NOVA
ESCRITORA
GALEGA NO
COLEXIO
No CEIP “Nosa Sra dos Remedios” aínda que
non o sabiamos, pois é moi discreta e non fai
alarde do seu valor e mérito; temos unha
compañeira que escribe libros de literatura
infantil ilustrados. E no comezo deste mes
publicáronlle o seu conto “Soños de andel” na
editorial Tambre na colección Ala Delta. A
continuación está a portada e contraportada.
Susana Lamela co seu libro “Soños de andel” o día que lle entregaron a publicación.
Top Related