As plantas dunares

14
medio ambiente Caderno de actividades didácticas As plantas dunares Guías informativas XUNTA DE GALICIA

description

CIELGA PARQUE NATURAL / COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

Transcript of As plantas dunares

Page 1: As plantas dunares

medio ambiente

Caderno de actividades didácticas

As plantasdunares

Guías informativas

XUNTA DE GALICIA

Page 2: As plantas dunares

Unidades didácticas

As plantasdunares

1

Parque Natural doComplexodunar deCorrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

Quen pensades que é o responsable deste fenómeno?

........................................................................................................................

ActividadeQue son as dunas?

Cando descubrades o segredo, tratade de sinalar no esquema cal é a parte debarlovento e cal a de sotavento. Describide a viaxe que percorrería un dosgrans de area que transporta o vento.

........................................................................................................................

........................................................................................................................

Se vos fixades na superficie das dunas, poderedes ver unhas rizadurassobre a area.

A duna móbil é un dos princi-pais motivos polos que a xentese achega a este ParqueNatural. A súa sona vén dadapolo seu impresionante tama-ño, pois é unha das de maiordimensión do norte da penín-sula Ibérica.

As dunas, en xeral, son lugarestremendamente interesantes,onde se produce a sedimenta-ción de materiais de texturaareosa, é dicir, onde se acu-mula a area.

1Cando observamos as dunas, véñennos de súpeto á cabeza preguntas como:cal é a orixe das dunas?

.........................................................................................................................

de onde vén tal cantidade de area?

.........................................................................................................................

Se vos fixades no perfil da duna e observades cal é a dirección do vento, seredes capaces de entender a súa formación.

Page 3: As plantas dunares

Unidades didácticas

As plantasdunares

Parque Natural doComplexo

dunar deCorrubedo

e Lagoas de Carregal

e Vixán

2

Á hora de facerdes estasactividades debedes teren conta as seguintesrecomendacións:

- Evita pisar a vexetacióndunar xa que é moi sen-sible ás alteracións.

- Tamén evita camiñarpor fóra dos camiñosestablecidos.

- Non arrinques plantaspois estás causando unimpacto innecesario epodes destruír especiesen perigo.

ActividadeAs dunas son un pequeno deserto

2

Na vosa mochila de investigadores levades o material necesario para observaras condicións ambientais na duna:

1. Os termómetros utilizádeos para medir a temperatura do aire, a tempera-tura sobre a duna e a temperatura no solo da duna.

2. Os higrómetros serviranvos para medir a porcentaxe de auga que contén oaire.

3. Os anemómetros utilizarádelos para medir a intensidade do vento.

4. Para medir a dirección do vento, empregaredes o antigo método de mollaro dedo índice e levantalo para determinar por onde sopra o vento.

5. Na botella de plástico cortada pola base, meteredes area formando a estru-tura do solo da duna. Para medir a cantidade de auga que retén, utilizare-des unha medida determinada de auga que botaredes pola parte aberta dabotella. Despois sacaredes o tapón da parte de abaixo e recolleredes aauga que caia. Anotade a cantidade inicial e a final; a diferenza é a canti-dade de auga que pode reter o solo da duna.

Page 4: As plantas dunares

Unidades didácticas

As plantasdunares

3

Parque Natural doComplexodunar deCorrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

Como credes que o mar pode condicionar o desenvolvemento das plantas?

........................................................................................................................

As dunas son un substrato móbil. Que tipo de adaptacións pensades que des-envolven as plantas para compensar esa mobilidade?

........................................................................................................................

Sabedes xa a que condicións se enfrontan as plantas que medran nas dunas?Axudádevos da investigación que acabades de facer para elaborar unha rela-ción de factores ambientais que condicionen a vida nas dunas.

........................................................................................................................

Credes que as condicións ambientais son constantes en todos os puntos daduna? Como variarán?

........................................................................................................................

OBSERVACIÓNS NOTAS

Nome do grupo

Lugar

Data

Condicións atmosféricas

Temperatura do aire

Temperatura sobre o solo

Temperatura no solo

Humidade relativa do aire

Intensidade do vento

Dirección do vento

Presenza de partículas transportadas polo vento

Auga retida pola area

Page 5: As plantas dunares

Unidades didácticas

As plantasdunares

Parque Natural doComplexo

dunar deCorrubedo

e Lagoas de Carregal

e Vixán

4

ActividadeQue plantas viven nas dunas?

3Cun cadro de arame de 40 cm de lado, ides descubrir algunhas das plantasque son capaces de vivir nas dunas.

Para facilitarvos o traballo, porque a duna é moi grande, tiraredes o cadradoao chan, anotando as especies que hai dentro, repetindo esta operación 15veces. Non debedes pretender que caia sobre ningunha planta en concreto.

Para a identificación utilizade esta sinxela clave:

1. Gramíneas:

- Menores de 40 cm: GRAMA MARIÑA

- Maiores de 40 cm: FEO DE PRAIA

2. Diferentes ás gramíneas

- Follas con espiñas: CARDO DA RIBEIRA

- Follas sen espiñas: 3

3. Follas:

- Con forma de ril e talo deitado: CORREOLA MARIÑA

- Sen forma de ril: 4

Page 6: As plantas dunares

Unidades didácticas

As plantasdunares

5

Parque Natural doComplexodunar deCorrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

4. Talo:

- Ao corte bota leite: LEITAREGA DA PRAIA

- Ao corte non bota leite: 5

5. O talo:

- É un bulbo de cor amarela-encarnada, ten unha flor branca en forma de campá moi recendente: CEBOLA DAS GAIVOTAS

- Non é un bulbo: 6

6. Ten pelos ou la: 8

7. Non está cuberta de borra: 9

8. Abondosa pilosidade semellante ao algodón

- só nas flores: VULNERARIA

- a pilosidade cobre toda a planta: CARRASCAS DE SAN XOÁN

9. Planta de:

- pequeno tamaño con talos reptantes con follas postas e carnosas: ARENARIA DO MAR

- Gran tamaño con grandes flores amarelas solitarias e vaíñas de sementes moi longas: PAPOULA DAS PRAIAS

Page 7: As plantas dunares

Unidades didácticas

As plantasdunares

Parque Natural doComplexo

dunar deCorrubedo

e Lagoas de Carregal

e Vixán

6

Ide anotando as vosas observacións na seguinte táboa:

ESPECIES 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Total aparicións/ Frec.n.º total tiradas

Grama + + + + - - + - + - - + + + + 10/15=0.66 66%

Page 8: As plantas dunares

Unidades didácticas

As plantasdunares

7

Parque Natural doComplexodunar deCorrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

Agora, observade con detemento catro plantas diferentes, fixádevos na súaforma, cor, altura..., e sinalade na táboa as adaptacións que presentan. Tratadede relacionar esas adaptacións coas funcións que teñen nas plantas dunares:

OBSERVACIÓNS A B C D FUNCIÓNS

Talo rastreiro

Presenza de follas

Cutícula dura

Espiñas ou escamas

Presentan pelusiña

Aspecto carnoso

Superficie enrolada

Son brillantes

Cores apagadas

Flores pequenas

Tecidos ríxidos

Page 9: As plantas dunares

Unidades didácticas

As plantasdunares

Parque Natural doComplexo

dunar deCorrubedo

e Lagoas de Carregal

e Vixán

8

Seguidamentevaise medindo(ollando desdearriba) cantosc e n t í m e t r o socupa cadaespecie:

ESPECIES MEDIDAS EN cm TOTAL COBERTURA

Grama 12-8-26-17 63 cm 63/5=12.6%

Calculade a cobertura das plantas no ecosistema dunar. Estendede unha cintamétrica de 5 m sobre as plantas, procurando que quede o máis tensa posible.

Page 10: As plantas dunares

Unidades didácticas

As plantasdunares

9

Parque Natural doComplexodunar deCorrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

Neste perfil da duna, situade a vexetación que atopastes no voso estudo eindicade as especies que a forman.

Que diferenza existe entre a frecuencia e a cobertura?

........................................................................................................................

........................................................................................................................

En que parte da duna estades?

........................................................................................................................

Relacionade onde se sitúa a vexetación coas condicións ambientais que hainesa zona.

........................................................................................................................

........................................................................................................................

Que función cumpre a vexetación das dunas?

........................................................................................................................

........................................................................................................................

Page 11: As plantas dunares

Unidades didácticas

As plantasdunares

Parque Natural doComplexo

dunar deCorrubedo

e Lagoas de Carregal

e Vixán

10

ActividadeNas dunas non só viven plantas

4Para a observación da fauna, hai que ter os ollos moi abertos, xa que unha dascaracterísticas principais dos animais que aquí viven é o seu alto nivel demimetismo. Hai aves como a píllara das dunas que crían nas dunas, poñen osseus ovos en pequenas depresións da area que fan a fun-ción de niños e teñen unhas cores que apenas nos per-miten distinguilas e, por suposto, moito menos aosseus ovos e polos...

Coidado onde poñedes os pés!

Outra das características máis impor-tantes é que algúns animais, como osapo de esperóns, teñen a súa maioractividade durante a noite, ¿sabedespor que? Investigade que é o que faidurante o día.

Neste ambiente tamén viven outros animais de menortamaño, pero igual de importantes, como escaravellos, ocaracoliño das dunas e a eiruga da esfinxe da leiteiriña.Por que lle chaman así?

...........................................................................................................

........................................................................................................................

A estas alturas da investiga-ción xa sabedes que asdunas son un medio hostilpara a vida, polo que afauna que habita nelas éescasa, aínda que moi inte-resante.

Page 12: As plantas dunares

Unidades didácticas

As plantasdunares

11

Parque Natural doComplexodunar deCorrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

Facede unha relación dos animais atopados utilizando a seguinte ficha inventario:

O proceso no que un animalcome a outro e este é comidoá vez por outro máis grandecoñecese como cadea alimen-taria ou cadea trófica. Agoraque xa coñecedes o ecosiste-ma dunar, poderiades facerunha das cadeas alimentariasdas dunas.

Ademais nos ecosistemas os seres vivos distribúense formando unha pirámidena que os vexetais están na base e os depredadores na parte alta. Para que seconserve o equilibrio, onde cres que terá que haber máis abundancia de seresvivos, na base ou na cúspide da pirámide?

........................................................................................................................

Agora que xa falamos de equilibrio, pensa nalgún exemplo de como este equi-librio pode romperse.

........................................................................................................................

........................................................................................................................

Nome galego Taxonomía Alimentación Presenta Tipo de Observaciónsmimetismo mimetismo e curiosidades

Nas dunas existe un equilibrio entre as diferentes especies de animais e deplantas. Para que haxa suficiente alimento para todos é moi importante nonalterar ese equilibrio.

Page 13: As plantas dunares

Unidades didácticas

As plantasdunares

Parque Natural doComplexo

dunar deCorrubedo

e Lagoas de Carregal

e Vixán

12

ActividadeUn ecosistema singular relacionado cos demais

5 Observade ao voso arre-dor; o ecosistema dunar édiferente de toda a paisaxeque o rodea.

Facede un debuxo no quereflictades os diferentesecosistemas que rodean asdunas.

Pensades que as dunas son un ecosistema illado?.....................................

ECOSISTEMA ORIXE NATUREZA RELACIÓNS

Clasificade os ecosistemas pola a súa orixe (natural ou humana), polas súas carac-terísticas naturais e observade as relacións que manteñen co ecosistema dunar.

Edita: Xunta de Galicia - Consellería de Medio AmbienteIdea orixinal e realización: cem, s.coop.galegaDeseño gráfico: Mazaira grafismo, s.l.Impresión: Edym, s.l.Depósito Legal: C-2263/2004

Impreso en papel 100% reciclado, libre de cloro e certificado

Page 14: As plantas dunares