Descubrindo a túa cidade - Centro Torrente Ballester · < Capela dos Mercedarios, 1919-1926 Rúa...

18
RODOLFO UCHA PIÑEIRO Descubrindo a túa cidade

Transcript of Descubrindo a túa cidade - Centro Torrente Ballester · < Capela dos Mercedarios, 1919-1926 Rúa...

RODOLFO UCHA PIÑEIRODescubrindo a túa cidade

Quen foi Rodolfo Ucha Piñeiro?

Rodolfo Ucha Piñeiro (1882-1981) foi un arquitecto vencellado a Ferrol, a súa cidade de adopción, na que traballou como Arquitecto Municipal durante moitos anos.

O Casino Ferrolán e a fachada do Teatro Jofre son algúns exemplos da importancia da súa arquitectura na cidade.

A súa obra pode verse nos numerosos edificios que constrúe e no deseño dalgúns dos seus espazos públicos. No seu traballo destaca o uso de varios estilos, aos que engadiu elementos locais e persoais.

Os estilos en arquitectura son as distintas características que fan diferentes as construcións de distintas épocas. Son as diversas formas que os arquitectos escollen para decidir como se vai a construír un edificio, como se van a ordenar os espazos segundo as funcións que queiramos darlles cando vaiamos a habitalos.

Que é un estilo arquitectónico?

Segundo as épocas os arquitectos usan uns ou outros modelos, que responden ás modas do momento.

que é o modernismo?

A finais do século XIX e principios do XX púxose de moda o Modernismo. Os seus artistas quixeron inspirarse nas formas da natureza. Entre os materiais que utilizaban destacan o formigón e o ferro.

Os artistas do Modernismo quixeron dar un paso atrás no tempo, para voltar a valorar o traballo dos artesáns, das persoas que construían e facían obxectos antes da existencia das industrias. Cada obxecto modernista convértese así en algo único e irrepetible.

Casa Romero, 1909Rúa Magdalena 199, Hospital, Igrexa

O estilo modernista viaxa por toda Europa rapidamente, chegando a Ferrol a través das imaxes de libros de arquitectura, as fotografías de viaxeiros e os modelos que Rodolfo Ucha Piñeiro aprendeu na Escola de Arquitectura de Madrid onde se formou como arquitecto.

As casas modernistas están pensadas na súa fachada coma un xogo. Quérese buscar a beleza das formas e o contraste das cores, polo que cada un dos corpos da fachada é diferente aos outros, buscando un xogo de balcóns, fiestras e galerías moi vistoso para os paseantes.

Peixería, 1910–1923 Rúa Igrexa, s/n

que é o eclecticismo monumental?

Casino Ferrolán, 1921–1925Rúa Real, 100 e Dolores

O Eclecticismo Monumental xorde a partir da unión de elementos propios doutros estilos que xa dominaran en épocas anteriores. É un estilo pomposo e con trazos exóticos en construcións nas que domina a mistura. Son edificios que tentan reflectir o poder dos seus donos, sexan estos membros da burguesía ateusorada ou sexan propiedade das administracións públicas.

< Capela dos Mercedarios, 1919-1926 Rúa María 168 e Praza de Amboaxe

Fachada do Teatro Jofre, 1921Praza de Galicia, s/n

Os edificios teñen formas características como as grandes columnas, pórticos e frontóns que percorren as fachadas.

que é o racionalismo?

Edificio Calvo Formoso, 1939Rúa Dolores, 14–16

O Racionalismo xorde como estilo xusto antes da Primeira Guerra Mundial ata 1914. Prescinde dos elementos superficiais e que non teñen función clara.

Neste estilo utilízanse materiais como o ferro, o aceiro e o vidro. Está definido polo menos é máis, cantos menos elementos inútiles se inclúan mellor será o edificio.

Casa Luaces, 1933Rúa Real, 70

Os elementos serven de soporte e dan a forma aos edificios. Simplifícase a decoración ao máximo creando redes de liñas horizontais e verticais e eliminando todos os elementos de carácter decorativo, que non teñen unha función meramente arquitectónica.

Casa Sánchez Sanmartín, 1933–1934Rúa San Francisco, 13

Taller didáctico descubrindo a túa cidade

OS MÁIS PEQUENOS INTERPRETAN OS EDIFICIOS DE RODOLFO UCHA PIÑEIRO!

...UNHA FERMOSA EXPOSICIÓN!

Rodolfo Ucha Piñeiro. Construíndo Ferrol Do 30 de maio ao 31 de agosto de 2014

Taller didáctico sobre a exposición Día 4 de xullo de 2014

Centro Torrente Ballester

[email protected]úa Concepción Arenal, s/n. 15402 Ferrol981 944 187

http://www.centrotorrenteballester.com