Como facer traballos escritos

Post on 05-Aug-2015

647 views 5 download

Transcript of Como facer traballos escritos

COMO FACER UN TRABALLO

MONOGRÁFICO?

1. QUE É UN TRABALLO MONOGRÁFICO? Un traballo monográfico é o que está centrado na investigación e estudo dun tema.

2. PASOS A SEGUIR

1. Escollo o tema: este pode ser imposto (mándanmo)ou libre (elixo eu o que me interesa)

2.Documéntome: busco información en distintos medios (libros, revistas , internet,…) e selecciono o que me interesa)

3. Realizo un esquema ou guión previo cos apartados que vou tratar. Este poderase modificar ao longo do traballo.

4. Redacto o traballo, tendo en conta que: - As ideas deben ser claras e concretas. -Debe ser fácil de ler. -Convén non escribir parágrafos moi estensos.

5. Reviso todo unha vez rematado. Debe ser unha lectura atenta para corrixir todo aquilo que sexa preciso.

3.PARTES DUN TRABALLO PORTADA ÍNDICE CORPO DO TRABALLO BIBLIOGRAFÍA

A portada É o primeiro que imos ver do

traballo. A súa carta de presentación. Debe incluír: -O título do traballo (en letra máis

grande) -O nome da asignatura para a que

se fai. -O nome do autor/a ou autores/as. -O lugar e a data.

O índice Recolle todos os apartados e

subapartados e a páxina na que comeza cada un.

Facilita a consulta e serve para amosar as partes do traballo.ÍNDICE

1. Introdución ……………………..…..2

2. Os animais vertebrados …..……..3

2.1. Características xerais ….….4

2.2. Alimentación ………………..5

2.2. Desprazamento …………...6

2.3. Reprodución …………………7

3. O can …………………………………..8

4. A pescada ……………………….…. 10

5. Bibliografía ………………………….12

A introdución Serve para presentar o traballo. Debe ser un texto breve no que se

explica do que se vai tratar. Destácase aquilo que a nos nos

interesa resaltar. Debe chamar a atención do lector.

BENVIDOS

O corpo do traballo Nel desenvólvense todos os

apartados e subapartados do índice. Débese poñer o título de cada

apartado precedido do número do índice.

Os apartados deben estar ordeados de forma lóxica:

- Do xeral ao concreto. - Orde cronolóxica …

A bibliografía Debe recoller todas as obras consultadas para

demostrar a validez da información exposta.

Como indicala?: Libros: Escribir o nome do autor/a (apelidos e nome), título do libro (en maiúscula se o fago a man ou en cursiva se o escribo con ordenador), o lugar de publicación, editorial e ano.

Páxinas web: escribir o enderezo web da páxina seguido da data de consulta.

Dpto. Orientación: docurtisteixeiro.blogspot.com.Consulta 29/04/12

A conclusión

En moitos traballo convirá poñer un apartado antes da bibliografía:

A CONCLUSIÓN Na conclusión

indícanse aqueles aspectos que queremos destacar ou que descubrimos coa realización do traballo.

4. A presentación É un aspecto moi importante, xa que

facilitará ou non a lectura e o interese polo traballo.

A LETRA: debe ser fácil de ler. Se o fago no ordenador debo utilizar unha letra sinxela, por exemplo: Arial 12.

ESPACIADO: debo deixar un espazo entre liñas e entre parágrafos. No ordenador:1,5

FOLIOS: debo usar DIN-A4, escritos por unha cara , sen enmendas nin riscaduras.

MARXES: debo deixar uns espazos superior (2,5), inferior (2) e laterais (2-3). Marxe

superior

Marxe dereita

Marxe esquerda

Marxe inferior

Paxinación: todas as páxinas, agás a portada, deben estar numeradas na parte inferior.

Títulos: deben ir diferenciados: maiúsculas, subliñado ou negriña. O seu tamaño debe ser superior ao texto.

Convén deixar a última páxina en branco, como cortesía.

Fíxate nos prazos, para non ter que andar contra reloxo e facelo o mellor posible.