Andainas pola contorna

Post on 12-Apr-2017

277 views 1 download

Transcript of Andainas pola contorna

O alumnado de Barouta, este curso, vaille dar unha volta á súa contorna. Imos aprender sobre o noso medio máis próximo: os camiños e os nomes do lugar, hórreos e graneiras, fornos, fontes, cruceiros, pontes medievais...

“Barouta: o patrimonio material e

inmaterial”(As construcións tradicionais e a toponimia propia do lugar)

Augapesada Ponte Maceira

“Camiño de Fisterra-Muxía”

Alumnado de 5º e 6º de Primaria

CEIP Barouta16 de novembro de 2016

<<Coñecendo a contorna>>

A ponte medieval sobre o Rego dos Pasos, de cantería, cun arco central de medio punto rebaixado e dous aliviadoiros. Alombada, de trazado curvo e calzada de grandes laxes. Esta ponte quedou fóra de servizo cando se fixo a concentración parcelaria pero foi restaurada. O camiño pasa ao seu pé. Neste entorno natural pasou Rosalía de Castro os seus primeiros anos da infancia.

Augapesada: “auga empezada”, “auga empozada”. Aquí nacen dúas fontes e pasan dous regos, polo tanto é un lugar de auga que servía para facer moer os muíños da zona.Foi capital do Concello e por ela pasa o Camiño Real a Fisterra-Muxía.

Fonte do Acheiro:Pasada a ponte, á man dereita, atópase esta fonte, hoxe media soterrada pola estrada.Á esquerda, queda unha casa cun espazo diante e un pozo; gravada na pedra a data, 1920, xunto cuns trísquelos. Contan que era unha taberna onde paraban as recuas antes de subir a costa. Aínda conserva a anela de ferro para amarraren as mulas.

Ponte medieval e calzada real.

Fonte do Acheiro

Augapesada

Subindo polo Mar de Ovellas, na aldea de Castiñeiro de Lobo.

milladoiro

Patricia, amosounos un peido de lobo, cheo de esporas.

Costa do Mar de ovellas (Mor de Obellias no s XII). Antigamente era unha zona de pastoreo. Aquí viñan pacer as ovellas e vacas da redonda. E había tantas, que se mirabas desde o cimo, parecía un mar branco. De aí o nome <<mar de ovellas>>.Rosalía de Castro dedicoulle un poemiña a este lugar: ¡A probiña, que está xorda...!Leváime aló, miñas pernasPaseniño, paseniño, Aquí paras, aló te sentas, Irás chegando, Xuana,A donde as casas fomegan.

I a vella vai, sube, sube a costa de mar de ovellas,cun ollo posto no chani outro onde as casas fomegan.

Monte escolar de Ames. Hai 10 anos, fixemos unha plantación de castaños e carballos. Participamos varios centros do Concello. E xa dá gusto velos!

Fonte do Breixo. Parada obrigada despois da pronunciada subida. Pasamos de 180 a 272 m en pouco treito.

Susavila de Carballo, Trasmonte

Amarelle

Casa de Breixo ou do Patiño.Antiga casa de posta, onde paraban os arrieiros.

Cruz a un veciño de Fisterra que morreu aquí no 1857.

Hórreos típicos da Maía, combinando a cantería dos penais coa madeira nos claros.

Trasmonte, un cruceiro con pousadoiro.Ao fondo, a escola feita polos emigrantes en Cuba.

Merenda no campo da festa de Trasmonte. Hai que repoñer forzas!

A forxa de Caramés, lembranzas dun ferreiro.

Esta é a forxa de Avelino Caramés. Recibiunos Fernando, o fillo, e contounos moitas cousas de como facían os ferreiros cando non había electricidade. Todo á man e con moita maña. Traballaban arreo para facer machadas, coitelos, fouciños, sachos...Grazas, Fernando e Julia por nolo contar.

A fornalla co ventilador. (antes tiñan un fol)

Pía con auga para arrefriar.

Martelo mecánico.

A zafra para martelar e dar forma ao ferro.

A trade para furar.

A moa, para afiar a ferramenta.

Que ten que haber nunha forxa?

Formas, para copiar.

Hórreos de Reino e Ponte Maceira (abaixo)

Pazo de Lens

Reloxo de sol en Burgueiros.

Alpendre con pía

Pontella, ponte medieval e muíño na Ponte Maceira, conxunto histórico cunha arquitectura popular moi importante.

Ponte Maceira

Un bo lugar para rematar este percorrido! Cansos pero tamén coa cabeza chea de historias fermosas, lugares con encanto e moito para contar.

Ruta polo Rego Andoriña

Alumnado de 3º e 4º de E.P.17 de novembro de 20161 de decembro de 2016

Nós comezamos a andaina na capela de Vilouta, onda o cruceiro e a Fonte Santa, e rematamos no “muíño de Insua”, na praia fluvial. Pasamos por regos cheos de auga cos seus muíños (hoxe xa sen uso), bosques de carballos e castiñeiros, pontellas de pedra, pisamos o terreo do antigo castro de Piñeiro e ata nos imaxinabamos alí, na Idade do Ferro, vixiando desde o alto! Vimos os hórreos de Rúa, a igrexa de San Mamede (antigo mosteiro) e que aínda conserva un hórreo de boas dimensións. Seguimos baixando cara ao Tambre, xa de volta, pasando pola “devesa de Sequeiros”, cun cheiro a loureiro marabilloso.

E, por fin, a beira do gran río, o Tambre, que tantas veces visitamos no verán para refrescarnos.

Cansos, si! Pois a andaina foi moita. Pero pagou a pena.

A Ruta do Andoriña é circular; percorre a contorna da capela da Magdalena, varios muíños, os restos do Castro de Piñeiro, o conxunto parroquial de San Mamede e as cascadas que forma o regato do Andoriña. Iníciase na praia fluvial de Tapia, á beira do río Tambre. Ten uns seis quilómetros de lonxitude; é unha senda chea de beleza e cunha dificultade baixa. Está sinalizada con paneis informativos que falan da riqueza natural e arquitectónica da zona.

Frenza, Tapia

Fonte santa, capela da Madalena e cruceiro.

Fonte milagreira. A ela acoden as persoas con doenzas dos ósos.

Camiño do Rego Andoriña

Bordeamos regos, cruzamos pontellas, subimos montes e gozamos do outono.

No “castro de Piñeiro” hai dous muíños, un reconstruído e outro en mal estado que aínda conserva a moa e o rodicio.

Muíños do Rego Andoriña

Os dous muíños, colocados a diferente altura, aproveitaban a auga dun para moer no outro antes de devolvela ao río. Toda unha lección de aforro enerxético.

Castro de Piñeiro

O espazo do castro, hoxe, é un souto fermoso á beira do rego Andoriña no que merendamos tranquilamente.

Tempo para observar, aprender e repoñer forzas antes de seguir o camiño.

Informándose sobre o

antigo Castro de Piñeiro.

Remontando a ladeira do monte ata o cimo, onde estaría a muralla defensiva.

Hórreo de San Mamede, PiñeiroDe estilo fisterrá, todo de cachote, a diferenza dos da Maía, que levan pedra e madeira.

Hórreo de Rúa, Piñeiro Pombal de Vilouta, Tapia

Igrexa e priorado de San Mamede

Bosque de loureiros na “Devesa de

Sequeiros”

Ínsua do Tambre

Finaliza o percorrido na praia fluvial de Tapia, co seu muíño reconstruído pero acondicionado para un uso diferente.