As Nosas Cousas 2012
-
Upload
cpi-santome-taboada -
Category
Documents
-
view
239 -
download
6
description
Transcript of As Nosas Cousas 2012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 0
As nosas cousas - 2.012
ÍNDICE Páx
Portada: Valentín Paz Andrade
Comercio xusto, si ou non? 2 - 4
Conmemoramos o día da paz 5
O misterio da cova 6
Adiviñas infantís 7 - 8
As abellas 9 - 10
Xeroglifos 11
Sopa de letras 12
Sobrepeso 13
O capitalismo é culpable 14
Adiviña e poesía 15
A orixe dos ríos galegos 16
O tabaco 17
Abecedario da paz 18 - 20
O a discusión pola suposta voda 21 - 22
A desfeita dos nosos montes 23
O magosto 24 - 26
Noso paso por primaria 27 - 28
Deixate tentar 29
Cambio de planeta 30
Valentín Paz Andrade 31- 34
Refráns da sega e da malla 35
Léxico labores agrícolas 36
A malla 37
Pintar mascotas 38 - 43
Construcións típicas de Galicia 44
O hórreo galego 45 - 46
Entrevista a Alba Moreiras 47
É mentira… é verdade 48
Un crime resolto 49
Un apuro 50
Sopa de letras 51
Postais gañadoras 52
A vaca cachena 53
O coche eléctrico galego 54
Isaac Díaz Pardo 55
Tamén podes atopar a presente revista na páxina Web do centro;
www.edu.xunta.es/centros/cpisantome
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 2
Comercio xusto, si ou non?
Todos mercamos pero, facémolo ben?
No comercio actual, os produtores non obteñen un beneficio axeitado
debido a que as condicións de traballo dos produtores non son dignas.
Por exemplo, se unha libra de chocolate custa un euro,70 céntimos serán
para a empresa, 25 para os intermediarios e soamente 5 céntimos para quen o
fabrica.
Cando vemos un artigo para comprar que nos parece “barato”, debemos
saber que o fabricante non cobrou o suficiente como para vivir dignamente;
pero non debemos pensar que cos artigos caros ocorre o contrario, só se
beneficia aínda máis a empresa.
Que podemos facer respecto a isto?
Os promotores e promotoras do Comercio Xusto anímannos a mercar
doutro xeito, segundo o cal os consumidores podemos obter produtos frescos e
naturais que non sexan distribuídos por unha empresa que explote aos seus
traballadores. Un exemplo é mercar en feiras e mercados nas vilas, onde os
nosos cartos van directos ao produtor, ou en tendas especializadas nesta
alternativa comercial.
É importante sinalar que isto non é só accesible para particulares, senón
que as empresas tamén poden adquirir lotes de produtos do Comercio Xusto.
Nós, como consumidores, tamén debemos ser responsables á hora de
mercar: non debemos ser consumistas, nin debemos mercar produtos
ridiculamente baratos que non precisamos, sinxelamente polo feito de que o
produtor non cobrará o suficiente como para vivir dignamente .
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 3
Para identificar os produtos de Comercio Xusto, podemos ver as marcas
de distintas empresas que se comprometen con esta actividade,como son
COPADE , World Fair Trade ou Intermón Oxfam.
Pódense identificar os produtos con estes logos:
As vantaxes de mercar no Comercio Xusto que os beneficiados son os
produtores, de modo que xeramos unha mellor repartición da calidade de vida,
tanto no Primeiro Mundo coma no Terceiro.
Polo tanto: É imprescindible comprar o que vemos que é preciso, é
decir, ser un comprador responsable, e pensar como se elaborou.
Tamén debemos pensar na xente que fabricou estes productos, e que
traballan sen descanso durante todo o día, aínda que reciben menos da
metade do soldo que deberían.
Así que queremos conseguir que un maior número de xente adopte esta
alternativa, e comezamos por ti.
Malia a diferenza de prezo, non nos custa practicamente nada desviar un
pouco esa diferenza para mellorar a vida dos produtores, sen que uns cantos
empresarios teñan que engrosar as súas arcas diariamente. Ademais da mellora
da dignidade persoal, os produtos adoitan ser máis ecolóxicos, sen aditivos
químicos que empeoran a nosa saúde.
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 4
Non é caridade, é responsabilidade
A primeira tenda deste tipo estableceuse en En breukelen (Holanda) e
en dous anos estendéronse máis establecementos por toda Holanda. Na
actualidade hai moitos establecementos espallados por todo o mundo, algúns
en cidades como Lugo, Ourense, Santiago, Pontevedra, A Coruña e en moitos
máis.
Tenda de Comercio Xusto en Ourense
Rua da Paz, 8
32005 Ourense
Tlf. 988 222 797
Tenda de Comercio Xusto en A Coruña
Alcalde Canuto Berea, 2
15003 A Coruña
Tlf. 881 929 202
Facebook:Páxina da tenda de A Coruña en
Tenda de Comercio Xusto en Pontevedra
Galerías da Oliva, local 4
36001 Pontevedra
Tlf. 986 855 964
Facebook:Páxina da tenda de Pontevedra en Facebook
Lembra que calquera tendas que comercialice produtos frescos,
contribúe ao comercio xusto.
Alejandro Varela.
J. Manuel
Rocío López Payo
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 5
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 6
O misterio da cova
Cerca dunha pequena aldea había unha cova moi profunda. Nela
leváranse a cabo numerosas investigación, pero non deron resolto un misterio
do que falaban tódolos veciños. Todas as noites de lúa chea oíannse uns
ruídos moi estraños que procedían do interior . Moitos dicían que era algún
animal que se metía dentro, pero non parecía lóxico, debido ao difícil acceso.
Un dos rapaces que vivía alí quixo descubrir o enigma e esperou a unha
noite de luar para introducirse na caverna. Levaba unha lanterna,
roupa de abrigo, por se acaso facía frío. Costoulle moito chegar, pero
finalmente conseguiuno. O chan era esvaradio e caeu varias veces, nunha
delas nun burato. Estaba cheo de auga por mor da chuvia e mollouse todo.
Saíu como puido e seguiu adiante. Pronto se desorientou e xa non se
dexergaba a luz exterior. Comezou entón a dar voltas en círculo, púxose cada
vez máis nervioso. Decidiu seguir cara dentro, para ver se había outra saída e
así foi.
Agora atopábase ao outro lado do monte polo que entrara na cova.
Volveu á casa e ninguén se enteirara da súa falta. Ao día seguinte pola mañá
cavilou no que lle pasara e deuse conta de que o animal que producía aqueles
sons debía entrar pola saída que el descubrira a noite pasada. Isto mesmo
contóullelo aos seus pais e aos veciños, pero sen dicir como o descubrira.
Aínda así todos seguían sen saber que animal sería e decidiron poñer unha
trampa. Esperaron impacientes ata a próxima lúa chea. Cando chegou o
momento foron ao lugar e atopáronse con que alí non había nada. Sen
embargo a trampa que puxeran, de cordas e cadeas, estaba toda rota. O que
fixo que pensasen que era un animal moi grande ou de intelixencia humana.
Braulio Méndez ( 3º ESO)
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 7
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 8
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 9
AS ABELLAS
A abella é un insecto social, ten
respiración por tráquea, tres pares de patas
de patas e o corpo dividido en tres zonas
cabeza, tórax e abdome. Ten cinco ollos e
catro ás, unhas antenas con 5.000 cavidades
olfativas minúsculas coas que pode ulir unha
flor a un km de distancia.
As abellas nacen dun minúsculo ovo fecundado (femia) é alimentado dunha
papilla de pole e mel. Convertíndose nunha abella obreira. Outros ovos son
depositados noutros alveolos e alimentados só con xalea real. Son os das futuras
raíñas.
Na sociedade das abellas, as obreiras son as máis numerosas, adícanse a
almacenar o pole e o néctar, producen a cera , traen a comida a colmea e protéxena.
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 10
Os únicos folgazáns son os zánganos. A súa misión é fecundar á raiña, só hai
unha raíña por colmea e a súa misión é poñer ovos .
Unha colmea é coma unha cidade feita por 30.000 abellas. As casiñas de cera
teñen forma de hexágono e están abertas nun costado.
Danzas das abellas:
Danza da morte: Hai unha lei na colmea en que a primoxenia mata a todas
as princesas arrancándolles a cabeza.
Danza da primavera. Despois do repouso invernal , na primaveira a
primeira abella que sae da colmea, inspecciona os arredores, para
descubrir o pole.
Despois volve a colmea e deixa o pole no depósito e comeza a danzar
indicando que chegou a primeira e onde está a comida.
Danza nupcial: prodúcese entre a abella raíña e as zánganas. Elévanse moi
alto ata lugares desertos. Durante o voo moitas zánganas desaparecen polo
cansazo. O último que queda será o “esposo”. Despois pon ovos a abella
raíña.
¿Qué produce a abella?
O mel: está feito de
néctar que as abellas
recollen de diferentes
plantas e flores. O néctar
transfórmase en mel no
corpo das abellas por
acción dunha encima e
almacénase en cellas de cera no panel.
A xelea real: é unha secreción que as abellas obreiras elaboran para
alimentar ás larvas da colmea durante os tres primeiros días e a raíña
durante toda a vida. Créase nunhas glándulas da cabeza das abellas.
A cera: é o material que as abellas usan para construír os niños.
Ana López Dono (5º Primaria)
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 11
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 12
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 13
Sobrepeso
Hoxe en día, na poboación española está aumentando o índice de masa
corporal, debido principalmente ó sedentarismo, o que provoca fortes
problemas de saúde e mesmo depresións.
É culpable disto a comida lixo? Si, todos os bolos industriais compostos
na súa maioría por graxas saturadas conteñen un alto número de calorías, que
se depositan no noso corpo en forma de graxa, polo que debemos limitar o seu
consumo.
Outro factor que contribúe ó sobrepeso é o sedentarismo, xa que a
maioría da poboación dedica moi pouco tempo a facer exercicio. Este mal
hábito non só afecta á poboación actual, senón que tamén o fará ás xeracións
futuras, pois moitos pais cansos do traballo poñen ós seus fillos a ver a
televisión e non lles brindan a posibilidade de levar unha vida activa, como
por exemplo, xogar no parque.
Cada vez xente máis nova padece problemas cardíacos, colesterol e
outros como a anorexia e a bulimia. Acontece en moitos casos en que rapaces,
por non ver resultados coas famosas dietas ioió, intentan adelgazar tomando
camiños equivocados.
Abofé que nos atopamos nunha sociedade desequilibrada con malos
hábitos, pero isto debería cambiar, pois hai que intentar levar unha dieta
equilibrada , comendo alimentos sans e menos graxentos. Tamén facer
exercicio tres ou catro veces por semana sería unha boa idea, para queimar
todas esas calorías perxudiciais.
Andrea Pol ( 4º ESO)
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 14
O capitalismo é culpable
Hoxe en día estamos sumidos nunha situación de moita gravidade,
pero, que hai de real nisto? Todos oímos que os culpables desta situación son
os bancos, o cal é certo. Sen embargo é imposible que estas entidades
ignoraran que as súas malas xestións non ían a ter consecuencias, de feito,
había algúns informes que xa alarmaban disto, pero non se lles prestou
atención ningunha. Daquela a pregunta é: por que ían os bancos a provocar
unha crise á mantenta? A resposta é evidente: para gañar con ela. E abofé que
están a gañar.
Este tipo de tácticas nas que a oligarquía (burguesía con poder político)
se aproveita de certos acontecementos tráxicos para introducir reformas
antidemocráticas coñécense como “doutrina do shock”. Dela fala Naomi
Klein no seu libro, que precisamente se chama A doctrina do shock.
Sen embargo hai outro culpable máis ala da oligarquía ou desta clase
política corrupta que nos representa, este é o sistema. E dígoo porque, se o
capitalismo non existise, sería imposible que houbese unha oligarquía.
De feito, o libre mercado é o culpable das grandes desgrazas e
desigualdades que rixen a actualidade (fame no mundo, guerras, explotación
infantil, decadencia da sociedade, etc). Pero se é tan malo, por que existe?
Porque grazas a el existen unhas minorías adiñeiradas que gozan de grandes
privilexios e que, á súa vez, teñen influencias na vida política, e que non están
dispostos a perder estes privilexios.
Andrés Baltar ( 4º ESO)
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 15
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 16
A orixe dos ríos galegos
Hai moitos anos, cando os primeiros humanos comezaban a poboar a
Terra e chegaron a Galicia, sorprendeulles que non había auga por ningunha
parte, así que seguiron camiñando ata que se atoparon co mar.
Unha vez alí, os antigos homes reuníronse e acordaron que se querían
vivir naquelas terras, tiñan que traer auga ó interior.
-Pero que imos facer para levala tan lonxe?- preguntábanse todos.
Ficaron quedos un bo anaco ata que un pequeno dixo:
-E se furamos na terra para levar a auga?
-Pero costaranos moito traballo!- responderon os demais.
Aínda así , aqueles homes primitivos cavaban coas mans un conduto por
onde discorrería un pequeno regato. Unha fada que pasaba por alí, ó ver o
empeño que poñían, decidiu axudarlles creando un gran río, o Miño.
-Pero aínda así só poderemos vivir ás beiras do río! - exclamaron os
humanos.
A fada creou máis ríos que viñan desde o mar ata o interior.
Ela, cos seus poderes máxicos, eliminou o sal da auga, converteunos en
potables, fixo que houbese máis ríos e regatos pequenos que saían dos montes
e vertían auga nos principais, que chegaban á costa.
Os homes, moi agradecidos, non sabían como recompensar á fada que
tanto lles axudara, pero ela díxolles que tan só facía falta que a deixaran vivir
con eles.
A fada quedou e din que aínda hoxe anda polos ríos galegos.
José Manuel Poyán López ( 1º ESO)
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 17
O tabaco
Hoxe en día, o consumo de tabaco está moi estendido por todo o
mundo, a pesar de ser un tipo de droga perigosa, cada vez xente máis nova se
adentra neste mundo sen pensar as consecuencias que acarrea.
Sen irmos máis lonxe, un sábado á noite nun parque onde adoitan
facerse os botellóns, raro é que non vexamos a moitos mozos de escasos
dezasete anos fumando.
A pesar de estar publicitado en todos os caixas frases como: “FUMAR
MATA”, “FUMAR ACORTA A VIDA”, “SE FUMAS PERXUDICAS A
SAÚDE”, acompañadas de imaxes dos órganos deteriorados do corpo, que
resultan desagradables para a vista, parece ser que non hai resultados. Si,
como o oen, os fumadores non lles dan importancia ás advertencias nin poñen
interese en abandonar o vicio, porque din que se senten ben. Pero pensar isto é
un erro, posto que os problemas chegan nun futuro causando danos
irreversibles.
Este vicio non só afecta ás persoas que fuman, senón que tamén o fai
coas que viven en torno a eles, isto é, os chamados “fumadores pasivos”.
Segundo os expertos tamén lles trae problemas de saúde ó longo do tempo,
como o cancro de pulmón, que por desgraza é mortal.
Desde un punto de vista ético, podemos pensar que os fumadores son
inxustos consigo mesmos, xa que se condenan a unha morte lenta e tamén
coas persoas máis achegadas a eles. Por iso, hai que poñer forza de vontade e
intentar deixar este mal hábito que non trae nada bo, posto que todos os seus
compoñentes son tóxicos.
Andrea Pol ( 3ºESO)
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 18
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 19
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 20
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 21
Discusión pola suposta voda
(Paula e Laura aparecen nun prado ao lado dunha fonte e detrás delas vense
unhas árbores cuns niños de paxaros)
Laura: (rindo) Sabes quen se vai casar dentro dun mes, Paula?
Paula: (con interese) Quen?
Laura: O irmán de Antonio coa filla do dono do bar O Rosal.
Paula: Ese rapaz tan espabilado vaise casar con esa muller que non sabe nin
facer a comida! De verdade como anda o mundo!
Laura: Pois segundo din están todos os días xuntos no parque.
Paula: (falando en baixo e dándolle co cóbado) Cala que vén Rosa pola rúa!
Rosa: (saudando) Ola, Laura e Paula!
Laura e Paula: Ola, Rosa!
Rosa: Véñovos invitar para a miña voda que é o dia 12 de maio.
Laura e Paula: (sorprendidas) Moitas grazas pola invitación, alí estaremos ese
día!
Rosa: Estou encantada de que veñades, xa que no colexio non nos levabamos
moi ben, ou xa non vos acordades?
Laura: Eu si que me acordo, pois aínda che puxemos unha chincheta na
cadeira cando te ías sentar!
Paula: Ademais tirámosche unha pedra á cabeza e comezaches a sangrar.
Rosa: (asentindo) Tedes razón, pero iso son cousas de rapaces e agora
debemos olvidalas.
Paula e Laura: Tes razón, Rosa.
Rosa: Debo marchar teño que ir probar o traxe de noiva á tenda de Lola.
Paula e Laura: Adeus! Seguro que che senta moi ben.
Laura: Eu vou á voda para ver como vai vestida e logo criticala.
Paula: Que maldade tes! Eu vou porque creo que son cousas da infancia e
agora non nos ten que importar.
Laura: Que rápido te esqueces das cousas!
Paula: Pois fago ben, así non teño tantos inimigos coma ti!
Laura: (berrando) Si, claro, antes moito dicir que non sabía facer nada, pero
agora como xa te invitou á voda xa estas contenta, non?
Paula: Mirándoo dese modo case tes razón, pero o que conta é que imos comer
ben e gratis. Pois eu non lle penso dar un agasallo.
Laura: Como vas ir á voda sen agasallo?
Paula: E logo que importa, ela invitoume porque quixo non porque lle
obriguei!
Laura: (mirándoa decepcionada) Pensei que eras un pouco máis lista!
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 22
Paula: Porque o dis?
Laura: Ti son sabes que ás vodas sempre se leva un agasallo ós noivos?
Paula: Pois eu fun á dunha amiga e non levei nada!
Laura: Por iso me dixeches que todo o mundo te miraba mal!
Paula: Non creo que fora por iso, o máis probable foi que non lles gustou o
vestido verde con flores.
Laura: Pois non creo iso, porque o vestido era ben bonito!
Paula: Pero non todo o mundo ten os mesmos gustos ca nós!
Laura: Vale como ti queiras, pero eu vou levar un agasallo!
Paula: Eu non sei, ó mellor se atopo unha cousa moi barata!
Laura: Como que?
Paula: Pois unha tixola, unha bata de casa ou unhas zapatillas.
Laura: Pero ti estás tola?
Paula: De verdade non hai quen te entenda se non levo un agasallo mal e se o
levo aínda peor…
Laura: (suspirando) Pero muller… como lle vas dar o que me acabas de dicir.
Non ves que iso non é moi habitual regálalo nunha voda!
Paula: Pero se lles regalo algo habitual, seguro que xa o teñen e despois non
lle dan uso.
Laura: Que mal estás da azotea, eu xa te deixo!
Paula: Ah, xa sei, se lle regalo un gato?
Laura: Non ves que Rosa lles ten alerxia!
Paula: Pois non é miña culpa!
Laura: Mira, mellor quédate na casa o día da celebración e durme, porque para
ir facer o ridículo non vaias.
Paula: (berrando) O ridículo fágoo cada vez que vou contigo a algún lugar!
Laura: Pois xa non volvas máis comigo ó ximnasio.
Paula: Vale xa non tiña pensado volver!
( Aparece pola beira do prado correndo Rosa)
Rosa: (chorando): Sabedes que, miñas compañeiras?
Paula e Rosa: Que che pasou? Pareces moi angustiada!
Rosa: Xa non hai voda! Pepe acábame de deixar, porque seica lle gusta outra
muller.
Paula e Laura: Sentímolo moito!
Rosa: Voume, adeus!
Laura: Nós tanto discutir e total para nada…
Paula: Por unha vez que tes razón, veña vamos para a casa a tomar un té.
María Lamela ( 3º ESO)
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 23
A desfeita dos nosos montes
Nos últimos tempos moitos montes están a ser arrasados e os animais
que habitan neles sofren as súas consecuencias.
Estes problemas están a ser causados por diferentes razóns: os continuos
incendios debido á gran sequía pola que estamos pasando , ^ polo descoido de
persoas que realizan algunha actividade nestes lugares ou o feito de tirar unha
cabicha ou deixar restos de cristais. Aínda así, a maior parte non soen
producirse por un descoido, senón que moitas veces persoas que padecen
algunha alteración psíquica provócanos simplemente polo feito de que lle
causa graza, satisfacción ou simplemente por causar mal alleo. Son os
denominados pirómanos. Estas persoas poden ir ó cárcere, xa que non teñen
dereito a matar os animais que habitan no monte nin a destruír o seu hábitat.
Non só se debe ós incendios, senón que tamén existe unha gran
cantidade de contaminación e lixo tirado por camiños forestais e en zonas
rurais. Así miles de bolsas de lixo, botellas, tanto de cristal como de plástico,
pneumáticos e incluso aparellos da casa, que xa non nos serven, acumúlanse
nos montes e permanecen alí durante anos causando un gran impacto
medioambiental.
Todos debemos colaborar para evitar que a beleza dos nosos ^ montes
non se estrague e as xeracións do futuro poidan disfrutar deles.
Paula Soengas ( 4° ESO)
Concurso de marcapáxinas
Con motivo do magosto e do outuno o equipo de biblioteca
invitou ao alumnado a participar nun concurso de
marcapáxinas.
Resultou gañadora a proposta que vedes.
!Noraboa Mencía!
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 24
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 25
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 26
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 27
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 28
O noso paso por primaria
Neste paso por Primaria foi inolvidable dende o primeiro curso ata 6º.
Durante este tempo tan longo rimos, choramos, disfrutamos a gran maioría
das veces, e outras non o pasábamos moi ben. O paso dos anos son moi rápidos
pero as clases fanse máis cortas.
Cando pasas de curso cada ano parece máis difícil, que cambia todo e o
día parece que non se acaba. Tamén nós cambiamos e é cando coñeces mellor
aos amigos e sempre nos apoiamos. Nos recreos había tamén días duros polas
peleas ou por piques e favoritismos entre compañeiros, sobre todo polo tema do
fútbol, pero ao final sempre se perdoan.
Agora chegou o momento de pasar para a ESO e deixar Primaria. Seguro
que a Secundaria vai ser dura e complicada e haberá que esforzarse máis.
Seguramente botaremos de menos o noso colexio CPI San Tomé de
Carballo e a todos os rapaces, porque as cousas que aquí pasamos non se
esquecen nun día.
Hai momentos que queres que se repitan e outros non pero sempre
quedaremos co recordo das cousas boas, dos amigos e dos profes. Na nova
etapa seguro que imos a vivir moi bos momentos tamén.
Grazas aos mestres por aprendermos a facer cousas boas, e a ser bos
rapaces.
Aínda que este curso está sendo duro tamén foi bonito por facer novas
amizades e levamos no noso corazón aquelas que deixamos atrás.
Moitísimas grazas por todos estes anos xuntos.
OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 29
Deíxate tentar... por estas propostas O equipo da biblioteca invítavos a coñecer os libros, dvd's existentes na mesma
e anímavos a que os levedes durante uns días para poder desfrutalos.
Os pasos para coñecer os libros que hai na biblioteca ou para saber si hai un libro
dispoñible son moi sinxelos.
Dende un ordenador
con conexión a internet,
entra na páxina do
C.P.I. San Tomé do
Carballo na seguinte
dirección
http://www.edu.xunta.es
/centros/cpisantome/
nesta páxina ademais
de coñecer novas do
centro e informacións
varias podes acceder á
consultar os fondos da
biblioteca despois de
facer clic en biblioteca.
Unha vez dentro da nosa
biblioteca podes buscar
libros por autores, títulos,...
Unha vez achado o libro ou
o dvd do teu interese só tés
que pasar polo centro e
levalo en préstamo
durante 15 días.
Na entrada do edificio
de secundaria,
colocamos unha
escolma de aparatos e
úteis escolares
empregados no noso
centro nos primeiros
anos da súa fundación.
Si te acercas a velos
poderás recordar o
proxector de cine, o
dinascopio, tocadiscos,
vinilos, gravadores,
multicopista,....
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 30
Cambio de planeta
O día 25 de Maio do 3012 as portadas dos xornais virtuais de todo o
mundo estaban ocupadas por unha única noticia: O mundo estaba a piques de
chegar á súa fin.
Todo ocorrera nuns sofisticados laboratorios de Tokio, uns científicos
conseguiran recrear o Big Bang. Fora máis fácil do que esperaban, só tiveron
que facer chocar partículas de materia en diferentes direccións utilizando un
acelerador. Esta substancia chamada antimateria é extremadamente perigosa,
xa que só unha millonésima parte dun gramo podería desintegrar calquera
cousa en 10 quilómetros á redonda. Estes científicos perderan 9 quilos de
antimateria, suficiente para destruír o mundo.
Cato era un rapaz de 104 anos que acababa de ler as noticias, dispoñían
de 24 horas para evacuar o planeta nunha única nave espacial que saía de
Blackpool. Non lle parecía nada ben ter que abandonar a terra e deixar que
explotase sen facer nada , todo porque unha panda de “tipos” con batas
brancas se puxera a xogar con aceleradores . Cato recolleu as poucas cousas
que lle pareceron indispensables e marchou. Esperábanlle 12 minutos ata
Blackpool, era un traxecto longo, xa que quedaba na outra punta do mundo.
Dentro da nave explicáronlles aos terrícolas que a viaxe duraría uns tres
anos, pero para evitar accidentes asignaríanlles a cada un unha cápsula onde os
durmirían hasta chegar a Kaligorus, o novo planeta que ían habitar.
Cato acababa de espertarse, xa pasaran tres anos? Saíu da cápsula, pero
non viu a ninguén máis, por iso se dirixiu á cabina principal. A nave era
automática, pero el supoñía que alguén se tiña que ter quedado para controlar
que todo fora ben. Non se equivocaba, na cabina atopou a unha rapaza, pero
pareceulle moi nova para ter ese posto.
Foi falar con ela e sorprendeuse ó ver que espertara antes de tempo, os
dous chegaron á conclusión de que fora un fallo do sistema.
Como Cato non podía volver á cápsula quedouse con Jewel controlando
que non houbera máis fallos. Os dous fixéranse moi amigos.
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 31
Un día unha das pantallas do mando de control detectou que uns
asteroides estaban pasando demasiado preto e que corrían risco de colisión.
Jewel ía activar o escudo pero non lle deu tempo; un asteroide acababa de
danar gravemente un lateral da nave. Por desgraza, os fallos supuxeron un
desvío que os estaba levando directamente a unha supernova, o contacto coa
explosión da estrela suporía a morte directa de todas as persoas que ían dentro,
é dicir, a extinción dunha especie.
Cato viu que a única maneira de evitalo era reparando os desfeitos que
provocara o asteroide. Jewel opúxose, pero despois entendeu que era a súa
única alternativa. Puxo un traxe espacial e saíu fóra. Todo estaba indo ben,
Cato conseguiu reparar os danos, pero cando se dispoñía a regresar para
dentro, outro pequeno asteroide cortou o cable que o unía á nave e
precipitouse cara á supernova. Mentres se dirixía cara a ela, só puido pensar
no moito que lle gustaran sempre as explosións de estelas e no irónico que
resultaba que fora a morrer nunha.
Ao mesmo tempo, Jewel observaba os sucesos dende unha ventá.
Púxose a chorar e a lamentarse por non ter sido ela a que saíra. Sabía que esa
fora a única opción, porque ela non sería capaz de arranxar os danos. Cato
acababa de salvar a todas as persoas do planeta e, por desgraza, custáralle a
vida.
Uxía Gayoso Freijó ( 3º ESO)
Valentín Paz Andrade
Nace o 23 de abril de 1898 na parroquia de Lérez,
un arrabalde de Pontevedra con tradición literaria, no
seo dunha familia con afeccións literarias e
políticas.Ten como primeiro mestre un tío, grazas ó que
coñece a Castelao, e en 1917 decide estudar Dereito na
Universidade de Santiago de Compostela. En 1926
iniciase como avogado, profesión que non abandonará ó
longo da súa vida. Sofre prisión durante a ditadura de
Primo de Rivera por negarse a acatar as ordes e ideas
do ditador no xornal Galicia, que creara anos atrás.
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 32
Durante a Guerra Civil foi desterrado pola súa participación política na
República. Na década dos corenta inicia unha vida máis sosegada, pero con moitas
precaucións e os seus contactos ( Castelao, Xosé Calviño Ozores... ) e nas diversas
actividades culturais. Nas dúas décadas seguintes imparte cursos sobre Economía
Pesqueira en Hispanoamérica como colaborador da FAO ( a organización das
Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación). A finais dos cincuenta e
sesenta intenta crear varias empresas con sede en Galicia, que non fructifican,
excepto a hoxe "multinacional" Pescanova, financiada por un vello amigo, Xosé
Fernández López. En 1961 sofre un grave accidente con consecuencias serias, pero
non o logran apartar das súas ansias artísticas ou literarias. Falece en 1987 despois
dunha longa enfermidade.
Como xornalista iniciase os 16 anos de colaborador da Gaceta de Galicia,
despois foi xefe de redacción do semanario La Provincia de Pontevedra. Crea o
xornal Galicia co que pretendía dinamizar os valores económicos, sociais, artísticos
e culturais de Galicia; nel presta especial coidado ó deseño, á creación dunha
opinión crítica e ó humor. Foi clausurado durante a ditadura de Primo de Rivera por
manifestar opinións contrarias as que preconizaba o goberno.
Desde o punto de vista poético pertence á Xeración do 25 polo seu
achegamento as vangardas fronte ó conservadurismo .da época. Pranto matricial é
un canto elexíaco á esperanza publicado en 1955; a cuberta foi ilustrada por Luís
Seoane e , no interior, conten debuxos de Colmeiro, Maside, Souto e Manuel
Torres. Sementeira do vento é un canto á paisaxe, á xente galega, ó exilio e ó amor
ausente. Gen chaves de sombra conten poemas moi variados, con limiar de Lorenzo
Várela. En Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedravo (1985) inclúé poemas
dedicadas ó escritor da xeración Nos.
Para coñecer as súas inquedanzas temos que asomarnos as numerosas cartas
que escribiu ó longo da súa vida a Castelao, Risco, Otero Pedrayo, Urbano Lugrís,
Laxeiro... , entre outros, nas que reflexiona sobre temas de literatura, pintura,
economía e avogacía, ademais de asuntos privados.
Era un home polifacético que cultivou, por igual, as
letras e as ciencias. Consideraba que a cultura posuía un
valor económico, o que o levou a apoiar a creación da
Editorial Galaxia. Foi galardoado en numerosas ocasións:
en 1964 foi elixido membro da Real Academia Galega e da
Academia Galega das Ciencias, recibiu o Pedrón de Ouro
en 1975 e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo
(1986), entre outros.
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 33
Na matricial Galicia. Sempre túa
Que dende a Torre de Hécules ao Miño
Un facho acendera por cada illa,
Cando ti volvas polo mare,
Dos castros na coroa una cachela,
Cando ti volvas polo mare,
Una loura candea en cada pino,
Cando ti volvas polo mare,
O seu cirio de frouma os alciprestes,
Cando ti volvas polo mare,
Luces de ardora branca en cada mastro,
Cando ti volvas polo mare,
Un farol mariñeiro en cada dorna,
Cando ti volvas polo mare,
Veliñas a xanela en cada casa,
Cando ti volvas polo mare,
E os perolas das bagoadas derramadas,
Cando ti volvas polo mare,
Cando ti chegues polo mare.
A terra e os sinos
Foi a Terra levada,
Barro materno ao barro teu xuntado,
Cos liricos loureiros,
No camposanto de Padrón unxidos,
Pol-o amor e a door de Rosalía…
Sagra primeira estrofa d-este pranto.
Para componer as outras,
Tranguidos a una mao de Sul a Norde,
Os sinos todos das eirexas todas,
Que por todos redobran,
E tamén se ouvirán pol-os escuros,
Non recolleran no coral de bronce
Han de dobrar, da vida, acentos novos,
Han de dobrar as cordas dos espritos,
Das cousas, seus metaes,
Das cousas,
Nas que os homes deixanos en anacos
Os anacos da i-alma.
A dimensión da nosa desventura.
Por ti, Daniel, e máis dos compañeiros,
Siñaleiros da norte empadroada,
Óscar 1º ESO
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 34
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 35
Recollida de refráns relacionados coa sega e a malla en Taboada
Agosto trocase en maio,
para quen non ten pan sementado.
O sol na eira e,
a choiva na naveira.
A eira cando a deixan,
a moza cando a comezan.
En abril, espigas mil
Na casa do pescador e cazador,
nin boa meda, nin bo palleiro.
A choiva no febreiro,
fai bo palleiro
Marzo, marzán, cara de can,
farrapa de neve e espiga de pan
Agosto ardenteiro,
herba no palleiro.
Dormir e gardar eira,
non hai maneira.
Cando o cuco ve o primeiro meducho,
fai as maletas para emigrar.
Agosto ardenteiro,
herba no palleiro.
Cando ven o cuco,
Ven o pan o suco.
Limpa e arranxa a eira,
cando está agosto a beira.
A noite de San Xoán,
secalle unha raíz o pan,
a de San Pedro sécalle a do medio,
e a de Santa Isabel seca todo él
En San Xoán,
facíase a meda do pan.
Por San Damián,
ten o millo da túa man.
Marzo espigarzo,
abril penduril.
maio granado,
San Xoán curado,
na Santa María,
metelo na erquina.
En San Xoán secalle unha raíz o pan,
en San Pedro a do medio,
e en Santiago a do cabo.
Choiva de San Xoán ,
quita o viño,
e non da pan.
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 36
Recuperación do léxico tradicional de vellos labores agrícolas.
Cultivo de cereais no concello de Taboada
Vocabulario
1- Preparación da terra:
Esfender: a primeira cavadura dun terreo
Entraresar: cruzar os primeiros regos noutro sentido
Asucar: volver enderezar o rego
Refender: despois de sementar,arábase para tapar a semente
Rendar: pasar o arado para limpar a colleita das malas herbas
2- Apeiros :
Rastro: para allanar a terra
Arado: para arranxar a terra
Gadaña: para segar a herba
Forcada: para erguer a herba
Fouce: para segar o pan
3- Traballadores e outros
Maioral: o que vai adiante
Rabeleiro: o que vai atrás
Paveas: brazados de palla
Mollos: paveas atadas
Medeiros: montón de mollos colocados
Meda: tódolos mollos xuntos na casa
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 37
A malla
O primeiro que temos que facer e preparar a terra, mellor terra que non
fose cultivada o ano anterior.
En todas as parroquias as terras onde se botaban os cereais eran os
agros.
Cunha xogada de bois preparabase a terra,Primeiro cavase, arase e
agardase, logo no mes de outubro sementase o gran.
En febreiro volvese arar, cando o centeo xa era un pouco grande para
sacarlle as herbas malas que tiña polo medio.
En xullo recolliase, segábase e enmorallabase.
A tarefa da sega facíana os homes e as mulleres facían os montóns de
palla que se ataban co mesmo centeo,
Logo dispoñíanse no medio do terreo e facíanse uns medeiros, que ían
agrupando os mollos nunha circunferencia e dábanlle forma dun cono
invertido para que aínda que chovese a auga fose resbalando e non se mollase
o gran.
Deixábase asi uns 15 días. Logo traíase para a casa, para facer a malla,
separar o gran da palla.
Antes de traer os medeiros para a casa había que preparar a eira,
algunhas eran de chan feito de pedra, outras facíanse con bosta fresca das
vacas, que se extendia polo piso cunha vasoira feita de xestas, O secar
quedaba una superficie compacta.
O ter a eira preparada,cos mollos xa na casa,facíanse as medas,
colocabanse os feixes cas espigas para dentro e a palla para fóra, formando un
cono invertido outra vez..
Para empezar a malla, sacábanse as mallas do medo, desatalos, estiralos
ben, deixábanse o sol para que se degrañase máis facilmente.
Despois chegaban os homes do pobo cos mallos que batían o gran. A
continuación dábaselle a volta o gran e volvíaselle dar cos mallos.
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 38
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 39
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 40
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 41
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 42
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 43
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 44
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 45
O hórreo galego
1-Introdución
O hórreo galego é un edificio que se usa nas zonas de campo e se
destina a secar, curar e gardar o millo, antes de debullalo e moelo. A cámara
interior non está completamente pechada, senón que ten aberturas ou ocos
polo que pasa o aire e a humidade; pero si está illado do solo, para que non
alcancen o millo os animais. Así, cando os ratos, por exemplo, acadan o
tornarratos, non poden avanzar en contra da gravidade.
En Galicia conviven tres tipos de hórreo: o tipo galego-portugués, o tipo
asturiano e o hórreo de corres.
Atribúese a súa introdución en Galicia a pobos preceltas de procedencia
e cultura mediterráneas, os coñecidos polo nome de “oestrimnios”. En Galicia
teñen diferentes nomes: cabazo,canastro, cabaceiro, cañizo,vasoira,paneira,
piorno etc.
2-Extensión xeográfica
O uso do hórreo galego está estendido pola maior parte do territorio de
Galicia, occidente asturiano e norte de Portugal. As zonas montañosas do leste
de Ourense e do sueste de Lugo non teñen hórreos.Nestes lugares hai
diferentes variantes ás que non é doado definirlles áreas xeográficas propias.
Pode admitirse que os hórreos esténdense por todo o territorio da Coruña e
Pontevedra.
Non se empregan hórreos no oriente da rexión do Limia e no sudeste da
provincia de Lugo, xa en zonas propias de cereais de montaña e menos
propicias para o millo.
3-Partes
O hórreo típico galego ten planta rectangular,as paredes de madeira,un
tellado de tella a dúas augas, e en ocasións elementos ornamentais,como
puntas ou cruces.
O hórreo galego-portugués componse, basicamente dunha base, unha
cámara, un medio de acceso e uns elementos decorativos.A base ten como
finalidade afastar a cámara do chan. A cámara pola súa parte,debe poñer o
gran en contacto co ar evitando que se molle. O acceso faise a través dunha
escada móbil ou fixa.
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 46
Outras partes do hórreo lintel, tiras, sobrepenas, pinche, porta, penal,
doelas, tornarratos, tornaformigas
4- Tipos de hórreos
cabazo: é unha variedade de hórreo, pero feito dun xeito máis sinxelo, e
mesmo se pode facer con tablóns de madeira ou cubas de viño.
piorno oriental: esténdese polas zonas do norte oriental da provincia de
Lugo, e denota na súa altura e volume, nos remates cónicos do tellado e
a existencia, en ocasións, dun celeiro ou dun pombal.
hórreo de terceira pimpinela: consta dunha saída polo medio do
hórreo, en lugar de ter a entrada nun extremo .
5- Hórreo do Pazo de Perrelos (Taboada)
José Manuel Fernández Pernas
Pablo Martíns García
Alejandro Varela Rubín
(Alumnos de 2º de ESO)
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 47
Entrevista a Alba Moreiras Durán
Estamos con Alba Moreiras Durán unha xoven artista do
mundo da canción representando ``Terra de Lemos´´ no
programa ``Luar´´ da TVG.
Que tal te sentiches a primeira vez que subiches a un escenario?
Moi ben é unha sensación pracenteira sobre todo para os que nos gusta cantar.
Que tal te sentiche cando ganaches o concurso o dia 11-11-2011?
Moi sorprendida porque non mo esperaba pero sobretodo moi contenta e
agradecida por todos os votos.
Dinos que e o mais que lembras da musica na túa infancia? Como foi?
Acórdome da primeira vez que actuei na coral na que cantaba, estaba moi
nerviosa .
Que opina a túa familia de que te dediques ao mundo da canción?
Pois a eles gústalles e apóianme sempre.
Que canción che gusta cantar?
Gústame cantar cancións en inglés e a miña preferida é “the bodyguard“ de
Whithey Houston .
Quen é o teu idolo?
Son meus pais
Como te sentiches diante dunha cámara?
Moi nerviosa e tímida pero espero que co tempo me termine acostumando
Que canción foi a primeira que cantaches?
Mensaxe de paz
Cales son as túas aficións?
Cantar e bailar
Se gañases o concurso de “ Luar” que farías?
Seguir estudando e disfrutalo coa familia
Quen che deu a idea de ir ó “ Luar”?
Un dia chamoume Gaioso para facer una proba de canto e colleronme
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 48
Con cantos anos subiches a un escenario?
Con 7 anos
Onde foi?
Aquí en Taboada
Moitas grazas Alba por concederme esta entrevista
De nada Nerea, foi un pracer
Nerea Ledo Ledo (5 de Primaria)
É mentira... é verdade
Ai, nena
se che digo que te quero
É mentira!
Ai, nena
se che digo que me gustas
É mentira!
Ai, nena
se che digo que me ames
É mentira!
Pero nena … agora …
despois de tanta mentira
vouche contar a verdade.
Mira estes dous olliños
que te miran con paixón e cariño
Ónde está a mentira?
Cal é a verdade?
Estou namorado....
Ai nena
non penses que son un mal falado
Ai, nena
que me poño colorado.
Iván 5º primaria
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 49
Un crime resolto
Esta mañá, cando María foi sacar o lixo, viu un cadáver no portal, o do
seu irmán Pedro. Consternada polo sucedido, chama á policía e ponse á súa
disposición para esclarecer os feitos. Recorda entón unha conversa que
escoitara entre seu irmán e un ruso, de nome Vashir, facía uns días, na que lle
esixía o pago dunhas débedas de xogo que tivera o verán pasado . Seu irmán
non tiña recursos nin présa.Non oíu nada máis.
María descobre unha foto de Mirta, a ex_moza de Pedro, engurrada e medio
rota. Lembrouse daquela dunha ameaza :
- Ti, María, deixa de amolar a teu irmán- dixo Mirta-, que os dous
estamos moi felices xuntos e non nos vas separar.
- Eu non o molesto! –afirmou María- É el quen vén sempre xunto a min
dicíndome que o agobias, que es unha desconfiada e que só te interesas
polos cartos.
- Iso é unha mentira! Como pode dicir iso de min?
Entón o móbil de Mirta soou e marchou falar co interlocutor.
Pero o máis misterioso do corpo sen vida do seu irmán era un anaco da
cabeza sen pelo, como se llo cortasen cunha máquina de afeitar. A intrigada
María decátase de quen foi o asasino e como mataron a Pedro.
Rememorando un presunto romance entre Vashir e Mirta, facía cousa
duns días, decátase de que colaboraron os dous no seu asasinato, como unha
especie de axuste de contas. Pedíronlle perdón, Mirta quedou con Pedro no
portal a noite pasada e, mentres agardaba, Vashir atacouno cunha navalla,
pero arrincándolle só uns pelos preto da caluga.
A posterior sede de vinganza de María e o querer saber máis sobre este
enigma son algo que lle quitará o sono nas noites seguintes , sen saber que a
próxima vítima será ela.
Alejandro Varela Rubín ( 2º ESO)
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 50
Un apuro
Hoxe María ía pola rúa cando de repente viu achegárselle un home alto
e rexo. Cun movemento brusco apartouna cara o portal dun edificio e díxolle
que lle dera todo o que levaba. Ela estaba moi asustada,suplicoulle que non
puxera en perigo a súa integridade física , pois tiña dous nenos e outro que
viña en camiño. O individuo sacou un coitelo, ela deulle o bolso, pero antes
colleu o móbil co que lle sacou unha foto antes de correr cara un descampado.
Dirixiuse rapidamente cara unha comisaría para denunciar o roubo
- Poderíanos dicir como era o home que a asaltou? -preguntou o
comisario.
- Si, espere un momento- aclarou sacando o móbil do peto- .Oh, non! –
berrou.
- Que lle pasa?
- Sacáralle unha foto, pero debín borrala.
- Non pasa nada, recorde todo o que fixo hoxe e díganolo.
María tranquilizouse e contou a historia. Fora comprar ó supermercado
a cea, leváraa á casa. Logo foi ó banco sacar cartos, ó saír é cando a asalta un
home esvelto e forte, cunha fronte ampla, un parche no ollo esquerdo e unha
lixeira coxeira na perna dereita.
O inspector recomendoulle que descansara, nun par de días sería
informada das pesquisas que realizarían a partir dese momento.
José Manuel Fernández Pernas ( 2º ESO)
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 51
Sopa de letras
B P A L C P M R G Busca os/as
Profes na sopa L F N U A E A A A
O N O M A R I T E
Chus
Rosa
Lorena
Teresa
Margarita
Penelo
Fernanda
Amadora
Alfredo
Laura
Belen
Concha
Paco
Cristina
Angeles
Toño
Fiz
Eva
R O F I Z L I O C
E C H U S D D K O
N O T E R E S A A
A N O M R P F T H
C C L F L O P G O
H H L R O S A P L
O A C O N C H A E
L Z T O Ñ O U V G
A O A G E T T E U
I P N P E N E L O
L P E D O C A P Q X I A F E
O T R M R I Z B E L E M T R
R A F A L L F E R M I A B T
E I I R A F E L A A L D E Y
L X C G U X R E D G A O L U
A L R A R U N N C P U R I I
U U Q R A W A O E U R A N O
R R S I Ñ M N F C F A Z O P
A T U T O N D H G A E A M K
F V W A P N A U I V X E S M
C R I S T I N A N G E L E S
Pablo e Ana Val (5º)
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 52
Postais gañadoras no concurso de Nadal
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 53
A vaca cachena
A cachena é unha raza bovina
típica do norte de Portugal e do sur
de Galicia. Distribúense en zonas
montañosas como o Parque Natural
da Baixa Limia, a Serra do Xurés e
principalmente na aldea Ourensá de
Olelás.
Raza pequena de gran
cornamenta e fàcil parto, con
mandìbulas extraordinariamente
fortes que lles permiten o
aproveitamento de pastos pobres e
monte baixo en zonas escarpadas.
Esta raza na antiguidade foi de triple
aproveitamento: carne, leite e princi--
palmente para os traballos agrícolas
(bois). Hoxe úsase como productora de
carne de excelente calídade.
Aínda que os becerros alcanzan
pouco peso (os machos uns 550Kg as
femias uns 350Kg e os becerros sobre
130Kg) en comparación con outras
razas producen unha carne de excelente
calidade, con grande sabor moi
valorada polos mais excelentes
paladares
Ana Val
5º de Primaria
As nosas cousas - 2.012
C.P.I. San Tomé do Carballo – Taboada Páxina: 54
O coche eléctrico fabricado en Galicia
A empresa de Mos Little Cars
presentou os primeiros vehículos
eléctricos fabricados cento por cento en
España, dotados con baterías de xel de
chumbo ou litio. Estes vehículos están
impulsados por motores eléctricos.
Destacan polo seu alto rendemento na
transformación de enerxía eléctrica da
batería en enerxía mecánica.
xa que supón tanto un aforro senón
que tamén son unha vantaxe para o
medio enerxético como de emisións á
atmosfera. Outra vantaxe dos coches
eléctricos é que non teñen tantas pezas
como os de gasolina ou gasóleo, polo
que unha avaría non supoñería tantos
gastos.
Os vehículos da marca Little,
dispoñibles, reducen un 60% as emisións
de CO2 con respecto ós coches
tradicionais, eliminan a contaminación
acústica, teñen ata 200 quilómetros de
autonomía sen precisar ser recargados e,
realizando percorridos urbanos, a media
de recarga é de unha vez á semana.Polo
tanto,non son só unha vantaxe
económica, ambiente,
A pesar da gran cantidade de
vantaxes que estes coches supoñen, as
persoas non os mercan porque non
son tan doados de encher de novo o
depósito como os coches de
combustible derivado do petróleo; as
velocidades máximas adoitan estar en
torno aos 80 kilómetros por hora e
unha batería dura tres ou catro anos.
FONTES DE INFORMACIÓN
http://www.concellomos.es/ver_noticia.php?idnoticia=1037
http://es.wikipedia.org/wiki/Veh%C3%ADculo_el%C3%A9ctrico
http://elprogreso.galiciae.com/nova/150684.html
Noelia Otero (3º ESO)
María Lamela (3º ESO)
Esta publicación forma parte do proxecto para o fomento do
uso do galego convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
(Orde do 25 de xuño de 2.011)