30º domingo toa 2014 bene pagola

Post on 24-May-2015

64 views 3 download

Transcript of 30º domingo toa 2014 bene pagola

26 de outubro de 201430º Tempo ordinario(A)

Mateu 22, 34 - 40

Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIASDifunde a mensaxe do amor. Pásao.

José Antonio Pagola

Música: Adagio Concierto nº 12Presentación:B. Areskurrinaga HCEuskaraz: D.Amundarain

C R E R N O A M O R

A relixión cristiá resúltalles a non poucos un sistema relixioso difícil de entender e,

sobre todo, un entramado de leis demasiado complicado para vivir

correctamente ante Deus.

Non necesitamos os cristianos Non necesitamos os cristianos concentrar moito máis a nosa atención concentrar moito máis a nosa atención en coidar antes que nada o esencial da en coidar antes que nada o esencial da

experiencia cristiá?experiencia cristiá?

Os evanxeos recolleron a resposta de Xesús a un Os evanxeos recolleron a resposta de Xesús a un sector dos fariseos que lle preguntan cal é o sector dos fariseos que lle preguntan cal é o

mandamento principal da Lei.mandamento principal da Lei.

Así resume Xesús o Así resume Xesús o esencial: esencial:

o primeiro é o primeiro é “amarás o Señor, o teu Deus, con

todo o teu corazón, con toda a túa alma e con todo o teu ser”.

O segundo é “amarás o teu

próximo como a ti mesmo”.

A afirmación de Xesús é clara.

O amor é todo. O decisivo na vida é

amar. Aí está o fundamento

de todo. O primeiro é vivir ante

Deus e ante os demais nunha actitude de amor.

Non temos que perdernos en cousas accidentais e secundarias, esquecendo o esencial.

Do amor arranca todo o demais. Sen amor todo queda pervertido.

Ao falar do amor a Deus, Xesús non está pensando nos

sentimientos ou emocións que poidan agromar do noso

corazón; tampouco nos está invitando a multiplicar os nosos

rezos e oracións.

Amar o Señor, o noso Amar o Señor, o noso Deus, con todo o Deus, con todo o

corazón é reconocer corazón é reconocer a Deus como Fonte a Deus como Fonte

última da nosa última da nosa existencia, espertar existencia, espertar

en nós unha en nós unha adhesión total á súa adhesión total á súa vontade, e responder vontade, e responder con fe incondicional con fe incondicional

ao seu amor ao seu amor universal de Pai de universal de Pai de

todostodos.

Por iso engade Xesús un segundo mandamento. Non é posible amar a Deus e vivir de costas

a seus fillos e fillas. Unha relixión que predica o amor a Deus e se esquece dos que sofren é unha gran mentira.

A única postura realmente

humana ante calquera persoa

que encontramos no noso camiño é amala e buscar o

seu ben como quixermos

para nós mesmos.

Toda esta linguaxe Toda esta linguaxe pode parecer pode parecer

demasiado vella, demasiado vella, demasiado gastada e demasiado gastada e

pouco eficaz.pouco eficaz. Non obstante, tamén Non obstante, tamén

hoxe o primeiro hoxe o primeiro problema no mundo é problema no mundo é a falta de amor, que a falta de amor, que vai deshumanizando, vai deshumanizando,

un tras outro, os un tras outro, os esforzos e as loitas esforzos e as loitas por construír unha por construír unha

convivenciaconvivencia máis humanamáis humana..

Hai uns anos, o pensador francés, Hai uns anos, o pensador francés, Jean Onimus escribía así: Jean Onimus escribía así:

““O cristianismo está aínda nos seus comezos; O cristianismo está aínda nos seus comezos; lévanos traballando só dous mil anos. lévanos traballando só dous mil anos.

A masa é pesada e necesitaranse séculos de A masa é pesada e necesitaranse séculos de maduración antes de que a caridademaduración antes de que a caridade

a faga fermentar”. a faga fermentar”.

Os seguidores de Xesús non temos que Os seguidores de Xesús non temos que esquecer a nosa responsabilidade.esquecer a nosa responsabilidade.

O mundo necesita testemuñas vivas que O mundo necesita testemuñas vivas que axuden as futuras xeracións a crer no amor

pois non hai un futuro esperanzador para o ser humano se remata por perder a fe no amor.

CRER NO AMOR

A relixión cristiá resúltalles a non poucos un sistema relixioso difícil de entender e, sobre todo, un entramado de leis demasiado complicado para vivir correctamente ante Deus. Non necesitamos os cristiáns concentrar moito máis a nosa atención en coidar antes que nada o esencial da experiencia cristiá?

Os evanxeos recolleron a resposta de Xesús a un sector dos fariseos que lle preguntan cal é o mandamento principal da Lei. Así resume Xesús o esencial: o primeiro é “amarás o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con todo o teu ser”. O segundo é “amarás o teu próximo como a ti mesmo”.

A afirmación de Xesús é clara. O amor é todo. O decisivo na vida é amar. Aí está o fundamento de todo. O primeiro é vivir ante Deus e ante os demais nunha actitud de amor. Non temos de perdernos en cousas accidentais e secundarias, esquecendo o esencial. Do amor arranca todo o demais. Sen amor todo queda pervertido.

Ao falar do amor a Deus, Xesús non está pensando nos sentimentos ou emocións que poden agromar do noso corazón; tampouco nos está invitando a multiplicar os nosos rezos e oracións. Amar o Señor, o noso Deus, con todo o corazón é recoñecer a Deus como Fonte última da nosa existencia, espertar en nós unha adhesión total á súa vontade, e responder con fe incondicional ao seu amor universal de Pai de todos.

Por iso engade Xesús un segundo mandamento. Non é posible amar a Deus e vivir de costas aos seus fillos e fillas. Unha relixión que predica o amor a Deus e se esquece dos que sofren é unha gran mentira. A única postura realmente humana ante calquera persoa que encontramos no noso camiño é amala e buscar o seu ben como quixermos para nós mesmos.

Toda esta linguaxe pode parecer demasiado vella, demasiado gastada e poco eficaz. Non obstante, tamén hoxe o primeiro problema no mundo é a falta de amor, que va deshumanizando, un tras outro, os esfuerzos e as loitas por construír unha convivencia máis humana.

Hai uns anos, o pensador francés, Jean Onimus escribía así: “O cristianismo está aínda nos seus comezos; lévanos traballando só dous mil anos. A masa é pesada e se necesitarán séculos de maduración antes de que a caridade a faga fermentar”.

Os seguidores de Xesús no temos de esquecer a nosa responsabilidade. O mundo necesita testemuñas vivas que axuden ás futuras xeracións a crer no amor pois non hai un futuro esperanzador para o ser humano se remata por perder a fe no amor.

José Antonio Pagola