Post on 08-Jul-2015
ANÁLISE DUN MAPA ECONÓMICO
Neste mapa económico observamos as diferentes civilizacións ,
culturas e pobos que aparecen arredor do Mediterráneo: o Islam, os
reinos cristiáns e os imperios Carolinxio e Bizantino.A localización
xeográfica do Islam abranguería desde P. Ibérica, agás algúns
territorios da zona norte, Norte de África, a P. Arábiga e Oriente
Próximo. O territorio do I. Bizantino estendíase por Anatolia,
Bulgaria, Grecia, Albania, toda a zona da ex–Iugoslavia(Eslovenia,
Croacia, Bosnia, Serbia, Montenegro, Kosovo, Macedonia), sur de
Italia, Sicilia e Sardeña. A zona cristiá incluía o noroeste da P. Ibérica,
Asturias, Pireneos, a totalidade de Francia e outras zonas europeas.
No mapa obsérvanse as rutas comerciais no territorio do Islam e
nos pobos veciños.Todas elas unían aos tres continentes: Europa, Asia
e África. Polo que se pode observar había varias rutas terrestres: unha
proviña de Asia, partindo de Samarcanda, pasaba por Teherán e
chegaba a Bagdad. Nese punto dividíase en tres direccións: por un lado
ata Anatolia, pasando por Mosul (Irak), por outro ata a Alepo (Siria), e
outra, finalmente, ata a costa Mediterránea.Desde Alepo a ruta segue
ata o Cairo e desde alí, paralela á costa do Norte de África, chega ata
Kairuán. A segunda ruta conforma un triángulo cos vértices na cidade
de Kairuán, no deserto do Sáhara e en Fez. Desde Fez pasa á P. Ibérica
polo estreito de Xibraltar. A terceira ruta comercial terrestre procedía
do norte de Europa e a súa saída ao mar era por Venecia.
En canto ás rutas comerciais marítimas, a primeira procedía do
Índico, intérnase no G. Pérsico e enlaza coa ruta en Basora (Irak). A
segunda tamén chega do Índico ata chegar ao mar Vermello e de alí ao
Cairo. A terceira segue o curso do Nilo ata chegar tamén ao Cairo. A
cuarta desde Tunisia ata o mar Tirreno e a quinta , desde Venecia cara
ao mar Adriático. Os produtos cos que se comerciaba eran seda, papel,
porcelana, pedras preciosas, perfumes, escravos, marfil, estaño,
ámbar, peles, armas. As principais cidades eran aquelas que servían de
punto de partida ou enlace entre diferentes rutas, fosen terrestres ou
marítimas e, ao ser lugares de intercambio comercial ,outorgábanlles
un papel dominante .
Historicamente, e desde a antigüidade, a península Arábiga
estivera integrada nas redes do comercio internacional.Era o punto de
encontro das rutas caravaneiras e coa expansión do Islam (século VII)
o seu comercio e os seus comerciantes ampliaron rutas de intercambio
chegando ata o Extremo Oriente. Todo isto únese á súa posición
xeográfica xa que podemos considerar a Arabia, na época que reflicte
o mapa, a ponte entre Oriente e Occidente. Grazas a ese papel fixeron
que a civilización islámica se convertera en intermediaria do comercio
entre Oriente e Europa.
DesDecrición
A Análise
Contexto histórico