Crónica obradoiro entreculturas

Post on 18-Jul-2015

211 views 4 download

Transcript of Crónica obradoiro entreculturas

OBRADOIRO ENTRECULTURAS

Algunha vez parástesvos a pensar cal é o significado de “Monferosolidario”? O

grupo de alumnos e alumnas do CPI Virxe da Cela que conforman o núcleo máis activo

da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas foron quen de facer unha completa

radiografía do proxecto Monferosolidario partindo das letras que conforman esta

palabra: un auténtico labirinto e encrucillada que abarca conceptos tan significativos

como Ilusión, Amizade, Estabilidade, Identidade, Oportunidade, Respecto, Emoción,

Organización, Innovación, Riqueza, Igualdade, Liberdade, Optimismo, Educación,

Felicidade…

Si todos estes conceptos serven para o alumnado como materia prima para o

noso proxecto de educación en valores… que enorme sensación de satisfacción

podemos sentir os/as docentes e outras persoas que participamos del, entendendo

que os froitos son ben visibles!

Son xa moitos os anos que camiñamos cara ao cambio … e estamos

convencidos de que é posible! Temos que agradecer novamente a Entreculturas polo

seu compromiso no noso centro, facilitándonos esta reunión-obradoiro da que todos

sacamos conclusións positivas. Nesta ocasión a Sandra Rodríguez (técnico de

Entreculturas) contou coa axuda de Luz Mery (ex-alumna do noso centro e voluntaria

nesta ONG) para levar a cabo esta dinámica reflexiva. Esta actividade estivo englobada

na xornada especial de celebración do “VII Rastro Solidario e Operación Quilo 2015”,

que tivo lugar o pasado venres 27 de marzo no CPI Virxe da Cela.