Celentéreos

Post on 24-May-2015

82 views 0 download

Transcript of Celentéreos

cnidarios(celentéreos)

Invertebrados acuáticos co corpo brando en forma de bolsa. A súa cavidade dixestiva ten unha única abertura rodeada de tentáculos prensís. Reprodúcense por ovos e por xemación.Coñécense unhas 11.000 especies, a maioría mariñas.

anémona capturando unha lapa cos tentáculos

ANTOZOOSSólo pólipos, sen forma medusa. Cavidade gastrovascular dividida de forma completa e con cnidocitos. Viven fixos ao substrato, como seres individuais ou formando grandes colonias. Formas individuais (anémonas) ou coloniais (gorgonias, corais).

HIDROZOOS Con hidropólipos e hidromedusas. Cavidade gastrovascular sen dividir. Grupos interconectados polas cavidades dixestivas. Poden vivir fixos ou aboiar libremente.

ESCIFOZOOSPólipos pequenos e medusa sen veo.Cavidade gastrovascular dividida por 4 tabiques incompletos, con cnidocitos. Son de vida libre e mariños. Coñécense co nome de augamares.

CUBOZOOSPoseen só medusas (cubomedusas), de forma cúbica, con cnidocitos moi potentes. Cavidade dividida en catro bolsas. Beira da umbela lisa co marxe repregado cara adentro (veo).

CLASES DE CNIDARIOS

Laomedea flexuosaHebelia calcarataCampanulina hincksi

Hidrozoos

Obelia. Hidrozoo que vive sobre as algas no Atlántico e Mediterráneo.

Tubularia indivisa. Vive en pozas rochosas e apegada a rochas e outros obxectos (nas bateas, barcos afundidos...) en augas profundas.

Hydractinia echinata. Adoita vivir sobre cunchas de caracolas e nas rochas.

Velella velella. Sifonoforo con forma de vela cun esqueleto córneo. Atópase no Mediterráneo e no Atlántico.

Carabela portuguesa (Physalia physalis). Hidrozoo colonial que vive en augas cálidas. Os tentáculos teñen un potente veleno.

As augamares aparecen frecuentemente nas praias. En Galicia coñécense con distintos nomes segundo a zona: xureleiras, estrugas mariñas, augasmalas…

AUGAMARES(escifozoos)

REPRODUCIÓN DUN ESCIFOZOO TIPOAs augamares teñen un ciclo reprodutivo de dúas fases:-os adultos liberan os gametos dos que se orixina unha larva.-a larva fíxase ao substrato e produce pólipos por xemación dos que se desprenden as éfiras.

gametos

plánula

mórula

polipos

éfiraslarva

adulto

Augamar (Cyanea lamarkii). Pode acadar os 15 cm de diámetro. As súas picaduras son graves.

Xureleira (Chrysaora hysoscella). Pode acadar 30 cm de diámetro. Atópase no Atlántico, ata o Mar do Norte. É unha das máis comúns nos mares galegos.

Chupona (Anemonia sulcata). Vive apegada ás rochas, algas e outros soportes en zonas ben iluminadas ata os 25 m de fondura.

ANTOZOOS

Chupona (Bunodactis verrucosa). Vive nas pozas de marea nas zonas intermareais e no infralitoral, en zonas ben iluminadas.

Apegón, chupona, tomate (Actinia equina). De cor variable pardo, laranxa ou verde. Retrae os tentáculo facilmente. Vive apegada ás rochas ata 8 m de ptofundidade.

Ramo do mar (Lophogorgia sp). Colonia de pólipos de estructura arbustiva incrustados por un tecido sostido por un esqueleto central que se fixa ao fondo por medio dun estípite.

Calliactis parasitica.

Forma unha asociación simbiótica co cangrexo ermitán.

Detalle da estrutura dun ramo do mar

Pruma de mar (Pennatula phosfhorea). Colonia de antozoos en forma de pruma que vive fixada aos fondos mariños de area e limo.

Corais (madreporarios). Son antozoos, case sempre coloniais. con esqueleto duro calcário. Os pólipos poden agocharse no interior.

Cando os pólipos morren mantense a estrutura calcária que vai medrando e forma grandes masas (arrecifes) que poden chegar a durar millóns de anos e ocupar miles de quilómetros de lonxitude.

Os arrecifes son lugares dunha gran inportancia biológica e moi sensibles ás agresións medioambientais, polo que a maioría están protexidos.

USOSO coral empregouse como adorno desde tempos prehistóricos nas culturas americanas e asiáticas. Está moi ligado ás relixións tibetana e romana. Os chinos e hindús usábano para adornar as imaxes dos deuses.Foi considerado tradicionalmente como talismán para deixar de sangrar, protexer dos malos espíritus e dos furacáns e curar a esterilidade. O coral negro atrae ás forzas do mal.O máis apreciado en xoiería é o coral vermello.A súa captura está moi controlada por estar en perigo de extinción.

MONTAXE:

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta.DEBUXOS: Mon Daporta.