Memorias dun neno labrego

22
A NATUREZA E A VIDA ESCOLMA E MONTAXE R E ALIZ AD A P O R 1º ESO C Cambados, maio de 2011

Transcript of Memorias dun neno labrego

Page 1: Memorias dun neno labrego

A NATUREZA E A VIDA

E S C O LMA E MO NTAXE

RE ALIZAD A PO R 1º ESO CCambados, maio de 2011

Page 2: Memorias dun neno labrego

“Cando un libro galego, se traduce pouco importa o autor. Importa que se saiba que é dun país que ten unha lingua e unha cultura propias". Neira Vilas

Este ano cúmplense cincuenta anos da publicación de “Memorias dun neno labrego”, o libro máis lido da historia da literatura galega, e tamén o máis traducido. É unha obra de Xosé Neira Vilas publicada na Arxentina o 5 de xaneiro de 1961.

Page 3: Memorias dun neno labrego

Un pequena novela de convertida nunha obra da literatura universal que foi traducida a numerosos idiomas: castelán, inglés, francés, alemán, ruso, chinés, sueco, catalán, eusquera, búlgaro, maia, esperanto... e tamén en sistema braille.

Page 4: Memorias dun neno labrego

O libro conta a vida dun rapaz da aldea de arredor de 1940. Balbino, un neno labrego de familia pobre que no seu caderno escribe as súas inquedanzas e aventuras e critica as inxustizas da súa dura vida.

Page 5: Memorias dun neno labrego

EU SON...BALBINO. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa...

Page 6: Memorias dun neno labrego

... Ninguén me di, poño por caso, para que sirven as estrelas, nin onde morren os paxaros. Sei de certo que moitísimos anos antes de nacer eu xa había sol e penedos e fuxía a auga polo río...

...Pero para min é miragre todo. Dende as pingueiras da chuvia ata o canto do grilo...

Page 7: Memorias dun neno labrego

PERDIDO...Camiñaba de vagar. O millo cubríame. Xa non podía verme. A terra estaba dura. Agúns cadullos esfarelábanse debaixo dos meus zocos. Andiven e andiven. Debía estar preto do río pois chegou a ata min o balbordo da auga na presa do muíño...

Page 8: Memorias dun neno labrego

O XUDÍO...A valomonte brincaba coma un cabalo novo, tripando sebes, regueiros e hortas. Sin saber como, fun dar á eira do Xudío...

Page 9: Memorias dun neno labrego

LOITO...noutro carro, unha morea de palla, que seis homes, vestidos con carozas de xuncas, puxéronse a mallar no chan con cadanseu mallo, mentres cantaban copras axeitadas...

Page 10: Memorias dun neno labrego

OS GRANDES...Nós vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas. As cousas éntrannos polos ollos, polo nariz, polas orellas, e queremos deprender o seu nome e significado. Máis non sempre o logramos. Os maiores cánsanse e fannos calar ou arrédannos con algnha estrucia, do que teimamos saber. Calamos. Porque é perigoso non calar a tempo...

Page 11: Memorias dun neno labrego

AMÉRICA...América é un ichó. Os que caen nel non avisan ós que chegan detrás. primeiro pérdense costumes, xeitos de vida do país de orixe. Pérdese a alegría. Rematando as máis das veces por perdelo todo. É como cando se arrinca unha árbore e se deixa coas raiceiras en coiro, sin terra...

Page 12: Memorias dun neno labrego

PACHÍN...Boa estaría que os animais falasen coma nós. Os paxaros, o gando, as lebres. Que rebumbio! Talvez se entendan sin conversar, ou non precisarán entenderse. Hai moitos homes e mulleres que parolan na mesma linguaxe e tampouco se entenden...

Page 13: Memorias dun neno labrego

REBUSQUE...O sol xa pelaba. Todo estaba quedo. Só se ouvía o barullo teimoso da auga que facía remuíño nunha pena, e o rechouchío dos paxaros mañanceiros...

Page 14: Memorias dun neno labrego

O FUMAZO...Aquela tarde -primeira vez que me deixaban ir- deprendín para sempre a escoller as prantas sagras: estalotes, herba de Santa María, faísca verde, follas de castiñeiro e de bieiteiro, ponlas de oliva, codesos, follas de loureiro, troviscos, ponlas de nogueira, rosas de nabo e romeu...“Sálvamelume de San Xoán.Que non me morda cadela nin can”

Page 15: Memorias dun neno labrego

ELADIA...A escola está no pazo da señora Isaura. Éntrase por un portal que cai en anacos. Hai un curro con plantas de chuchamel e dúas nogueiras moi grandes. As escaleiras do patín son de pedra, con carriza nas xuntas, pola chuvia...

Page 16: Memorias dun neno labrego

A MORTE...O sol veu espreguizándose ó xeitiño por derriba do Castro. Axexou primeiro co seu ollo de lume, e logo espargueuse en raiolas mornas sobre o mundo. Nunca observara eu esa estrucia...

Page 17: Memorias dun neno labrego

O MEU AMIGO...-Padriño, cando esmorecen as estrelas? Onde rematan os camiños? Quen puxo os penedos no río?......Eu teimaba ser mestre de escola, ou cando menos ferreiro. Pero tamén quixera voar. Guiar un avión para ir polo mundo adiante, viaxando por derriba das nubes...

Page 18: Memorias dun neno labrego

O XURAMENTO...Era por maio. Acórdome ben porque foi o día do meu xuramento. No alcipreste garulaban merlos, papuxas, estorniños, que sei eu! Un rechouchío teimoso de canto paxaro se podía ver e xuntar...

Page 19: Memorias dun neno labrego

A PEDRA...Aquela tardiña voltaba eu do prado. Fora tornar a auga. Andivera o día enteiro arrendando as patacas, doíanme os cadrís. Tiña secura na gorxa e un teimosos proemento nos ollos. Sede, canseira, anguria de ver que a vida non é igual para todos os rapaces...

Page 20: Memorias dun neno labrego

SANCRISTÁN...Eu son dado a cavilar, e cando andaba pola igrexa, entre santos e panos sagros, traballábame o pensamento. Matinaba no San Roque, que mellor estaría cun médico poñéndolle unturas ca non lambéndolle a frida un cadelo; e dábame non sei que ver dacabalo ó Apóstolo Santiago moi ben vestido, chuzando mouros. Esto non está ben nun santo, penso eu. Cando menos podía descabalgar e pelexar con eles de home a home...

Page 21: Memorias dun neno labrego

DESTINO...Anque con Flora sinto unha cousa diferente. Ganas de abrazala, ou darlle un lapote nas nádegas, como fai ás veces o Landeiro. Un día, no monte, puxémonos a enredar mentras botabamos molime no carro, e non sei que me pasou. Vinlle as pernas ata a polpa e véuseme un trasviramento ós ollos e un rebulir no sangue que me fixeron tremer....

Page 22: Memorias dun neno labrego