A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don...

21
A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República e contrastala coa actual. A Galicia da preguerra e o caciquismo neste contexto social A muller na II República Analizar e debater sobre a II República, a Guerra Civil, o ensino na II República, tras a guerra... e agora Que hai Pardal, espero que este ano poidamos ver por fin a lingua das bolboretas Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 1 de 21

Transcript of A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don...

Page 1: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

A LINGUA DAS BOLBORETAS

IMOS

• Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... asituación do ensino antes, durante e despois da II República econtrastala coa actual.

• A Galicia da preguerra e o caciquismo neste contexto social• A muller na II República• Analizar e debater sobre a II República, a Guerra Civil, o ensino na II

República, tras a guerra... e agora

Que hai Pardal, espero que este ano poidamos ver por fin a lingua dasbolboretas

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 1 de 21

Page 2: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

ANTES DE VER A PELÍCULA

• Coñeces este cadro?• Quen é o seu autor?• Que che di?• Que cres que

representa?• Como pensas que

morreu?

O CONTEXTO HISTÓRICO. INVESTIGA SOBRE A SÚA HISTORIA

➢ II República

➢ Guerra Civil

Con seguridade has de ter estudado tanto a II República como a GuerraCivil, contexto no que se desenvolve a película, polo que non imos reiterartemas xa estudados.

Imos tratar este período histórico, social e político dende outras olladas ecentrándonos nun tema que cremos sobranceiro neste filme: o ensino, opapel da e do mestre. Mais tamén nos achegaremos ás relacións humanas,así como a analizar como o medo pode levar á traizón, e fan desembocarunha relación na que a admiración e o respecto deixan paso ao odio.

A II República supuxo tamén un grande cambio na situación da muller.Cambios que tamén se formulan dende o ensino, pero non só comoveremos.

Pola contra, o “Alzamento”, o golpe de estado supuxo un recuar en todosos aspectos: liberdades, dereitos, avances sociais... e trouxo represión e amorte de moitas persoas por defenderen as súas ideas.

En que momento da película se recolle o golpe de estado dos militares(Franco, Mola, Sanjurjo, Queipo de Llano...)?

Durante toda a cinta obsérvase un aire de nostalxia pola liberdade, aesperanza e o cambio social que supuxo a Segunda República española,

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 2 de 21

Page 3: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

(«Grazas á República podemos votar as mulleres», di a nai de Moncho) éunha denuncia de la bestialidade irracional dos que a derrocaron.

O ENSINO NA II REPÚBLICA

No inicio dos anos trinta, o sistema educativo presentaba unha precariasituación. Apenas tiña presenza o Estado mentres que era ben salientable ada Igrexa católica. Era complicado acceder a estudos superiores para boaparte da rapazada en idade escolar. E a educación para persoas adultasestaba ausente dos plans de estudo.

A República progresista

A II República (a República das e dos mestres) tiña como un dos seusobxectivos sobranceiros a reforma educativa, como motor do cambiosocial ao que se aspiraba. Construíronse escolas, dignificouse a figura domestre, garantiuse a liberdade de cátedra; estableceuse un sistema unitariode tres ciclos, fomentouse dunha pedagoxía activa e participativa, unhaconcepción laica do ensino. Tiña como horizonte permitir o acceso a todosos graos do ensino sen que fosen as condicións económicas un límite oubarreira. O ensino primario sería gratuíto, e estableceuse un 25% dematrículas gratuítas no ensino universitario. Atendeuse á educación deadultos, e tíñase en conta o papel das nais e dos pais dentro do tecidoeducativo.

Tamén as linguas propias dos diferentes territorios con lingua de seu, tiñanacollida no ensino dependendo da lexislación propia nos respectivosestatutos, respectando sempre que ate os 8 anos a educación había ser nalingua materna.

A Institución Libre de Enseñanza (ILE) foi o eixo que artellou toda estareforma educativo. Reforma que axiña tivo poderosos inimigos nasociedade pois vían este novo xeito de educar en valores, en liberdade, aatención individualizada, o contacto coa natureza, o coñecemento erespecto polas persoas, pola natureza... perigoso. A Guerra Civil trouxo aeliminación deste modelo de ensino por parte dos franquistas

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 3 de 21

Page 4: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

A ILE xa viña innovando naeducación dende 1876. OMuseo Pedagógico deInstrucción Primaria, as“Colonias escolares” forondous brazos cos que espallarun novo xeito de formular aeducación e de levala ápráctica. Un obxectivo comúnera sacar a educación primariada lamentable situación na que estaba, favorecer o acceso á educación,chegar ao medio rural.

As misións pedagóxicas foron o proxecto que máis memoria deixou daRepública. Pretendeuse achegar a cultura,especialmente ao mundo rural, con exposicións,sesións cinematográficas, monicreques,representacións teatrais, recitais....A chegada dos conservadores ao poder (ano1933) trouxo unha “contrarreforma”.Suspendeuse a coeducación en primaria eestableceuse que había ir eliminándoasucesivamente.

Investiga sobre o papel da Educación na II República

• Que foi a “Institución Libre de Enseñanza?• E as misións pedagóxicas?• Que cres que supuxo ese novo modelo de educación?• Investigade sobre as misións pedagóxicas en Galicia

A MULLER NA II REPÚBLICA

“Grazas á República podemos votar asmulleres” di nun momento da película anai de Moncho. Esta afirmación de Rosa xanos deixa entrever cal era a situación damuller anterior á proclamación da IIRepública. Esta trouxo a cidadanía civil epolítica, supuxo estender a participación e

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 4 de 21

Ricardo Rubio, Giner de los Ríos e Manuel Bartolomé Cossío

Page 5: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

a presenza da muller na vida pública. Un exemplo témolo en ConcepciónRamón (Tarragona 1895 - Ourense 1991) pioneira no acceso á Direccióndun centro de formación superior (Escola de Maxisterio de Ourense no ano1932). A primeira, probablemente, en todo o Estado español.

El papel de la mujer en la II República. Memoria Histórica. Isabel Almagro Franco

Foi moi controvertido o sufraxio feminino na II República, con oposiciónsmoi contrapostas entre mulleres defensoras deste (Clara Campoamor, porexemplo) ou en contra del (Victoria Kent). No 1931 as mulleres podíanpresentarse a ser elixidas como deputadas pero non podían votar. Será no1933 cando as mulleres poidan votar.Clara Campoamor, Victoria Kent, Margarita Nelken, María Lejárrega forondas primeiras mulleres deputadas. Federica Montseny foi ministra na IIRepública, e así outras mulleres tentaron darlle normalidade á presenza damuller na vida cultural, social e política do momento.

Como diciamos a presenza da muller na vida pública cobrou por vezprimeira protagonismo e foi a educación piar básico e necesario para estaparticipación activa. A lexislación das cortes republicanas traballaba paraacadar a ansiada equiparación. Abolíronse privilexios recoñecidos só paraos homes; regulouse o traballo feminino. Leis como a do divorcio ou a doaborto foron claro exemplo dese novo camiñar que axiña se viu truncado. O asociacionismo feminino agromou tanto na esquerda coma na dereita.

Para consultar sobre o voto feminino

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 5 de 21

Page 6: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

Educación e muller

Algúns datos e apuntamentos para traballar na aula, investigar e debater:

A muller viña sendo “educada” para ser boa nai e fiel esposa. Unhas, asnenas de “boas familias” recibían clases de piano, de francés, deurbanidade... para seren “distinguidas esposas”; outras amais de serenboas esposas e nais tiñan que ser boas administradoras. Nisto resumíase aeducación que recibían as mulleres.

Oficialmente data de 1910 o acceso da muller ao ensino superior, pero noné significativo ata os anos 20 e foi coa II República cando se conseguiron oslogros máis relevantes.

O 8 de marzo de 1910 ditarase unha real orde que autorizaba aincorporación da muller á Universidade Pública con todos os dereitos.Emilia Pardo Bazán era daquela a conselleira de Instrución, a quen “os 1

rancios académicos da Lingua vetárana por ser muller, libre, culta e,segundo eles, de dubidosa moralidade”.

Poucas foran as mulleres que ousaran desafiar a prohibición de estudar; equen o fixo, fíxoo disfrazada de home como a propia Concepción Arenal(1841).

A II República trouxo a coeducación. Achégase a educación a milleiros demulleres, moitas delas do rural , e achégase polo labor de moitas mulleresque exerceron de mestras, e que educaban en valores de igualdade eliberdade. Abolíronse as materias domésticas, creáronse escolas nocturnaspara traballadoras...

1 II República e muller

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 6 de 21

Page 7: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

En Madrid creárase a “Residencia de Señoritas”, 2(1915). Maruja Mallo,Ángeles Alvariño, Rita Fernández Queimadelos, Rita Novoa, Paz ParadaPumar, Carmen Pardo Losada, Concepción Fernández López... sonalgunhas das mulleres galegas que alí residiron.

Investiga sobre estas mulleres galegas: estudos, profesións, en queforon sobranceiras...

Mais tamén pasaron outras moitas mulleres anónimas, sen historia mais ásque esta institución lles brindou a oportunidade de formarse nunha épocana que o analfabetismo era un sinal de identidade na maior parte dasmulleres.

A escola na II República

Unidade didáctica: As mestras da República

MAIS TODO MUDOU... E COMO NON... TAMÉN O PAPEL DA MULLERNA SOCIEDADE

A “Sección femenina” nace na IIRepública (1934). Na Ditaduira,baixo o mando de Pilar Primo deRivera foi o brazo do aparatofranquista de adoutrinamento queoficializou e institucionalizou opensamento único sobre cal habíaser o papel da muller na sociedade

A muller quedaba relegada aospapeis de nai e esposa submisa. Defendía a idea de inferioridade moral eideolóxica da muller, subordinada totalmente ao home: había ser unhamuller doméstica, relegada ao espazo privado. Un “anxo do fogar” quehabía de ler libros para saber “como agradar o marido”.

Abolíronse as reformas que a II República trouxera como o divorcio ou omatrimonio civil. A educación volvía ser segmentada e así o resumía oideario da Sección feminina: “o neno mirará ao mundo, a nena mirará aofogar”. A educación converteuse no principal instrumento para asentar osidearios do franquismo, mesmo as mestras tiñan que formar parte destaorganización, como todas as mulleres entre 17 e 40 anos habían realizar 6meses de servizos.

2 Residencia de señoritas

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 7 de 21

Page 8: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

Velaí o manual da “Buena esposa” que propuña:

CONTESTAMOS E DEBATEMOS:

• Como cres que era o acceso á educación antes da República para asmulleres?

• Que supuxo a “revolución” educativa que perseguía a II República?

• A ben seguro coñeces estas dúas galegas: Concepción Arenal eEmilia Pardo Bazán. Que procuraban?, que significaron?

• Compara os ideais perseguidos pola Institución Libre de Enseñanza ea Sección Feminina (Falanxe)

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 8 de 21

Page 9: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

AS LINGUAS PROPIAS NA II REPÚBLICA

“Sen a lingua morreremos como pobo, enada significaremos endexamais na culturauniversal”

Estas palabras son de Antón Vilar Ponte... aque movemento sociocultural e político galegoas asocias?

• Recolle información sobre as linguas propias na II República

• Que é oficialidade dun idioma?

• Educábase en galego?

• Permitíase o seu ensino?

• Había prensa, obra literaria, o galego era lingua daadministración...?

Investigade sobre Xosefina IglesiasVilarelle (1932)... que lle debemos ?

O seu “Método de lectura” foi un dosprimeiros materiais de carácter pedagóxicopara aprender galego...

• Que outras iniciativas podes indicar no eido da educaciónpara favorecer a presenza do galego no ensino nestasprimeiras décadas do século XX?

• Como cres que mudou a situación ao respecto das linguaspropias tras a Guerra Civil?

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 9 de 21

Page 10: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

VEMOS A PELÍCULA

Versión cinematográfica devarios relatos do escritorManuel Rivas, publicadosdentro do libro Que me queres,amor?. José Luis Cuerdalevou ó cine no ano 1999 estahistoria da infancia nuncontorno rural case idílico sobrea que se cerne a sombra doalzamento contra a II RepúblicaEspañola.

FICHA TÉCNICA E ARTISTICA

Dirección: José Luís Cuerda.

Guión: Rafael Azcona e José Luís Cuerda , baseado en relatos do libro Que me queres, amor? de Manuel Rivas.

Produción: Fernando Bovaira e José Luís Cuerda.

Director de fotografía: Javier Salmones.

Montaxe: Ignacio Cayetano Rodríguez.

Música: Alejandro Amenábar.

Duración: 99 minutos.

Ano: 1999.

País: España.

Intérpretes: Fernando Fernán Gómez (Don Gregorio), Manuel Lozano (Moncho"Gorrión") Uxia Blanco (Rosa), Gonzalo Martín Uriarte (Ramón), Alexis de los Santos (Andrés), Guillermo Toledo (O ́Lis), Elena Fernández (Carmiña).

Xénero: Drama histórico.

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 10 de 21

Page 11: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

SINOPSE

Comezos de 1936. Nun pequeno pobo galego Moncho, “Pardal” , un rapazde oito anos vai comezar na escola. Ten medo pois ten oído que os mestrespegan. Mais cando comeza na escola o medo desaparece... e a culpa disotena don Gregorio.El é un mestre diferente ao que cría Moncho que había ser. É sensible,humanista e liberal. Con el, Moncho e mais o resto dos seus compañeiros ecompañeiras comezarán aprender valores como a dignidade, amizade,liberdade e amor. Apréndelles a coñecer o máis inmediato e tamén naquiloque mesmo non repararan, como por exemplo que as linguas dasbolboretas teñen forma de espiral.Pero triunfa o golpe de estado e con el todo se rompe e os valoresaprendidos quedan trócanse por outros máis mesquiños: odiar, delatar,temer, perder a dignidade... O mestre é detido e o rapaz vese acurralado entre uns e outros principios.

TRABALLAMOS

➢ Fai un breve resumo da película

➢ Cres que poderiamos falar dunha película con dúas partes?

➢ E cales cres ti que serían?

➢ Como vive Moncho eses dous momentos?

➢ O director da película sérvese da mirada dun rapaz, dunPardal, para nos relatar esta etapa histórica... coñeces outraspelículas que tamén busquen a mirada, o relato dun cativo oucativa para contarnos unha historia?

OS PERSONAXES: COMO SON E QUE REPRESENTAN...

Hai un episodio da película que lle vai dar nome ao conto “A lingua dasbolboretas”...

➢ Procúrao e lédeo na aula

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 11 de 21

Page 12: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

Resume ese episodio:

• Por que a súa importancia?

• Como se plasman os novos xeitos da educación polos quepulaba a II República?

En que momentos da película cres que se recollen momentos:

● DE AMIZADE

● DE TERROR

● DA INICIACIÓN Á VIDA

● DAS MISERIAS DA CONDICIÓN HUMANA

Tras o golpe de estado, vén unha outra etapa histórica que apropiándonosdas palabras de Celso E. Ferreiro chamaremos... Longa noite de pedra

O teito é de pedra.De pedra son os murosi as tebras.De pedra o chani as reixas.As portas,as cadeas,o aire,as fenestras,as olladas,son de pedra.Os corazós dos homesque ao lonxe espreitan,feitos estántaménde pedra.I eu, morrendonesta longa noitede pedra.

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 12 de 21

Page 13: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

De que figura bota man o autor para sereferir ao franquismo?

“Pedra” e “noite”... que representan?

É un poema que poderiamos cualificarde autobiográfico? Por que?

Coñeces outros poemas doutras e doutros autores galegos (e en galego)que se refiran á Guerra Civil, á ditadura...

Son autobiográficos tamén?

Fai unha relación destes e defende a túa opinión ao respecto.

O caciquismo está representado por dous personaxes, cando menos, napelícula... Sabes quen son?, como actúan?. Como se manifesta o seu xeitode “entender a vida e as relacións humanas”?.

A EDUCACIÓN

“Eu quería moito a aquel mestre. Ao primeiro, os meus pais non o podíancrer. Quero dicir que non podían entender como quería o meu mestre.Cando era un picariño, a escola era unha ameaza terrible. Unha palabraque bouraba no aire coma unha vara de vime.

«Xa verás cando vaias á escola!» (...)

O meu pai contaba como un tormento, como se lle arrincase as amígdalascoa man, a maneira na que o mestre lles arrincaba a gheada da fala paraque non dixeran aghua nin ghato nin ghracias. «Todas as mañás tiñamosque dicir a frase Los pájaros de Guadalajara tienen la garganta llena detrigo. Moitos paus levábamos por culpa de Ghuadalagara!. Se de verdadequería meterme medo, conseguino. A noite da véspera non durmín.Encollido na cama, escoitaba o reloxo da parede na sala coa anguria duncondenado. O día chegou cunha claridade de mandil de carniceiro. Nomentiría se lles dixese aos meus pais que estaba enfermo.

O medo, como un rato, roíame por dentro.”

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 13 de 21

Page 14: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

Segue coa lectura que recolle o primeiro encontro entre Pardal e donGregorio

Sen dúbida ningunha Moncho (Pardal) e don Gregorio son os personaxessobranceiros da nosa historia...

Como ves a relación entre estes dous?

Por que, como mudou e como evolucionou?

Por que don Gregorio é encarcerado na película?

➢ As mestras e mestres foron un dos obxectivos prioritarios da represiónfranquista, por que cres que o foron?

Ignoro lo que sus alumnas hayan podido aprender en orden a laformación intelectual; lo que si puedo afirmar con todos los caracteres de larealidad, que las alumnas que hayan tenido llevan en su frente el estigmarojo, que unicamente les desaparecerá con la muerte3

Estas frases forman parte do “Expediente de depuración” da mestra deMiño, María Vázquez Suárez. Estes expedientes eran os informes que sefacían tras a Guerra Civil para saber se un/unha mestre/a era digna/o detransmitir os novos valores propostos. Para os redactar, pedíasellescadanseu informe ao cura, ao coronel da Garda Civil e ao xefe da Falanxe.E, cumpría tamén, un outro dun “cabeza de familia respectable.

Tras ler esta pasaxe do conto, reflexionade sobre el:

3 “Estigmas en papel manila”, un dos relatos do libro “Un cesto de mazás” de Montse Fajardo

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 14 de 21

Page 15: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

“Si el o di, é certo. Hai moitas cousas que parecen mentira e son verdade.Gústache a escola?»

«Moito. E non pega. O mestre non pega».

Non, o mestre don Gregorio non pegaba. Pola contra, case sempre sorríacoa súa cara de sapo. Cando dous pelexaban no recreo, chamábaos,«parecen carneiros» e facía que se desen a man. Logo, sentábaos nomesmo pupitre. Así foi como fixen o meu mellor amigo, Dombodán, grande,bondadoso e torpe. (...)

O xeito que tiña don Gregorio de mostrar un gran enfado era o silencio.

«Se vostedes no calan, terei que calar eu».

E ía cara á ventá, coa mirada ausente, perdida no Sinaí. Era un silencioprolongado, desacougante, como se nos deixara abandonados nun estrañopaís.

Sentín pronto que o silencio do mestre era o peor castigo imaxinable.Porque todo o que tocaba era un conto que atraía”.

-Que salientas do método de ensinar de don Gregorio?

Cales son os valores que promove?. Cres que distan moito dos actuais?

Debatemos na aula sobre este tema: a educación actual e a educaciónproposta na II República

LINGUA

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 15 de 21

Page 16: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

Lede e comentade esta cantiga de Fuxan os ventos

Pra onde vas Leloco aro de ferrono día que faide mañá cedo.E un cabás novoe uns libros vellos,nos zocos anosde lama cheos

Vou a sere outropra aquil cortello,de días de escola,iste é o primeiro.Hei estudiartemos maestropra que mañáseña home feito.¿Como che foi?Conta meu nenode certo que hoxexa trás proveitoBah! Non é nada, eu non o entendopoia abofellas, que no meu testonon sei que fala o meu maestroDí que vostede, chamase: abuelo,miña mai: madre, e o chan: el sueloTamén zorrega capós a eito,se dís que é mouro en ves de negro.Mañan a escola non vou de certo.Eu non entendo, non vallo pra eso.Falas estranas, estranos lerios.Do meu non falan. Falan de lexos.Pra endurecere as maus no leiroainda non compre ise maiestro.

➢ É o mesmo xeito de educar o do mestre de Lelo e don Gregorio?

➢ Cal cres que pode ser a razón?

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 16 de 21

Page 17: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

➢ Encontras paralelismos entre Lelo e Pardal?

➢ Cal é o sentir de Lelo respecto da escola?

➢ Cal é a súa reflexión respecto do galego?

Debatede sobre este sentir do Lelo respecto da lingua que el fala e aque lle di o mestre que ten que falar.

A que momento social e político cres que se refire este poema?

Cres que houbo represión lingüística na ditadura?

Cal cres que era o sentir de tantos e tantos Lelos, nenos e nenas quehoubo en Galicia?

Cal era a situación lingüística do idioma propio de Galicia daquela?... eagora?

Como vedes o futuro do galego?... Ten futuro?

Falar galego... é unha oportunidade?. Razoa a túa resposta edebatede na aula

E a escola actual... cres que é un factor desgaleguaizador ou un lugarde audotrinamento?

Cal é o marco legal do galego no ensino?

Lede esta cita e reflexionade sobre ela:

C'o Programa d'ista noite damos comezo ás nosas transmisiós en língoa galega". 4Ás 23.45 horas do 14 de abril de 1947, comezaba así a primeira programación radiofónica estable en galego, unha xanela aberta á difusión da lingua e da cultura galegas en pleno franquismo desde a máis prestixiosa emisora do mundo, a BBC de Londres...

Decatádevos da data... e do lugar... Que pensades?. Houbo outros lugares onde a lingua galega se mantiña viva?; cales? E quen e por que?

A TRAIZÓN

4Setenta anos do “Galician Programme” da BBC, a primeira programación radiofónica estable en galego

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 17 de 21

Page 18: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

Cando cres que se plasma a traizón nestapelícula?

Por que?

Quen é que a motiva?

Como reaccionan Pardal, o seu pai e a súanai?

Pai de Moncho: Eles (os mestres) son as luces da República, procura outras frases ou pasaxes do conto “A lingua das bolboretas” nas que se recolla a admiración e respecto que sentía o pai de Pardal polos mestres.

Procura aqueloutras pasaxes que deixan ver o cambio experimentado na vida e no xeito de actuar da familia de Moncho

Lede e comentade este anaco do libro:

Don Gregorio levou posto aquel traxe durante un ano e tamén o levabaaquel día de xullo de 1936 cando se cruzou comigo na alameda, camiño daCasa do Concello.

Sentín o estrondo dunha moto solitaria. Era un garda cunha bandeira suxeita no asento de atrás. Pasou diante da Casa do Concello e mirou cara aos homes que conversaban inquedos no soportal. Berrou: «Arriba España!» E arrancou de novo a moto deixando atrás un ronsel de estoupidos.

As nais comezaron a chamar polosnenos. Na casa, parecía que morreranovamente a avoa. O meu paiamontoaba cabichas no cinseiro e a miñanai choraba e facía cousas sen sentido,como abrir a billa da auga e lavar ospratos limpos e gardar os sucios.

Chamaron á porta e os meus pais miraron a manivela con desacougo. EraAmelia, a veciña, que traballaba na casa de Suárez, o indiano.

«Saben o que está pasando? Na Coruña os militares declararon o estadode guerra. Están disparando contra o Goberno Civil»

Chegaron tropas da capital e ocuparon a Casa do Concello. A miña nai saíu

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 18 de 21

Page 19: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

para ir a misa e volveu pálida e triste, como se avellentase en media hora.

«Están pasando cousas terribles, Ramón», oín que lle dicía, entresaloucos, ao meu pai. Tamén el avellentara. Peor aínda. Parecía queperdera toda vontade.

Sentou e non se movía. Non falaba. Non quería comer.

«Hai que queimar as cousas que che comprometan, Ramón. Os xornais, oslibros. Todo»

Foi a miña nai a que tomou a iniciativaaqueles días. Unha mañá fixo que o meupai se arranxara ben levouno con ela amisa. Cando volveron, díxome: «Vén,Moncho, vas vir connosco á alameda».

Escoitáronse algunhas ordes e berros illados que resoaron na alameda como petardos. Aos poucos, da multitude foi saíndo un bule-bule que acabou imitando aqueles alcumes.

«¡Traidores! ¡Criminais! ¡Rojos!»

«Berra ti tamén, Ramón, polo que máis queiras, berra!». A miña nai levabaagarrado do brazo a papá, como se o suxeitase con toda a súa forza paraque no desfalecese. « Que vexan que berras, Ramón, que vexan queberras!»

E entón oín como o meu pai dicía «Traidores» cun fío de voz. E logo, cadavez máis forte, «Criminais! Rojos!» Soltou do brazo á miña nai e achegousemáis á fileira dos soldados, coa mirada enfurecida cara ao mestre.«Asasiño! Anarquista!. Comenenos!»

Agora mamá trataba de retelo e tirou da chaqueta discretamente. Pero el estaba fóra de si. «Cabrón! Fillo de mala nai!». Nunca lle escoitara chamar iso a ninguén, nin sequera ao árbitro no campo de fútbol. «A súa nai no ten a culpa, eh, Moncho?, lembra iso». Pero agora volvíase cara a min tolenadoe empurrábame coa mirada, os ollos cheos de bágoas e sangue. «Bérralle titamén, Monchiño, bérralle ti tamén!»

Cando os camións arrancaron cargadosde presos, eu fun un dos nenos quecorrían detrás lanzando pedras.Buscaba con desesperación o rostro domestre para chamalo traidor e criminal.Pero o convoi era xa unha nube de po

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 19 de 21

Page 20: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

ao lonxe e eu, no medio da alameda, cos puños pechados, só fun quen demurmurar con rabia: «Sapo!, Tilonorrinco!, Iris!».

QUE ME QUERES AMOR?

A película está baseada en contos da obra de Manolo Rivas “Que mequeres amor?”...

Este título toma o nome do verso dun poeta... DeFernado Esquío: poeta medieval galego, autor de 9cantigas de amigo (4) de escarnio e mal dicir (3) deamor (2)5

Liches a novela? Que che gustou ou que non chegustou?

Quen é, que sabes sobre Manolo Rivas?.

Coñeces outras novelas ou obras deste autor?

Coñeces outras películas baseadas en novelas do mesmo autor?

5 Pode buscarse este autor e as súas cantigas, e en especial a que contén este verso

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 20 de 21

Page 21: A LINGUA DAS BOLBORETAS · A LINGUA DAS BOLBORETAS IMOS • Coñecer, a través de Moncho, don Gregorio, Roque, Aurora, ... a situación do ensino antes, durante e despois da II República

COMPLEMENTOS PARA O PROFESORADO

Fontes consultadas e enlaces de interese:

Misións pedagóxicas en Galicia

A sombra da Guerra Civil en Luís Pimentel

Guía didáctica

Caderno para o alumnado

A educación na II República

Normalización Lingüística. Unha lección de cine, A lingua das bolboretas Páxina 21 de 21