Análisis dun mapa económico

2
ANÁLISE DUN MAPA ECONÓMICO Neste mapa económico observamos as diferentes civilizacións , culturas e pobos que aparecen arredor do Mediterráneo: o Islam, os reinos cristiáns e os imperios Carolinxio e Bizantino.A localización xeográfica do Islam abranguería desde P. Ibérica, agás algúns territorios da zona norte, Norte de África, a P. Arábiga e Oriente Próximo. O territorio do I. Bizantino estendíase por Anatolia, Bulgaria, Grecia, Albania, toda a zona da exIugoslavia(Eslovenia, Croacia, Bosnia, Serbia, Montenegro, Kosovo, Macedonia), sur de Italia, Sicilia e Sardeña. A zona cristiá incluía o noroeste da P. Ibérica, Asturias, Pireneos, a totalidade de Francia e outras zonas europeas. No mapa obsérvanse as rutas comerciais no territorio do Islam e nos pobos veciños.Todas elas unían aos tres continentes: Europa, Asia e África. Polo que se pode observar había varias rutas terrestres: unha proviña de Asia, partindo de Samarcanda, pasaba por Teherán e chegaba a Bagdad. Nese punto dividíase en tres direccións: por un lado ata Anatolia, pasando por Mosul (Irak), por outro ata a Alepo (Siria), e outra, finalmente, ata a costa Mediterránea.Desde Alepo a ruta segue ata o Cairo e desde alí, paralela á costa do Norte de África, chega ata Kairuán. A segunda ruta conforma un triángulo cos vértices na cidade de Kairuán, no deserto do Sáhara e en Fez. Desde Fez pasa á P. Ibérica polo estreito de Xibraltar. A terceira ruta comercial terrestre procedía do norte de Europa e a súa saída ao mar era por Venecia.

Transcript of Análisis dun mapa económico

Page 1: Análisis dun mapa económico

ANÁLISE DUN MAPA ECONÓMICO

Neste mapa económico observamos as diferentes civilizacións ,

culturas e pobos que aparecen arredor do Mediterráneo: o Islam, os

reinos cristiáns e os imperios Carolinxio e Bizantino.A localización

xeográfica do Islam abranguería desde P. Ibérica, agás algúns

territorios da zona norte, Norte de África, a P. Arábiga e Oriente

Próximo. O territorio do I. Bizantino estendíase por Anatolia,

Bulgaria, Grecia, Albania, toda a zona da ex–Iugoslavia(Eslovenia,

Croacia, Bosnia, Serbia, Montenegro, Kosovo, Macedonia), sur de

Italia, Sicilia e Sardeña. A zona cristiá incluía o noroeste da P. Ibérica,

Asturias, Pireneos, a totalidade de Francia e outras zonas europeas.

No mapa obsérvanse as rutas comerciais no territorio do Islam e

nos pobos veciños.Todas elas unían aos tres continentes: Europa, Asia

e África. Polo que se pode observar había varias rutas terrestres: unha

proviña de Asia, partindo de Samarcanda, pasaba por Teherán e

chegaba a Bagdad. Nese punto dividíase en tres direccións: por un lado

ata Anatolia, pasando por Mosul (Irak), por outro ata a Alepo (Siria), e

outra, finalmente, ata a costa Mediterránea.Desde Alepo a ruta segue

ata o Cairo e desde alí, paralela á costa do Norte de África, chega ata

Kairuán. A segunda ruta conforma un triángulo cos vértices na cidade

de Kairuán, no deserto do Sáhara e en Fez. Desde Fez pasa á P. Ibérica

polo estreito de Xibraltar. A terceira ruta comercial terrestre procedía

do norte de Europa e a súa saída ao mar era por Venecia.

Page 2: Análisis dun mapa económico

En canto ás rutas comerciais marítimas, a primeira procedía do

Índico, intérnase no G. Pérsico e enlaza coa ruta en Basora (Irak). A

segunda tamén chega do Índico ata chegar ao mar Vermello e de alí ao

Cairo. A terceira segue o curso do Nilo ata chegar tamén ao Cairo. A

cuarta desde Tunisia ata o mar Tirreno e a quinta , desde Venecia cara

ao mar Adriático. Os produtos cos que se comerciaba eran seda, papel,

porcelana, pedras preciosas, perfumes, escravos, marfil, estaño,

ámbar, peles, armas. As principais cidades eran aquelas que servían de

punto de partida ou enlace entre diferentes rutas, fosen terrestres ou

marítimas e, ao ser lugares de intercambio comercial ,outorgábanlles

un papel dominante .

Historicamente, e desde a antigüidade, a península Arábiga

estivera integrada nas redes do comercio internacional.Era o punto de

encontro das rutas caravaneiras e coa expansión do Islam (século VII)

o seu comercio e os seus comerciantes ampliaron rutas de intercambio

chegando ata o Extremo Oriente. Todo isto únese á súa posición

xeográfica xa que podemos considerar a Arabia, na época que reflicte

o mapa, a ponte entre Oriente e Occidente. Grazas a ese papel fixeron

que a civilización islámica se convertera en intermediaria do comercio

entre Oriente e Europa.

DesDecrición

A Análise

Contexto histórico