CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a...

Post on 19-Sep-2018

225 views 0 download

Transcript of CABULLERÍA: CORDAS E NÓS - edu.xunta.gal · A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a...

CABULLERÍA: CORDAS E NÓS

Dende sempre se teñen utilizado as cordas para diversos usos: amarrar, empaquetar, tirar, trenzar… Nas casas podemos atopar cordas de distintas medidas para cometidos diferentes.

Ademáis as cordas pódennos servir para realizar gran variedade de nós moi útiles e vistosos. A todas estas posibilidades se refire a CABULLERÍA. A cabuyería é o arte de facer e desfacer correctamente nós, lazos, amarres… mediante o emprego de cordas. Ven da palabra de orixe caribeño “cabuya”, que é un tipo de pita (planta coa que se fan cordas) daquelas latitudes.

A cabullería é hoxe unha actividade de apoio a outras de carácter deportivo ou recreativo como a escalada, a pesca, o camping ou a náutica.

Un nó é a unión dunha corda consigo mesma ou con outras despois de ter realizado un percorrido determinado. Canto máis tiramos dos extremos ou chicotes, máis apreta.

O importante é seleccionar o nó axeitado para cada uso.

Algúns termos empregados en cabullería son:

-­‐ CABO: extremo dunha corda que utilizamos para a realización dun nó. -­‐ SEO: curvatura que se forma nunha corda sen tensión. -­‐ CHICOTE: punta dun cabo.

CARACTERÍSTICAS DUN NÓ: é axeitado para un uso determinado cando:

1. É fácil de facer e recoñecer. 2. Non se pode desfacer só e sóltase facilmente despois de sometelo a

tensión. 3. Ten unha carga de rotura elevada.

CLASIFICACIÓN DOS NÓS

NÓS DE TOPE OU REMATE: Fanse no extremo dunha corda.    

   

Nó simple Oito    

EMPALMES DE CABOS: Serven para unir dúas cordas ou facer un anel unindo os dous extremos dunha soa corda.

 

 

   

 

 

Rizo Pescador

GAZAS: É un anel ou bucle pechado. (non se pode abrir nin pechar)

   

As de guía Oito dobre  

   

OITO

-­‐ Serve como nó de tope ou remate, para evitar que un cabo se deslice ata o

final. -­‐ Moi utilizado en náutica e mariñeiría. -­‐ Ten de vantaxe que se afrouxará con facilidade aínda despois de ser sometido a

tensión.

Paso 1 Paso 2

Paso 3 Paso 4

OITO

1. Cruzar o chicote por detrás do firme.

2. Agora pasalo por riba do firme.

3. Introducir pola primeira gaza que formou, obtendo a forma dun oito.

4. Azocar o nó deixando un chicote o suficientemente longo.

 

RIZO

-­‐ Serve como nó de empalme para unir dúas cordas idénticas. -­‐ Non é unha unión demasiado segura. -­‐ Utilízase normalmente para unir os dous cabos dunha mesma corda que non están

sometidos a tensión. -­‐ Se os cabos van estar sometidos a calquera esforzó, deben realizarse nós de

tope nos extremos curtos.

 

RIZO 1. Facer un medio nó simple.

2. Facer outro medio nó simple.

3. Os dous chicotes sairán paralelos ao firme.

4. Azocar ben tirando dos chicotes.

PESCADOR

-­‐ Serve de nó de empalme para unir dúas cordas. -­‐ Recibe o seu nome pola frecuente utilización para unir ou alargar as liñas e

aparellos de pesca. -­‐ En escalada utilizase para unir dúas cordas nas manobras de rápel. -­‐ É conveniente que os cabos curtos teñan polo menos 10 cm de corda libre para

evitar que ó apretar se desfaga. -­‐ Despois de tensión ou coas cordas molladas custa traballo desfacelo.

AS DE GUÍA

-­‐ Un dos nós máis coñecidos e usados. -­‐ Forma unha gaza fixa ó extremo dun cabo para suxeitar calquera obxecto. -­‐ Non se desliza, nin se afrouxa, nin morde o cabo e é fácil de realizar. -­‐ Pódese desfacer con facilidade, incluso co cabo sometido a esforzo. -­‐ A maior desvantaxe é a súa tendencia a afrouxarse cando se efectúa en cabos

moi ríxidos.    

Paso 1 Paso 2

Paso 3 Paso 4

AS DE GUÍA Hay unha regla nemotécnica para lembrar este nó en forma de conto (un lago e unha serpe)

1. Facer unha primeira gaza que será un lago.

2. O chicote pasará por debaixo do lago.

3. O chicote dará a volta á árbore (que é ol firme do cabo).

4. Volver a entrar de novo no lago.

 

OITO DOBRE

  -­‐ Ás veces tamén se lle chama simplemente nó de oito. -­‐ É o máis empregado en escalada. -­‐ É o punto de unión entre a corda e o escalador. -­‐ A vantaxe deste nó é que se pode desfacer fácilmente despois de estar

sometido a tensión. -­‐ En cabos sintéticos, onde o as de guía pode esvarar, é unha boa alternativa.

   

 

OITO TRENZADO 1. Facer un nó de oito simple

2. Formar un lazo

3. O cabo que ven do lazo segue ó nó do oito facendo o mesmo percorrido.

4. Axustar o nó.