A VIAXE DAS BOLBORETAS semana/4 ANOS...2.Ver o vídeo do conto “A viaxe das bolboretas” de Paula...

Post on 17-Sep-2020

5 views 0 download

Transcript of A VIAXE DAS BOLBORETAS semana/4 ANOS...2.Ver o vídeo do conto “A viaxe das bolboretas” de Paula...

Ola a todos /as unha semana máis. Esperamos que xa esteades adaptados á situación na que nos encontramos e que vos resulten amenas as actividades que vos propoñemos, esta vez relacionadas cos INSECTOS

A VIAXE DAS BOLBORETAS1.Para comezar, ler o título e observar a imaxe. Formular preguntas por exemplo: Que se ve na imaxe?, Cales son os insectos que aparecen?, Cantos hai? Que colores aparecen na portada do conto?...

2.Ver o vídeo do conto “A viaxe das bolboretas” de Paula Carbonell. Editorial: OQOUnha historia na que se amosan valores coma a amizade.Un vermiño vai da laranxeira ao limoeiro. Non é moito o camino, máis será unha viaxe na que aparecen moitos amigos, inimigos, conflitos que só poden superar coa solidariedade…

https://www.youtube.com/watch?v=ByEvTnIWcms

Formular preguntas para comprender o conto:• Quen é o protagonista do conto? • Como é? Onde vive? Que quería facer? • Conseguiuno?• Quen o axudou? • Con que inimigos se atopou?... • Conducir aos nen@s para que cheguen á conclusión de que a axuda dos demais é necesaria e que tamén compre axudar.

Tamén se pode contar o conto e ver as ilustracións do mesmo na seguinte ligazón:https://es.slideshare.net/ivanlage/a-viaxe-das-bolboretas

3.Identificar os amigos cos que se vai atopando o vermiño polo camino e contar cantos son: grilo, cadela de frade, xoaniña, formiga e pulga.

• Numera os amigos: 1º,2º,3º,4º,5º• Cal é o primeiro, o último e o terceiro?• Escribe en maiúsculas os seus nomes.• Como se chaman en castelán?

4. Nomea os inimigos do vermiño, escribe os seus nomes. Como se chamarían en castelán?.

5. Preguntar se coñecen algún bichos dos que aparecen no conto. Que nos digan algunha característica do mesmo ( que ten seis patas e un par de antenas, ás, que se desplaza andando saltando ou voando, que nace dun ovo, de que cor é…).

6. Colorea algúns dos amigos do vermiño e rodea os inimigos.

7. Formular preguntas por exemplo: Que se ve na imaxe? Coñeces o nome desas froitas? Gústanche?.Que cor e forma teñen? Probas na casa e di cal che gosta mais.

Fai o percorrido da laranxeira o limoeiro de distintas maneiras

8. Recorta los bichos y pégalos en el conjunto que corresponde con la vocal inicia. Haz las vocales.

9. Ponlle os lunares á xoaniña.

10. Busca os 5 erros.

11. Debuxar unha bolboreta ( o vermiño convértese en bolboreta):Cubrir a metade do debuxo con manchas de cores feitas con bastoncillos de algodón e despois facer a outra metade doblando a folla e premendo o papel para obter a simetría. A continuación facer debuxos dos amigos do vermiño.

12. Xogar as adiviñas con ” Barney El Camión”. Con este vídeo descubrimos características dos insectos.

https://www.youtube.com/watch?v=ZHfSo-dewmk

13. Outras manualidades : Cun tubo de papel hixiénico e cartulina podemos facer esta xoaniña:

Imprimir a bolboreta da páxina seguinte e logo facer unha colaxe, rachando coas mans e apegando papeliños de diferentes cores.

Cantar e bailar con María Fumaça a canción” Fun ao mercado”.https://www.youtube.com/watch?v=A5Z-t4fty6w

Audición musical: ” O voo do moscardón” de Rimsky- Kórsakov. Con ela poden aproveitar para revolotear pola casa desfrutando da música clásica. E se os disfrazamos de mosca ainda moito mellor.(Esta obra imita o voo dunha mosca ben grande zumbando detrás da orella).