para ordenar mexillóns azulado.
O día está medido. Cada hora ten o seu destino. E ela a forza para continuar,
mesmo cando a cativa non durmía a noite enteira, cando a nai roía na muller.
Tal vez cumprise máis, sentirse acompañada neste desexo de liberarse polo tra-
ballo, porque Rosana sabe que precisa desalienarse da vida doméstica, aínda que
nunca oíra a ClaraZetkin dicir que para que as mulleres sexan seres humanos li-
bres non debemos suprimir nin limitar o traballo feminino.
15
16
ELIS
A P
OCE
IRO
mar
isca
dora
a p
é
No marisqueo a pé é onde menos fillos pensan continuar os pasos profesionais das nais, tan só un 30%.
17
Na súa estirpe está o salitre das mulleres que se erguen cedo para sementar
as areas do mar, loitando coas algas que impeden que o osíxeno chegue á cría.
Nai, avoas e tataravoas recollendo o froito do mar, por iso a nena comeza traba-
llar na baixamar até que un día deixa todo para ir á fábrica da louza, esa que pe-
chou, e entón, de novo, agora que non é nena, volve á colleita do mar, apoiándose
na súa estirpe de sal.
Outra vez a loitar coas algas e agora tamén a loitar polo espazo que rouba no
mercado o marisco que chega sen atrancos desde outros mares. Cada vez hai
menos traballo.
Leva no seu sangue esa angueira de estar na ribeira, co restrelo enterrado na
area negra, á procura dos furados que deixan as ameixas. Elisa segue sendo a
nena que desde o fondo da ría divisa o lento fluír da marea e vixía o medre da se-
mente que é o seu tesouro.
ELISA POCEIROMariscadora a pé
Concello de Vilaboa
18
BEG
OÑ
A G
ON
ZÁLE
Zna
seira
Un tercio das mariñeiras levan máis de 31 anos exercendo a súa profesión.
19
BEGOÑA GONZÁLEZMariñeira. Nasa butrón
Concello de Soutomaior
Pode ser que un home pregunte a onde vai unha muller. Ela responderá que vai
marear igual cós homes. Despois de vinte anos, Begoña sabe que cando se quere
algo, iso é o que hai que facer, por iso tamén é nai de mariñeira, a filla que apren-
deu o oficio canda ela: ir ao mar, levantar redes, recoller anguías, largar redes, vol-
ver a terra. Sumar o traballo da casa, facer as redes á tarde, e volta a roda a xirar,
mentres o longo peixe escorre entre as mans ocultando a súa saborosa carne.
É posíbel que ao primeiro o medo apertase, mais hoxe sábese capaz, igualmente
capaz e por iso igualmente destinataria dos mesmos dereitos, esa conquista in-
conclusa que é unha vitoria. Aquí seguirá até que lle toque entregar o relevo, dei-
xar o seu posto para que sexa ocupado por outra muller, nese oficio en que sempre
hai o mesmo número de traballadoras e traballadores.
Mª A
LICI
A Á
LVA
REZ
reco
lect
ora
20
Un 9% das mariscadoras a pé diversifican a súa actividade coa explotación de novos recursoscomo os poliquetos.
Mª ALICIA ÁLVAREZExtracción de poliquetos
Concello de Redondela
Mais as mulleres somos expertas en abrir camiños. Botámonos ao mundo e,
aos poucos, vemos atrás de nós as rodeiras de días laboriosos, dando o seu froito
na organización e na regulamentación dos traballos, por máis innovadores que
estes sexan.
Alicia atravesou o espello por moi pouco tempo, porque o mar da súa infancia
agardaba por ela. E aínda que ensaiou outros labores, volveu rapidamente á unha
realidade de horas de traballo duro que lle permitiron sacar adiante á filla, compa-
xinar as xornadas coas que as mulleres cargamos.
Á fronte a evidencia de que o mar precisa de nós, afastándoo da contaminación
e da especulación que o destrúen vorazmente, co mesmo coidado co que lle dá
osíxeno aos primitivos seres que captura e mantén vivos na súa delicadeza ex-
trema.
21
CON
SUEL
O D
IZm
ariñ
eira
22
Un alto porcentaxe de mariñeiras están enroladas en embarcacións con alternancia de artes.
CONSUELO DIZMariñeira. Trasmallos
Concello de Redondela
Deixa o trasmallo entre a illa e a costa e entre os panos da rede quedan os
chocos envoltos na súa propia tinta, sen poderen fuxir. Dúas veces ao día deixa o
trasmallo e recólleo, deitando a rede do traballo do abrente ao solpor. Non sabía
do mar, mais está nel como se herdase varios ferrados de salitre aquí onde a
marea deixa paso a un corredor de area, polo que nunca volverá a amante aban-
donada que cantara Meendinho.
Consuelo chegou ao mar despois de deixar o traballo na conserveira por coidar
da pequena, e agora déixase levar polo seu vaivén mentres bota ou apaña a rede.
Do mar vén o pan que enche a súa mesa, e a do seu fillo, xeración que continúa
os labores familiares.
23
24
CARM
EN C
HA
MO
RRO
rede
ira
Os datos oficiais din que existen arredor de 700 redeiras aseguradas, coas ilegais cóntanse 1.200.
CARMEN CHAMORRORedeira do cerco
Vicepresidenta da Asociación de RedeirasConcello de Nigrán
L evamos o traballo como herdanza do noso sexo. Non importa cando, non im-
porta onde. As avoas e as netas traballamos sen descanso.
Carmen aliste as redes do cerco, tal e como aprendeu do pai. E faino co mesmo
orgullo co que procura cada día un futuro máis digno, levando a súa loita a todos
os lugares que correspondan, sen límite, nin fronteira, por dignidade. Sabe que
cómpre dotarse de ferramentas, sabe que o horizonte non é infinito, que calquera
ano desaparecen as redeiras. Un escuro futuro que un día anunciou o chapapote.
E hai moito mar por navegar, porque aínda o barco dos homes ten maior eslora
e calado e pode avanzar máis seguro contra o embate das ondas, mentres elas,
quedan atrás, aínda, traballando para fortalecer as chalanas que non van aban-
donar. Teñen clara a súa rota, saben que deben tomar o leme, por iso nunca dei-
xan de vogar.
25
26
MER
CED
ES L
EMA
mar
isca
dora
a p
é
As mariscadoras a pé conforman o colectivo profesional de mulleres máis numeroso, cun 64%.
27
Tan só dous anos para pasar o relevo, deixar atrás as mañás de frío e esque-
cer o calendario das mareas. A praia agardará os seus paseos. Nada máis. Porén,
serán moitos os días en que rememore todos estes anos recollendo marisco,
meses enteiros pasando as mans polo raño.
Merchi veu ao mundo en Sabarís, Baiona, e acabou deixando atrás o Atlántico
para transitar as rúas de Madrid e Barcelona coa ilusión de sacar adiante as dúas
fillas. Cando volveu, a mediados dos oitenta, redescubriu a praia e os seus tesou-
ros: mariscar non era só o xeito de levar pan a casa, era a tarefa compartida, a
constatación das melloras que precisa o medio, a dirección da asociación de ma-
riscadoras, mulleres decididas que seguen a desenvolver con orgullo un oficio ar-
tesanal e que ela dirixe desde hai dez anos.
Erguida, co raño ao ombro, Mercedes Lema entrégase ao seu labor.
MERCEDES LEMA
28
AN
A B
ELÉN
RO
DRÍ
GU
EZna
seira
Un 12% exerce a súa profesión, entre outras razóns, pola vocación ao traballo no mar.
Cada día no mar é unha nova aprendizaxe, unha sorpresa dentro da nasa, o
lombo brillante dun arroaz recortando a luz da mañá. Ana Belén róuballe horas á
noite e sae seguindo a corda das nasas, coma quen segue un fío dentro do labi-
rinto do mar. E ela a muller capaz de os guiar a todos e todas, de halar e soltar as
nasas, á procura dun polbo cada vez maior.
Ensaiou na infancia vendendo carrapicho, así que o seu é un longo coñecemento
en rochas e ondas, en separar a xeito os lamparóns ou coller os ourizos sen ma-
goarse.Nada foi doado. Mais aí estaba a man do irmán para a soster con forza. E
cada tarde os sorrisos infantís que pagan todas as entregas.
Sabe o que quere, por iso é quen de gobernar o seu propio leme, seguir unha
rota que ela mesma debuxa, capitana contra as treboadas da vida, navega certa
de que o tempo devólvenos máis sabias.
ANA BELÉN RODRÍGUEZ
29
30
GU
ILLE
RMIN
A S
ESTO
perc
ebei
ra
Un 45% das percebeiras a pé considera que o seu traballo é valorado socialmente.
31
Atende ao parte. Guillermina sempre pon o telexornal para saber se mañá,
cando saia á costa rochosa, non haberá nin vento, nin chuvia, nin néboa que pexen
o seu traballo. Salta lixeira, antes de que a onda chegue, segúrase e logo volve
polos percebes. É como bailar un valse coa rompente, vou, vés.
Un valse co mar e coa casa, agora saltando as rochas, antes aleitando os fillos,
despois coidando dos avós. Sen perder o ritmo. Muller ou fulcro sobre o que des-
cansa unha casa enteira. Muller ou forza para bailar co mar. Muller ou sabedoría
adquirida en horas de dedicación e alerta. Muller que demostra cada día que o
mundo tamén é noso.
A Guillermina Sesto Fernández gústalle a música do mar, o seu compás de nove
ondas cun horizonte limpo. Por iso sempre agarda paciente coa rasqueta e o saco
no van, aínda que nunca saiba canto vai gañar ese día.
GUILLERMINA SESTOPercebeira
Concello de Oia
32
SILV
IA D
OM
ÍNG
UEZ
ouric
eira
Un 36% das percebeiras a flote compaxina a súa actividade coa extracción de especies como o ourizo.
33
SILVIA DOMÍNGUEZ
Sobe os salabardos desde o fondo do mar coma quen tira auga dun pozo pro-
fundo. Salabardos cheos de pugas brillantes, acoirazados que gardan as saboro-
sas gónadas. Sempre que sae ao mar, na procura dos ourizos, sabe cantos debe
traer. Sobe os salabardos ela que podería estar no fondo do mar recontando os
corpos fráxiles dos animais prehistóricos, mais a tona da auga é unha barreira in-
franqueábel, aínda.
De pequena recollía argazo, o mesmo argazo que envolveu a Broustenac cando
emerxeu das augas na gamboa de Oia, e deitábao a secar ao sol atlántico desta
costa rochosa. Houbo un tempo en que o mar non era a súa vida. Mais tornou,
porque o leva dentro, porque forma parte do seu ser como esa lingua que conta en
que lugar naceu Silvia, aquí onde o Argallo se precipita, e a terra semella que parou
de vez ante a maxestosidade do océano.
Tamén ela pertence a esta tribo de mulleres botadas ao mar, mariñeiras que na-
vegan á par de Ulises.
34
CARM
EN B
ARB
OSA
rede
ira
Un 68%, máis da metade das redeiras, din coñecer persoas que realizan a súa mesma actividadede maneira irregular.
35
CARMEN BARBOSARedeira
Integrante da Xunta Directiva do GACConcello de A Guarda
Na casa de Tinita as nenas somerxen as mans nas redes. Un balbordo de
nenas bisnetas da mesma avoa, continuadoras da estirpe. Nenas ou penélopes
que aprenden a gobernar os fíos enchendo agullas. Despois nas chabolas seguen
enchendo agullas, limpando cordas, colocando panos... armando redes. Oficio de
mulleres, penélopes que tecen e destecen as redes de Ulises, gardando o seu
reino mentres el non regresa.
Un día as cordas e os fíos quedan atrás para coidar dos fillos e da casa. Só anos
despois, volve a angueira do traballo compartido nese ir e vir de mans que nunca
paran, mentres cantan as vellas cantigas.
Carmen tece e destece, os seus fillos partiron polo mundo adiante e ela segue a
tecer, como esas palabras súas estremeiras do mar e do río, verdadeira rede que
reúne nun único lance as terras de aquén e alén Miño.
36
CON
CEPC
IÓN
ORT
EGA
xere
nte
Un 40% de mulleres ocupan postos de responsabilidade nos órganos de goberno de confrarías ou en xuntas directivas de agrupacións de pescadores.
37
CONCEPCIÓN ORTEGAXerente da Asociación de Espadeiros de A Guarda
Integrante da Xunta Directiva GACConcello de A Guarda
Primeiro foron os estudos, logo a docencia e finalmente a paixón do mar. Hoxe
está satisfeita de traballar no medio que máis a atrae, desenvolver o seu labor no
ámbito que soñou un día, cando deixaba atrás as aulas universitarias. A pesar de
que o século XXI comezou o seu tránsito, ás veces houbo que botar man dun traxe
masculino para ser escoitada, para erguer a voz nun medio que a miraba con des-
confianza. Petaba co seu ábaco contra o teito de cristal en que quedan atrapadas
tantas mulleres que demostraron en anos de estudo a súa valía.
Concepción goberna o seu barco e forma parte da tripulación que ten a enco-
menda de levar adiante os proxectos necesarios para facer visíbeis as nosas re-
deiras, mariscadoras, mariñeiras. O imprescindíbel labor de derrubar os muros que
non nos deixan ver que as mans, a ollada, as palabras das mulleres son absolu-
tamente necesarias.
38
39
Moitas grazas ás asociacións de mulleres, aos Centros de Información á Muller e ás
organizacións profesionais do sector pesqueiro da zona GAC 7 pola súa axuda na
elaboración desta publicación.
Agradecementos especiais ás mulleres entrevistadas.
40
41
Empresa realizadora
U N M A R D E M U L L E R E SUn proxecto de valorización da muller no mar
G A CRía de Vigo - A Guarda