Diapositivas R. PiñEiro

Post on 13-Jun-2015

873 views 7 download

Transcript of Diapositivas R. PiñEiro

RAMÓNPIÑEIROLÓPEZ

ARMEA - LÁNCARA

Ramón Piñeiro López nace na aldea de Armea no concello de Láncara (Lugo) o 31 de maio de 1915

UN NENO DE ALDEAEn 1924, vai

estudar aLugo o bacharelato elemental. Ao rematar volta á casa, onde fai a vida propia dun neno de aldea.

LUGO

Estuda en Lugo o bacharelato superior. Nesta cidade, xunto con outros compañeiros funda as Mocidades Galeguistas da cidade.

GALEGUISTA

En 1934, por suxerencia de Otero Pedrayo, participa no Mitín das Arengas que se celebra en Santiago o 25 de xullo

A GUERRA CIVIL

En 1936 os militares érguense contra a II República e estala a Guerra Civil. O galeguismo é fortemente represaliado.

A RESISTENCIA

En 1943, xunto con Gómez Román e Fernández del Riego, Ramón Piñeiro reconstrúe o Partido Galeguista na clandestinidade.

PARÍS

En 1946, Ramón Piñeiro, é designado polas forzas políticas galegas do interior para que representándoas, viaxe a Francia a se poñer en comunicación co Goberno español do exilio.

O CÁRCERE

De regreso de París, Ramón Piñeiro é detido en Madrid. Foi condenado a 6 anos de Cárcere.

GALAXIACo fin de crear

unha conciencia galeguista nas novas xeracións, fúndase a Editorial Galaxia.

GRIAL

Dentro de Galaxia créase a prestixiosa revista literaria GRIAL, que durante 25 anos foi codirixida por Ramón Piñeiro e Fernández del Riego.

A REAL ACADEMIA GALEGA

En novembro de 1967 foi designado membro numerario da Real Academia Galega.

A MESA CAMILLAPola casa de Piñeiro,

desfilou moita xente sobre a cal exercía un auténtico maxisterio espiritual e unha fonda influencia galeguizadora.

A OBRA

Publicou diversos ensaios que despois se reuniron nunha edición baixo o título de FILOSOFÍA DA SAUDADE

A DEMOCRACIACoa chegada da democracia, Ramón Piñeiro, é elixido deputado. Coa súa presenza no Parlamento os seus membros descubriron a tráves daquel home fondamente intelixente e honesto os valores dunha vida xenerosamente entregada á causa do seu país

CONSELLO DA CULTURA GALEGACando en 1983 se crea

o Consello da Cultura Galega, Ramón Piñeiro foi elixido o seu primeiro presidente e mantivo o cargo ata o seu pasamento acontecido o 27 de agosto de 1990.