Post on 03-Oct-2018
Quen foi Rodolfo Ucha Piñeiro?
Rodolfo Ucha Piñeiro (1882-1981) foi un arquitecto vencellado a Ferrol, a súa cidade de adopción, na que traballou como Arquitecto Municipal durante moitos anos.
O Casino Ferrolán e a fachada do Teatro Jofre son algúns exemplos da importancia da súa arquitectura na cidade.
A súa obra pode verse nos numerosos edificios que constrúe e no deseño dalgúns dos seus espazos públicos. No seu traballo destaca o uso de varios estilos, aos que engadiu elementos locais e persoais.
Os estilos en arquitectura son as distintas características que fan diferentes as construcións de distintas épocas. Son as diversas formas que os arquitectos escollen para decidir como se vai a construír un edificio, como se van a ordenar os espazos segundo as funcións que queiramos darlles cando vaiamos a habitalos.
Que é un estilo arquitectónico?
Segundo as épocas os arquitectos usan uns ou outros modelos, que responden ás modas do momento.
A finais do século XIX e principios do XX púxose de moda o Modernismo. Os seus artistas quixeron inspirarse nas formas da natureza. Entre os materiais que utilizaban destacan o formigón e o ferro.
Os artistas do Modernismo quixeron dar un paso atrás no tempo, para voltar a valorar o traballo dos artesáns, das persoas que construían e facían obxectos antes da existencia das industrias. Cada obxecto modernista convértese así en algo único e irrepetible.
Casa Romero, 1909Rúa Magdalena 199, Hospital, Igrexa
O estilo modernista viaxa por toda Europa rapidamente, chegando a Ferrol a través das imaxes de libros de arquitectura, as fotografías de viaxeiros e os modelos que Rodolfo Ucha Piñeiro aprendeu na Escola de Arquitectura de Madrid onde se formou como arquitecto.
As casas modernistas están pensadas na súa fachada coma un xogo. Quérese buscar a beleza das formas e o contraste das cores, polo que cada un dos corpos da fachada é diferente aos outros, buscando un xogo de balcóns, fiestras e galerías moi vistoso para os paseantes.
Peixería, 1910–1923 Rúa Igrexa, s/n
O Eclecticismo Monumental xorde a partir da unión de elementos propios doutros estilos que xa dominaran en épocas anteriores. É un estilo pomposo e con trazos exóticos en construcións nas que domina a mistura. Son edificios que tentan reflectir o poder dos seus donos, sexan estos membros da burguesía ateusorada ou sexan propiedade das administracións públicas.
< Capela dos Mercedarios, 1919-1926 Rúa María 168 e Praza de Amboaxe
Fachada do Teatro Jofre, 1921Praza de Galicia, s/n
Os edificios teñen formas características como as grandes columnas, pórticos e frontóns que percorren as fachadas.
O Racionalismo xorde como estilo xusto antes da Primeira Guerra Mundial ata 1914. Prescinde dos elementos superficiais e que non teñen función clara.
Neste estilo utilízanse materiais como o ferro, o aceiro e o vidro. Está definido polo menos é máis, cantos menos elementos inútiles se inclúan mellor será o edificio.
Casa Luaces, 1933Rúa Real, 70
Os elementos serven de soporte e dan a forma aos edificios. Simplifícase a decoración ao máximo creando redes de liñas horizontais e verticais e eliminando todos os elementos de carácter decorativo, que non teñen unha función meramente arquitectónica.
Casa Sánchez Sanmartín, 1933–1934Rúa San Francisco, 13
Taller didáctico descubrindo a túa cidade
OS MÁIS PEQUENOS INTERPRETAN OS EDIFICIOS DE RODOLFO UCHA PIÑEIRO!