As plantas primeiro

Post on 03-Jul-2015

1.567 views 3 download

Transcript of As plantas primeiro

AS PLANTASAs súas partes e a súa

utilidade.

Que necesitan para vivir?• Aire.• Luz do Sol.• Terra.• E auga.

A vida dunha planta.• O nacemento: As sementes queestán debaixo daterra,aprovéitanse daauga e dan orixe aunha nova planta.

A vida dunha planta (2).• A alimentación:

Aproveitanse da luz do sol e da auga da chuvia para medrar.Tamén as podemos regar.

A vida dunha planta (3).• A reproducción.

Algunhas plantas reprodúcense por sementes. Cando as poñemos na terra e teñen auga suficiente medran e nacen novas plantas.

A vida dunha planta (4).• Morren:

Cando as plantas non teñen auga suficiente ou luz do sol; ou cando hai incendios forestais non poden seguir vivindo e morren.

Os cambios nas plantas.• Nas árbores medran as flores.

• Estas flores se converten en froitos.

Os cambios nas plantas (2).• Fíxate como son estas froitas por

dentro. Nos froitos están as sementes.

• Destas sementes sairán plantas novas.

As partes das plantas.• Todas as plantas teñen

tres partes: a raíz, o talo e as follas.

- Pola raíz absorben a auga da terra.

- O talo é coma o esqueleto da planta.

- Polas follas respiran.

As partes das plantas (2).• As raíces serven para suxeitar as plantas

ao chan. Case sempre están enterradas e por iso non as vemos.

As partes das plantas (3).• O talo serve para aguantar a planta. Pode ser

moi fino, coma no caso das herbas, ou moi forte, coma no caso das árbores (chamámoslle tronco).

• O tronco está cuberto por unha cortiza que pode ser lisa ou rugosa.

As partes das plantas (4).• As follas serven para respirar e comer (comen

luz, isto chámase fotosíntese).

• Algunhas árbores perden as súas follas cando chega o frío. Outras consérvanas todo o ano.

As partes das plantas (5).Moitas plantas dan tamén flores e froitos (como vemos neste exemplo das cereixas).

Primeiro ás cerdeiras sáenlle flores.

Logo convértense en froitas (cereixas).

Os froitos.

Outros son secos comaas abelás, as castañas ouas noces.

Hai diferentes clases de froitos:

Uns son carnosos como a mazá ou a laranxa.

Para qué serven as plantas?• As plantas poden darnos alimento, como

por exemplo as leitugas e as patacas.

Para qué serven as plantas? (2).

• Tamén purifican o aire e nos dan osíxeno.

Para qué serven as plantas? (3).

• As árbores dannos madeira dos seus troncos.

Para facer mobles ou para facer papel.

Para qué serven as plantas? (4).

• Algunhas plantas serven de adorno como as flores ou as árbores de Nadal.

Para qué serven as plantas? (5).

• Algunhas plantas serven para a fabricación de medicinas e tamén de perfumes.

Que parte comemos das plantas?

• Pois realmente nos comemos calquera das partes da planta. Comemos raíces coma a cenoria ou os ravos.

Que parte comemos das plantas? (2).

• Tamén comemos os talos, coma por exemplo os porros ou os espárragos.

Que parte comemos das plantas? (3).

• Están moi ricas as follas das plantas, coma por exemplo as acelgas, as leitugas e as espinacas.

Que parte comemos das plantas? (4).

• Outra parte da planta que tamén comemos e que está riquísimas son os froitos como a berenxena, os pementos ou as cereixas.

Que parte comemos das plantas? (5).

• Sabiades que tamén comemos os bulbos? Os bulbos son os talos subterráneos, e dicir, que están debaixo da terra. Coma por exemplo os allos e as cebolas.

Que parte comemos das plantas? (6).

• Por último, aínda que non o creas, tamén nos comemos as flores. Por exemplo no brócoli e na coliflor.