Download - Triptico nadal 2015

Transcript
Page 1: Triptico nadal 2015

O corazón da maxia. Xabier Estévez. Xerais. Laura está hospitalizada dunha grave doenza. Un día chegará Mistre, que compartirá cuarto con ela. Laura contaralle unha historia extraor-dinaria, na que farán unha longa viaxe para resolver o misterio dos dragóns desaparecidos. Sorprendente desenlace.

Lendo lendas, digo versos. Antonio García Teijeiro. Antonio Reigosa. Xerais. Vinte lendas, pouco coñecidas, da nosa tradi-ción, en harmoniosa compaña de cadanseu poema.

Tés ata as 10. Francisco Castro. Galaxia. Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e sus-pense.

Acariciando o ceo. Fernando M. Cimadevila. Contos Estraños Editora. A partires do caderno de viaxe do seu irmán, sobre unha viaxe ao Nepal, esperta no protagonista a necesidade de ir tras os seus pasos. Así comezará unha aventura que cambiará a súa vida.

Os elefantes de Sokúrov. Antón Riveiro Coello. Galaxia. Janis almorza todas as mañás nunha cafetería, onde un descoñecido le e escribe sen acougo. Ata que un día el desaparece. A partir dese feito, técese unha historia na que se cruzan: o amor, o suicidio, a crise económica, …

Morena, perigosa e románica. Pedro Feijoo. Xerais. Unha disparatada aventura dun grupo de xente, persona-xes sen oficio nin beneficio coñecido, desesperados, deci-didos a todo. Convencidos de que o mellor que poden facer para saír do desastre en que a crise converteu as súas vidas é dar o golpe definitivo.

Amor en alpargatas. Manuel Portas. Xerais. No medio dun cemiterio, as lembranzas selectivas do amor de Sara e de Lucía eríxense na particular despedida que lle tributan a Senén, un de tantos que padeceron as consecuencias das loitas que sacoden o nacionalismo galego.

Celebración. Gonzalo Hermo. Apiario. Premio Nacional Miguel Her-nández. Modalidad Joven Poesía. 2015. Poemario que ensaia un tipo de escrita antinostálxica, renega da ruína e celebra o que está por vir.

Múdanse os ventos. Barahúnda. Helena de Alfonso e José Larra Bruñeiro. Terceiro disco de Barahúnda, nado en Galicia. Persoal e emo-cionante.

The Tambourine Man Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre. Un novo traballo que engade un enfoque vangardista e diferenciado a 11 temas tradi-cionais galegos e un castelán. Coa colabora-ción de destacados músicos da música tradi-cional ibérica e galega.

Tránsitos. A Real Filarmonía de Galicia e o Abe Rábade Trío inter-pretan unha obra composta por un dos mellores pianis-tas e músicos de jazz do momento.

A Esmorga. DVD. Ignacio Vilar. Vía Láctea Films e Galaxia. Filme baseado na novela de Eduardo Blanco Amor. Unha crónica intensa, na vida de tres homes en vinte e catro horas. Compañeiros de esmorga, que van deixando un regueiro de destrución, coma se adrede camiñaran para a súa perdición.

Xuntámonos outra vez para propoñervos unha escolma de lecturas e música que incluír nos vosos agasallos e no voso tempo de lecer.

Boas Festas!

Page 2: Triptico nadal 2015

Onde está o poliño de Rosalía. Pat Hutchins. Kalandraka. Despois do seu relaxado paseo pola gran-xa, Rosalía preséntanos o seu poliño, tan despistado coma ela. A súa nai buscarao por todos os recunchos.

Osiño, a vella xirafa e o valado de pedra. Susanna Isern. La Fragatina. Un zoo e, nel, un pequeno oso triste. Por sorte, a veciña xirafa alégralle os días contándolle historias sobre todo o que pasa no exterior, ao outro lado do valado.

A bruxa Discordia. Mamá Cabra e Carmen Gil. Galaxia. Discordia é unha bruxa que é feliz des-truíndo a Paz, facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. Sen embargo, un día vai acontecer algo que vai cambiar o seu mundo, e o mun-do enteiro, para sempre. Libro-disco

Despois da chuvia. Miguel Cerro. Kalandraka. Houbo unha vez un bosque marabilloso no que vivían toda clase de animais e un día, de súpeto, comezou a chover... O valor da solidariedade, o afán de superación e a procura da felicidade inmaterial están presentes.

Coller as rendas. Yolanda Castaño. Xerais. Poemas en boca de animais, como carrachas, escaravellas,berberechas,… que enarbolan a bandeira do respecto, esa que permite que cadaquén escolla o seu camiño, sen imposi-cións de raza nin de estados.

Os Bolechas. Pepe Carreiro. Bolanda. Novas aventuras dos xa coñecidos irmáns. Unha será cun burro e outra irán

de voda.

Só un reloxo. Roberto Aliaga. La Fragatina. Marmota recibe como regalo de aniversario un reloxo. Pode parecer un obxecto sen importan-cia, pero con esta preciosa fábula darémonos conta de que, a maioría das veces, menos é máis.

A lúa de Xoán. Carme Solé Vendrell. Kalandraka. Xoán, axudado pola súa amiga a Lúa, terá que arriscarse para recuperar a saúde do seu pai. O libro fálanos sobre os temores da infancia e os desafíos da vida.

Onde viven as fadas? Ignasi Valios i Buñuel. Xerais Buscando o lugar onde viven as fadas, atopare-des un mundo de fantasía cheo de personaxes marabillosos. Este libro é moi especial: pódese ler ás escuras.

Canta o cuco. Uxía e Magín. Galaxia Un libro-disco para gozar coa música e cos poemas do autor Manuel María, homenaxea-do no Día das Letras Galegas 2016.

O valente coello que quixo soñar. M. A Alonso Diz. Nova Galicia. O coello Valente decide proseguir un soño, pase o que pase. Polo camiño atoparase coa frialda-de dalgúns pero tamén coa comprensión dou-tros.

Osiño. Else Holdmelund Minarik. Kalan-draka. Varios títulos, agora en galego, dunha serie protagonizada por unha entrañable familia de osos. Relatos breves que nos atrapa-rán pola súa tenrura.

Xogando con gatos. Antón Cortizas. Xerais. Unha obra de teatro, con xogos de sempre, adiviñas,… onde unha nena aburrida de ver televisión e andar coa vídeo consola tenta brincar, e se non hai nenos cos que xogar, farao coa Lúa.

O caderno de Edua. Helena Villar Janeiro. Sushi books Edua vive na aldea do Cebreiro. Polo seu aniversa-rio, o seu avó regálalle un caderno que cambiará a súa forma de ver as cousas.

Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido. Jaureguizar. Xerais. Nica é unha «detectivesa» que se dedica a resol-ver misterios no seu barrio coa axuda dos seus amigos, Os Sabuxos. O barrio no que vive é un barrio calquera, dunha cidade calquera, onde nunca pasa nada. Vaia, case nunca...

A estrambótica illa do tesouro. Pinto & Chinto. Bululú. É un álbum de personaxes, animais e cousas fóra do común, divertidos e aloucados, que buscan un tesouro pirata moi particular.

Inventario de insectos. Virginie Aladjidi. Factoría K. Un fermoso libro, evocador dos antigos cadernos de campo,para descubrir todo o que precisamos saber sobre os insectos: complexidade, utilidade, abundancia de especies...

Pablo&Jané en La dimensión de los monstruos. José Dominguez. Astiberri. Un libro que mestura a banda deseñada con xogos e desafíos. Pablo e Jane abúrrense, só lles queda un lugar por explorar, “a vella casa da colina”. Alí descubrirán unha extraordinaria máquina que os levará á máis terrorífica viaxe.