As Vivendas e o seu Contorno

Post on 26-May-2015

707 views 4 download

description

Unha introdución á arquitectura para o alumnado de segundo ciclo da ESO. Introdúcese o termo feísmo explicando as súas características.

Transcript of As Vivendas e o seu Contorno

As vivendas e o seu contorno

Unha introdución á construción, a arquitectura e

ao urbanismo.

TecnoloxíaXosé M. Rodríguez

Índice1 A construción. Materiais de construción

- Materiais pétreos.- Materiais cerámicos.- Vidros.- Madeira.- Materiais aglomerantes: cementos e formigón. - Fibrocemento.

2 Urbanismo e arquitectura.2.1 Definicións.2.3 Que é o feísmo?

A construción. Materiais de construción.

Materiais pétreos.As rochas atópanse na natureza en grandes dimensións, sen forma determinada e constituíndo o principal compoñente da códea terrestre. É un elemento natural que require que para o seu uso se extraia e se lle confira a forma desexada.

Granito: rocha eruptiva intrusiva mistura de cuarzo, feldespato e mica. En Galiza hai importantes xacementos, por exemplo no Porriño. Pulido adquire maior resistencia á intemperie.

Arxila: é unha agregado de partícula moi finas que se emprega para a construcción de materiais cerámicos.

Pizarra e mármore: son rochas metamórficas (transformación no interior da Terradas rochas eruptivas e das sedimentarias.

Usos:Muros, cubertas, solos e grandes obras como peiraos etc.Vantaxes:Son resistentes ás condicións medioambientais.Resisten os golpes.Resisten moi ben os esforzos de compresión.

Usos:Muros, cubertas, solos e grandes obras como peiraos etc.Vantaxes:Son resistentes ás condicións medioambientais.Resisten os golpes.Resisten moi ben os esforzos de compresión.

Desavantaxes:Non soportan os esforzos de tracción nin flexión.Son caras.Elevado peso e fráxiles.

Desavantaxes:Non soportan os esforzos de tracción nin flexión.Son caras.Elevado peso e fráxiles.

Materiais cerámicos.

Os máis empregados na construción son os ladrillos, as tellas, baldosas, azulexos e bovedillas.

Ladrillo: peza obtida por moldeo, secado e cocción a temperatura elevada (1000 ºC), dunha pasta arxilosa destinada á construción de de muros. Poden ser: ladrillo común ou visto. Poden ser macizos ou perforados.

Tella: son pezas de arxila cocida. Obtéñense por moldeo, secado e cocción dunha pasta arxilosa coa finalidades de cubrir tellados. Poden ser: curvas, planas ou mixtas.

Baldosas: son planchas de pouco grosor fabricadas de arxilas, sílice, fundentes, colorantes e outros materiais. Empregados xeralmente como recubrimentos de chans, paredes e fachadas. Segundo o seu nivel de absorción de auga:

- Gres: baixa absorción de auga.

- Semigres: media absorción de auga.

- Azulexos: elevada absorción de auga.

Materiais refractarios: teñen un punto de fusión moi elevado e soportan moi altas temperaturas.

Vidro.

Obtense a partir da fusión de area de cuarzo que contén unha gran cantidade de sílice. Engádeselle tamén cal, que actúa como estabilizante e aumenta a resistencia, dureza e brillo; e carbonato sódico, que baixa o punto de fusión da sílice.

Propiedades:

Transparente

Duro

Fráxil

Soporta ben ataques químicos de moitas ácedos e lixivias.

Madeira

É a parte sólida dos troncos das árbores que se atopa debaixo da cortiza. O principal elemento da madeira é a celulosa.

Propiedades:

-Anisótropo: non ten as mesmas propiedades en tódalas direccións.

-Pouca condutividade térmica e eléctrica.

-Resiste ben os esforzos de tracción e compresión.

-Higroscopicidade: capta ou cede auga co contorno. A madeira aumenta de volume coa humidade e disminúe cando seca.

-Combustíbel.

-Viscoelastica: é fácil de cravar e difícil de retirar os cravos.

Aplicacións:-Material estrutural.-Revestivementos interiores e exteriores.-Ebanisteria, etc

Derivados:-Contrachapados.-Laminada.-Formica ou aglomerado.

Tipos de madeira

Contrachapado

Aglomerado

Laminada

Materiais fomáceos.Cemento.

Material conglomerante que provén do Clinker (resultante da calcinación de caliza e arxila), combinado cun pouco

(<3%) de alxez (tipo de xeso). É un conglomerante hidráulico, é dicir pode fraguar incluso mergullado na auga.

Emprégase fundamentalmente amasado con auga e con outros materiais para constituír formigóns e morteiros.

Morteiro é o que comunmente chamamos “masa”. É unha mistura dun conglomerante (cemento), áridos e auga, ben misturado da lugar a unha masa pastosa que co tempo fragua e endurece como consecuencia duns procesos químicos. Emprégase para unir os elementos das obras (ladrillos, bloques…) e o seu revestimento.

Formigón (moteiro + grava).

É un material que provén da mistura de cemento, auga, area e grava, que ao fraguar endurece adquirindo unha dureza coma a dos materiais pétreos.

Vantaxes

• Carácter formáceo con propiedades semellantes aos materiais pétreos.

• Inconvenientes:

• Non reciclábel.

• Require encofrados.

• Require coidados na elaboración, as condicións climáticas inflúen.

Fibrocemento (Uralita é unha marca comercial)

Son elementos (planchas onduladas para tellados, tubos, etc) constituídos por cemento e certas fibras (antes empregábase o amianto, pero demostrouse que é moi canceríxeno).

Urbanismo e arquitecturaLe Corbusier (o máis importante arquitecto do século XX) escribíu:O home e a muller, ese home e esa muller que sempre están ante nós, coas súas dimensións, os seus sentimentos e o seu xeito de ver as cousas, están sentados, por exemplo ante a súa mesa.Os seus ollos póusanse sobre os espazos e os obxectos que os rodean: mobles, cadros, libros… e outras moitas cousas ás que lles dan importancia… As paredes da habitación péchanse ao seu redor, abríndose ao exterior a través das ventás… Agora, póñense en pé, camiñan, abandoan a habitación, pasan a outro sitio, a calquera sitio.Aí os tendes, máis tarde, abrindo a porta da súa casa… un corredor, escaleiras, un ascensor… Xa están no portal. Van saír á rúa.Como é o exterior?. Hostil?. Acolledor?... Camiñan polas rúas da súa cidade e poden, nun breve tempo, encontrarse fóra dela, no campo.A arquitectura non os abandoou nin un só instante. Primeiro, a vivenda: habitacións, mobles… Logo, a rúa, o sitio urbano, a cidade… Máis tarde, o campo, os seus camiños, as súas casas, as súas pontes, verde e ceo, natureza…A arquitectura actuou sobre cada unha das súas decisións estimulando os seus sentidos. Arquitectura é todo: as súas cadeiras e as súas mesas, os muros e as súas habitacións, as súas escaleiras, os seus ascensores, as súas rúas, a súa cidade…Beleza e fealdade, felicidade ou desgraza marcarán as súas vidas a través da arquitectura.

A arquitectura abarca todo aquelo que nos rodea.

O xurdimento dunha nova arquitectura

Aproveintando a existencia dun novo material, o formigón armado, a principios do século XX xurdeu unha nova concepción arquitectónica. Podíanse eliminar os muros de carga (os que soportan a edificación) por un esqueleto que daba total liberdade á hora de abrir fiestras e distribuír o espazo interior da edificación.

Le Corbusier enunciou o que se denominou “cinco puntos para unha nova arquitectura”:

1. Estrutura de piares.

2. A libre estrutura da planta.

3. A libre estrutura da fachada.

4. A fiestra apaisada e corrida.

5. Azoteas-xardíns.

Le Corbusier puxo en práctica estes cinco puntos na Ville Savoye, rematada no 1931.

Nestas dúas columnas de imaxes

pódese ver unha clara comparación entre a

arquitectura tradicional, imaxes 1 e

3 do Museo de Pontevedra e as 2 e 4

da Vila Savoye que encarna a nova

arquitectura.

Estes principios non se aplicaron soamente a vivendas illadas senón tamén a vivendas colectivas, nas que ían vivir ao redor de 1600 persoas, en 337 apartamentos e en 12 andares.

1. Unité Marsella

2. Axonometría das dúas plantas dunha vivenda tipo.

3. Vista dos pilares 4.Vista interior do cuarto de estar e a terraza 5. Vista dun dormitorio pequeno 6.Vista da zona de xogos na cuberta

Séguense estes criterios de deseño na maioría das vivendas en Galiza?

Por que falan de feísmo?

Que che parece?

Coexistencia non harmoniosa de estilos arquitectónicos e mistura de materiais construtivos.

É frecuente que xunto a casas tradicionais de pedra de varios séculos se levanten edificios modernos que rompen a harmonía do conxunto, ou que se rematen fachadas do século XIX con ladrillo e fibrocemento. A mistura de materiais tamén é común, un primeiro andar de pedra, un segundo de ladrillo á vista e un último de bloques con fibrocemento, ou materiais non axeitados (un hórreo de ladrillo).

Que che parece (2)?

Inexistencia de remates e acabados exteriores.

Moitas edificacións carecen de revestimento, quedando o ladrillo ou o bloque de formigón á vista.

Que che parece (3)?

Convivencia de moi distintas alturas nas edificacións.

A necesidade de ordenación urbana. Para conseguir harmonía, luz, salubridade…

Convivencia de moi distintas alturas nas edificacións.

A necesidade de ordenación urbana. Para conseguir harmonía, luz, salubridade…

Que che parece (4)?

Edificacións sen rematar, ou cunha construción que se prolonga durante décadas. Deseños que non satisfacen ningunha necesidade, nin práctica, nin estética.

Que che parece (5)?

Simultaneidade de usos nas mesmas zonas.

A construción dun almacén adosado a unha igrexa románica,

ou unha granxa de pitos no medio da aldea, naves industriais

misturadas con vivendas unifamiliares…

Que che parece (6)?Ornamentacións desproporcionadas ou incongruentes,

remates aberrantes, que se colocan nas fachadas e xardíns na busca de orixinalidade ou distinción, en recordo de los anos de emigración, ou como simple ostentación.

Cuestión de cartos?Cal dos interiores cres que está mellor aproveitado?, que ten máis luz?, que presenta maior espazo?

En cal escollerías vivir?

Ambas construcións valeron máis ou menos o mesmo....

Outros modelos en Galiza

Casas tradicionais nun contorno coidado. Neste exemplo unha foto de Allariz.

O teu contorno pódese cambiar. Para empezar hai que imaxinar o que un desexa