AS NOSAS IGREXAS

28
AS NOSAS IGREXAS

description

AS NOSAS IGREXAS. A CAPELA DA MILAGROSA - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of AS NOSAS IGREXAS

Page 1: AS NOSAS IGREXAS

AS NOSAS IGREXAS

Page 2: AS NOSAS IGREXAS

A CAPELA DA MILAGROSA • No ano 2012 cúmprense 100 anos da construción da Capela da Milagrosa en Carballo,

polos esposos D. Ramón Sanchez García e Dª. Basilisa Rodriguez Sande.Dª. Basilisa viuse afectada dunha grave enfermidade, que os médicos non lograban curar. Entón encomendouse á Virxe Milagrosa, facendo a Novena e recibindo con devoción a Medalla. Experimentou a melloría ata curarse de todo, atribuíndo a súa curación a un miragre da Milagrosa.En agradecemento decide o matrimonio construír a Capela dedicada á Milagrosa e un Colexio anexo, encargando ás Dominicanas impartir o ensino e formación relixiosa

•Con motivo do centenario, e en resposta á solicitude presentada ao Sr.Arzobispo e tramitada ante a Penitenciaría Apostólica, o Papa, Benedicto XVI, concedeu ao Santuario Capela da Milagrosa de Carballo un Ano Xubilar con motivo do Centenario da Construción da Capela e da veneración á imaxe da Virxe Milagrosa.

 • Bibliografía:• www.parroquiacarballo.com/tripticoanojubilar.pdf

Page 3: AS NOSAS IGREXAS

panoramio.com

Page 4: AS NOSAS IGREXAS

 SANTA EUFEMIA DE RUS (RAMIL)

• Fíxose no ano 1804 . Atópase en Ramil (Santa Eufemia) unha festa moi popular. Ten igrexa , capela e fonte…Cando son as festas, as misas fanse na capela e logo dan voltas coa santa ao redor da igrexa. Hai moitas máis festas pero esa é a máis popular. Esas festas como non son tan populares fanse na igrexa.

Page 5: AS NOSAS IGREXAS

SANTA EUFEMIA DE RUS (RAMIL)Información facilitada polos avós

Page 6: AS NOSAS IGREXAS

A IGREXA DE SANTA MARÍA DE RUS • Ó chegar ó lugar do Outeiro atopamos a parroquial de Santa María de Rus, dominando todo o val.• Esta igrexa é a mellor construcción relixiosa que se conserva en todo o concello. A explicación de que

esta extensa parroquia rural teña un templo desta categoría hai que buscala no feito de que estivo baixo o señorio do mosteiro de San Martiño Pinario ó que lle aportaba unhas substancias rendas.

•  • Construída entre os siglos XVII y XVIII, do estilo barroco, presenta na súa fachada rasgos de

neoclasicismo imperante no momento da súa finalización no siglo XIX. As obras foron dirixidas por Tomás del Río quen tamén participou na construcción da Catedral de Santiago de Compostela. No seu interior sobresae o retablo do altar maior, atribuída a Rodeiro, do século XIX ; e a cruz parroquial de prata do século XVI.

•  • As tres caracteristicas da igrexa: O barroco, o rococó e o neoclásico.•  • Moitas das antigas igrexas que vedes por aí son tamén barrocas. Aos galegos • gustábanos moito esta maneira de facer que tiñan naquela época (seculos XVII e XVIII) .• Debemos fixarnos nas voltas e repenicos que tena parte de abaixo case coma a fachada da catedral de

Santiago …• Custaba moitos cartos facer unha igrexa así, pero aqueles foron bos anos para o campo: boas colleitas,

acabáronse as pragas e empezouse a planta-lo millo e as patacas que viñeran de America. Os nobres viñan a gasta-los cartos en pazos (que lles pagaban os labregos como os tributos) e os curas e os mandaban edificar as igrexas.

 

Page 7: AS NOSAS IGREXAS

Ilustraciones: Google imagenes Carballo o noso concello. Manuel Rajal. Edita: Concello de Carballo e Fundación Caixa Galicia. Coñece o teu concello. Juan M. Seoane Collazo Edita: A. C. Lumieira

Page 8: AS NOSAS IGREXAS

A igrexa de San Antonio de Agualada (Coristanco)

. San Antonio non protexe a saúde dos humanos senón a dos animais. Ben coñecida é a importancia que tiveron e aínda teñen as vacas no mundo rural galego. Por esa razón, cando unha vaca tiña algún problema de saúde, era frecuente ofrecela ao santo para que a protexese. Esa tradición aínda persiste, aínda que con menos intensidade que no pasado recente. En varios santuarios galegos, alomenos un na provincia de A Coruña (San Antonio de Agualada), e dous na de Lugo, consérvase o costume de bendicir os animais na igrexa o día da festa ou mesmo o día da feira antes de acudir a ela. A bendición dos animais considérase sumamente protectora. En Agualada os animais viñan desde as terras de Bergantiños, Xallas ou Soneira, ás veces recorrendo moitos kilómetros durante a noite, para chegar á hora da misa, asistir a ela desde o atrio da igrexa e despois participar na procesión darredor do templo. A asistencia das vacas aos actos litúrxicos vai decrecendo co paso do tempo, pero a romaría que se celebra tódolos anos o día de san Xoán segue a xuntar moita xente da comarca. Ademais da protección dos animais os asistentes tamén lle solicitan a o santo axuda nos exames, no emprego e nos casamentos.

• Celébranse varias misas ao longo da mañán, e ás dúas da tarde sae o “santiño milagreiro” en procesión, acompañado polos estalos das bombas de palenque.

• Bibliografía:• Información da familia• http://www.gal iciaencantada.com/dentro.asp?c=16&id=1810&n=7_(2011).-

vaamonde,_pablo:_os_ofrecidos

Page 9: AS NOSAS IGREXAS
Page 10: AS NOSAS IGREXAS

A IGREXA DE SAN ANDRÉS DE TALLLO • A igrexa de San Andrés de Tallo é unha construcción sinxela . Na fiestra que

ten na súa cabeceira podemos  deducir a súa orixe románica.•

A fachada é de liñas xeométricas rectas, a porta é rectangular, nela hai unha ventá redonda no centro e toda ela remata nun campanario-espadana con sitio para dúas campás e uns adornos

• en pico chamados pináculos.

. Tras o altar hai unha ventá de características románicas, medievais, só visibles dende o exterior pois dentro cóbrea o retablo que é posterior. Os muros exteriores están recubertos de morteiro e este pintado en branco.No interior temos unha igrexa dunha soa nave cunha capela. O chan é de pedra.O presbiterio está cuberto por bóveda de canón con dous tramos, e nave está cuberta por unha placa a dúas augas, na orixe debeu de ser en madeira. Ao campanario, que é pequeño e cadrado accédese pola tribuna ( enorme e en madeira.)

• Ao redor da igrexa está o cemiterio vello e a un quilómetro está o cemiterio novo, que ten unha capela pequeña, na que rezan o rosario o día de Santa Lucía.

  Bibliografía:  www.chimereguide.org/web_espanol/.../05_Download/.../ruta4.pdf A comarca de Bergantiños. Xan Fernández Carrera Información dos veciños.

Page 11: AS NOSAS IGREXAS
Page 12: AS NOSAS IGREXAS

 IGREXA DE ARDAÑA

  Localizacion: carretera de Carballo a Santiago de Compostela.  Época: siglo XVIII e seguintes.   Estilo: barroco.  • Igrexa rural con fachada moi plana composta según tres eixes

verticales, con vanos rectangulares de iluminacion nos laterais e portada adintelada no central, sobre a que se sitúa a hornacina de media concha coa figura da virxe.

Page 13: AS NOSAS IGREXAS
Page 14: AS NOSAS IGREXAS

A igrexa de Cesullas.

Está situada no centro xeográfico da parroquia, xa que ten 8 km. de distancia, Está a 4 km,da ponte de Ponteceso e a outros 4 km. do último lugar que é Esmorís.Foi construída no século XVII, e renovada no S. XIX e XX, polos párrocos que a dirixían naquel tempo. É de estilo románico, tendo parte nunha capela lateral de estilo barroco. A porta principal está adornada con orelleiras, e un frontón triangular, co seu patrón acubillado nunha fornela Destacan as pedras na parte alta polo estilo correspondente nas capelas laterais e o altar maior.

• Son importantes as imaxes de San Antón, San Roque e San Esteban, presidindo o altar maior. Este último revestido cos ornamentos de diácono e cos seus zapatiños brancos.

• Na literatura popular atopamos esta cantiga:• San Esteban de Cesullas,• Ten os zapatiños brancos.• As mozas de Cabana,• Vanllos ver os días santos.• Nunha das capelas laterais están: virxe do Rosario,virxe dos Remedios, o sagrado Corazón de Xesús e a

representación do Monte Calvario coas súas respectivas imaxes: Cristo, virxe das Dores e a imaxe de San Xoán, apóstolo e evanxelista.

• Na outra capela lateral están as imaxes : virxe do Carme, San Fernando, san Francisco, a inmaculada Concepción e San Fins.

•  • Bibliografía• Información facilitada polo párroco.• A comarca de Bergantiños. Xan Fernández Carrera.

Page 15: AS NOSAS IGREXAS

       A IGREXA DE SAN SALVADOR DE SOFÁN

 • A igrexa parroquial do diviño Salvador de Sofán é do siglo XVIII. • Presenta planta de cruz latina e cuberta de madeira. A fachada divídena

catro pilastras. O entrepano central está decorado cun escudo coas armas dos Vilar de Francos. Foi realizada en 1844 baixo os planos de Domingo Antonio Barral. A torre do campanario ten dous corpos.

• No interior ten un retablo principal coa figura do Salvador que é do siglo XIII. Os santos máis populares son: San Xosé e San Xoán Bautista.

• Ten un retablo “é das ánimas” porque se ve a San Francisco salvando as ánimas do purgatorio, todos os retablos da igrexa son do siglo XVIII e teñen un gran valor. É de estilo barroco.

•  • Bibliografía: • Coñece o teu concello. Juan M. Seoane Collazo.• Edita: A.C. Lumieira.   

Page 16: AS NOSAS IGREXAS
Page 17: AS NOSAS IGREXAS

IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE LEILOIO  • A igrexa de Santa María levántase á beira da nova rectoral, que desdí unha

antiga, magnífico exemplar de arquitectura rural, construída a modo de cubos e grandes ventás. A igrexa outorga

• a súa presenza ao val, á sombra do monte Neme. É unha constante no noso camiño porque sempre se nos ofrece á mirada.

• De estilo barroco, única nave con planta de salón, dúas capelas laterais, presbiterio a sancristiá, concentra as mellores galas na fachada pentagonal. Santa María noseu fornelo e flanqueada de dúas columnas e vieira preside a porta lintelada; coróase por torre campanario, de tambor octagonal e remata en pináculos, igual cós laterais da fachada. No adro aínda podemos contemplar as campas dos enterramentos no terreo. Tras saír da igrexa, camiño da Raxeira, sorpréndenos un cruceiro de capitel cadrado.

 

Page 18: AS NOSAS IGREXAS
Page 19: AS NOSAS IGREXAS

A IGREXA DE SEAVIA

 • Seavia é da parroquia de Coristanco.O seu patrón é San Mamede  • Do primitivo templo románico que existía cando templo románico

cando Seavia era un mosteiro, a penas quedan restos, tan só algúns canzorros nos aleiros dos muros laterais.

•  • A primeira grande reforma que sofre esta igrexa, lévase a cabo a

finais do século XVIII, sendo párroco Manuel López Martínez.• • O edificio actual é obra de principios deste século (1902), sendo

párroco Santiago Abuelo Lado, quen tamén construíu a casa rectoral, o cemiterio e a fonte do Carme. 

Page 20: AS NOSAS IGREXAS
Page 21: AS NOSAS IGREXAS

A IGREXA DE VERDILLO

• A igrexa de San Lorenzo de Verdillo foi feita no século XIX en estilo historicista. Ten planta dunha soa nave, cun soportal no lateral. Na entrada, un pequeño templete debaixo do coro. Exteriormente presenta un rico xogo volumétrico polas distintas dependencias que se lle engadiron ao corpo central. Destaca a torre-campanario de base cuadrangular.

• Ten tres altares: un neoclásico e os outros dous barrocos. Os bancos teñen máis de 100 anos. Donounos caixa galicia. Hai retablos barrocos.

• Xunto á igrexa está o Cruceiro de San Lorenzo, con plataforma de dous graos, o pedestal en formigón e o resto de granito. Tanto o varal cama a cruz son circulares, ao igual que o capitel,decorado con volutas , flores e follas. Na cruz representase a Cristo crucificado e no reverso a Virxe en actitude de orar.

• Tocar as campás• As campás son antigas . Para tocalas repenícanse con badales seguindo un compás de ritmo

entre unha campá pequena e unha grande .A quen toca as campás chamaselle : Campaneiro. • Bibliografía:• Información facilitada pola familia.• “ Coñece o teu Concello”. Juan M. Seoane Collazo• Edita: A.C. Lumieira.

Page 22: AS NOSAS IGREXAS
Page 23: AS NOSAS IGREXAS

A igrexa parroquial de San Xes, • Feita na primeira metade do século XVIII, é de estilo barroco. Ten planta de cruz latina con dous

corpos engadidos no testeiro, cuberta de madeira nas naves e de canón no presbiterio. • Os muros son de cantaría vista no interior. Hai un fermoso retablo do século XVIII, con

columnas salomónicas e abundante decoración.• Na fachada principal que ten forma pentagonal destaca a decoración da portada, enmarcada

por dúas pilastras que sosteñen unha cornixa rematada por pináculos.• Santos que hai na igrexa:

Purísima ConcepciónSanta LucíaSan JoséSan AntonioSan RoqueVirxe dos MilagresVirxe do CarmenVirxe DolorosaSan Xes (patrón)

 • Bibliiografía:• Información facilitada pola familia.• “Coñece o teu Concello”. Juan M. Seoane Collazo.• Edita: A. C. Lumieira.

Page 24: AS NOSAS IGREXAS
Page 25: AS NOSAS IGREXAS

          A IGREXA DE SAN PEDRO DE XALLAS DE CASTRIZ

 • Esta igrexa ten unha nave de planta cuadrangular. Muros de

cadeirado granítico con tellado de tella. A fachada ten uns resaltes xeométricos enmarcando a porta e unha ventá alintelada. Campanario cuadrangular con dobre corpo de campás coroado por un frontón triangular enmarcado por dous pivotes

• Santos: San Pedro, Virxe das Dores e Fátima.

 

Bibliografía : turgalicia

 

 

Page 26: AS NOSAS IGREXAS
Page 27: AS NOSAS IGREXAS

A igrexa de Xaviña

Page 28: AS NOSAS IGREXAS

• A CAPELA DO PAZO DE VILAR DE FRANCOS•  • O Pazo de Vilar de Francos encóntrase situado na parroquia de Artes e é o edificio señorial• máis importante de todo o concello . E un pazo de gran tamaño e beleza, con planta rec-• tangular e varias dependenzas anexas de carácter agrícola, alpendres, cadras e horreo,• entre outras. Encóntrase rodeado dunha estensa finca con númerosas zonas cheas de • árbores frutais,cerrada por unha muralla almenada.Nos seus arredores merecen espe-• cial mención un espléndido exemplar de carballo, considerada a árbore máis emblemática • de toda a comarca de Bergantiños.• No interior do pazo existe unha pequena igrexa ou capela na que se celebraban misas• para os donos e habitantes do pazo, dedicada a Santo Antón de Padua.• •  •  • Bibliografía:• Coñece o teu concello. Juan Manuel Seoane Collazo. • Edita: A. C. Lumieira.