Download - VIDA EN FAMILIA PARA ADOLESCENTES · Buscamos familias e persoas cunha alta sensibilidade cara á adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades

Transcript

Programa de captación, valoración,formación e seguimento de persoasou familias para convivir conadolescentes que teñan que cumprirunha medida de convivencia conpersoa ou familia.

VIDA EN FAMILIA PARA ADOLESCENTES

Formación grupal e individual, e asesoramento.Acompañamento de profesionais.Financiamento durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou a persoa.

Que se busca?

Que ofrecemos?

Buscamos familias e persoas cunha alta sensibilidade cara á adolescencia que queiran facer unha apostatemporal por un/unha adolescente con dificultades a quen o xulgado lle impuxo en sentenza unha medidade convivencia cunha persoa ou familia.

Un ambiente socializador e positivo que lles permita aos/ás adolescentes a posibilidade de modificar ascircunstancias que motivaron a medida e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentose actitudes.

Partimos duns requisitos mínimos como ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada, estabilidadeemocional, comprometerse a traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar asatisfacción dun desexo de parentalidade,…

Valoramos positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programasde acollemento familiar, ter unha predisposición a ser formadas en diferentes temáticas como adolescencia,formación de carácter xurídico…

Que requisitos?

Mái

s inf

orm

ación

en w

ww.a

rela

.org

· co

nvive

@ar

ela.or

g · 9

86 2

12 5

37