A nosa paisaxe a nosa vida ceip virxe celapresent2012-2013

Post on 12-Jun-2015

334 views 3 download

Transcript of A nosa paisaxe a nosa vida ceip virxe celapresent2012-2013

Mª del Camino Pereiro González (Titora do 5º curso de Ed. Primaria e coordinadora do proxecta)

Estas actividades foron desenvolvidas polo alumnado do CPI Virxe da Cela de Monfero, as súas familias e o profesorado do centro educativo.

DINAMIZADOR

CULTURAL

ECONÓMICO ?

SOCIAL

FORTALEZAS

DEBILIDADES

O CENTRO EDUCATIVO

Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

Endóxeno

As Fragas do Eume

"Cando Deus creou os ríos, mandou nacer tres xuntos na Serra do Xistral. Aínda que as fontes manan do mesmo lugar, foron abocados cara a distintas

ladeiras e recibiron a promesa de que cada ano tería un home aquel que primeiro chegase ó mar. Deulles categorías divinas e chamoulles, con

resonancias gregas, Eume ó da rampla de poñente, que debía fertiliza-la terra das Pontes; Landro ó da vertente norte, que tería que fecunda-las carballeiras e facerlles producir landras; e Masma ó da faldra de raiante, que crearía coa

súa chegada ó mar as marismas. Xusto despois de naceren, acordaron descansar un pouco no camiño, pacto que só cumpriu o Eume. Ó decatarse da traizón dos compañeiros, enfurecido, acelerou a súa marcha pola Capela

e Caaveiro, e logrou chegar primeiro. Por iso tódolos anos afoga unha persoa

nas súas augas". Lenda recollida por José Varela.

NON QUEIMES O TEU FUTURO

Lume nas Fragas do Eume

Traballo de creación dunha viñeta partindo dunha lista de frases que fixemos na clase, recompilando os tópicos que cando hai un incendio sempre se escoitan: •Con este tempo está todo moi seco e arde como a pólvora •Cada ano chove menos e con isto do lume aínda será peor. •Un rompe o lombo para ter limpo o seu e resulta que non vale para nada. •Se prohibisen mercar madeira queimada xa verías como se acababa co lume. •Tiña que haber mais medios para loitar contra o lume. •Cada un deberiamos de limpar o noso. •Isto é unha ruína para a caza..

Traballo desenvolvido nas titorías e nas sesións de Plástica e de Cidadanía conxuntamente, co fin de concienciar da trascendencia que este problema representa para a nosa paisaxe e o noso futuro.

Os topónimos son os nomes dos lugares. Por exemplo son topónimos: A Coruña, Lugo, Monfero, ou O Xestal.

Os microtopónimos son o mesmo pero para os lugares pequenos: fincas, leiras, camiños, outeiros, fontes, pedras, árbores, casas… teñen nomes propios que son os chamados microtopónimos.

A función dos topónimos é dobre, primeiro teñen a función de nomear os lugares, e segundo teñen a función de localizar estes lugares nunha posición xeográfica con exactitude.

TOPÓNIMOS NO ANO 1.949 Con este mapa podedes apreciar a importancia de conservar e preservar os topónimos. A correcta transcripción dos topónimos soamente se pode facer desde os propios lugares para evitar cousas como “Trijoa” por Irixoa. Segundo a lei de Normalización Lingüística, en Galicia “os topónimos terán como única forma oficial a galega”, os mapas actuais xa teñen maioritariamente os topónimos correctos, pero aínda quedan algún erros.

SITUACIÓN XEOGRÁFICA

MONFERO

IRIXOA

EXEMPLOS DE TRABALLOS:

AS CABANAS, VERÍS, IRIXOA

http://paisaxevida.blogspot.com.es/

http://oblogdoterceirociclo.blogspot.com.es/