Triptico nadal 2015

2
O corazón da maxia. Xabier Estévez. Xerais. Laura está hospitalizada dunha grave doenza. Un día chegará Mistre, que compartirá cuarto con ela. Laura contaralle unha historia extraor- dinaria, na que farán unha longa viaxe para resolver o misterio dos dragóns desaparecidos. Sorprendente desenlace. Lendo lendas, digo versos. Antonio García Teijeiro. Antonio Reigosa. Xerais. Vinte lendas, pouco coñecidas, da nosa tradi- ción, en harmoniosa compaña de cadanseu poema. Tés ata as 10. Francisco Castro. Galaxia. Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e sus- pense. Acariciando o ceo. Fernando M. Cimadevila. Contos Estraños Editora. A partires do caderno de viaxe do seu irmán, sobre unha viaxe ao Nepal, esperta no protagonista a necesidade de ir tras os seus pasos. Así comezará unha aventura que cambiará a súa vida. Os elefantes de Sokúrov. Antón Riveiro Coello. Galaxia. Janis almorza todas as mañás nunha cafetería, onde un descoñecido le e escribe sen acougo. Ata que un día el desaparece. A partir dese feito, técese unha historia na que se cruzan: o amor, o suicidio, a crise económica, … Morena, perigosa e románica. Pedro Feijoo. Xerais. Unha disparatada aventura dun grupo de xente, persona- xes sen oficio nin beneficio coñecido, desesperados, deci- didos a todo. Convencidos de que o mellor que poden facer para saír do desastre en que a crise converteu as súas vidas é dar o golpe definitivo. Amor en alpargatas. Manuel Portas. Xerais. No medio dun cemiterio, as lembranzas selectivas do amor de Sara e de Lucía eríxense na particular despedida que lle tributan a Senén, un de tantos que padeceron as consecuencias das loitas que sacoden o nacionalismo galego. Celebración. Gonzalo Hermo. Apiario. Premio Nacional Miguel Her- nández. Modalidad Joven Poesía. 2015. Poemario que ensaia un tipo de escrita antinostálxica, renega da ruína e celebra o que está por vir. Múdanse os ventos. Barahúnda. Helena de Alfonso e José Larra Bruñeiro. Terceiro disco de Barahúnda, nado en Galicia. Persoal e emo- cionante. The Tambourine Man Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre. Un novo traballo que engade un enfoque vangardista e diferenciado a 11 temas tradi- cionais galegos e un castelán. Coa colabora- ción de destacados músicos da música tradi- cional ibérica e galega. Tránsitos. A Real Filarmonía de Galicia e o Abe Rábade Trío inter- pretan unha obra composta por un dos mellores pianis- tas e músicos de jazz do momento. A Esmorga. DVD. Ignacio Vilar. Vía Láctea Films e Galaxia. Filme baseado na novela de Eduardo Blanco Amor. Unha crónica intensa, na vida de tres homes en vinte e catro horas. Compañeiros de esmorga, que van deixando un regueiro de destrución, coma se adrede camiñaran para a súa perdición. Xuntámonos outra vez para propoñervos unha escolma de lecturas e música que incluír nos vosos agasallos e no voso tempo de lecer. Boas Festas!

description

Tempo de acivros, tempo de libros. Tríptico de recomendacións lectoras, musicais... elaborado en colaboración polo CEIP ADR Castelao de Rianxo, CEP Ana Mª Diéguez de Asados, CEP Brea Segade de Taragoña, IES Félix Muriel e a Biblioteca Pública Municipal Castelao.

Transcript of Triptico nadal 2015

Page 1: Triptico nadal 2015

O corazón da maxia. Xabier Estévez. Xerais. Laura está hospitalizada dunha grave doenza. Un día chegará Mistre, que compartirá cuarto con ela. Laura contaralle unha historia extraor-dinaria, na que farán unha longa viaxe para resolver o misterio dos dragóns desaparecidos. Sorprendente desenlace.

Lendo lendas, digo versos. Antonio García Teijeiro. Antonio Reigosa. Xerais. Vinte lendas, pouco coñecidas, da nosa tradi-ción, en harmoniosa compaña de cadanseu poema.

Tés ata as 10. Francisco Castro. Galaxia. Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e sus-pense.

Acariciando o ceo. Fernando M. Cimadevila. Contos Estraños Editora. A partires do caderno de viaxe do seu irmán, sobre unha viaxe ao Nepal, esperta no protagonista a necesidade de ir tras os seus pasos. Así comezará unha aventura que cambiará a súa vida.

Os elefantes de Sokúrov. Antón Riveiro Coello. Galaxia. Janis almorza todas as mañás nunha cafetería, onde un descoñecido le e escribe sen acougo. Ata que un día el desaparece. A partir dese feito, técese unha historia na que se cruzan: o amor, o suicidio, a crise económica, …

Morena, perigosa e románica. Pedro Feijoo. Xerais. Unha disparatada aventura dun grupo de xente, persona-xes sen oficio nin beneficio coñecido, desesperados, deci-didos a todo. Convencidos de que o mellor que poden facer para saír do desastre en que a crise converteu as súas vidas é dar o golpe definitivo.

Amor en alpargatas. Manuel Portas. Xerais. No medio dun cemiterio, as lembranzas selectivas do amor de Sara e de Lucía eríxense na particular despedida que lle tributan a Senén, un de tantos que padeceron as consecuencias das loitas que sacoden o nacionalismo galego.

Celebración. Gonzalo Hermo. Apiario. Premio Nacional Miguel Her-nández. Modalidad Joven Poesía. 2015. Poemario que ensaia un tipo de escrita antinostálxica, renega da ruína e celebra o que está por vir.

Múdanse os ventos. Barahúnda. Helena de Alfonso e José Larra Bruñeiro. Terceiro disco de Barahúnda, nado en Galicia. Persoal e emo-cionante.

The Tambourine Man Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre. Un novo traballo que engade un enfoque vangardista e diferenciado a 11 temas tradi-cionais galegos e un castelán. Coa colabora-ción de destacados músicos da música tradi-cional ibérica e galega.

Tránsitos. A Real Filarmonía de Galicia e o Abe Rábade Trío inter-pretan unha obra composta por un dos mellores pianis-tas e músicos de jazz do momento.

A Esmorga. DVD. Ignacio Vilar. Vía Láctea Films e Galaxia. Filme baseado na novela de Eduardo Blanco Amor. Unha crónica intensa, na vida de tres homes en vinte e catro horas. Compañeiros de esmorga, que van deixando un regueiro de destrución, coma se adrede camiñaran para a súa perdición.

Xuntámonos outra vez para propoñervos unha escolma de lecturas e música que incluír nos vosos agasallos e no voso tempo de lecer.

Boas Festas!

Page 2: Triptico nadal 2015

Onde está o poliño de Rosalía. Pat Hutchins. Kalandraka. Despois do seu relaxado paseo pola gran-xa, Rosalía preséntanos o seu poliño, tan despistado coma ela. A súa nai buscarao por todos os recunchos.

Osiño, a vella xirafa e o valado de pedra. Susanna Isern. La Fragatina. Un zoo e, nel, un pequeno oso triste. Por sorte, a veciña xirafa alégralle os días contándolle historias sobre todo o que pasa no exterior, ao outro lado do valado.

A bruxa Discordia. Mamá Cabra e Carmen Gil. Galaxia. Discordia é unha bruxa que é feliz des-truíndo a Paz, facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. Sen embargo, un día vai acontecer algo que vai cambiar o seu mundo, e o mun-do enteiro, para sempre. Libro-disco

Despois da chuvia. Miguel Cerro. Kalandraka. Houbo unha vez un bosque marabilloso no que vivían toda clase de animais e un día, de súpeto, comezou a chover... O valor da solidariedade, o afán de superación e a procura da felicidade inmaterial están presentes.

Coller as rendas. Yolanda Castaño. Xerais. Poemas en boca de animais, como carrachas, escaravellas,berberechas,… que enarbolan a bandeira do respecto, esa que permite que cadaquén escolla o seu camiño, sen imposi-cións de raza nin de estados.

Os Bolechas. Pepe Carreiro. Bolanda. Novas aventuras dos xa coñecidos irmáns. Unha será cun burro e outra irán

de voda.

Só un reloxo. Roberto Aliaga. La Fragatina. Marmota recibe como regalo de aniversario un reloxo. Pode parecer un obxecto sen importan-cia, pero con esta preciosa fábula darémonos conta de que, a maioría das veces, menos é máis.

A lúa de Xoán. Carme Solé Vendrell. Kalandraka. Xoán, axudado pola súa amiga a Lúa, terá que arriscarse para recuperar a saúde do seu pai. O libro fálanos sobre os temores da infancia e os desafíos da vida.

Onde viven as fadas? Ignasi Valios i Buñuel. Xerais Buscando o lugar onde viven as fadas, atopare-des un mundo de fantasía cheo de personaxes marabillosos. Este libro é moi especial: pódese ler ás escuras.

Canta o cuco. Uxía e Magín. Galaxia Un libro-disco para gozar coa música e cos poemas do autor Manuel María, homenaxea-do no Día das Letras Galegas 2016.

O valente coello que quixo soñar. M. A Alonso Diz. Nova Galicia. O coello Valente decide proseguir un soño, pase o que pase. Polo camiño atoparase coa frialda-de dalgúns pero tamén coa comprensión dou-tros.

Osiño. Else Holdmelund Minarik. Kalan-draka. Varios títulos, agora en galego, dunha serie protagonizada por unha entrañable familia de osos. Relatos breves que nos atrapa-rán pola súa tenrura.

Xogando con gatos. Antón Cortizas. Xerais. Unha obra de teatro, con xogos de sempre, adiviñas,… onde unha nena aburrida de ver televisión e andar coa vídeo consola tenta brincar, e se non hai nenos cos que xogar, farao coa Lúa.

O caderno de Edua. Helena Villar Janeiro. Sushi books Edua vive na aldea do Cebreiro. Polo seu aniversa-rio, o seu avó regálalle un caderno que cambiará a súa forma de ver as cousas.

Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido. Jaureguizar. Xerais. Nica é unha «detectivesa» que se dedica a resol-ver misterios no seu barrio coa axuda dos seus amigos, Os Sabuxos. O barrio no que vive é un barrio calquera, dunha cidade calquera, onde nunca pasa nada. Vaia, case nunca...

A estrambótica illa do tesouro. Pinto & Chinto. Bululú. É un álbum de personaxes, animais e cousas fóra do común, divertidos e aloucados, que buscan un tesouro pirata moi particular.

Inventario de insectos. Virginie Aladjidi. Factoría K. Un fermoso libro, evocador dos antigos cadernos de campo,para descubrir todo o que precisamos saber sobre os insectos: complexidade, utilidade, abundancia de especies...

Pablo&Jané en La dimensión de los monstruos. José Dominguez. Astiberri. Un libro que mestura a banda deseñada con xogos e desafíos. Pablo e Jane abúrrense, só lles queda un lugar por explorar, “a vella casa da colina”. Alí descubrirán unha extraordinaria máquina que os levará á máis terrorífica viaxe.