1
UNIDADE DIDÁCTICA
ROMEO E XULIETA
Real Filharmonía de GaliciaMihnea Ignat, director
Compañía Per Poc
2
ROMEO E XULIETA
Ademais inspirou a creadores doutras disciplinas como a pintura ou a música: ao
redor de 24 óperas, entre elas a de Vincenzo Bellini de 1830 titulada Os Capuleto
e os Montesco ou a de Charles Gounod Roméo et Juliette (1867); Héctor Berlioz
compuxo unha sinfonía dramática titulada Roméo et Juliette; Chaikovski creou en
1870 unha abertura-fantasía etc. Pero non só influíu nos clásicos senón tamén no
jazz, como na interpretación de Peggy Le, Fever, en 1956; na melodía The Star-
A obra foi unha das que xerou
máis adaptacións, xa sexan en
verso ou en prosa, así como
versións para cinema e televisión
tan recoñecidas e aplaudidas como
as de George Cukor (1936),
Franco Zeffirelli (1968), Baz
Luhrmann (1996) protagonizada
por Leonardo DiCaprio incluíndo
nesta lista West Side Story (1961)
O dramaturgo e poeta inglés William
Shakespeare (1564-1616) escribiu, en verso e
prosa, Romeo e Xulieta, unha traxedia en
cinco actos que chegou a ser unha das obras
teatrais máis populares na súa época.
Tomando o argumento dun vello conto
italiano, o escritor inglés incorporou
personaxes, tramas secundarias e episodios
paralelos á liña narrativa principal para
converter o texto nunha historia de amor e
morte.
Fotograma da película West Side Story
con música de Leonard Berstein, co mesmo argumento pero nun escenario
contemporáneo, e sen e sen esquecer a oscarizada Shakespeare in love (1998), na
que se ficciona como desenvolveu Shakespeare a súa traxedia de amor prohibido
protagonizada por Gwyneth Paltrow e Joseph Fiennes.
2
Crossed Lovers de Duke Ellington; noutros expoñentes musicais como The
Supremes, Bruce Springsteen, Tom Waits, Lou Reed ou no famoso tema Romeo
and Juliet da banda de rock Dire Straits.
Roméo et Juliette. Hector Berliozhttps://www.youtube.com/watch?v=2FIWP3r0KLM
The Star-Crossed Lovers. Duke Ellingtonhttps://www.youtube.com/watch?v=bg4MPBgXMQ4
Romeo and Juliet. Dire Straitshttps://www.youtube.com/watch?v=BMjrp6qm-iI
TEXTO E MÚSICA
William Shakesperare sitúa a acción en
Verona (norte de Italia) e conta a historia
de dous mozos namorados pertencentes a
dúas familias rivais os Montesco e os
Capuleto. A pesar da oposición das súas
familias, a parella decide casar en segredo,
mais, a presión desa rivalidade e unha serie
de fatalidades conducen ao suicidio dos
dous amantes. Esta relación entre os seus
protagonistas converteunos no arquetipo
dos chamados amores tráxicos. A morte de
ambos, con todo, supón a reconciliación das
dúas familias.
Un texto no que o escritor utiliza unha técnica dramática de gran habilidade
caracterizada polo uso de flutuacións entre comedia e traxedia como forma de
aumentar a tensión, pola importancia argumental dos personaxes secundarios e
incluso pola evolución dos protagonistas ao longo da historia.
3
O escritor inglés fala dun modo único das paixóns, os desexos, os amores, as loitas,
as alegrías e as penas da alma humana e así a pureza do amor dos rapaces e a
inimizade entre as familias que xeran intolerancia, inxustiza e vinganza foron a
inspiración de Serguei Prokofiev a pesar do seu temor por ter que traducir o
contido psicolóxico e emocional do drama a un medio sen palabras como era o
ballet. Por iso, o compositor empregou unha inusual orquestración, incluíndo
instrumentos como mandolina, xilófono, maracas, pandeireta, piano e celesta
ademais dos habituais na orquestra, así como frecuentes modificacións de melodías,
pasando de suaves harmonías que reflicten momentos de tenrura a acentos
fortemente orquestrados para as pasaxes máis dramáticas, sempre coa súa orixinal
inventiva no ritmo e na composición.
O compositor ruso Sergei Prokofiev
(Sontsovka, 1891-Moscova, 1953) compuxo o
seu ballet Romeo e Xulieta Op. 64 por
encargo do Ballet Kirov de Leningrado, que
rexeitou a partitura orixinal do mesmo xeito
que o Ballet Bolshoi pois os directores de
ambas compañías cualificaron a música de
Prokofiev como imposible de bailar. A estrea
tivo que realizarse fóra de Rusia, debido ao
rexeitamento das principais agrupacións de
danza, e tivo lugar en Brno (cidade da actual
República Checa) o 30 de decembro de 1938.
Prokofiev revisou a partitura en numerosas ocasións e en 1940, o ballet foi
estreado no Teatro Kirov, coa coreografía de Leonid Lavrovski. A pesar dos
problemas ocasionados polo seu Romeo e Julieta, Prokofiev mantivo sempre un
especial interese nesta partitura e no ano 1936, condensou os 52 números do
ballet (divididos en tres actos e un epílogo) en dúas suites de sete movementos
cada unha, en 1937 extraeu dez pezas que transcribiu para piano e en 1946,
realizou unha terceira suite orquestral, de seis movementos.
4
A VERSIÓN DE PER POC
“Cada historia ten o seu monicreque” din
desde a compañía de monicreques Per Poc e
por iso, traballaron oito anos para crear este
espectáculo. Segundo eles mesmos buscaban
“uns bonecos capaces de loitar con forza, bailar
con graza, amar con tanta dozura como
paixón, angustiarse cando o destino xira en
contra, ter e perder a esperanza, matar,
morrer...” Así chegaron a uns monicreques
xigantescos e lixeiros cuxas texturas e cores
prevalecen sobre a expresión facial. Nalgúns
momentos son seres dun soño e noutros, dun
pesadelo e, sobre todo, son moi dinámicos e,
por tanto, capaces de marcar o ritmo e a
tensión dos feitos que conducen ao tráxico final.
Durante todo o espectáculo, orquestra, música, actores e monicreques
interrelaciónanse, incluso facendo de escenografía a propia orquestra.
A selección musical desta versión xurdiu paralelamente á redacción do guión e
escolléronse os pasos de danza que máis se axustan a cada acción. Así mesmo, e
dado que se trata dunha proposta musical, elaborouse unha breve adaptación do
texto para narrador que consigue explicar os acontecementos e as emocións que
moven a cada un dos protagonistas.
Estes monicreques desenvolven a
acción sobre a música descritiva do
ballet de Sergei Prokofiev, cunha
proposta moi visual, onde a principal
protagonista é a música. Per Poc
encárgase de ilustrar a historia para
explicar o argumento e mostrar outras
formas de traballar coa música clásica.
5
Pódese ver un breve adianto aquí:
https://www.youtube.com/watch?v=FPjWlvI8d4o&hl=es&gl=ES
OS MONICREQUES
Per Poc propón uns monicreques
realizados nunha técnica mixta de
marote (na que as mans do boneco
foron substituídas polas propias mans
do manipulador) e bunraku (variedade
do teatro xaponés de monicreques do
inicio do período Edo, hai uns 400
anos. Estes bonecos viven grazas a
Tayu, o narrador, o músico que toca o
Shamisen, un instrumento de corda
tradicional xaponés e os titiriteiros, manipuladores
dos monicreques).
O tamaño vai desde os 2 aos
4 metros de altura e
constrúense sobre a base de
teas, para que sexan lixeiros e
suavemente manipulables
como se fosen bailaríns. As
diferentes texturas e cores
foron escollidas en función do
personaxe que representan.
Así, por exemplo, Tibaldo é de cor laranxa; Romeo, azul; Xulieta ten tons rosados; o
pai Capuleto, granate e o Montesco, verde, etcétera. As facianas dos personaxes
son máscaras tamén tinguidas pola cor característica do seu protagonista
Romeo e Xulieta na escena do baile
Monicreque que representa a Tibaldo
6
Outra particularidade destes bonecos é a súa capacidade para transformárense en
función da escena: o vestido de Xulieta será o balcón do famoso abrazo co seu
amado Romeo; Frei Lorenzo enmarcará a modo de ábsida os mozos namorados
durante a cerimonia da voda...
ROMEO E XULIETA, OP. 64
Para explicar esta historia na que os monicreques levan a cabo os actos máis nobres
e máis mesquiños, Per Poc elixiu estes 15 temas (sen respectar a orde establecida
na partitura) dos 52 da partitura de Sergei Prokofiev:
1. nº 27. The nurse gives Romeo the note from Julieta(A aia dá a Romeo unha nota de Xulieta)
2. nº 33. Tybalt and Mercutio fight(Pelexa entre Tibaldo e Mercutio)
3. nº 3. The street awakens(A rúa esperta)
4. nº 30. The people continue to make merry(A xente continúa divertíndose)
5. nº 13. Dance of the Knights(Danza dos cabaleiros)
6. nº 34. Mercutio dies(Morte de Mercutio)
7. nº 2. Romeo
8. nº 35. Romeo decides to avenge Mercutio’sdeath(Romeo decide vingar a morte de Mercutio)
9. nº 36. Finale(Final)
10. nº 7. The Prince gives his order(O príncipe dá a orde)11. nº 38. Romeo and Juliet (Juliet’s bedroom)(Romeo e Xulieta. No dormitorio de Xulieta)
12. nº 46. Juliet’s bedroom(O dormitorio de Xulieta)
7
13. nº 49. Dance of the girls with lilies(Danza das mozas con lirios)
14. nº 12. Masks(Máscaras)
15. nº 52. Death of Juliet(Morte de Xulieta)
EQUIPO ARTÍSTICO
A compañía de monicreques Per Poc ten realizado con anterioridade colaboracións
coa música clásica: con Pedro e o lobo, o conto sinfónico de Prokofiev, a compañía
traballou con máis de 16 orquestras. Sobresaen as actuacións na Konzerthaus de
Viena, no Teatro Nacional Musical Infantil de Moscova ou no Festival Castell de
Peralada, entre outros. A adaptación para teatro de monicreques e sombras d’O
Crebanoces, de Tchaicovski, tense presentado en versión piano e en colaboración
con orquestras sinfónicas, como a Orquesta Sinfónica de Extremadura ou a
Orquesta Sinfónica de Murcia. Fóra do ámbito da música clásica, Per Poc traballou no
deseño e construción da escena final da película The man who killed Don Quijote,
do director de cine Terry Gilliam. Parte deste traballo pódese ver en Lost in la
Mancha. Per Poc también foi a compañía responsable de subir aos escenarios os
populares personaxes d’As tres xemelgas, cuxa serie chega a máis de 130 países.
Neste caso realizou a coprodución con TV3 e Cromosoma.
Adaptación dramática da obra de W. Shakespeare: Albert Plans
Manipulación monicreques:
Santi Arnal, Anna Fernández, Mònica Glaenzel, Neus Mayolas, Matxalen de Pedro
Narradora: Mònica Glaenzel
8
Deseño e construción monicreques:
Santi Arnal, Anna Fernández, Martina Tosticarelli
Xastra: Susana Garcia Montes
Escenografía e deseño iluminación: Martina Tosticarelli
Fotografía: Rafael Badia
Produción: Anna Fernández
Colaboración coreográfica: Cesc Gelabert e Toni Jodar
Dirección de escena: Santi Arnal
A Real Filharmonía de Galicia está integrada na actualidade por cincuenta músicos
de diferentes nacionalidades que achegan cada temporada a súa experiencia,
formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecer ao público propostas
sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de
recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e
tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e
artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e
Christoph König o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de
Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede
permanente no Auditorio de Galicia.
O director Mihnea Ignat nace en Craiova (Romanía) en 1980 e comeza a estudar
piano ao sete anos e aos dieciseis dirixe a coral Carmina Nova no Festival de Creación
Coral Contemporánea de Bucarest e grava con esa formación para a Radio
Romanesa. Gradúase no Instituto Musical Marin Sorescu da súa cidade e é admitido
na Universidade Nacional de Música de Bucarest para estudar dirección de orquestra
e composición, licenciándose coas máximas cualificacións. Completa a súa formación
con clases maxistrais da man de Manuel Hernández Sílva, Ístvan Dénes e Ovidiu
Balan. En 2003, debuta como invitado coa Orquestra do Teatro de Ópera de
Craiova dirixindo un monográfico de Pergolesi, e desde entón é convidado
asiduamente a dirixir a maioría das orquestras de Romanía. No 2004, foi convidado
pola embaixadora das Nacións Unidas en Romanía a dirixir o concerto de celebración
do día da ONU en Bucarest e funda unha orquestra formada por mozos e mozas
romaneses de destacado talento cuxos concertos se retransmitiron en directo pola
Televisión e Radio romanesas. É director artístico e titular da Orquestra Filharmónica
9
da Universidade de Alacante coa que actúa regularmente nesa cidade e noutras
como Madrid, Zaragoza, Valencia, etc. Durante a tempada 2009/10 ocupa o cargo
de director asociado da Orquestra Sinfónica Nacional da República Dominicana. Foi
asistente de Dmitrij Kitajenko, Jesús López Cobos e ten traballado con solistas e
agrupacións destacadas do panorama musical mundial.
10
ACTIVIDADES NAS AULAS
Estas son suxestións de actividades que supoñan un punto de partida ou ofrezan
algunhas ideas para poder desenvolver dende as diferentes materias e para varias
idades.
Antes do espectáculo
- Contar a historia principal sen aludir ás tramas laterais nin nomear os personaxes
secundarios cunha linguaxe axeitada para a idade dos/as alumnos/as.
- Relacionar os personaxes principais con persoas coñecidas do ámbito familiar e/ou
escolar para que poidan comprender a relación entre eles.
- Escoitar algúns números que se interpretarán para que intenten imaxinar que tipo
escena será (alegre, triste, violenta…). Algo que se pode comprobar despois do
espectáculo.
- Deseñar un cartel promocional do espectáculo.
- Buscar información sobre Romeo e Xulieta en calquera disciplina artística: versións
literarias, música, pintura, escultura, danza, cine, televisión…
- Buscar información sobre os autores do texto e da música, William Shakespeare e
Seguei Prokofiev.
Despois do espectáculo
- Realizar una paseo virtual ou a través de fotografías pola cidade onde transcorre a
historia, Verona (Italia), para poder situar mellor a acción.
- Traballar o significado de determinadas palabras relacionadas coa temática da obra:
drama, traxedia, amor, vinganza, intransixencia, intolerancia, inxustiza…
- Analizar o conflito da historia e buscar situacións reais similares que poidan darse no
ámbito escolar ou familiar e propoñer posibles resolucións.
11
- Relacionar música e sentimentos nas escenas en que suceden e os personaxes
que as desenvolven:
Sentimentos Momento musical (1) Escena Personaxes
Amor
Odio
Violencia
Tristeza
Ira
Poder
(1) Pódese entender por momento musical un pizzicatto de violíns, un golpe forte nosinstrumentos de percusión, un ‘diálogo’ entre dous instrumentos ou unha intervención daorquestra completa.
- Relacionar os movementos dos monicreques coas situacións que viven os
personaxes (loita, danza, morte…)
- Buscar información sobre as diferentes técnicas de realización de monicreques
De fío De luva Plano De variñas
12
- Construción de monicreques dos personaxes principais con materiais reciclados e
realizar unha coreografía con eles, incluso con calquera outra versión musical de
Romeo e Xulieta.
Aquí algúns exemplos:
- Facer unha valoración da música do espectáculo e relacionala coa música ao servizo
doutras linguaxes escénicas, teatral, cinematográfica, radiofónica ou publicitaria.
- Facer unha crítica xornalística do espectáculo.
- Debuxar un cómic ou escribir un relato reproducindo a historia, cambiando o final,
suprimindo personaxes que lles parezan prescindibles, noutra situación xeográfica e
temporal etc.
Top Related