Como facer traballos escritos

16
COMO FACER UN TRABALLO MONOGRÁFICO?

Transcript of Como facer traballos escritos

Page 1: Como facer traballos escritos

COMO FACER UN TRABALLO

MONOGRÁFICO?

Page 2: Como facer traballos escritos

1. QUE É UN TRABALLO MONOGRÁFICO? Un traballo monográfico é o que está centrado na investigación e estudo dun tema.

Page 3: Como facer traballos escritos

2. PASOS A SEGUIR

1. Escollo o tema: este pode ser imposto (mándanmo)ou libre (elixo eu o que me interesa)

2.Documéntome: busco información en distintos medios (libros, revistas , internet,…) e selecciono o que me interesa)

Page 4: Como facer traballos escritos

3. Realizo un esquema ou guión previo cos apartados que vou tratar. Este poderase modificar ao longo do traballo.

4. Redacto o traballo, tendo en conta que: - As ideas deben ser claras e concretas. -Debe ser fácil de ler. -Convén non escribir parágrafos moi estensos.

5. Reviso todo unha vez rematado. Debe ser unha lectura atenta para corrixir todo aquilo que sexa preciso.

Page 5: Como facer traballos escritos

3.PARTES DUN TRABALLO PORTADA ÍNDICE CORPO DO TRABALLO BIBLIOGRAFÍA

Page 6: Como facer traballos escritos

A portada É o primeiro que imos ver do

traballo. A súa carta de presentación. Debe incluír: -O título do traballo (en letra máis

grande) -O nome da asignatura para a que

se fai. -O nome do autor/a ou autores/as. -O lugar e a data.

Page 7: Como facer traballos escritos

O índice Recolle todos os apartados e

subapartados e a páxina na que comeza cada un.

Facilita a consulta e serve para amosar as partes do traballo.ÍNDICE

1. Introdución ……………………..…..2

2. Os animais vertebrados …..……..3

2.1. Características xerais ….….4

2.2. Alimentación ………………..5

2.2. Desprazamento …………...6

2.3. Reprodución …………………7

3. O can …………………………………..8

4. A pescada ……………………….…. 10

5. Bibliografía ………………………….12

Page 8: Como facer traballos escritos

A introdución Serve para presentar o traballo. Debe ser un texto breve no que se

explica do que se vai tratar. Destácase aquilo que a nos nos

interesa resaltar. Debe chamar a atención do lector.

BENVIDOS

Page 9: Como facer traballos escritos

O corpo do traballo Nel desenvólvense todos os

apartados e subapartados do índice. Débese poñer o título de cada

apartado precedido do número do índice.

Os apartados deben estar ordeados de forma lóxica:

- Do xeral ao concreto. - Orde cronolóxica …

Page 10: Como facer traballos escritos

A bibliografía Debe recoller todas as obras consultadas para

demostrar a validez da información exposta.

Como indicala?: Libros: Escribir o nome do autor/a (apelidos e nome), título do libro (en maiúscula se o fago a man ou en cursiva se o escribo con ordenador), o lugar de publicación, editorial e ano.

Páxinas web: escribir o enderezo web da páxina seguido da data de consulta.

Dpto. Orientación: docurtisteixeiro.blogspot.com.Consulta 29/04/12

Page 11: Como facer traballos escritos

A conclusión

En moitos traballo convirá poñer un apartado antes da bibliografía:

A CONCLUSIÓN Na conclusión

indícanse aqueles aspectos que queremos destacar ou que descubrimos coa realización do traballo.

Page 12: Como facer traballos escritos

4. A presentación É un aspecto moi importante, xa que

facilitará ou non a lectura e o interese polo traballo.

A LETRA: debe ser fácil de ler. Se o fago no ordenador debo utilizar unha letra sinxela, por exemplo: Arial 12.

Page 13: Como facer traballos escritos

ESPACIADO: debo deixar un espazo entre liñas e entre parágrafos. No ordenador:1,5

Page 14: Como facer traballos escritos

FOLIOS: debo usar DIN-A4, escritos por unha cara , sen enmendas nin riscaduras.

MARXES: debo deixar uns espazos superior (2,5), inferior (2) e laterais (2-3). Marxe

superior

Marxe dereita

Marxe esquerda

Marxe inferior

Page 15: Como facer traballos escritos

Paxinación: todas as páxinas, agás a portada, deben estar numeradas na parte inferior.

Títulos: deben ir diferenciados: maiúsculas, subliñado ou negriña. O seu tamaño debe ser superior ao texto.

Convén deixar a última páxina en branco, como cortesía.

Fíxate nos prazos, para non ter que andar contra reloxo e facelo o mellor posible.

Page 16: Como facer traballos escritos